SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  53
Télécharger pour lire hors ligne
O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido
Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006
                           Introdución
IES Ponte Caldelas              Quen somos?
                                Onde estamos?
                                Que pretendemos?
                           Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais
                                Do Camiño: sendas, pontes, pontellas,
                                pasos, valados.
                                Dos animais: foxos, currais, sesteiros,
                                pombais.
                                Da auga e vida: presas, levadas,fontes,
                                lavadoiros
                                De produción e almacenamento: hórreos,
                                palleiras, muíños, eiras, batán.
                                Desta vida e da outra:torreiros,
                                cruceiros,petos
                           As ameazas
                           Un futuro posible
                           Quen nos axudou?
Quen somos?




      IES Ponte Caldelas




O IES de Ponte Caldelas é un centro de ensino secundario e bacharelato que comezou a súa
existencia no curso 98-99. Na actualidade hai 375 alumn@s e 46 profesor@s.
A súa actividade docente abrangue tres concellos: Ponte Caldelas, onde se sitúa o edificio, A
Lama e Fornelos de Montes. En total, 281 km²habitados por 11.577 persoas que se distribúen en
26 parroquias e 178 entidades de poboación, datos que evidencian unha notable dispersión do
poboamento.
Un dos puntos fortes do proxecto de centro é o de reforzar a nosa acción educativa dentro do
contorno máis próximo ao alumnado. Somos conscientes da necesidade de revalorizar os sinais de
identidade e formar cidadáns críticos para garantir un futuro sostible e respectuoso cara ao
patrimonio herdado. A actualización na defensa do propio, inserta nun mundo globalizado,
convértese en imprescindible e contribúe a presentar unha oferta máis creativa.
Froito da preocupación por unha educación en
valores e por unha potenciación daqueles
elementos     configuradores    da  paisaxe,
historia    e    identidade,   este   centro
significouse no traballo sobre o Camiño Real
de Ribadavia a Pontevedra ata convertelo nun       Camiño Real perto de Forzáns

dos eixes vertebradores do desenvolvemento
rural da comarca de Pontevedra.


Outra actuación importante foi a denuncia
sobre o estado dos petroglifos de Tourón e o
seu contorno, que derivou na creación dun
parque arqueolóxico a cargo da Consellería de
Cultura.                                                 Ponte de Berducido




                                                Pontillón nos arredores da Laxe



                                                                 Quen somos?
Continuando nesa liña, o IES de Ponte
Caldelas durante o curso 2006-07
estivo traballando para ofrecer a
todos os interesados un estudo sobre
o     seu     patrimonio     cultural.
Entendemos que estes elementos
poden constituír un bo recurso para
capitalizar   o    despegue     dunha
sociedade rural respectuosa e
orgullosa   do seu pasado. Os
magníficos exemplos que expoñemos                                         Muíño en Gramil

corren perigo. De nós depende o seu
futuro.




                   Lavadoiro en Gramil   Pasadoiro entre Antas e Covelo
                                                                              Cruceiro en Covelo

                                                                              Quen somos?
Onde estamos?
Os concellos de Ponte Caldelas, A
Lama e Fornelos de Montes están
situados no interior da provincia de
Pontevedra. Delimitados, no oeste,
por municipios costeiros das Rías
Baixas e, no leste, pola serra do
Suído son terras de transición nas
que paulatinamente se perde a
influencia da costa.
                                                                3.022 hb.
Ponte Caldelas e A Lama están          75          27 hb//km²
dentro da comarca de Pontevedra,       hb/km²

mentres que Fornelos pertence á                                     6.513 hb.

comarca viguesa.                                24’5
                                                hb/km²
Dos tres, Ponte Caldelas é o
concello máis poboado e de maior                                        2.042 hb.
densidade. Pola contra, A Lama e
Fornelos presentan unhas cifras
moi modestas tanto en poboación
absoluta como en densidade, o que
denota unha maior dificultade na
ocupación do territorio. A presenza
da Serra do Suído, a maior altura,
os numerosos desniveis e o
histórico       illamento        de
comunicacións     explican    estes
datos.
Dous elementos configuran a nosa paisaxe:
os ríos e o monte.

Unha enorme rede de drenaxe, pertencente
ás cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén,
articula todo o territorio. Isto orixina un
numeroso repertorio de vales de maior ou
menor amplitude que obrigan a unha
dispersión do poboamento humano e marcan
profundamente o sentir das súas xentes.
                                                                                                         Río Verdugo




                                                                           Se a auga dos regatos é un constante fluír,
                                                                           a nobre presenza do Suído transmite
                                                                           permanencia e solidez. A vella resistencia
                                                                           desta suave mole granítica exerce de
                                                                           barreira para as frontes húmidas que nos
                                                                           chegan do Atlántico. Isto converte esta
                                                                           terra nunha das máis regadas de Galicia. Val
                                                                           e monte como positivo e negativo dunha
                                                                           fermosa película natural que introduce ao
                                                                           ser humano nun territorio á vez hostil e
                                                                           amable.
A Laxe e A Airoa ( Fornelos de Montes) vistas dende o Suído. No fondo os
relevos costeiros que delimitan a Depresión Meridiana.

                                                                                                                Onde estamos?
Moitas son as pendentes e pouca a superficie apta
para ser cultivada. Condicións naturais difíciles ás
que tivo que adaptarse unha economía agro-gandeira
e forestal de corte autosuficiente. A emigración e
o final do ciclo produtivo tradicional trouxeron a
decadencia e o abandono. No seu lugar apareceron
os cultivos forestais e unha prolífica matogueira de
degradación que converte os campos en almacéns de
biocombustible. A economía actual orbita arredor
do sector servizos, industria e construción, dándolle
as costas a séculos de economía rural.




                                         Onde estamos?
A pesar de estar moi próximos ao dinámico Eixo
                                              Urbano Atlántico, a complicada orografía e as
                                              seculares dificultades de comunicación illaron
                                              esta zona sumíndoa nun proceso semellante ao
                                              experimentado polas terras do interior de
                                              Galicia:
                                              •Abandono progresivo de moitas aldeas.
                                              •Regresión demográfica.
                                              •Desorientación e perda de identidade ante
                                              os cambios operados nunha sociedade
                                              netamente urbana.
                                              •Incapacidade para vender os seus recursos agás
                                              para servir aos intereses da produción
Casas do lugar do Campo en Covelo ( A Lama)   enerxética.




                                                                 Onde estamos?
Sen embargo, tamén é un territorio que garda lugares cun
                               encanto incrible que orgullosamente pide respecto e
                               admiración. Fervenzas que loitan por manterse vivas,
                               carballeiras protectoras dun microcosmos militante na
                               resistencia e na biodiversidade, ríos limpos nos que continúan
                               a habitar as troitas, e máis aínda, un patrimonio
                               arquitectónico de grande calidade resultado do vagar do
                               tempo e a intelixencia humana.
   Carballeira en Taboadelo




         Río Parada                                         Pontillón sobre o
                                                            río San Vicente




                                                                                     Camiño de Laxoso


Muíño de Arriba. As Redondas              Río Verdugo en Abelaído
                                                                                Onde estamos?
Que pretendemos?

1.   Potenciar o coñecemento do patrimonio etnográfico entre o alumnado.
2.   Facer un achegamento a un inventario dos elementos patrimoniais existentes en
     cada parroquia.
3.   Introducir ao alumnado no uso das técnicas da investigación social.
4.   Propiciar un achegamento á realidade, utilizando un enfoque máis científico, pero
     sen esquecer a importancia fundamental dos aspectos afectivos ou emocionais.
     Neste senso é vital redescubrir a paisaxe.
5.   Denunciar as agresións que padecen estes elementos.
6.   Favorecer o coñecemento e diálogo interxeracional entre o noso alumnado e os
     seus maiores.
7.   Valorar este tipo de elementos culturais e patrimoniais como dinamizadores dunha
     política de desenvolvemento rural harmónica.
8.   Recuperar a memoria. Fomentar o orgullo de ser herdeiros dunha cultura secular
     que no seu proceso de adaptación a un medio complicado foi decantando unhas
     formas e unha sabedoría que se debe valorar.
9.   Elaborar unha modesta relación de ideas para afrontar mellor os retos dunha
     sociedade globalizada.
Que temos?




