SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
Literatura Galega 
do Século XX e da Actualidade 
Marta Dacosta 
Naceu en Vigo no 1966. Tras unha breve estadía nun 
colexio de monxas, rematou o bacharelato, acadando 
máis tarde a licenciatura en Galego-portugués. 
Participou en múltiples recitais acompañada das 
principais voces poéticas da nosa l í rica 
contemporánea. A súa primeira obra poética foi Crear 
o mar en Compostela (1993). Tras esta saíron outras 
obras poéticas súas até a última titulada Dun lago 
escuro (2014). 
Entrevista 
IES Manuel García Barros 
A Estrada 
Texto: © Cc-by-sa-3.0 
Fotos: © Todos os dereitos reservados 
lunes 3 de noviembre de 2014
Marta Dacosta 
1. Podería contarnos como viviu aqueles derradeiros anos da ditadura e o salto á democracia sendo aínda unha xove? Como enxergou 
ese cambio naquel Vigo industrial? 
Cando morreu o ditador eu tiña nove anos. A pesar da miña idade vivín aquel momento como a liberación que era, así o sentín o día 
que cheguei á escola e nos dixeron que non había aulas porque morrera Franco. Antes diso, houbo outro acontecemento que me 
marcou máis, a folga de 1972, esa na que en Ferrol a policía matou dous traballadores, e que en Vigo tamén tivo o seu saldo de 
detencións, algunhas na miña familia. Lembro tamén o intento de golpe de Estado de 1981. Aí xa souben do medo e da 
preocupación. É moi plástico para min relatar que pasei o que quedaba da tarde sentada no chan da cociña, sen despegarme da 
televisión para seguir os acontecementos e co libro de música sobre as pernas, sen ser quen de me concentrar no estudo. Aqueles 
eran anos en que a sociedade estaba mobilizada e reclamaba o que lle correspondía, tamén a mocidade, que rexeitaba na rúa a suba 
do prezo dos buses. Foi un tempo que nos fixo reflexivos, participativos e combativos, é dicir vivos e conscientes. 
2. Temos constatado en moitas entrevistas que os proxenitores que tiveron que vivir coa fame, coa represión... nunha palabra, coa 
penuria, loitaron, dentro das súas limitacións, para que os seus fillos tivesen un futuro baseado nos estudos como liberación desa 
vida que lles tocara vivir. Que opinión lle merece a Vostede este feito? 
É natural e considero que si, que as nais e os pais igual que procuramos un mundo mellor para os nosos fillos, tamén debemos 
procurar que eles acaden a mellor formación posíbel. Mais sen obviar a necesaria confrontación coa realidade, nin o coñecemento da 
historia, do que sucedeu antes de nós, para que saiban que o que hoxe temos foi acadado con moita loita. 
3. Pola información que posuímos de Vostede, desde logo que a vemos como unha persoa rebelde e incorformista dende nova 
(emprego do galego, rebeldía cara á relixión, anticlericalismo...). Até que punto este inconformismo marcou a súa personalidade 
e até que punto lle supuxo desencontros? 
Desencontros todos os que poidades imaxinar, mais algún encontro tamén. En todo caso, a cuestión non é se a actitude vital dunha 
persoa lle produce encontros ou desencontros, a cuestión é se está en paz consigo mesma, se é coherente co que pensa, se actúa de 
acordo co que defende. Ser honesta con unha mesma é o máis difícil, mais tamén o máis necesario. 
lunes 3 de noviembre de 2014
Si, penso que debería haber unha aposta institucional decidida en prol da edición de poesía en 
galego. Mais para que esa situación se dese tiña que haber unha política cultural que tivese 
como eixo central a promoción do libro, considerando que esa promoción é unha aposta por 
unha industria propia que xera riqueza no noso país ao tempo que é a mellor inversión na 
mellor carta de presentación e representación que podemos dar de nós. Unha política cultural 
