SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  9
Télécharger pour lire hors ligne
Marta Dacosta
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-sa-3.0
Fotos: © Todos os dereitos reservados
Naceu en Vigo no 1966. Tras unha breve estadía nun
colexio de monxas, rematou o bacharelato, acadando
máis tarde a licenciatura en Galego-portugués.
Participou en múltiples recitais acompañada das
principais voces poéticas da nosa lírica
contemporánea. A súa primeira obra poética foi Crear
o mar en Compostela (1993). Tras esta saíron outras
obras poéticas súas até a última titulada Dun lago
escuro (2014).
lunes 3 de noviembre de 2014
Cando morreu o ditador eu tiña nove anos. A pesar da miña idade vivín aquel momento como a liberación que era, así o sentín o día
que cheguei á escola e nos dixeron que non había aulas porque morrera Franco. Antes diso, houbo outro acontecemento que me
marcou máis, a folga de 1972, esa na que en Ferrol a policía matou dous traballadores, e que en Vigo tamén tivo o seu saldo de
detencións, algunhas na miña familia. Lembro tamén o intento de golpe de Estado de 1981. Aí xa souben do medo e da
preocupación. É moi plástico para min relatar que pasei o que quedaba da tarde sentada no chan da cociña, sen despegarme da
televisión para seguir os acontecementos e co libro de música sobre as pernas, sen ser quen de me concentrar no estudo. Aqueles
eran anos en que a sociedade estaba mobilizada e reclamaba o que lle correspondía, tamén a mocidade, que rexeitaba na rúa a suba
do prezo dos buses. Foi un tempo que nos fixo reflexivos, participativos e combativos, é dicir vivos e conscientes.
Marta Dacosta
1. Podería contarnos como viviu aqueles derradeiros anos da ditadura e o salto á democracia sendo aínda unha xove? Como enxergou
ese cambio naquel Vigo industrial?
2. Temos constatado en moitas entrevistas que os proxenitores que tiveron que vivir coa fame, coa represión... nunha palabra, coa
penuria, loitaron, dentro das súas limitacións, para que os seus fillos tivesen un futuro baseado nos estudos como liberación desa
vida que lles tocara vivir. Que opinión lle merece a Vostede este feito?
É natural e considero que si, que as nais e os pais igual que procuramos un mundo mellor para os nosos fillos, tamén debemos
procurar que eles acaden a mellor formación posíbel. Mais sen obviar a necesaria confrontación coa realidade, nin o coñecemento da
historia, do que sucedeu antes de nós, para que saiban que o que hoxe temos foi acadado con moita loita.
3. Pola información que posuímos de Vostede, desde logo que a vemos como unha persoa rebelde e incorformista dende nova
(emprego do galego, rebeldía cara á relixión, anticlericalismo...). Até que punto este inconformismo marcou a súa personalidade
e até que punto lle supuxo desencontros?
Desencontros todos os que poidades imaxinar, mais algún encontro tamén. En todo caso, a cuestión non é se a actitude vital dunha
persoa lle produce encontros ou desencontros, a cuestión é se está en paz consigo mesma, se é coherente co que pensa, se actúa de
acordo co que defende. Ser honesta con unha mesma é o máis difícil, mais tamén o máis necesario.
lunes 3 de noviembre de 2014
Si, penso que debería haber unha aposta institucional decidida en prol da edición de poesía en
galego. Mais para que esa situación se dese tiña que haber unha política cultural que tivese
como eixo central a promoción do libro, considerando que esa promoción é unha aposta por
unha industria propia que xera riqueza no noso país ao tempo que é a mellor inversión na
mellor carta de presentación e representación que podemos dar de nós. Unha política cultural