Infraestruturas na paisaxe:
camiños, pontillóns, pontes, pasadoiros e valados.
Os camiños
A enorme dispersión dos núcleos de poboación e do parcelario
agrícola precisa dunha rede viaria bastante tupida que conecte os
espazos domésticos cos espazos de produción. A pesar de que na
actualidade quedan poucas corredoiras a salvo da invasión do
asfalto, na nosa zona, en especial nas áreas máis illadas, aínda se
conservan numerosos camiños rurais empedrados e limitados por
muros de cachotería e noutras ocasións por cómaros. A beleza e a
integración destas modestas realizacións nun marco natural
moitas veces espectacular debería facernos reflexionar sobre a
necesidade de restauralos e potenciar as actividades de
                                                                               Camiño de Gramil
sendeirismo.




                                                                      Camiño de Laxoso


       Camiño de Abelaído
De entre todos destaca o Camiño Real dos Arrieiros.
Durante moitos anos foi ruta do transporte do viño dende a comarca do Ribeiro ata Pontevedra. O
seu trazado é rectilíneo e corta transversalmente o Suído e varios cursos de auga. Este camiño
carreteiro dun ancho aproximado de 2’50 metros e flanqueado por muros grosos de cachotería
percorre pola aba media dos relevos, evitando así as pendentes e fuxindo da humidade dos regatos.
O seu firme non presenta empedrado salvo nos lugares onde haxa perigo de enlamarse. Varias pontes
e pontellas permítenlle salvar os ríos e regatos. O seu estado de conservación varía moito, pero os
exemplos seleccionados amosan a beleza dalgúns tramos que deberían ser preservados para sempre.




Camiño Real entre Verducido e Forzáns     Camiño Real chegando á ponte de Verducido.




                                                                                       Perto de Forzáns




  Camiño Real entre Verducido e Forzáns   Ponte Casariños, en pleno Suído
Os valados
Demostración      dunha    técnica
depurada no traballo de asentar
pedras de diferente tamaño, os
valados son hoxe algo máis que un
límite. O esforzo paciente de
colocar miles de cachotes coa
forma precisa para que aquel
muro fora consistente convértese
co paso do tempo nunha obra
admirable, integrada na paisaxe e
digna de recoñecemento.        Na
                                                    Valados na parroquia de Calvos ( Fornelos)
zona    consérvanse     diferentes
tipos de valados.




            Resto dun valado en Taboadelo ( Ponte
            Caldelas)
                                                                Valados na Insua ( Ponte Caldelas)
Os muros de cachotería adoitan ter uns 50 cm de largo e
entre 1 m. – 1’5 m. de altura. Construídos a maioría quizais a
base dun simple amoreamento de pedras de diferente forma
e tamaño, hainos tamén máis consistentes e elaborados.
Algúns presentan dúas ringleiras exteriores de cachotes
culminados por laxes de maior tamaño sobre as que ás veces
aparece unha levada de auga. Se o camiño ten tendencia a
                                                                              Muro en Cuñas (Ponte Caldelas)
enlamarse, acostuma incluír pasos.


Na actualidade, a falta de mantemento de moitos destes
muros pon en perigo a súa supervivencia. Estamos ante un
dos elementos que máis encanto dá á paisaxe rural galega.




                                                                      Pasos nun muro nos arredores de Laxoso
                                                                      (Ponte Caldelas)




                                                                              Muros en Regodobargo (Ponte
                                    Muro nos arredores de Verducido           Caldelas)
Os pontillóns
A presenza de numerosos regatos nas nosas
terras obríganos a ter que salvalos a través
da construción de diferentes obras de
enxeñería popular. Unha destas realizacións
son os pontillóns. Repartidos por todo o
territorio, hainos de diferentes tamaños.
Están construídos a base de grandes e
alongadas lousas graníticas e os seus
soportes ou cepas presentan o mesmo deseño
que os tallamares das pontes. Os mecanismos
utilizados para neutralizar a forza da auga
son dous: unha proa recortada en ángulo e
enfrontada á dirección da corrente, e unha
popa redondeada no lugar onde se crean os
remuíños. A calzada leva as lousas dispostas
de modo transversal ás cepas.




                                               Pontillón sobre o río Couñago. Nos arredores de
                                               Verducido, entre os concellos da Lama e Fornelos de
                                               Montes. Obsérvese o mal estado da cepa.
Pontillón   de   Campo do Río
                                 De entre todos os
                                 exemplos posibles
                                 debemos destacar
                                 catro pontillóns sobre
                                 o regato de San
                                 Vicente, no concello de
                                 Ponte Caldelas. De
                                 diferentes tamaños,
Ruína pontillón de San Vicente   estes pontillóns
                                 presentan un estado
                                 de conservación            Pontillón pequeno do Campo do Río
                                 bastante bo. Agás o
                                 pontillón de S. Vicente,
                                 hoxe convertido nunha
                                 morea de pedras
                                 tiradas no leito do río,
                                 os demais demostraron
                                 unha forte resistencia
Pontillón do Piornal (fronte)    ante as últimas
                                 enchentes. Sen                      Pontillón Porto a Canedo
                                 embargo, os troncos
                                 arrastrados pola
                                 corrente e atrapados
                                 nas cepas crean unha
                                 presa moi perigosa que
                                 cómpre eliminar de
                                 contado.
Pontillón do Piornal (Calzada)
Os pasos
Ás veces para atravesar os ríos e
regatos non aparecen pontes, nin
pontillóns, senón unhas pedras
separadas entre si a unha
distancia dun paso humano. Son os
chamados pasadoiros ou pasos que
aparecen en zonas onde o leito non
é moi profundo. Nos tres concellos
hai magníficos exemplos. Os máis
salientables están no concello de                                   Pasos sobre o río Verdugo nas Redondas. Taboadelo (Ponte Caldelas). Servía
Ponte Caldelas.                                                     para unir as parroquias de Taboadelo e a Insua




Pasos no regato de Porta Cerdeira, na confluencia co río Oitavén.
Moledo, Regodobarbo. (Ponte Caldelas).                              Pasadoiro fermosísimo sobre o río Verdugo que une as parroquias de Covelo
                                                                    e Antas, no concello da Lama
As pontes
Alí onde o curso de auga ten forza,
amplitude e as condicións topográficas
o permiten, construíronse obras de
maior envergadura.
As pontes son realizacións vencelladas a
unha rede camiñeira de maior rango,
polo xeral, de traza moderna. A maioría
son obras do século XIX, o que
demostra a tardía incorporación destas
terras a unhas comunicacións máis
modernas. Durante moitos anos os
únicos camiños que existiron eran os de
ferradura.
Para este traballo desbotamos aquelas
pontes de enxeñería ligadas ás estradas
modernas e pousamos a ollada noutras -
hoxe adormecidas no esquecemento-,
que son magníficas obras e, sobre todo,
están enclavadas en contornos naturais
de calidade. De entre todas destaca a
ponte sobre o río Parada en Verducido,
A Lama. Outro exemplo é a ponte da
Laxe.
Que temos?

Elementos patrimoniais relacionados
cos animais:




Foxo do lobo, currais, sesteiros, pombais
Os foxos do lobo



                                                                            Indicios obtidos da presenza de lobos no Suído.




                                                                         Imaxe do foxo. Cunha altura de 3 metros e un
                                                                         diámetro aproximado de 4 metros era unha trampa
          Foxo do lobo nas proximidades de Pigarzos (A Lama). Os foxos   definitiva para o lobo.
          están precedidos dun espazo cercado moi amplo en forma de V
          que se estreita cada vez máis ata desembocar sobre o fatal
          burato. Imaxe extraída do SIXPAC
O lobo sempre foi un animal temido polo ser humano. Depredador coma nós, compite polo mesmo espazo e
recursos. Recluído nas áreas de montaña, a súa presenza preocupou notablemente ás comunidades de
gandeiros que levaban a pastar os seus rabaños ao monte. Para evitar a súa presenza, no pasado,
organizábanse batidas.
En poucos lugares de Galicia consérvanse mellor as construcións polas que despenaban este animal. Cercado
debidamente, na súa fuxida, o lobo era guiado cara á dirección dun foxo no que inevitablemente acabaría
tirándose. Unha vez atrapado e sen saída era presa fácil dos cazadores.
O foxo do lobo de Estacas ( Fornelos de Montes)




Muros ciclópeos de cachotería de grande dimensión. Hoxe
presentan unha perda de altura motivado pola desaparición
dalgunhas pedras. A súa altura tivo que ser notable para
impedir a fuxida do lobo.