que se comprometese coa nosa lingua e con todo o que nos é propio. Se compararmos as 
políticas culturais de diferentes nacións e estados coa galega, chegaremos á conclusión de que 
estamos abandonadas. E que cabe agardar dun goberno que reduce a presenza do noso idioma 
nas aulas ou prohibe impartir matemáticas en galego, xustamente dúas medidas que se opoñen 
ao recollido no Plan Xeral publicado hai dez anos? En todo caso, a nós correspóndenos procurar 
que a situación mude, reclamando a atención que a nosa lírica e a nosa cultura merecen. 
Marta Dacosta 
4. Unha vez que Vostede se inmisciu practicamente en exclusiva no xénero lírico, imaxinamos que xurdiu esa crúa realidade da 
publicación neste xénero a non ser, claro está, que detrás da obra houber algún premio. Non cre que esta circunstancia debese ter 
outras contraprestacións oficiais para que a nosa excepcional lírica tiver a repercusión que merece? 
5. Até que punto a nosa lírica vai depender de revistas como “Festa da palabra silenciada”, 
“Letras da Cal”... e que editoriais coma Espiral Maior, que si apostan por ela, se vexan na 
tesitura de ter que pechar? 
Sempre dependemos desas iniciativas. Sempre serán necesarias e posibelmente sempre haberá tolas e tolos dispostos á empresa. Canto 
ás editoriais teñen un escuro panorama, especialmente porque non contan co apoio institucional necesario que merecería a publicación 
en galego. Porque o certo é que a propia lingua non recibe o apoio que precisa. En resumidas contas, a situación da literatura, da 
profesionalización, da publicación está toda relacionada co estado da lingua. Florece se a lingua florece, é dicir, é defendida e 
promovida, mais se non é así, caen todas as fichas do dominó. 
6. Está totalmente de acordo co comentario seguinte referíndose á súa obra: “A poeta vai afondar libro tras libro nunha visión 
feminina e feminista do mundo” ou ben isto pode supoñer que outra temática quede algo obviada? 
Estou de acordo coas dúas afirmacións. Por un lado pode afirmarse iso da miña obra, como tamén é certo que os meus libros falan 
tamén doutros aspectos. En todo caso, vén a propósito lembrar aquí unhas palabras da perdida Begoña Caamaño: “Escribo dende un 
xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva.” Escribimos desde a nosa propia 
experiencia, coa nosa memoria e as nosas feridas. Eu son galega, só podo ver o mundo como unha galega o ve e isto é o que vexo. E por 
iso alzo a miña voz para falar de todo o que me preocupa, a terra, o mar, a muller, a mentira, a dor ou a lingua. 
lunes 3 de noviembre de 2014
E que cambiou desde o século XX? Non é que todo siga igual, é que retrocedemos aos tempos dos 
anos 80 en moitas cousas. Por tanto a muller é a de finais do XX, porque entre aquel tempo e 
este tempo a única diferenza é que aumentaron as vítimas. 
Marta Dacosta 
7. A muller está case omnipresente na súa obra. Podería dicirnos como é esa muller que vai 
saltando de libro en libro? Vai cambiando consonte cambia a situación da muller ou ben segue 
a ser aquela muller do século XX? 
8. Non cre Vostede que illar a muller nunha “illa das mulleres libres”, por moi libres que sexan, 
non deixan de ir a un ghetto? Non será mellor unha muller libre en igualdade no continente? 
Marta Dacosta escribindo en Zaragoza 
Por suposto. Mais a illa é o símbolo da memoria compartida, a autoafirmación, a aprendizaxe que nos liberará “cando as 
lavandeiras descubran que a pegada do sangue non é un estigma”. E entón, aínda que sexamos Penélope, seremos navegantes e cada 
unha de nós dirá tamén “rexeito teas e fíos / non te vou agardar”. Porque preferimos ser “as que rexeitan belezas improbábeis e se 
renden ante a liberdade para botarse a voar” 