que se comprometese coa nosa lingua e con todo o que nos é propio. Se compararmos as
políticas culturais de diferentes nacións e estados coa galega, chegaremos á conclusión de que
estamos abandonadas. E que cabe agardar dun goberno que reduce a presenza do noso idioma
nas aulas ou prohibe impartir matemáticas en galego, xustamente dúas medidas que se opoñen
ao recollido no Plan Xeral publicado hai dez anos? En todo caso, a nós correspóndenos procurar
que a situación mude, reclamando a atención que a nosa lírica e a nosa cultura merecen.
Marta Dacosta
4. Unha vez que Vostede se inmisciu practicamente en exclusiva no xénero lírico, imaxinamos que xurdiu esa crúa realidade da
publicación neste xénero a non ser, claro está, que detrás da obra houber algún premio. Non cre que esta circunstancia debese ter
outras contraprestacións oficiais para que a nosa excepcional lírica tiver a repercusión que merece?
5. Até que punto a nosa lírica vai depender de revistas como “Festa da palabra silenciada”,
“Letras da Cal”... e que editoriais coma Espiral Maior, que si apostan por ela, se vexan na
tesitura de ter que pechar?
Sempre dependemos desas iniciativas. Sempre serán necesarias e posibelmente sempre haberá tolas e tolos dispostos á empresa. Canto
ás editoriais teñen un escuro panorama, especialmente porque non contan co apoio institucional necesario que merecería a publicación
en galego. Porque o certo é que a propia lingua non recibe o apoio que precisa. En resumidas contas, a situación da literatura, da
profesionalización, da publicación está toda relacionada co estado da lingua. Florece se a lingua florece, é dicir, é defendida e
promovida, mais se non é así, caen todas as fichas do dominó.
6. Está totalmente de acordo co comentario seguinte referíndose á súa obra: “A poeta vai afondar libro tras libro nunha visión
feminina e feminista do mundo” ou ben isto pode supoñer que outra temática quede algo obviada?
Estou de acordo coas dúas afirmacións. Por un lado pode afirmarse iso da miña obra, como tamén é certo que os meus libros falan
tamén doutros aspectos. En todo caso, vén a propósito lembrar aquí unhas palabras da perdida Begoña Caamaño: “Escribo dende un
xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva.” Escribimos desde a nosa propia
experiencia, coa nosa memoria e as nosas feridas. Eu son galega, só podo ver o mundo como unha galega o ve e isto é o que vexo. E por
iso alzo a miña voz para falar de todo o que me preocupa, a terra, o mar, a muller, a mentira, a dor ou a lingua.
lunes 3 de noviembre de 2014
E que cambiou desde o século XX? Non é que todo siga igual, é que retrocedemos aos tempos dos
anos 80 en moitas cousas. Por tanto a muller é a de finais do XX, porque entre aquel tempo e
este tempo a única diferenza é que aumentaron as vítimas.
Marta Dacosta
7. A muller está case omnipresente na súa obra. Podería dicirnos como é esa muller que vai
saltando de libro en libro? Vai cambiando consonte cambia a situación da muller ou ben segue
a ser aquela muller do século XX?
8. Non cre Vostede que illar a muller nunha “illa das mulleres libres”, por moi libres que sexan,
non deixan de ir a un ghetto? Non será mellor unha muller libre en igualdade no continente?
Por suposto. Mais a illa é o símbolo da memoria compartida, a autoafirmación, a aprendizaxe que nos liberará “cando as
lavandeiras descubran que a pegada do sangue non é un estigma”. E entón, aínda que sexamos Penélope, seremos navegantes e cada
unha de nós dirá tamén “rexeito teas e fíos / non te vou agardar”. Porque preferimos ser “as que rexeitan belezas improbábeis e se
renden ante a liberdade para botarse a voar”