                         Parede exterior do foxo


Situado no límite co concello de Mondariz, este foxo ten a peculiaridade de ser dobre. O plano
deste espazo describe un W. Enclavado a uns 750 metros de altura, os muros delimitan un
terreo de matogueira en lixeira pendente cara ao leste e sueste que se precipita a dous foxos
duns 4 metros de diámetro cada un.
Os currais
Estas construcións, características do
Suído, servían de acubillo aos pastores
que coidaban o gando en réxime extensivo.
Os currais máis coñecidos son os da aba
oriental do Suído. De planta rectangular e
grosos muros de cachotería, estes
edificios presentan como trazo particular
unha cuberta de laxes a dúas augas que
descansan, no interior, sobre arcos
faixóns reforzados no exterior por
contrafortes. Esta cuberta non se atopa
nos currais da aba occidental. O resultado
é unha arquitectura resistente adaptada a
un contexto natural de fortes ventos e
temperaturas extremas.




As imaxes corresponden co ben coidado Chozo de Cernadas, no concello
de Avión, a moi pouca distancia do límite co concello de Fornelos de
Montes. Felicitamos aos impulsores da recuperación dos chozos e a
creación dun roteiro polos pastos da aba oriental do Suído.
Os currais de Vilán no lugar de Carballo Branco. A Laxe.(Fornelos de Montes).
                             Os currais da aba oeste do
                             Suído teñen unha traza máis
                             rústica que os veciños de
                             Avión     (Ourense).    Estes
                             currais     aproveitan     os
                             penedos e a protección que
                             lles proporciona un pequeno
                             outeiro para distribuír as
                             diferentes      dependencias
                             adxectivas: cortes, valados e
                             parideiras. Gando vacún e,
                             segundo algunhas fontes,
                             ovellas e cabras terían aquí a
                             súa protección fronte aos
                             ataques de depredadores tan
                             temidos como o lobo.
                             Muros de cachotería e teitos
                             por aproximación de laxes
                             planas      son      técnicas
                             construtivas simples, pero
                             funcionais. Dada a rareza
                             destes             elementos
                             patrimoniais    da    cultura
                             gandeira resulta lamentable
                             o estado actual de abandono.
                             A construción do Salto da
                             Laxe sería a súa fin
                             definitiva.
Os currais de Forzáns. A Laxe (Fornelos de Montes)




                                        Os currais de Forzáns, coma os de Vilán,
                                        recibían esta denominación como referencia
                                        ao lugar de procedencia do gando e dos
                                        pastores que neles se acubillaban. A maioría
                                        abéiranse nun marco natural protexido por
                                        un outeiro con enormes penedos. Porén,
                                        algúns deles atópanse fóra dese espazo e
                                        menos resgardados dos ventos do norte.
Chozos de Campo Largo. A Laxe ( Fornelos de Montes)




                                                                                           3

                                       1

                             Na imaxe 1 podemos
                             ver o control visual
                        2    que se exerce dende
                             o recinto dos currais
                             de Campo Largo.
                             Unha enorme
                             depresión idónea
                             para pasto
                             percorrida polo río
                             Valdohome.
                                                                                           4
                             O recinto ocupado por estes currais (3) ten a particularidade de estar
                             delimitado por un valado de planta circular sobre o que se van inserindo
                             os pequenos casetos (2). En medio queda un espazo central libre de
                             edificación a modo de curral. O debuxo resultante semella unha coroa
                             de casetos. O seu estado actual de conservación (4) non precisaría
                             dunha actuación custosa. Resulta vergoñenta a desidia na que
                             permanecen estes elementos patrimoniais. A diferenza co acontecido no
                             concello de Avión é moi evidente.
Os sesteiros




                       As imaxes corresponden a un sesteiro
                       localizado nun outeiro moi próximo ao foxo
                       do lobo de Pigarzos. De planta irregular, os
                       muros cercan os lados norte, oeste e leste,
                       mentres a cara sur carece de cerca ao
                       facer esa función o rochedo existente no
                       lugar.

  Os sesteiros eran espazos expostos aos ventos e
  cercados por muros moi rústicos a base de laxes dun
  notable tamaño. Servían para que o gando extensivo
  estivera aliviado da mosca no verán. Emprazados nos
  cumios de outeiros moi ventilados, son lugares onde
  repousaba o gando. Os cachotes de pedra que forman
  o paramento do muro están amoreados dunha forma
  moi primitiva sen a consistencia dos valados que
  arrodean as leiras. Semellan construídos para acoutar
  un espazo ocupado de forma moi temporal.
Os pombais
                                           Son     construcións     pensadas
                                           como lugar de acubillo e cría
                                           das     pombas,      complemento
                                           alimenticio este moi restrinxido
                                           a sectores privilexiados da
                                           sociedade do Antigo Réxime,
                                           de aí que aparezan localizados
                                           en casas labregas ricas ou en
                                           pazos. Nos tres concellos,
                                           especialmente       en       Ponte   Pombal no eido do Pazo de San Ramón, Tourón.
                                           Caldelas, atópanse fermosos          (Ponte Caldelas)
                                           exemplos destas construcións.
                                           Os pombais rexistrados na zona
                                           son de corpo cilíndrico, con
                                           paramentos de cachotes de
                                           granito,    podendo     presentar
                                           unha cuberta cónica de tellas
                                           ou truncados cunha cuberta a
                                           unha auga. Próximo ao seu
                                           remate, o muro presenta un
                                           beiril do que arrancan os
                                           buratos para a entrada e saída
                                           das    pombas.     No     interior
                                           aparecen      múltiples     nichos
                                           divididos en pedra, o que lle        Pombal con vertente a unha auga na aldea de
Exterior e interior do pombal de Xosé na   confire un carácter pétreo e         Sobreiro, Xustáns (Ponte Caldelas)
                                           de solidez.
aldea de Parada (Ponte Caldelas)
Que temos?




Infraestruturas para o
aproveitamento da auga:


Fontes, lavadoiros, presas, levadas.
As fontes
Galicia evoca auga. As abondosas chuvias converten en caudalosos os ríos e regatos,
alimentando un manto freático xeneroso, disposto a abrollar por calquera fenda das
rochas. As fontes son un factor fundamental á hora de asentarse, polo que cada aldea
dispón de unha propia, que se converte así nun lugar importante para os seus habitantes,
non só como subministro de auga, senón tamén como punto de encontro, de parola. A súa
relevancia viña marcada pola construción dunha arquitectura que adornaba e urbanizaba o
abrollo natural do líquido elemento.
Dentro dos múltiples exemplos cos que contamos podemos diferenciar dous tipos. A máis
primitiva, moi frecuente na zona, non é máis que un cano metido na fenda da rocha. A
outra, máis urbana, é posuidora dun traballo de cantería máis coidado.
Os lavadoiros
Moitas fontes teñen ao seu carón un lavadoiro. Nunha época na que non había auga
corrente, nin lavadoras, acudir ao río a lavar era unha necesidade. Nunha sociedade
tradicional este era un punto de encontro obrigado para as mulleres. Aquí non só se
lavaba a roupa, tamén había unha posta ao día dos acontecementos da aldea. Estes
lugares de encontro forneceron, sen dúbida, o noso patrimonio inmaterial.
A beleza destas construcións queda patente nestas fotografías.




                                                                        Lavadoiro en Antas
                           Lavadoiro en Gramil




       Lavadoiro na Lama
                                                 Lavadoiro en Forzáns
                                                                                             Lavadoiro en Calvos
As presas e levadas                                              Presa dos barcos. Fornelos


Son elementos patrimoniais que,
frecuentemente, forman parte da
estructura de funcionamento dun
muíño ou dun batán.
Aproveitando as condicións naturais
que ofrecen os pequenos saltos
existentes no leito fluvial, o ser
humano canaliza a auga que necesita,
conducindoa polas levadas ata o
muíño emprazado augas máis abaixo.
A diferencia de altura entre a presa   Levada na Insua . Ponte Caldelas                     Levada en Ventín.
                                                                                            Fornelos
e o muíño imprime a forza e
velocidade necesarias para que a
auga poida mover o rodicio e a moa.
Outras veces as presas e levadas
están creadas para garantir a rega
dos prados.
Na actualidade, estas obras de
enxenería     popular     atópanse
abandonadas e en mal estado.
Que temos?


