SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  5
Télécharger pour lire hors ligne
LENDAS GALEGAS SOBRE A CASA
A casa encantada de Portocelo

En Portocelo, Xove (Lugo), hai un edificio de pedra construído no século XVIII ou

XIX, de muros grosos, cuberta a catro augas e esplendidas vistas ó mar.

Nin o actual propietario, nin os seus devanceiros inmediatos, viviron nela. E

mesmo contan que o que a fixo era un tipo raro.

Na casa pasaron e aínda pasan cousas raras. Unha vez que durmiran nela unha

cuadrilla de homes, amenceron ó día seguinte coas cabezas postas no lado

contrario do que se deitaran e cos cordóns dos zapatos amarrados ós do que

tiñan ó lado.

Teñen metido burros a durmir nela e pola mañá amencen cubertos de suor, unha

pinga en cada pelo.

Non hai moito tempo un home de Viveiro quedara antes do amencer diante da

casa co dono para andar ó calamar; e viu como a cadea da leña estaba atravesada

de parte a parte da estrada. Máis soprendido quedou o dono da casa cando llo

contou; había moito tempo que non se andaba coa tal cadea.

E tamén hai pouco meteron na casa patacas da semente de tamaño normal pero ó

día seguinte aquelas patacas mermaran ata o tamaño dun ovo de pomba.

Seguro que hai máis rarezas desta casa que non coñecemos, pero agardámolas.


A Casa da Moura

A Casa da Moura é un monumento megalítico situado no concello de Calvos de

Randín (Ourense).

Cóntase que cando pasaba por alí un pobre (noutras versións dise que era unha

nena) de mañá cedo para a feira do doce saíu un mouro (noutras versións dise que

lle saíu unha moura) e preguntoulle:

—E logo, para onde vai?
—Voulle para a feira mercar uns porquiños.

—¿E ten moito diñeiro para os mercar?

—Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño.

—Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos, dos mellores que haxa. E espérasme

alí, ti e mailos que chos vendan. E despois vou eu e págollelos.

Pasou todo segundo dixo o mouro; e o mouro quedou cun porco e o home con

outro. Entón, o mouro díxolle ao home:

—Mira, tráeme aquí todas as mañás cedo medio neto de leite (noutras versións

dille que lle traia pan). Ti non chames por ninguén. Déixamo neste sitio que xa

terás nel un peso todos os días. E así sempre. E ten tino de non dicir nada a

ninguén, que estas cousas non se poden dicir.

E por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos.

Mais a súa muller (nas versións protagonizadas por unha nena é a nai a que

intervén) sempre lle andaba dicindo:

—¿De onde che veñen os cartos? Porque antes non tiñamos case ningún e agora

temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá.

E o home contestáballe:

—Non, muller, non. Ti come e bebe, e a min déixame, que eu non teño amiga

ningunha.

E ela volvía a porfiar:

—Pois ti tesmo que dicir, que de algún lado che veñen.

E tanto porfiou, e tanto fixo, que o home rematou por llo dicir.

Ao outro día de mañá foi co leite mais ao chegar ao sitio sinalado, en vez de

cartos, atopou un corno cun letreiro que dicía:

“Falaches, corneaches”


BIBLIOGRAFÍA
FONTE:
LÓPEZ CUEVILLAS, F. e LOURENZO, X. Vila de Calvos de Randín. Notas
etnográficas e folklóricas, Compostela, Seminario de Estudos Galegos, 1930

A casa Dabade de Arroxo

A esta casa Dabade(Casa do abade) de Arroxo, A Fonsagrada (Lugo) venlle o

nome de cando viviu nela un cura que fora castigado a desterro polas señoras do

Pazo de San Martín de Arroxo.

As señoras tíñano avisado de que non empezase a misar antes de chegaren elas á

igrexa. Pero un día, parece que o retraso das mulleres era moito e o cura

empezou a misa sen elas. O atrevemento valeulle irse vivir a " onde non oíse can

ladrar, gato maullar ou galo cantar". Ou sexa, á casa Dabade.




A casiña do Rei

Agora só é unha pedra cos rebaixes onde supostamente apoiaban as trabes,

situada no monte comunal de Parada, en Lobeira (Ourense), pero antes foi unha

casa, "a Casiña do Rei", e hai quen supón que realmente alí estivo agachado,

fuxindo de intrigas pacegas, o rei de León e Galicia Afonso IX polo ano 1188, e

que en agradecemento concedeu a Lobeira o foro municipal datada no 1228.