9. Desde logo que o mar tamén é un espazo moi presente na súa poética. Que representa para Vostede o mar desde a óptica 
poética? 
O mar e a auga en xeral. É a vida mesma, iso é o que significa, simbolicamente e realmente, pois sen mar non podería vivir. 
lunes 3 de noviembre de 2014
Marta Dacosta 
10. Está o futuro da nosa poesía de autoría feminina garantido nas plumas de poetas coma Chus Pato, Vostede... así coma da 
seguinte xeración como María Lado, Helena Salgueiro, Berta Dávila...? 
Quero pensar que elas seguirán escribindo e outras virán atrás que tamén escribirán. Para iso 
loitamos, para estar no espazo que nos corresponde, compartilo cos amigos e legarllo ás nosas 
fillas. 
11. Sería interesante a potenciación de premios na nosa lírica como mal menor para solucionar o 
problema da falta de interese das grandes editoriais? 
A existencia de premios é unha medida de importancia para favorecer a promoción e 
publicación dos libros en xeral, e da poesía en particular. Por suposto que deben existir, mesmo 
para as editoras é interesante que isto poida ser así. 
Realizando o roteiro en Compostela 
12. O seu primeiro escrito foi teatro, na Universidade traballou arreo en teatro... Para cando deixar repousar un chisco o verso e 
meterse na escrita de teatro? 
Para un momento en que a escrita poida ser a actividade central de cada día. Entón poderei comprobar se son quen de construír 
noutro tipo de xéneros. 
lunes 3 de noviembre de 2014
13. Que diferenzas máis salientábeis se produciron na súa poética desde aquel Crear un mar 
en Compostela até o actual Dun lago escuro? 
A mesura e a contención. O poema foise concentrando, espíndose para que cada vez sexan 
menos as palabras necesarias para expresar a súa mensaxe. No formal, acentuouse a 
construción gráfica do poema sobre o seu ritmo. 
14. E finalmente, está Vostede de acordo con este comentario: “Mais onde Marta Dacosta 
acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus 
máis íntimos desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o 
regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer, o reencontro na Poza Maior coas 
afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa...”? 
Marta Dacosta 
Eu procuro aceptar os comentarios que se fan sobre a miña obra e aprender das miñas 
lectoras e lectores que, á final, son as donas e os donos dos libros que eu escribo desde que 
se publican e desde entón son elas e eles os que mellor saben cal é o valor dos meus versos. 
Así que si, estou de acordo. 
lunes 3 de noviembre de 2014
CUESTIONARIO 
lunes 3 de noviembre de 2014
Un personaxe identifique? 
literario co que se 
Un monumento 
salientábel? 
A costa galega 
Un/ha autor/-a e unha obra 
literaria galegos? 
Rosalía e Follas Novas 
Unha película de cine? 
Un personaxe galego e 
un estranxeiro? 
Castelao e Clara Zetkin 
Cal é a súa fonte de 
inspiración 
Un/ha autor/-a e unha obra literaria 
estranxeiros? 
Belli e El ojo 
Gioconda de la mujer 
Pippi Lamstrung 
“A poesía está en 
todo” que dixo 
Benedetti 
Cando roxe a 
marabunta 
Unha obra teatral? 
O incerto señor don 
Hamlet, príncipe de 
Dinamarca 
lunes 3 de noviembre de 2014
Un lugar para visitar? e un lugar 
para descansar? 
Os Açores nos dous casos 
Mundo rural/urbano? Praia/ 
montaña? 
Un feito histórico? 
Un anceio por realizar? En cada lugar hai unha 
Escribir 
xoia que admirar. A praia 
dunha vila tranquila 
O nacemento das 
Irmandades da 
Fala 
Unha utopía? 
Escribir unha 
novela 
Un tipo de música? Unha 
canción? 
A de cantautor. Te 
amaré de Silvio 
Rodríguez 
Un lugar axeitado para a 
lectura? 
Todos 
Un/ha autor/-a con quen se 
identifique? O teatro. 
Ana Luísa Amaral 
Outro entretemento 
ademais da lectura? 
lunes 3 de noviembre de 2014