9. Desde logo que o mar tamén é un espazo moi presente na súa poética. Que representa para Vostede o mar desde a óptica
poética?
O mar e a auga en xeral. É a vida mesma, iso é o que significa, simbolicamente e realmente, pois sen mar non podería vivir.
Marta Dacosta escribindo en Zaragoza
lunes 3 de noviembre de 2014
Marta Dacosta
10. Está o futuro da nosa poesía de autoría feminina garantido nas plumas de poetas coma Chus Pato, Vostede... así coma da
seguinte xeración como María Lado, Helena Salgueiro, Berta Dávila...?
Quero pensar que elas seguirán escribindo e outras virán atrás que tamén escribirán. Para iso
loitamos, para estar no espazo que nos corresponde, compartilo cos amigos e legarllo ás nosas
fillas.
11. Sería interesante a potenciación de premios na nosa lírica como mal menor para solucionar o
problema da falta de interese das grandes editoriais?
12. O seu primeiro escrito foi teatro, na Universidade traballou arreo en teatro... Para cando deixar repousar un chisco o verso e
meterse na escrita de teatro?
A existencia de premios é unha medida de importancia para favorecer a promoción e
publicación dos libros en xeral, e da poesía en particular. Por suposto que deben existir, mesmo
para as editoras é interesante que isto poida ser así.
Para un momento en que a escrita poida ser a actividade central de cada día. Entón poderei comprobar se son quen de construír
noutro tipo de xéneros.
Realizando o roteiro en Compostela
lunes 3 de noviembre de 2014
14. E finalmente, está Vostede de acordo con este comentario: “Mais onde Marta Dacosta
acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus
máis íntimos desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o
regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer, o reencontro na Poza Maior coas
afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa...”?
Marta Dacosta
Eu procuro aceptar os comentarios que se fan sobre a miña obra e aprender das miñas
lectoras e lectores que, á final, son as donas e os donos dos libros que eu escribo desde que
se publican e desde entón son elas e eles os que mellor saben cal é o valor dos meus versos.
Así que si, estou de acordo.
13. Que diferenzas máis salientábeis se produciron na súa poética desde aquel Crear un mar
en Compostela até o actual Dun lago escuro?
A mesura e a contención. O poema foise concentrando, espíndose para que cada vez sexan
menos as palabras necesarias para expresar a súa mensaxe. No formal, acentuouse a
construción gráfica do poema sobre o seu ritmo.
lunes 3 de noviembre de 2014
CUESTIONARIO
lunes 3 de noviembre de 2014
A costa galegaUn monumento
salientábel?
Rosalía e Follas NovasUn/ha autor/-a e unha obra
literaria galegos?
Castelao e Clara Zetkin
Un personaxe galego e
un estranxeiro?
Gioconda Belli e El ojo
de la mujerUn/ha autor/-a e unha obra literaria
estranxeiros?
Pippi Lamstrung
Un personaxe literario co que se
identifique?
“A poesía está en
todo” que dixo
Benedetti
Cal é a súa fonte de
inspiración
Cando roxe a
marabunta
Unha película de cine?
Unha obra teatral?
O incerto señor don
Hamlet, príncipe de
Dinamarca
lunes 3 de noviembre de 2014
Escribir
Un anceio por realizar?
En cada lugar hai unha
xoia que admirar. A praia
dunha vila tranquila
Mundo rural/urbano? Praia/
montaña?
Os Açores nos dous casos
Un lugar para visitar? e un lugar
para descansar?
O nacemento das
Irmandades da
Fala
Un feito histórico?
Escribir unha
novela
Unha utopía?
Todos
Un lugar axeitado para a
lectura?
A de cantautor. Teamaré de Silvio
Rodríguez
Un tipo de música? Unhacanción?
Ana Luísa Amaral
Un/ha autor/-a con quen se
identifique?
O teatro.
Outro entretemento
ademais da lectura?
lunes 3 de noviembre de 2014