Cando era casa vivía nela un labrego moi rico. Disque tiña trece becerros pacendo

na Cabreira, terras que lle daban pan para todo o ano e tantas ovellas que aínda

non saíran as últimas da corte e xa estaban as primeiras en Salgueiro.

Este labrego rico tiña unha filla moi bonita e unha vez presentáronse na porta da

casa un fato de militares pedidno pousada. O labrego recibiunos e fíxolles

acomodo pero agachou a filla onde non a visen por medo a que se enredasen con

ela.

Pasaron días ata que un daqueles homes lle revelou ao labrego que entre eles

estaba o rei. O home dixo que se aledaba pero ao mesmo tempo tomouno un
desasosego; os visitantes non marchaban:

—¿Que tes? —preguntoulle o rei—. ¿Que é o que tanto te desacouga?

Entón, o labrego, confesoulle como tiña a filla escondida por medo a que correse

algún perigo. Inmediatamente o rei chamou a todos os seus homes e fíxolles esta

advertencia:

—Este home ten un filla e por medo a vosoutros tena escondida. A partir de hoxe

vai saír dos seu escondedoiro pero se algún se atreve a facerlle dano ou sequera

a mirar para ela, mándoo matar.

E así vos foi. Pasaron moitos máis días en tranquilidade ata que chegou o da

despedida e díxolle o rei ao labrego:

—Estivemos moito tempo na túa casa e fuches moi bo connosco. Dime o que

queres, que cho concedo.

—Eu non quero nada —respondeu o labrego. Cando deus dá, dá para todos.

Pero o rei insistiu ata que o labrego se decidiu a pedir. E dixo:

—Pois entón pídolle que Lobeira non dea soldados ao rei e que non pague a

contribución.

E, polo visto, o rei concedeullo.



Nunha variante desta lenda (Véxase LORENZO, X., Foro de Lobeira) o rei era de

Ourense e agradecido polo bo trato que lle deran, berrou:

-¡Lobería, Vila Real!

Véxase o documento: “Os tres irmáns da Casiña do Rei”




BIBLIOGRAFÍA

Fonte:
LORENZO FERNÁNDEZ, X., «Algunas habitaciones de pastores en la Sierra del
Leboreiro», en Cuadernos de Estudios Gallegos, II, Santiago de Compostela,
1946-47.
LORENZO FERNÁNDEZ, X., «Foro de Lobeira», en Arquivos do Seminario de
Estudos Galegos, V, Santiago de Compostela, 1930.

Casa do Verme de Doade

Pasou en Doade, Sober (Lugo), polo verán do ano 1931. Unha casa daquel lugar

apareceu de repente chea de vermes brancos e gordos que andaban libremente

polos cuartos. Tomaran os armarios, as camas, os mobles todos; os donos

sacábanos a sacos e queimábanos pero cantos máis sacaban, máis aparecían.

Durante dez días foi así a cousa ata que mandaron chamar ó cura da parroquia;

bendiciu a casa e acabouse todo.

O motivo polo que houbo semellante invasión explícase da seguinte maneira.

Naquela mesma casa vivira un home que un día de San Pedro fora segar o pan

coma se non fose día santo. Cando un veciño lle chamou a atención, el repuxo:

—¡A min San Pedro non me vén gardar o pan se chove; así que vou segar e despois

fago unha empanada e vou á festa!

E disque aínda engadiu un xuramento.

Foi segar e foi á festa, e cando se foi deitar ás doce da noite tiña a casa cheíña

de vermes. Din que tivo que marchar dela; e que non regresou endexamais.

Isto si que é importante; a este home chamábanlle O Verme.




BIBLIOGRAFÍA

Fonte:
RISCO, V., «Miscelánea folklórica», en Cuadernos de Estudios Gallegos, II,
Santiago de Compostela, 1946-47.

Bibliografía:
CUBA, X. R., MIRANDA, X. e REIGOSA, A., Diccionario dos seres míticos
galegos [Verme] , Xerais, Vigo, 1999.