Elementos e espazos de produción
e almacenamento:




Hórreos, eirados, muíños, palleira, batáns.
Os hórreos
Xunto cos muíños, eiras e fornos, este elemento patrimonial representativo do noroeste
peninsular forma parte da chamada arquitectura do pan. O extraordinario desenvolvemento
do cultivo do millo e a pataca fixeron desta construción un almacén imprescindible e moi
numeroso.
A tipoloxía existente é moi variada. Hainos que teñen os costais de madeira, mentres que
outros empregan a pedra. A maioría teñen seis ou oito pés, pero algúns, cun tamaño
extraordinario, chegan a catorce. Hoxe en día moitos están abandonados, pero outros están
sendo rehabilitados. Non podemos esquecer algunhas reformas moi peculiares que propoñen
a súa utilización para usos espurios.
Os muíños
A presenza de ríos e regatos poderosos, o
cultivo do millo e o illamento favoreceron
a numerosa presenza de muíños nos tres
concellos. A súa localización en espazos
agrestes e moitas veces de difícil acceso
dota a este elemento patrimonial dun
encanto extraordinario. Remontar a beira
dos ríos na procura destes enxeños
fariñeiros constitúe unha aventura. A
inmensa maioría foron abandonados na
década dos setenta. O seu estado actual
de deterioro crea ao seu redor unha
atmosfera de nobre melancolía. Falar
sobre eles coas persoas de maior idade
permitiunos imaxinar un tempo, non moi
afastado, en que o noso mundo rural
estaba moi vivo e o muíño erguíase como
un dos escenarios centrais.
Uns eran muíños de herdeiros, outros
muíños de maquía, a maioría nutridos por
unha canle, uns poucos a través do
sistema de cubo. Artefactos de estudada
tecnoloxía que souberon integrarse nun
medio fluvial do que se alimentan, pero ao
que evitan incomodar. Desprenderon
sabedoría e discreción e agora, que xa non
son útiles, é a propia natureza en
agradecemento a que se encarga de
vestilos de edra e silvas.
Os Eirados                                                                    Os eirados eran espazos abertos
                                                                              destinados aos labores de malla para
                                                                              debullar o cereal. De planta
                                                                              cuadrangular, poden estar lousados
                                                                              con pedras de tamaño regular ou sen
                                                                              lousar. Ás veces, rodeando ese
                                                                              espazo, aparecen hórreos para
                                                                              gardar o gran debullado. Nestes
                                                                              casos, os de maior beleza adoitan
                                                                              indicar un nivel de compromiso
                                                                              colectivo maior. Porén, na zona, a
                                                                              maioría das eiras son particulares,
                                                                              sobre todo, nas casas de mellor
                                                                              fábrica. O enclave elixido para
                                                                              localizar un eirado adoita ser un
                                         Barcia do Seixo (A Lama)             lugar aireado e soleado, xeralmente
                                                                              á entrada ou saída da aldea, aínda
                                                                              que ás veces pode aparecer no
                                                                              centro.
                                                                              Na fotografía podemos observar o
                                                                              eirado térreo na Barcia de Seixo (A
                                                                              Lama), nun extremo da aldea. É un
                                                                              conxunto      arquitectónico     de
                                                                              bastante harmonía, especialmente
                                                                              se temos en conta que ao seu carón
                                                                              está o adro da igrexa, o espazo
                                                                              comunitario por excelencia na vida
                                     Eira de Celia. Chan do Casal. Xustáns.
Imaxe da eira de María do Cañamazo
                                     Ponte Caldelas.                          parroquial.
en Calvos.Fornelos de Montes
A palleira de Laxoso
Esta construción singular na
zona aparece localizada na
parroquia de Laxoso ( Ponte
Caldelas).     Trátase      dun
entramado       de      madeira
afrontado sobre o que se
encaixan feixes de herba seca.
Actualmente,      o     espírito
práctico do noso rural utiliza
para a cuberta pequenas
pranchas de fibrocemento a
dúas augas para facilitar a
escorrentía,    sen    embargo,
sabemos que ata non hai moito
empregaban o colmo para facer      Palleira de Saladina Mouta. Laxoso.
o tellado. Esta construción vén    Ponte Caldelas.
ser unha fusión entre o
alpendre     e     o    palleiro
tradicional. Comentan algúns
veciños que esta palleira pode
ter      unha       procedencia
portuguesa.
Batáns




             Batán e muíño de Pereira. A Insúa. Ponte Caldelas.



No concello de Ponte Caldelas, na parroquia da Insúa, quedan
cando menos as paredes do que no seu día foron catro batáns.
Estas construcións, de planta cuadrangular, contiñan cada unha
un enorme mazo de madeira que batía contra as teas de la de
buriel e liño para facer delas panos e mantas. Este mazo era
movido pola forza da auga a través dunha serie de engranaxes
semellantes ás dun muíño. De feito, moitas veces estas dúas
construcións aparecen asociadas no mesmo edificio como
acontece co muíño e batán de Pereira na Insua, Ponte Caldelas.
Os catro batáns localizados nesta parroquia nutríanse a través
dunha levada que transportaba a auga dende as proximidades de
Ponte Caldelas ata o lugar de Silvoso. Auténticas fábricas
téxtiles son un eco da importancia da industria doméstica galega
do século XVIII. Esta actividade, conxuntamente coa de
curtidos de pel, son indicativas da rica industria rural que había
no pasado en Ponte Caldelas.
                                                                     A ruína do batán de Barreiro . Insua. Ponte Caldelas
Que temos?

Elementos de vida
espitirual e espazos de
vida mundana:




Cruceiros, petos, torreiros
Os cruceiros
                                         Nos tres concellos estudados hai numerosos e magníficos exemplos destes
                                         traballos encadrados dentro da denominada arte relixiosa popular. Realizacións
                                         de artistas anónimos que dominan o traballo da pedra, estas obras son
                                         formalmente unha manifestación de relixiosidade cristiá, pero en liña de
                                         continuidade coas crenzas pagás anteriores. O cruceiro vén así a substituír os
                                         anteriores símbolos que protexían aos camiñantes e delimitaban ámbitos da
                                         vida colectiva. Demostración dunha ligazón transcendente do pobo galego cara
                                         á súa terra e os seus devanceiros, o rural galego está inzado de cruces,
                                         cruceiros e petos. Nuns casos, cando as cruces son rústicas, evocan un mundo
                                         máxico relixioso en perfecta comuñón coa natureza. Noutros casos, cando a
                                         calidade escultórica é evidente, aparece a dúbida de se realmente estamos
                                         ante un produto da arte popular.
                                         Na análise dos cruceiros e petos do concello de Ponte Caldelas faise
                                         imprescindible nomear a laboriosa publicación que sobre este tema teñen
                                         elaborada as mestras Mercedes Martínez Plasencia e Teresa Sánchez Cora.




Magnífico cruceiro en Covelo (A Lama).    Cruz nun camiño cara     Cruceiro camiño da Vincurda   Cruceiro da Mouta.Calvos
                                          a Laxoso de Arriba       (A Lama)
                                                                                                 (Fornelos de Montes)
                                          ( Ponte Caldelas)
Exemplos de detalles escultóricos en diferentes cruceiros. De esquerda a dereita: Cruceiro en Gramil ( Ponte Caldelas), na
    Lama, camiño da Vincurada (A Lama), e no adro de Barcia do Seixo (A Lama).




Escolma de simples cruces chantadas sobre a rocha granítica en perfecta integración coa natureza. De esquerda a dereita: Cruz en
Cimadevila, Calvos (Fornelos);cruz de S. Antonio, Freaza. Traspielas (Fornelos); cruz no camiño entre Estacas e Ventín (Fornelos).