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Xosé luis franco grande
Xosé luis franco grandeXosé luis franco grande
Xosé luis franco grande
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Paco Martín
Paco MartínPaco Martín
Paco Martín
 
Margarita ledo
Margarita ledoMargarita ledo
Margarita ledo
 
Manuel pereira
Manuel pereiraManuel pereira
Manuel pereira
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Rosa aneiros
Rosa aneirosRosa aneiros
Rosa aneiros
 
Marilar aleixandre
Marilar aleixandreMarilar aleixandre
Marilar aleixandre
 
Miguel Suárez Abel
Miguel Suárez AbelMiguel Suárez Abel
Miguel Suárez Abel
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Carmen Blanco
Carmen Blanco Carmen Blanco
Carmen Blanco
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 

Viewers also liked

Viewers also liked (9)

Concha Blanco
Concha BlancoConcha Blanco
Concha Blanco
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Manuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez FuentesManuel Álvarez Fuentes
Manuel Álvarez Fuentes
 
Entrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus PatoEntrevista á escritora Chus Pato
Entrevista á escritora Chus Pato
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Maria Canosa
Maria Canosa Maria Canosa
Maria Canosa
 
Teresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costaTeresa gonzalez costa
Teresa gonzalez costa
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 

Similar to Entrevista a Marta Dacosta

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Asnosasletras
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoAsnosasletras
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoAsnosasletras
 

Similar to Entrevista a Marta Dacosta (15)

don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Bernardiño graña
Bernardiño grañaBernardiño graña
Bernardiño graña
 
Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer Claudio Rodríguez Fer
Claudio Rodríguez Fer
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Xose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamoXose mª álvarez cáccamo
Xose mª álvarez cáccamo
 

More from Asnosasletras

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasAsnosasletras
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoAsnosasletras
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Asnosasletras
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaAsnosasletras
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Asnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoAsnosasletras
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarAsnosasletras
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónAsnosasletras
 

More from Asnosasletras (18)

Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Entrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús PisónEntrevista Xesús Pisón
Entrevista Xesús Pisón
 