Contenu connexe

Similaire à Lendas Galegas

Similaire à Lendas Galegas (20)

Lendas
Lendas Lendas
Lendas
 
O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5O Cartafol do Lerez Nº 5
O Cartafol do Lerez Nº 5
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Ánxel Fole
Ánxel FoleÁnxel Fole
Ánxel Fole
 
La loba orde
La loba ordeLa loba orde
La loba orde
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Xabier parga
Xabier pargaXabier parga
Xabier parga
 
Un día no castro de viladonga
Un día no castro de viladongaUn día no castro de viladonga
Un día no castro de viladonga
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
A orixe do violin
A orixe do violinA orixe do violin
A orixe do violin
 
Club de lectura 2018
Club de lectura 2018Club de lectura 2018
Club de lectura 2018
 
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
O MISTERIO DA PAPOULA NEGRA
 
A PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRAA PAPOULA NEGRA
A PAPOULA NEGRA
 
Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte Calendario 2018 - I parte
Calendario 2018 - I parte
 

Plus de Bergantera

Por dentro da portada
Por dentro da portadaPor dentro da portada
Por dentro da portadaBergantera
 
Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Bergantera
 
Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Bergantera
 
Cartel Anunciador
Cartel AnunciadorCartel Anunciador
Cartel AnunciadorBergantera
 
M A MÁ C A B R A
M A MÁ  C A B R AM A MÁ  C A B R A
M A MÁ C A B R ABergantera
 
O S N O M E S D A S C A S A S
O S  N O M E S  D A S  C A S A SO S  N O M E S  D A S  C A S A S
O S N O M E S D A S C A S A SBergantera
 
C A S A S G A L E G A S T R A D I C I O N A I S F I C H A
C A S A S  G A L E G A S  T R A D I C I O N A I S  F I C H AC A S A S  G A L E G A S  T R A D I C I O N A I S  F I C H A
C A S A S G A L E G A S T R A D I C I O N A I S F I C H ABergantera
 
Conto Castelao
Conto  CastelaoConto  Castelao
Conto CastelaoBergantera
 
Longa Noite De Pedrao Neno
Longa Noite De Pedrao NenoLonga Noite De Pedrao Neno
Longa Noite De Pedrao NenoBergantera
 
As Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasAs Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasBergantera
 
RosalíA De Castro
RosalíA De CastroRosalíA De Castro
RosalíA De CastroBergantera
 
Acumulativos E Recitados
Acumulativos E RecitadosAcumulativos E Recitados
Acumulativos E RecitadosBergantera
 
A Casa Da Neve
A Casa Da NeveA Casa Da Neve
A Casa Da NeveBergantera
 
Vivenda Popular
Vivenda PopularVivenda Popular
Vivenda PopularBergantera
 
CASA ECOLÓXICA
CASA ECOLÓXICACASA ECOLÓXICA
CASA ECOLÓXICABergantera
 
En tempos de crise
En tempos de criseEn tempos de crise
En tempos de criseBergantera
 
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!Bergantera
 

Plus de Bergantera (20)

1
11
1
 
Por dentro da portada
Por dentro da portadaPor dentro da portada
Por dentro da portada
 
Portada
PortadaPortada
Portada
 
DECRETO
DECRETODECRETO
DECRETO
 
Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Os máis altos!!!
Os máis altos!!!
 
Os máis altos!!!
Os máis altos!!!Os máis altos!!!
Os máis altos!!!
 
Cartel Anunciador
Cartel AnunciadorCartel Anunciador
Cartel Anunciador
 
M A MÁ C A B R A
M A MÁ  C A B R AM A MÁ  C A B R A
M A MÁ C A B R A
 
O S N O M E S D A S C A S A S
O S  N O M E S  D A S  C A S A SO S  N O M E S  D A S  C A S A S
O S N O M E S D A S C A S A S
 
C A S A S G A L E G A S T R A D I C I O N A I S F I C H A
C A S A S  G A L E G A S  T R A D I C I O N A I S  F I C H AC A S A S  G A L E G A S  T R A D I C I O N A I S  F I C H A
C A S A S G A L E G A S T R A D I C I O N A I S F I C H A
 
Conto Castelao
Conto  CastelaoConto  Castelao
Conto Castelao
 
Longa Noite De Pedrao Neno
Longa Noite De Pedrao NenoLonga Noite De Pedrao Neno
Longa Noite De Pedrao Neno
 
As Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais GalegasAs Casas Tradicionais Galegas
As Casas Tradicionais Galegas
 
RosalíA De Castro
RosalíA De CastroRosalíA De Castro
RosalíA De Castro
 
Acumulativos E Recitados
Acumulativos E RecitadosAcumulativos E Recitados
Acumulativos E Recitados
 
A Casa Da Neve
A Casa Da NeveA Casa Da Neve
A Casa Da Neve
 
Vivenda Popular
Vivenda PopularVivenda Popular
Vivenda Popular
 
CASA ECOLÓXICA
CASA ECOLÓXICACASA ECOLÓXICA
CASA ECOLÓXICA
 
En tempos de crise
En tempos de criseEn tempos de crise
En tempos de crise
 
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
En tempos de crise ... aforra no fogar!!!
 