Afortunadamente, hoxe recoñecemos en todas estas obras unha riqueza patrimonial a conservar, como queda
reflectido nos inventarios dos diferentes concellos. Lograron un estatus que supera o significado simbólico do credo
relixioso ao que pertencen, converténdose nun elemento fundamental da paisaxe rural galega.
Os petos
Moitas      veces     asociados    aos
cruceiros, outras veces sós, os
petos son unha manifestación da
relixiosidade     popular,    auténtico
monumento de lembranza, respecto e
agradecemento de todos os que nos
antecederon.        Dispersos     polas
parroquias, establecen ligazóns entre
o pasado e o presente, entre o              Peto en Calvos (Fornelos)

territorio herdado e os seus actuais
moradores.      Representación       da
necesidade espiritual do ser humano,
transmiten a fugacidade da vida
corpórea fronte á presenza etérea e
eterna da ánima. Esperanza noutra
existencia     que      compense      o
sufrimento de domar unha terra
difícil. Contrariamente ao que se
puidera pensar, dos petos brota a
vida non a morte.
                                                                        Peto na Candeira ( A Lama)
                                          Peto na Vincurada ( A Lama)
Os torreiros




                                    Torreiro de Calvos. Fornelos de Montes




Situados a carón da igrexa, os torreiros son os lugares de encontro para a festa do
patrón, para a música, para o baile. A súa estrutura adoita ser rectangular ou
cadrada e mesmo algúns están rodeados dun valado que pola súa parte interior leva
acaroado un poio corrido. Ás veces nun extremo do torreiro construíase un palco
de pedra para acoller as bandas que amenizaban as festas, hoxe substituídos por
plataformas de cemento de máis que dubidoso gusto estético.
O mundo rural tradicional que
                As ameazas            sostiña e daba sentido a todos
                                      estes elementos chega ao final
                                      da súa prolongada crise na
                                      década dos setenta. Os muíños
                                      deixan de moer, as levadas non
                                      se limpan, moitas eiras e vellos
                                      camiños son asfaltados, os
                                      valados ou as presas deixan de
                                      manterse... precipítase o final.
                                      Estes elementos perden a súa
                                      función e son abandonados. O
                Incendios forestais   feito de lembrar moito unha
                                      vida sacrificada e en moitos
O abandono                            casos de miseria produce unha
                                      negación vergoñenta do seu
                                      valor, o valor da memoria. Non
                                      se aceptan como elementos
                                      identitarios,      construtores
                                      dunha cultura depurada pola
                                      historia.     A     falta     de
                                      sensibilidade     trae     como
                   Vandalismo         resultado     o   abandono,    a
Usos espurios                         destrución e os usos espurios.
As novas ameazas
O    repertorio     de     ameazas,
consecuencia do abandono e perda
do valor de uso destes elementos,
vese agravado polo plan de
construción de minicentrais. Esta
forma de producir enerxía non só
causa impactos formidables na vida       Na esquerda: Pintadas de protesta pola construción da minicentral sobre o ríoVerdugo no lugar de Abelaído
                                         (A Lama). Na dereita, obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén.
dos ríos e da paisaxe en xeral,
tamén supón un perigo adicional
para moitos elementos patrimoniais
que habitualmente ocupan estes
espazos       (muíños,      pontes,
pasadoiros). Hai unha alteración da
beleza do enclave de moitos destes
                                        Ponte Casariño no Suíño. Transformada
                                        respecto da traza orixinaria, atópase

elementos, cando non a súa propia
                                        esquecida ao carón da estrada. Esta
                                        ponte formaba parte do Camiño Real de
destrución.                             Pontevedra a Ribadavia.
                                        Presenza de maquinaria na área do Suído. A proliferación de pistas, ademais da alteración paisaxística, pon
Outra ameaza é a proliferación de       en perigo a existencia de restos arqueolóxicos (mámoas) e construcións de tipo etnográfico como os neveiros
                                        e sesteiros.
pistas nos montes, moitas veces
para facilitar a instalación de
parques eólicos e explotacións
gandeiras que, en ocasións, levaron
canda si algún elemento, tal é o caso
dun neveiro no Suído.                   O muíño de Abaixo, o muíño de Arriba e os pasais sobre o río Verdugo están na relación de patrimonio
                                        etnográfico afectado polo proxecto da minicentral Boca do Inferno. Este espazo está a ser recuperado por
                                        xentes de Taboadelo que anualmente celebran a Festa do Muíño.
Posibilidades, recursos, ideas

 O monte:
 Se hai un elemento que define a paisaxe destes tres concellos é a extensa
 superficie que ocupa o monte. A superficie máis significativa é o Suído.
 Incluída na proposta de espazos de interese ecolóxico da Rede Natura 2000,
 está, porén, a padecer algunhas agresións importantes que poñen en perigo a
 súa integridade. O plan de construción de minicentrais e a instalación de
 parques eólicos supoñen unha alteración pouco sensible co medio.


 As nosas propostas para o Suído son:
 •    Apostar por manter as actividades agro- silvo- pastoris que, durante
      tantos anos, cumpriron unha función económica sostible e conservadora
      do medio.
 •    Acoutar espazos para a produción de biocombustible e de materia prima
      para abonos orgánicos.
 •    Preservar as áreas de turbeiras, por constituír espazos onde se
      concentra a flora autóctona con especies que comezan a ser raras
      noutros montes galegos.
 •    Frear definitivamente a instalación de máis pistas, parques eólicos,
      canteiras e todo aquel uso que faga insostible a xestión do territorio.
 •    Potenciar e poñer en valor os currais, foxos e outros elementos de
      interese patrimonial da zona, por exemplo mediante a definición de
      rutas de sendeirismo ou creación de centros de interpretación da vida
      no monte. Potenciar un turismo respectuoso co medio natural.
Para o resto da superficie de monte




As nosas propostas son:
•     Orientar os usos do monte a algo máis que á produción de
      madeira, apoiando iniciativas como a explotación de froitos do
      bosque (castañas, abelás, arandos, abruños), cogomelos ou
      produción de abono natural.
•     Explotar racionalmente a madeira, ordenando o monte,
      recuperando espazos para as especies autóctonas e buscando a
      ecocertificación.
•     Crear corredores ecolóxicos que conecten os ríos e o monte para
      garantir o mantemento da biodiversidade a nivel de flora e fauna
      e evitar a proliferación de pragas.
•     Poñer en valor o patrimonio etnográfico existente deseñando
      algún roteiro ou algunha festa divulgativa.
Os ríos:
O Verdugo e o Oitavén veñen padecendo unha alteración sistemática nas últimas
    décadas. O cambio de mentalidade na sociedade esixe:
1.   RÍOS VIVOS. Paralización da construción de minicentrais.
2.   RÍOS LIMPOS. Instalación e mantemento de sistemas de depuración.
3.   RÍOS PROTEXIDOS. Cumprimento da normativa que protexe as beiras dos ríos.


As nosas propostas para os ríos son:
1.   Converter as beiras dos ríos en verdadeiros espazos públicos, pero sen
     que isto implique a súa radical transformación. Utilizar as sendas dos
     pescadores ou a presenza de antigos muíños para promover rutas de
     turismo activo, ecolóxico, cultural...
2.   Rehabilitar as construcións patrimoniais máis destacadas: pontes,
     pontellas pasos, presas... Neste apartado queremos animar aos
     particulares, asociacións ou institucións para que leven a cabo obras de
     rehabilitación nalgúns destes elementos que non presenten excesivo
     deterioro e poidan ser mantidos para usos diversos (locais culturais, aulas
     de interpretación, rutas turísticas..)
3.   Promover actividades didácticas para sensibilizar as novas xeracións
     sobre a importancia de preservar o patrimonio natural e cultural como
     parte da nosa herdanza e identidade.
A aldea


Unhas ameazadas polo abandono, outras en perigo por transformacións pouco sensibles co contorno e
convertidas progresivamente en segundas residencias, as nosas aldeas necesitan a execución dun
programa de protección e reactivación de forma urxente.