Entrevista a Marta Dacosta

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Marta Dacosta Naceu en Vigo no 1966. Tras unha breve estadía nun colexio de monxas, rematou o bacharelato, acadando máis tarde a licenciatura en Galego-portugués. Participou en múltiples recitais acompañada das principais voces poéticas da nosa l í rica contemporánea. A súa primeira obra poética foi Crear o mar en Compostela (1993). Tras esta saíron outras obras poéticas súas até a última titulada Dun lago escuro (2014). Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados lunes 3 de noviembre de 2014
  • 2. Marta Dacosta 1. Podería contarnos como viviu aqueles derradeiros anos da ditadura e o salto á democracia sendo aínda unha xove? Como enxergou ese cambio naquel Vigo industrial? Cando morreu o ditador eu tiña nove anos. A pesar da miña idade vivín aquel momento como a liberación que era, así o sentín o día que cheguei á escola e nos dixeron que non había aulas porque morrera Franco. Antes diso, houbo outro acontecemento que me marcou máis, a folga de 1972, esa na que en Ferrol a policía matou dous traballadores, e que en Vigo tamén tivo o seu saldo de detencións, algunhas na miña familia. Lembro tamén o intento de golpe de Estado de 1981. Aí xa souben do medo e da preocupación. É moi plástico para min relatar que pasei o que quedaba da tarde sentada no chan da cociña, sen despegarme da televisión para seguir os acontecementos e co libro de música sobre as pernas, sen ser quen de me concentrar no estudo. Aqueles eran anos en que a sociedade estaba mobilizada e reclamaba o que lle correspondía, tamén a mocidade, que rexeitaba na rúa a suba do prezo dos buses. Foi un tempo que nos fixo reflexivos, participativos e combativos, é dicir vivos e conscientes. 2. Temos constatado en moitas entrevistas que os proxenitores que tiveron que vivir coa fame, coa represión... nunha palabra, coa penuria, loitaron, dentro das súas limitacións, para que os seus fillos tivesen un futuro baseado nos estudos como liberación desa vida que lles tocara vivir. Que opinión lle merece a Vostede este feito? É natural e considero que si, que as nais e os pais igual que procuramos un mundo mellor para os nosos fillos, tamén debemos procurar que eles acaden a mellor formación posíbel. Mais sen obviar a necesaria confrontación coa realidade, nin o coñecemento da historia, do que sucedeu antes de nós, para que saiban que o que hoxe temos foi acadado con moita loita. 3. Pola información que posuímos de Vostede, desde logo que a vemos como unha persoa rebelde e incorformista dende nova (emprego do galego, rebeldía cara á relixión, anticlericalismo...). Até que punto este inconformismo marcou a súa personalidade e até que punto lle supuxo desencontros? Desencontros todos os que poidades imaxinar, mais algún encontro tamén. En todo caso, a cuestión non é se a actitude vital dunha persoa lle produce encontros ou desencontros, a cuestión é se está en paz consigo mesma, se é coherente co que pensa, se actúa de acordo co que defende. Ser honesta con unha mesma é o máis difícil, mais tamén o máis necesario. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 3. Si, penso que debería haber unha aposta institucional decidida en prol da edición de poesía en galego. Mais para que esa situación se dese tiña que haber unha política cultural que tivese como eixo central a promoción do libro, considerando que esa promoción é unha aposta por unha industria propia que xera riqueza no noso país ao tempo que é a mellor inversión na mellor carta de presentación e representación que podemos dar de nós. Unha política cultural que se comprometese coa nosa lingua e con todo o que nos é propio. Se compararmos as políticas culturais de diferentes nacións e estados coa galega, chegaremos á conclusión de que estamos abandonadas. E que cabe agardar dun goberno que reduce a presenza do noso idioma nas aulas ou prohibe impartir matemáticas en galego, xustamente dúas medidas que se opoñen ao recollido no Plan Xeral publicado hai dez anos? En todo caso, a nós correspóndenos procurar que a situación mude, reclamando a atención que a nosa lírica e a nosa cultura merecen. Marta Dacosta 4. Unha vez que Vostede se inmisciu practicamente en exclusiva no xénero lírico, imaxinamos que xurdiu esa crúa realidade da publicación neste xénero a non ser, claro está, que detrás da obra houber algún premio. Non cre que esta circunstancia debese ter outras contraprestacións oficiais para que a nosa excepcional lírica tiver a repercusión que merece? 5. Até que punto a nosa lírica vai depender de revistas como “Festa da palabra silenciada”, “Letras da Cal”... e que editoriais coma Espiral Maior, que si apostan por ela, se vexan na tesitura de ter que pechar? Sempre dependemos desas iniciativas. Sempre serán necesarias e posibelmente sempre haberá tolas e tolos dispostos á empresa. Canto ás editoriais teñen un escuro panorama, especialmente porque non contan co apoio institucional necesario que merecería a publicación en galego. Porque o certo é que a propia lingua non recibe o apoio que precisa. En resumidas contas, a situación da literatura, da profesionalización, da publicación está toda relacionada co estado da lingua. Florece se a lingua florece, é dicir, é defendida e promovida, mais se non é así, caen todas as fichas do dominó. 