Contenu connexe

Tendances

Tendances (19)

Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Marica campo
Marica campoMarica campo
Marica campo
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 

Similaire à Entrevista a Marta Dacosta

Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Asnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 

Similaire à Entrevista a Marta Dacosta (19)

Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 

Plus de Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

Plus de Asnosasletras (18)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Entrevista a Marta Dacosta

  • 1. Marta Dacosta Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Naceu en Vigo no 1966. Tras unha breve estadía nun colexio de monxas, rematou o bacharelato, acadando máis tarde a licenciatura en Galego-portugués. Participou en múltiples recitais acompañada das principais voces poéticas da nosa lírica contemporánea. A súa primeira obra poética foi Crear o mar en Compostela (1993). Tras esta saíron outras obras poéticas súas até a última titulada Dun lago escuro (2014). lunes 3 de noviembre de 2014
  • 2. Cando morreu o ditador eu tiña nove anos. A pesar da miña idade vivín aquel momento como a liberación que era, así o sentín o día que cheguei á escola e nos dixeron que non había aulas porque morrera Franco. Antes diso, houbo outro acontecemento que me marcou máis, a folga de 1972, esa na que en Ferrol a policía matou dous traballadores, e que en Vigo tamén tivo o seu saldo de detencións, algunhas na miña familia. Lembro tamén o intento de golpe de Estado de 1981. Aí xa souben do medo e da preocupación. É moi plástico para min relatar que pasei o que quedaba da tarde sentada no chan da cociña, sen despegarme da televisión para seguir os acontecementos e co libro de música sobre as pernas, sen ser quen de me concentrar no estudo. Aqueles eran anos en que a sociedade estaba mobilizada e reclamaba o que lle correspondía, tamén a mocidade, que rexeitaba na rúa a suba do prezo dos buses. Foi un tempo que nos fixo reflexivos, participativos e combativos, é dicir vivos e conscientes. Marta Dacosta 1. Podería contarnos como viviu aqueles derradeiros anos da ditadura e o salto á democracia sendo aínda unha xove? Como enxergou ese cambio naquel Vigo industrial? 2. Temos constatado en moitas entrevistas que os proxenitores que tiveron que vivir coa fame, coa represión... nunha palabra, coa penuria, loitaron, dentro das súas limitacións, para que os seus fillos tivesen un futuro baseado nos estudos como liberación desa vida que lles tocara vivir. Que opinión lle merece a Vostede este feito? É natural e considero que si, que as nais e os pais igual que procuramos un mundo mellor para os nosos fillos, tamén debemos procurar que eles acaden a mellor formación posíbel. Mais sen obviar a necesaria confrontación coa realidade, nin o coñecemento da historia, do que sucedeu antes de nós, para que saiban que o que hoxe temos foi acadado con moita loita. 3. Pola información que posuímos de Vostede, desde logo que a vemos como unha persoa rebelde e incorformista dende nova (emprego do galego, rebeldía cara á relixión, anticlericalismo...). Até que punto este inconformismo marcou a súa personalidade e até que punto lle supuxo desencontros? Desencontros todos os que poidades imaxinar, mais algún encontro tamén. En todo caso, a cuestión non é se a actitude vital dunha persoa lle produce encontros ou desencontros, a cuestión é se está en paz consigo mesma, se é coherente co que pensa, se actúa de acordo co que defende. Ser honesta con unha mesma é o máis difícil, mais tamén o máis necesario. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 3. Si, penso que debería haber unha aposta institucional decidida en prol da edición de poesía en galego. Mais para que esa situación se dese tiña que haber unha política cultural que tivese como eixo central a promoción do libro, considerando que esa promoción é unha aposta por unha industria propia que xera riqueza no noso país ao tempo que é a mellor inversión na mellor carta de presentación e representación que podemos dar de nós. Unha política cultural que se comprometese coa nosa lingua e con todo o que nos é propio. Se compararmos as políticas culturais de diferentes nacións e estados coa galega, chegaremos á conclusión de que estamos abandonadas. E que cabe agardar dun goberno que reduce a presenza do noso idioma nas aulas ou prohibe impartir matemáticas en galego, xustamente dúas medidas que se opoñen ao recollido no Plan Xeral publicado hai dez anos? En todo caso, a nós correspóndenos procurar que a situación mude, reclamando a atención que a nosa lírica e a nosa cultura merecen. Marta Dacosta 4. Unha vez que Vostede se inmisciu practicamente en exclusiva no xénero lírico, imaxinamos que xurdiu esa crúa realidade da publicación neste xénero a non ser, claro está, que detrás da obra houber algún premio. Non cre que esta circunstancia debese ter outras contraprestacións oficiais para que a nosa excepcional lírica tiver a repercusión que merece? 5. Até que punto a nosa lírica vai depender de revistas como “Festa da palabra silenciada”, “Letras da Cal”... e que editoriais coma Espiral Maior, que si apostan por ela, se vexan na tesitura de ter que pechar? Sempre dependemos desas iniciativas. Sempre serán necesarias e posibelmente sempre haberá tolas e tolos dispostos á empresa. Canto ás editoriais teñen un escuro panorama, especialmente porque non contan co apoio institucional necesario que merecería a publicación en galego. Porque o certo é que a propia lingua non recibe o apoio que precisa. En resumidas contas, a situación da literatura, da profesionalización, da publicación está toda relacionada co estado da lingua. Florece se a lingua florece, é dicir, é defendida e promovida, mais se non é así, caen todas as fichas do dominó. 