As nosas propostas neste caso son:
1.   Preservar os sinais de identidade, evitando o descontrol que se está a producir
     en moitos núcleos rurais en relación con construcións e rehabilitacións.
2.   Apoiar as iniciativas que supoñan un desenvolvemento dos recursos propios:
     cooperativas, agricultura e gandaría ecolóxicas, agroturismo, etc.
3.   Apoiar a produción de forma tradicional daqueles bens demandados pola
     sociedade actual. Recuperar os saberes e os oficios artesanais.
4.   Promover o turismo rural integrado con programas de valorización do patrimonio
     natural e cultural existente na zona
5.   Potenciar e mellorar a oferta gastronómica da zona: caza, troita...
6.   Introducir as novas tecnoloxías no rural, orientadas á formación, comunicación,
     etc., e á produción e distribución das empresas locais.
7.   Recuperar o patrimonio cultural, involucrando ás comunidades e asociacións
     veciñais. Preservar os camiños de interese natural e patrimonial, creando rutas
     temáticas e introducíndoas na rede oficial de sendeiros.
8.   Volver a prestixiar o feito de vivir no rural.
Quen nos axudou?

• Fundación Antonio Fraguas.     • ANPA do IES de Ponte
• Dirección Xeral de               Caldelas.
  Patrimonio.                    • Veciños e veciñas de
• Dirección Xeral do FOGGA         Ponte Caldelas, A Lama e
• Augas de Galicia.                Fornelos de Montes.
• Sitga.                         • Paula Ballesteros.
• PLADEVER                       • Os compañeiros e a
                                   Dirección do IES de Ponte
• Mancomunidade de Ponte           Caldelas
  Caldelas.
• Concellos de Ponte Caldelas,
  Fornelos de Montes e A
  Lama.
• PRODER de Pontevedra.
Bibliografía consultada:


“As construcións da arquitectura popular”. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ. Ed.Consello
galego de colexios de aparelladores e arquitécts técnicos.
“Feismo? Destruir un país.VVAA. ED. Difusora de letras, artes e ideas.
“Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga. MIGUEL ÁNGEL
ABRAIRA PÉREZ. Ed.Deputación Provincial de Pontevedra.
“Cultura tradicional e desenvolvemento rural” VVAA. Ed.Xavier Simón Fdez e Xabier Prado
Orbán.
“ Ponte Caldelas 1500-1936. Memoria escrita dun pobo.”.MERCEDES MARTÍNEZ
PLASENCIA E TERESA SÁNCHEZ CORA. Ed. Deputación de Pontevedra.
“ As construccións primitivas dos pastores galegos. Chozos da serra do Suído, Montemaior
e Faro de Avión”. ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA. Ed Asociación galega para a
cultura e a ecoloxía.
 Artigo de CARLOS MORGADE: “Os muíños da Lama, un tesouro esquecido” na páxina web
http://www.concellodalama.com/apedreira.htm
 Páxinas web do PRODER da comarca de Vigo,PRODER da comarca de Pontevedra e
LEADER de Terras de Montes.
Neste traballo participaron de forma voluntaria alumnos e
alumnas de 3º da ESO e 4º da ESO dos concellos de A Lama,
Fornelos e Ponte Caldelas.
Fotografaron, buscaron información e cubriron as fichas de
inventario. Todo isto no seu tempo de lecer.
A todos eles MIL GRACIAS




                                         O alumnado avalía:
                                         As maiores aportacións deste
                                         traballo:
                                         “Aprendín a valorar uns
                                         elementos que estaban aí, pero
                                         aos que non lles daba
                                         importancia”.
                                         “Coñecín recantos fermosos da
                                         miña zona que ignoraba que
                                         existían”.
                                         “Comprendín a dureza dos modos
                                         de vida dos nosos avós e bisavós”
                                         “Concienceime do estado do noso
                                         patrimonio. Unha mágoa
                                         estragalo!”.
Coordinaron o traballo:
Cristina Ogando Díaz. Profesora de
ciencias sociais.
Chus Diéguez Rojo. Profesora de lingua
galega.
Humberto Martínez Gargamala. Profesor
de ciencias sociais.
                          Ponte Caldelas, 6 de outubro de 2007

Contenu connexe

Similaire à Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanovamonadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROIem Val Miñor
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiñosmonadela
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limiamonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Río Grande de Xuvia
Río Grande de XuviaRío Grande de Xuvia
Río Grande de Xuviamonadela
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelasmonadela
 
Concello De Sobrado
Concello De SobradoConcello De Sobrado
Concello De Sobradomaria abuin
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 

Similaire à Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama (20)

Galicia abandonada
Galicia abandonadaGalicia abandonada
Galicia abandonada
 
Comarca Terra de Celanova
Comarca Terra de CelanovaComarca Terra de Celanova
Comarca Terra de Celanova
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGROAPROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO
 
Comarca Bergantiños
Comarca BergantiñosComarca Bergantiños
Comarca Bergantiños
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Pobra do Caramiñal
Pobra do CaramiñalPobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal
 
Comarca A Limia
Comarca A LimiaComarca A Limia
Comarca A Limia
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Río Grande de Xuvia
Río Grande de XuviaRío Grande de Xuvia
Río Grande de Xuvia
 
Comarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de CaldelasComarca Terra de Caldelas
Comarca Terra de Caldelas
 
Concello De Sobrado
Concello De SobradoConcello De Sobrado
Concello De Sobrado
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
B A L D A I O
B A L D A I OB A L D A I O
B A L D A I O
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 

Plus de Humberto Martínez

Proyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPProyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPHumberto Martínez
 
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoEstrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoHumberto Martínez
 
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaVentajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaHumberto Martínez
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoHumberto Martínez
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisHumberto Martínez
 
Cartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraCartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraHumberto Martínez
 
Alegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraAlegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraHumberto Martínez
 
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Humberto Martínez
 
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Humberto Martínez
 
Intercambio educativo Galicia Canarias
Intercambio educativo Galicia  CanariasIntercambio educativo Galicia  Canarias
Intercambio educativo Galicia CanariasHumberto Martínez
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoHumberto Martínez
 

Plus de Humberto Martínez (20)

Proyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABPProyecto de investigación sobre ABP
Proyecto de investigación sobre ABP
 
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyectoEstrategias de socialización rica para mi proyecto
Estrategias de socialización rica para mi proyecto
 
Análise dun proxecto
Análise dun proxectoAnálise dun proxecto
Análise dun proxecto
 
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directaVentajas e inconvenientes abp e instrucción directa
Ventajas e inconvenientes abp e instrucción directa
 
Imperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xixImperialismo no s. xix
Imperialismo no s. xix
 
Lectura comprensiva
Lectura comprensivaLectura comprensiva
Lectura comprensiva
 
As transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismoAs transformacións sociais e o socialismo
As transformacións sociais e o socialismo
 
Revolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberaisRevolucións políticas liberais
Revolucións políticas liberais
 
O proceso industrializador
O proceso industrializadorO proceso industrializador
O proceso industrializador
 
Cartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeiraCartel marcha protesta a cotodeira
Cartel marcha protesta a cotodeira
 
Alegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de CotodeiraAlegación contra a canteira de Cotodeira
Alegación contra a canteira de Cotodeira
 
Proposta Ministerio
Proposta MinisterioProposta Ministerio
Proposta Ministerio
 
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
Las Piedras PequeñAs (Sin AnimacióN)
 
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)Las Grandes Piedras (Sin Animación)
Las Grandes Piedras (Sin Animación)
 
Kakarot
KakarotKakarot
Kakarot
 
Intercambio educativo Galicia Canarias
Intercambio educativo Galicia  CanariasIntercambio educativo Galicia  Canarias
Intercambio educativo Galicia Canarias
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galego
 
Xestos Sostibles ( Galego)
Xestos Sostibles ( Galego)Xestos Sostibles ( Galego)
Xestos Sostibles ( Galego)
 