Lendas Galegas

  • 1. LENDAS GALEGAS SOBRE A CASA A casa encantada de Portocelo En Portocelo, Xove (Lugo), hai un edificio de pedra construído no século XVIII ou XIX, de muros grosos, cuberta a catro augas e esplendidas vistas ó mar. Nin o actual propietario, nin os seus devanceiros inmediatos, viviron nela. E mesmo contan que o que a fixo era un tipo raro. Na casa pasaron e aínda pasan cousas raras. Unha vez que durmiran nela unha cuadrilla de homes, amenceron ó día seguinte coas cabezas postas no lado contrario do que se deitaran e cos cordóns dos zapatos amarrados ós do que tiñan ó lado. Teñen metido burros a durmir nela e pola mañá amencen cubertos de suor, unha pinga en cada pelo. Non hai moito tempo un home de Viveiro quedara antes do amencer diante da casa co dono para andar ó calamar; e viu como a cadea da leña estaba atravesada de parte a parte da estrada. Máis soprendido quedou o dono da casa cando llo contou; había moito tempo que non se andaba coa tal cadea. E tamén hai pouco meteron na casa patacas da semente de tamaño normal pero ó día seguinte aquelas patacas mermaran ata o tamaño dun ovo de pomba. Seguro que hai máis rarezas desta casa que non coñecemos, pero agardámolas. A Casa da Moura A Casa da Moura é un monumento megalítico situado no concello de Calvos de Randín (Ourense). Cóntase que cando pasaba por alí un pobre (noutras versións dise que era unha nena) de mañá cedo para a feira do doce saíu un mouro (noutras versións dise que lle saíu unha moura) e preguntoulle: —E logo, para onde vai?
  • 2. —Voulle para a feira mercar uns porquiños. —¿E ten moito diñeiro para os mercar? —Ai, señor, eu diñeiro téñolle pouquiño. —Ben, pois vas á feira e mercas dous porcos, dos mellores que haxa. E espérasme alí, ti e mailos que chos vendan. E despois vou eu e págollelos. Pasou todo segundo dixo o mouro; e o mouro quedou cun porco e o home con outro. Entón, o mouro díxolle ao home: —Mira, tráeme aquí todas as mañás cedo medio neto de leite (noutras versións dille que lle traia pan). Ti non chames por ninguén. Déixamo neste sitio que xa terás nel un peso todos os días. E así sempre. E ten tino de non dicir nada a ninguén, que estas cousas non se poden dicir. E por moito tempo o home levou o leite e colleu os cartos. Mais a súa muller (nas versións protagonizadas por unha nena é a nai a que intervén) sempre lle andaba dicindo: —¿De onde che veñen os cartos? Porque antes non tiñamos case ningún e agora temos moitos. Ti tes que ter unha amiga que chos dá. E o home contestáballe: —Non, muller, non. Ti come e bebe, e a min déixame, que eu non teño amiga ningunha. E ela volvía a porfiar: —Pois ti tesmo que dicir, que de algún lado che veñen. E tanto porfiou, e tanto fixo, que o home rematou por llo dicir. Ao outro día de mañá foi co leite mais ao chegar ao sitio sinalado, en vez de cartos, atopou un corno cun letreiro que dicía: “Falaches, corneaches” BIBLIOGRAFÍA
  • 3. FONTE: LÓPEZ CUEVILLAS, F. e LOURENZO, X. Vila de Calvos de Randín. Notas etnográficas e folklóricas, Compostela, Seminario de Estudos Galegos, 1930 A casa Dabade de Arroxo A esta casa Dabade(Casa do abade) de Arroxo, A Fonsagrada (Lugo) venlle o nome de cando viviu nela un cura que fora castigado a desterro polas señoras do Pazo de San Martín de Arroxo. As señoras tíñano avisado de que non empezase a misar antes de chegaren elas á igrexa. Pero un día, parece que o retraso das mulleres era moito e o cura empezou a misa sen elas. O atrevemento valeulle irse vivir a " onde non oíse can ladrar, gato maullar ou galo cantar". Ou sexa, á casa Dabade. A casiña do Rei Agora só é unha pedra cos rebaixes onde supostamente apoiaban as trabes, situada no