Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Libreto 18 Treme a Terra

170 vues

Publié le

Impulsamos unha nova edición do Festival Treme a Terra, cita que acumula con esta 18 edicións. Celebrámolo o 9 de decembro e o alicerce sobre o que pivotou foi a loita antifranquista. Un chamado a non esquecer ás que loitaron coas armas na man contra a barbarie fascista, ás que xa no 1936 tiveron que escapar ao monte logo da sublevación militar e mantiveron unha dura resistencia formando co tempo as primeiras estructuras guerrilleiras do Estado. Porque na Galiza non houbo guerra civil, pero si un exterminio sistemático da poboación fiel á República. En tan so tres anos foron asasinadas 4699 persoas galegas. Mortes controladas, instigadas por militares e falanxistas. Namentres no resto do territorio agudizábase unha contenda militar con dous bandos diferenciados, no noso país, aparentemente sometido, prendíase unha larvada guerra sen frontes nin exércitos. Unha heroica resistencia que agardou ata que non puido máis por unha axuda internacional que nunca chegou. Sirva este festival de homenaxe ás que perderon a vida na procura da liberdade. “E a noite longa é tan dura, que as saudades se instalan, pero que non pense a lúa, que o sol non vén pra botala. E que importa, meu ben, que importa, se non o chego eu a ver? E que importa, meu ben, que morramos, se deixamos semente de vencer”. Velaquí o libreto editado para as amigas e colaboradoras do festival. Saúde e Terra!

  • Soyez le premier à commenter

×