Auschwitz Gaza
Auschwitz   GazaAuschwitz   Gaza
Auschwitz Gaza
 
Arrieiros
ArrieirosArrieiros
Arrieiros
 

Patrimonio Cultural dos concellos de Ponte Caldelas, Fornelos e A Lama

  • 1. O patrimonio cultural: un recurso endóxeno esquecido Premio da Fundación Antonio Fraguas.2006 Introdución IES Ponte Caldelas Quen somos? Onde estamos? Que pretendemos? Que temos? Tipoloxía dos elementos patrimoniais Do Camiño: sendas, pontes, pontellas, pasos, valados. Dos animais: foxos, currais, sesteiros, pombais. Da auga e vida: presas, levadas,fontes, lavadoiros De produción e almacenamento: hórreos, palleiras, muíños, eiras, batán. Desta vida e da outra:torreiros, cruceiros,petos As ameazas Un futuro posible Quen nos axudou?
  • 2. Quen somos? IES Ponte Caldelas O IES de Ponte Caldelas é un centro de ensino secundario e bacharelato que comezou a súa existencia no curso 98-99. Na actualidade hai 375 alumn@s e 46 profesor@s. A súa actividade docente abrangue tres concellos: Ponte Caldelas, onde se sitúa o edificio, A Lama e Fornelos de Montes. En total, 281 km²habitados por 11.577 persoas que se distribúen en 26 parroquias e 178 entidades de poboación, datos que evidencian unha notable dispersión do poboamento. Un dos puntos fortes do proxecto de centro é o de reforzar a nosa acción educativa dentro do contorno máis próximo ao alumnado. Somos conscientes da necesidade de revalorizar os sinais de identidade e formar cidadáns críticos para garantir un futuro sostible e respectuoso cara ao patrimonio herdado. A actualización na defensa do propio, inserta nun mundo globalizado, convértese en imprescindible e contribúe a presentar unha oferta máis creativa.
  • 3. Froito da preocupación por unha educación en valores e por unha potenciación daqueles elementos configuradores da paisaxe, historia e identidade, este centro significouse no traballo sobre o Camiño Real de Ribadavia a Pontevedra ata convertelo nun Camiño Real perto de Forzáns dos eixes vertebradores do desenvolvemento rural da comarca de Pontevedra. Outra actuación importante foi a denuncia sobre o estado dos petroglifos de Tourón e o seu contorno, que derivou na creación dun parque arqueolóxico a cargo da Consellería de Cultura. Ponte de Berducido Pontillón nos arredores da Laxe Quen somos?
  • 4. Continuando nesa liña, o IES de Ponte Caldelas durante o curso 2006-07 estivo traballando para ofrecer a todos os interesados un estudo sobre o seu patrimonio cultural. Entendemos que estes elementos poden constituír un bo recurso para capitalizar o despegue dunha sociedade rural respectuosa e orgullosa do seu pasado. Os magníficos exemplos que expoñemos Muíño en Gramil corren perigo. De nós depende o seu futuro. Lavadoiro en Gramil Pasadoiro entre Antas e Covelo Cruceiro en Covelo Quen somos?
  • 5. Onde estamos? Os concellos de Ponte Caldelas, A Lama e Fornelos de Montes están situados no interior da provincia de Pontevedra. Delimitados, no oeste, por municipios costeiros das Rías Baixas e, no leste, pola serra do Suído son terras de transición nas que paulatinamente se perde a influencia da costa. 3.022 hb. Ponte Caldelas e A Lama están 75 27 hb//km² dentro da comarca de Pontevedra, hb/km² mentres que Fornelos pertence á 6.513 hb. comarca viguesa. 24’5 hb/km² Dos tres, Ponte Caldelas é o concello máis poboado e de maior 2.042 hb. densidade. Pola contra, A Lama e Fornelos presentan unhas cifras moi modestas tanto en poboación absoluta como en densidade, o que denota unha maior dificultade na ocupación do territorio. A presenza da Serra do Suído, a maior altura, os numerosos desniveis e o histórico illamento de comunicacións explican estes datos.
  • 6. Dous elementos configuran a nosa paisaxe: os ríos e o monte. Unha enorme rede de drenaxe, pertencente ás cuncas dos ríos Verdugo e Oitavén, articula todo o territorio. Isto orixina un numeroso repertorio de vales de maior ou menor amplitude que obrigan a unha dispersión do poboamento humano e marcan profundamente o sentir das súas xentes. Río Verdugo Se a auga dos regatos é un constante fluír, a nobre presenza do Suído transmite permanencia e solidez. A vella resistencia desta suave mole granítica exerce de barreira para as frontes húmidas que nos chegan do Atlántico. Isto converte esta terra nunha das máis regadas de Galicia. Val e monte como positivo e negativo dunha fermosa película natural que introduce ao ser humano nun territorio á vez hostil e amable. A Laxe e A Airoa ( Fornelos de Montes) vistas dende o Suído. No fondo os relevos costeiros que delimitan a Depresión Meridiana. Onde estamos?
  • 7. Moitas son as pendentes e pouca a superficie apta para ser cultivada. Condicións naturais difíciles ás que tivo que adaptarse unha economía agro-gandeira e forestal de corte autosuficiente. A emigración e o final do ciclo produtivo tradicional trouxeron a decadencia e o abandono. No seu lugar apareceron os cultivos forestais e unha prolífica matogueira de degradación que converte os campos en almacéns de biocombustible. A economía actual orbita arredor do sector servizos, industria e construción, dándolle as costas a séculos de economía rural. Onde estamos?
  • 8. A pesar de estar moi próximos ao dinámico Eixo Urbano Atlántico, a complicada orografía e as seculares dificultades de comunicación illaron esta zona sumíndoa nun proceso semellante ao experimentado polas terras do interior de Galicia: •Abandono progresivo de moitas aldeas. •Regresión demográfica. •Desorientación e perda de identidade ante os cambios operados nunha sociedade netamente urbana. •Incapacidade para vender os seus recursos agás para servir aos intereses da produción Casas do lugar do Campo en Covelo ( A Lama) enerxética. Onde estamos?
  • 9. Sen embargo, tamén é un territorio que garda lugares cun encanto incrible que orgullosamente pide respecto e admiración. Fervenzas que loitan por manterse vivas, carballeiras protectoras dun microcosmos militante na resistencia e na biodiversidade, ríos limpos nos que continúan a habitar as troitas, e máis aínda, un patrimonio arquitectónico de grande calidade resultado do vagar do tempo e a intelixencia humana. Carballeira en Taboadelo Río Parada Pontillón sobre o río San Vicente Camiño de Laxoso Muíño de Arriba. As Redondas Río Verdugo en Abelaído Onde estamos?
  • 10. Que pretendemos? 1. Potenciar o coñecemento do patrimonio etnográfico entre o alumnado. 2. Facer un achegamento a un inventario dos elementos patrimoniais existentes en cada parroquia. 3. Introducir ao alumnado no uso das técnicas da investigación social. 4. Propiciar un achegamento á realidade, utilizando un enfoque máis científico, pero sen esquecer a importancia fundamental dos aspectos afectivos ou emocionais. Neste senso é vital redescubrir a paisaxe. 5. Denunciar as agresións que padecen estes elementos. 6. Favorecer o coñecemento e diálogo interxeracional entre o noso alumnado e os seus maiores. 7. Valorar este tipo de elementos culturais e patrimoniais como dinamizadores dunha política de desenvolvemento rural harmónica. 8. Recuperar a memoria. Fomentar o orgullo de ser herdeiros dunha cultura secular que no seu proceso de adaptación a un medio complicado foi decantando unhas formas e unha sabedoría que se debe valorar. 9. Elaborar unha modesta relación de ideas para afrontar mellor os retos dunha sociedade globalizada.
  • 11. Que temos? Infraestruturas na paisaxe: camiños, pontillóns, pontes, pasadoiros e valados.
  • 12. Os camiños A enorme dispersión dos núcleos de poboación e do parcelario agrícola precisa dunha rede viaria bastante tupida que conecte os espazos domésticos cos espazos de produción. A pesar de que na actualidade quedan poucas corredoiras a salvo da invasión do asfalto, na nosa zona, en especial nas áreas máis illadas, aínda se conservan numerosos camiños rurais empedrados e limitados por muros de cachotería e noutras ocasións por cómaros. A beleza e a integración destas modestas realizacións nun marco natural moitas veces espectacular debería facernos reflexionar sobre a necesidade de restauralos e potenciar as actividades de Camiño de Gramil sendeirismo. Camiño de Laxoso Camiño de Abelaído