monte comunal de Parada, en Lobeira (Ourense), pero antes foi unha casa, "a Casiña do Rei", e hai quen supón que realmente alí estivo agachado, fuxindo de intrigas pacegas, o rei de León e Galicia Afonso IX polo ano 1188, e que en agradecemento concedeu a Lobeira o foro municipal datada no 1228. Cando era casa vivía nela un labrego moi rico. Disque tiña trece becerros pacendo na Cabreira, terras que lle daban pan para todo o ano e tantas ovellas que aínda non saíran as últimas da corte e xa estaban as primeiras en Salgueiro. Este labrego rico tiña unha filla moi bonita e unha vez presentáronse na porta da casa un fato de militares pedidno pousada. O labrego recibiunos e fíxolles acomodo pero agachou a filla onde non a visen por medo a que se enredasen con ela. Pasaron días ata que un daqueles homes lle revelou ao labrego que entre eles estaba o rei. O home dixo que se aledaba pero ao mesmo tempo tomouno un
  • 4. desasosego; os visitantes non marchaban: —¿Que tes? —preguntoulle o rei—. ¿Que é o que tanto te desacouga? Entón, o labrego, confesoulle como tiña a filla escondida por medo a que correse algún perigo. Inmediatamente o rei chamou a todos os seus homes e fíxolles esta advertencia: —Este home ten un filla e por medo a vosoutros tena escondida. A partir de hoxe vai saír dos seu escondedoiro pero se algún se atreve a facerlle dano ou sequera a mirar para ela, mándoo matar. E así vos foi. Pasaron moitos máis días en tranquilidade ata que chegou o da despedida e díxolle o rei ao labrego: —Estivemos moito tempo na túa casa e fuches moi bo connosco. Dime o que queres, que cho concedo. —Eu non quero nada —respondeu o labrego. Cando deus dá, dá para todos. Pero o rei insistiu ata que o labrego se decidiu a pedir. E dixo: —Pois entón pídolle que Lobeira non dea soldados ao rei e que non pague a contribución. E, polo visto, o rei concedeullo. Nunha variante desta lenda (Véxase LORENZO, X., Foro de Lobeira) o rei era de Ourense e agradecido polo bo trato que lle deran, berrou: -¡Lobería, Vila Real! Véxase o documento: “Os tres irmáns da Casiña do Rei” BIBLIOGRAFÍA Fonte: LORENZO FERNÁNDEZ, X., «Algunas habitaciones de pastores en la Sierra del Leboreiro», en Cuadernos de Estudios Gallegos, II, Santiago de Compostela, 1946-47.
  • 5. LORENZO FERNÁNDEZ, X., «Foro de Lobeira», en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, V, Santiago de Compostela, 1930. Casa do Verme de Doade Pasou en Doade, Sober (Lugo), polo verán do ano 1931. Unha casa daquel lugar apareceu de repente chea de vermes brancos e gordos que andaban libremente polos cuartos. Tomaran os armarios, as camas, os mobles todos; os donos sacábanos a sacos e queimábanos pero cantos máis sacaban, máis aparecían. Durante dez días foi así a cousa ata que mandaron chamar ó cura da parroquia; bendiciu a casa e acabouse todo. O motivo polo que houbo semellante invasión explícase da seguinte maneira. Naquela mesma casa vivira un home que un día de San Pedro fora segar o pan coma se non fose día santo. Cando un veciño lle chamou a atención, el repuxo: —¡A min San Pedro non me vén gardar o pan se chove; así que vou segar e despois fago unha empanada e vou á festa! E disque aínda engadiu un xuramento. Foi segar e foi á festa, e cando se foi deitar ás doce da noite tiña a casa cheíña de vermes. Din que tivo que marchar dela; e que non regresou endexamais. Isto si que é importante; a este home chamábanlle O Verme. BIBLIOGRAFÍA Fonte: RISCO, V., «Miscelánea folklórica», en Cuadernos de Estudios Gallegos, II, Santiago de Compostela, 1946-47. Bibliografía: CUBA, X. R., MIRANDA, X. e REIGOSA, A., Diccionario dos seres míticos galegos [Verme] , Xerais, Vigo, 1999.