6. Está totalmente de acordo co comentario seguinte referíndose á súa obra: “A poeta vai afondar libro tras libro nunha visión feminina e feminista do mundo” ou ben isto pode supoñer que outra temática quede algo obviada? Estou de acordo coas dúas afirmacións. Por un lado pode afirmarse iso da miña obra, como tamén é certo que os meus libros falan tamén doutros aspectos. En todo caso, vén a propósito lembrar aquí unhas palabras da perdida Begoña Caamaño: “Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva.” Escribimos desde a nosa propia experiencia, coa nosa memoria e as nosas feridas. Eu son galega, só podo ver o mundo como unha galega o ve e isto é o que vexo. E por iso alzo a miña voz para falar de todo o que me preocupa, a terra, o mar, a muller, a mentira, a dor ou a lingua. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 4. E que cambiou desde o século XX? Non é que todo siga igual, é que retrocedemos aos tempos dos anos 80 en moitas cousas. Por tanto a muller é a de finais do XX, porque entre aquel tempo e este tempo a única diferenza é que aumentaron as vítimas. Marta Dacosta 7. A muller está case omnipresente na súa obra. Podería dicirnos como é esa muller que vai saltando de libro en libro? Vai cambiando consonte cambia a situación da muller ou ben segue a ser aquela muller do século XX? 8. Non cre Vostede que illar a muller nunha “illa das mulleres libres”, por moi libres que sexan, non deixan de ir a un ghetto? Non será mellor unha muller libre en igualdade no continente? Por suposto. Mais a illa é o símbolo da memoria compartida, a autoafirmación, a aprendizaxe que nos liberará “cando as lavandeiras descubran que a pegada do sangue non é un estigma”. E entón, aínda que sexamos Penélope, seremos navegantes e cada unha de nós dirá tamén “rexeito teas e fíos / non te vou agardar”. Porque preferimos ser “as que rexeitan belezas improbábeis e se renden ante a liberdade para botarse a voar” 9. Desde logo que o mar tamén é un espazo moi presente na súa poética. Que representa para Vostede o mar desde a óptica poética? O mar e a auga en xeral. É a vida mesma, iso é o que significa, simbolicamente e realmente, pois sen mar non podería vivir. Marta Dacosta escribindo en Zaragoza lunes 3 de noviembre de 2014
  • 5. Marta Dacosta 10. Está o futuro da nosa poesía de autoría feminina garantido nas plumas de poetas coma Chus Pato, Vostede... así coma da seguinte xeración como María Lado, Helena Salgueiro, Berta Dávila...? Quero pensar que elas seguirán escribindo e outras virán atrás que tamén escribirán. Para iso loitamos, para estar no espazo que nos corresponde, compartilo cos amigos e legarllo ás nosas fillas. 11. Sería interesante a potenciación de premios na nosa lírica como mal menor para solucionar o problema da falta de interese das grandes editoriais? 12. O seu primeiro escrito foi teatro, na Universidade traballou arreo en teatro... Para cando deixar repousar un chisco o verso e meterse na escrita de teatro? A existencia de premios é unha medida de importancia para favorecer a promoción e publicación dos libros en xeral, e da poesía en particular. Por suposto que deben existir, mesmo para as editoras é interesante que isto poida ser así. Para un momento en que a escrita poida ser a actividade central de cada día. Entón poderei comprobar se son quen de construír noutro tipo de xéneros. Realizando o roteiro en Compostela lunes 3 de noviembre de 2014
  • 6. 14. E finalmente, está Vostede de acordo con este comentario: “Mais onde Marta Dacosta acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus máis íntimos desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer, o reencontro na Poza Maior coas afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa...”? Marta Dacosta Eu procuro aceptar os comentarios que se fan sobre a miña obra e aprender das miñas lectoras e lectores que, á final, son as donas e os donos dos libros que eu escribo desde que se publican e desde entón son elas e eles os que mellor saben cal é o valor dos meus versos. Así que si, estou de acordo. 13. Que diferenzas máis salientábeis se produciron na súa poética desde aquel Crear un mar en Compostela até o actual Dun lago escuro? A mesura e a contención. O poema foise concentrando, espíndose para que cada vez sexan menos as palabras necesarias para expresar a súa mensaxe. No formal, acentuouse a construción gráfica do poema sobre o seu ritmo. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 7. CUESTIONARIO lunes 3 de noviembre de 2014
  • 8. A costa galegaUn monumento salientábel? Rosalía e Follas NovasUn/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Castelao e Clara Zetkin Un personaxe galego e un estranxeiro? Gioconda Belli e El ojo de la mujerUn/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Pippi Lamstrung Un personaxe literario co que se identifique? “A poesía está en todo” que dixo Benedetti Cal é a súa fonte de inspiración Cando roxe a marabunta Unha película de cine? Unha obra teatral? O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca lunes 3 de noviembre de 2014
  • 9. Escribir Un anceio por realizar? En cada lugar hai unha xoia que admirar. A praia dunha vila tranquila Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? Os Açores nos dous casos Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? O nacemento das Irmandades da Fala Un feito histórico? Escribir unha novela Unha utopía? Todos Un lugar axeitado para a lectura? A de cantautor. Teamaré de Silvio Rodríguez Un tipo de música? Unhacanción? Ana Luísa Amaral Un/ha autor/-a con quen se identifique? O teatro. Outro entretemento ademais da lectura? lunes 3 de noviembre de 2014