6. Está totalmente de acordo co comentario seguinte referíndose á súa obra: “A poeta vai afondar libro tras libro nunha visión feminina e feminista do mundo” ou ben isto pode supoñer que outra temática quede algo obviada? Estou de acordo coas dúas afirmacións. Por un lado pode afirmarse iso da miña obra, como tamén é certo que os meus libros falan tamén doutros aspectos. En todo caso, vén a propósito lembrar aquí unhas palabras da perdida Begoña Caamaño: “Escribo dende un xénero excluído e dende unha lingua minorizada e asumo a responsabilidade que esa escolla conleva.” Escribimos desde a nosa propia experiencia, coa nosa memoria e as nosas feridas. Eu son galega, só podo ver o mundo como unha galega o ve e isto é o que vexo. E por iso alzo a miña voz para falar de todo o que me preocupa, a terra, o mar, a muller, a mentira, a dor ou a lingua. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 4. E que cambiou desde o século XX? Non é que todo siga igual, é que retrocedemos aos tempos dos anos 80 en moitas cousas. Por tanto a muller é a de finais do XX, porque entre aquel tempo e este tempo a única diferenza é que aumentaron as vítimas. Marta Dacosta 7. A muller está case omnipresente na súa obra. Podería dicirnos como é esa muller que vai saltando de libro en libro? Vai cambiando consonte cambia a situación da muller ou ben segue a ser aquela muller do século XX? 8. Non cre Vostede que illar a muller nunha “illa das mulleres libres”, por moi libres que sexan, non deixan de ir a un ghetto? Non será mellor unha muller libre en igualdade no continente? Marta Dacosta escribindo en Zaragoza Por suposto. Mais a illa é o símbolo da memoria compartida, a autoafirmación, a aprendizaxe que nos liberará “cando as lavandeiras descubran que a pegada do sangue non é un estigma”. E entón, aínda que sexamos Penélope, seremos navegantes e cada unha de nós dirá tamén “rexeito teas e fíos / non te vou agardar”. Porque preferimos ser “as que rexeitan belezas improbábeis e se renden ante a liberdade para botarse a voar” 9. Desde logo que o mar tamén é un espazo moi presente na súa poética. Que representa para Vostede o mar desde a óptica poética? O mar e a auga en xeral. É a vida mesma, iso é o que significa, simbolicamente e realmente, pois sen mar non podería vivir. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 5. Marta Dacosta 10. Está o futuro da nosa poesía de autoría feminina garantido nas plumas de poetas coma Chus Pato, Vostede... así coma da seguinte xeración como María Lado, Helena Salgueiro, Berta Dávila...? Quero pensar que elas seguirán escribindo e outras virán atrás que tamén escribirán. Para iso loitamos, para estar no espazo que nos corresponde, compartilo cos amigos e legarllo ás nosas fillas. 11. Sería interesante a potenciación de premios na nosa lírica como mal menor para solucionar o problema da falta de interese das grandes editoriais? A existencia de premios é unha medida de importancia para favorecer a promoción e publicación dos libros en xeral, e da poesía en particular. Por suposto que deben existir, mesmo para as editoras é interesante que isto poida ser así. Realizando o roteiro en Compostela 12. O seu primeiro escrito foi teatro, na Universidade traballou arreo en teatro... Para cando deixar repousar un chisco o verso e meterse na escrita de teatro? Para un momento en que a escrita poida ser a actividade central de cada día. Entón poderei comprobar se son quen de construír noutro tipo de xéneros. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 6. 13. Que diferenzas máis salientábeis se produciron na súa poética desde aquel Crear un mar en Compostela até o actual Dun lago escuro? A mesura e a contención. O poema foise concentrando, espíndose para que cada vez sexan menos as palabras necesarias para expresar a súa mensaxe. No formal, acentuouse a construción gráfica do poema sobre o seu ritmo. 14. E finalmente, está Vostede de acordo con este comentario: “Mais onde Marta Dacosta acada o seu máis alto cume poético é naqueles poemas nos que a vestal fala dos seus máis íntimos desexos: a liberdade, o pracer carnal, a exploración do propio corpo, o regreso á beira das ondas das praias que a viron nacer, o reencontro na Poza Maior coas afogadas que tanto admira, a calor humana e a complicidade da avoa...”? Marta Dacosta Eu procuro aceptar os comentarios que se fan sobre a miña obra e aprender das miñas lectoras e lectores que, á final, son as donas e os donos dos libros que eu escribo desde que se publican e desde entón son elas e eles os que mellor saben cal é o valor dos meus versos. Así que si, estou de acordo. lunes 3 de noviembre de 2014
  • 7. CUESTIONARIO lunes 3 de noviembre de 2014
  • 8. Un personaxe identifique? literario co que se Un monumento salientábel? A costa galega Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Rosalía e Follas Novas Unha película de cine? Un personaxe galego e un estranxeiro? Castelao e Clara Zetkin Cal é a súa fonte de inspiración Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? Belli e El ojo Gioconda de la mujer Pippi Lamstrung “A poesía está en todo” que dixo Benedetti Cando roxe a marabunta Unha obra teatral? O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca lunes 3 de noviembre de 2014
  • 9. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Os Açores nos dous casos Mundo rural/urbano? Praia/ montaña? Un feito histórico? Un anceio por realizar? En cada lugar hai unha Escribir xoia que admirar. A praia dunha vila tranquila O nacemento das Irmandades da Fala Unha utopía? Escribir unha novela Un tipo de música? Unha canción? A de cantautor. Te amaré de Silvio Rodríguez Un lugar axeitado para a lectura? Todos Un/ha autor/-a con quen se identifique? O teatro. Ana Luísa Amaral Outro entretemento ademais da lectura? lunes 3 de noviembre de 2014