  • 13. De entre todos destaca o Camiño Real dos Arrieiros. Durante moitos anos foi ruta do transporte do viño dende a comarca do Ribeiro ata Pontevedra. O seu trazado é rectilíneo e corta transversalmente o Suído e varios cursos de auga. Este camiño carreteiro dun ancho aproximado de 2’50 metros e flanqueado por muros grosos de cachotería percorre pola aba media dos relevos, evitando así as pendentes e fuxindo da humidade dos regatos. O seu firme non presenta empedrado salvo nos lugares onde haxa perigo de enlamarse. Varias pontes e pontellas permítenlle salvar os ríos e regatos. O seu estado de conservación varía moito, pero os exemplos seleccionados amosan a beleza dalgúns tramos que deberían ser preservados para sempre. Camiño Real entre Verducido e Forzáns Camiño Real chegando á ponte de Verducido. Perto de Forzáns Camiño Real entre Verducido e Forzáns Ponte Casariños, en pleno Suído
  • 14. Os valados Demostración dunha técnica depurada no traballo de asentar pedras de diferente tamaño, os valados son hoxe algo máis que un límite. O esforzo paciente de colocar miles de cachotes coa forma precisa para que aquel muro fora consistente convértese co paso do tempo nunha obra admirable, integrada na paisaxe e digna de recoñecemento. Na Valados na parroquia de Calvos ( Fornelos) zona consérvanse diferentes tipos de valados. Resto dun valado en Taboadelo ( Ponte Caldelas) Valados na Insua ( Ponte Caldelas)
  • 15. Os muros de cachotería adoitan ter uns 50 cm de largo e entre 1 m. – 1’5 m. de altura. Construídos a maioría quizais a base dun simple amoreamento de pedras de diferente forma e tamaño, hainos tamén máis consistentes e elaborados. Algúns presentan dúas ringleiras exteriores de cachotes culminados por laxes de maior tamaño sobre as que ás veces aparece unha levada de auga. Se o camiño ten tendencia a Muro en Cuñas (Ponte Caldelas) enlamarse, acostuma incluír pasos. Na actualidade, a falta de mantemento de moitos destes muros pon en perigo a súa supervivencia. Estamos ante un dos elementos que máis encanto dá á paisaxe rural galega. Pasos nun muro nos arredores de Laxoso (Ponte Caldelas) Muros en Regodobargo (Ponte Muro nos arredores de Verducido Caldelas)
  • 16. Os pontillóns A presenza de numerosos regatos nas nosas terras obríganos a ter que salvalos a través da construción de diferentes obras de enxeñería popular. Unha destas realizacións son os pontillóns. Repartidos por todo o territorio, hainos de diferentes tamaños. Están construídos a base de grandes e alongadas lousas graníticas e os seus soportes ou cepas presentan o mesmo deseño que os tallamares das pontes. Os mecanismos utilizados para neutralizar a forza da auga son dous: unha proa recortada en ángulo e enfrontada á dirección da corrente, e unha popa redondeada no lugar onde se crean os remuíños. A calzada leva as lousas dispostas de modo transversal ás cepas. Pontillón sobre o río Couñago. Nos arredores de Verducido, entre os concellos da Lama e Fornelos de Montes. Obsérvese o mal estado da cepa.
  • 17. Pontillón de Campo do Río De entre todos os exemplos posibles debemos destacar catro pontillóns sobre o regato de San Vicente, no concello de Ponte Caldelas. De diferentes tamaños, Ruína pontillón de San Vicente estes pontillóns presentan un estado de conservación Pontillón pequeno do Campo do Río bastante bo. Agás o pontillón de S. Vicente, hoxe convertido nunha morea de pedras tiradas no leito do río, os demais demostraron unha forte resistencia Pontillón do Piornal (fronte) ante as últimas enchentes. Sen Pontillón Porto a Canedo embargo, os troncos arrastrados pola corrente e atrapados nas cepas crean unha presa moi perigosa que cómpre eliminar de contado. Pontillón do Piornal (Calzada)
  • 18. Os pasos Ás veces para atravesar os ríos e regatos non aparecen pontes, nin pontillóns, senón unhas pedras separadas entre si a unha distancia dun paso humano. Son os chamados pasadoiros ou pasos que aparecen en zonas onde o leito non é moi profundo. Nos tres concellos hai magníficos exemplos. Os máis salientables están no concello de Pasos sobre o río Verdugo nas Redondas. Taboadelo (Ponte Caldelas). Servía Ponte Caldelas. para unir as parroquias de Taboadelo e a Insua Pasos no regato de Porta Cerdeira, na confluencia co río Oitavén. Moledo, Regodobarbo. (Ponte Caldelas). Pasadoiro fermosísimo sobre o río Verdugo que une as parroquias de Covelo e Antas, no concello da Lama
  • 19. As pontes Alí onde o curso de auga ten forza, amplitude e as condicións topográficas o permiten, construíronse obras de maior envergadura. As pontes son realizacións vencelladas a unha rede camiñeira de maior rango, polo xeral, de traza moderna. A maioría son obras do século XIX, o que demostra a tardía incorporación destas terras a unhas comunicacións máis modernas. Durante moitos anos os únicos camiños que existiron eran os de ferradura. Para este traballo desbotamos aquelas pontes de enxeñería ligadas ás estradas modernas e pousamos a ollada noutras - hoxe adormecidas no esquecemento-, que son magníficas obras e, sobre todo, están enclavadas en contornos naturais de calidade. De entre todas destaca a ponte sobre o río Parada en Verducido, A Lama. Outro exemplo é a ponte da Laxe.
  • 20. Que temos? Elementos patrimoniais relacionados cos animais: Foxo do lobo, currais, sesteiros, pombais
  • 21. Os foxos do lobo Indicios obtidos da presenza de lobos no Suído. Imaxe do foxo. Cunha altura de 3 metros e un diámetro aproximado de 4 metros era unha trampa Foxo do lobo nas proximidades de Pigarzos (A Lama). Os foxos definitiva para o lobo. están precedidos dun espazo cercado moi amplo en forma de V que se estreita cada vez máis ata desembocar sobre o fatal burato. Imaxe extraída do SIXPAC O lobo sempre foi un animal temido polo ser humano. Depredador coma nós, compite polo mesmo espazo e recursos. Recluído nas áreas de montaña, a súa presenza preocupou notablemente ás comunidades de gandeiros que levaban a pastar os seus rabaños ao monte. Para evitar a súa presenza, no pasado, organizábanse batidas. En poucos lugares de Galicia consérvanse mellor as construcións polas que despenaban este animal. Cercado debidamente, na súa fuxida, o lobo era guiado cara á dirección dun foxo no que inevitablemente acabaría tirándose. Unha vez atrapado e sen saída era presa fácil dos cazadores.
  • 22. O foxo do lobo de Estacas ( Fornelos de Montes) Muros ciclópeos de cachotería de grande dimensión. Hoxe presentan unha perda de altura motivado pola desaparición dalgunhas pedras. A súa altura tivo que ser notable para impedir a fuxida do lobo. Parede exterior do foxo Situado no límite co concello de Mondariz, este foxo ten a peculiaridade de ser dobre. O plano deste espazo describe un W. Enclavado a uns 750 metros de altura, os muros delimitan un terreo de matogueira en lixeira pendente cara ao leste e sueste que se precipita a dous foxos duns 4 metros de diámetro cada un.
  • 23. Os currais Estas construcións, características do Suído, servían de acubillo aos pastores que coidaban o gando en réxime extensivo. Os currais máis coñecidos son os da aba oriental do Suído. De planta rectangular e grosos muros de cachotería, estes edificios presentan como trazo particular unha cuberta de laxes a dúas augas que descansan, no interior, sobre arcos faixóns reforzados no exterior por contrafortes. Esta cuberta non se atopa nos currais da aba occidental. O resultado é unha arquitectura resistente adaptada a un contexto natural de fortes ventos e temperaturas extremas. As imaxes corresponden co ben coidado Chozo de Cernadas, no concello de Avión, a moi pouca distancia do límite co concello de Fornelos de Montes. Felicitamos aos impulsores da recuperación dos chozos e a creación dun roteiro polos pastos da aba oriental do Suído.
  • 24. Os currais de Vilán no lugar de Carballo Branco. A Laxe.(Fornelos de Montes). Os currais da aba oeste do Suído teñen unha traza máis rústica que os veciños de Avión (Ourense). Estes currais aproveitan os penedos e a protección que lles proporciona un pequeno outeiro para distribuír as diferentes dependencias adxectivas: cortes, valados e parideiras. Gando vacún e, segundo algunhas fontes, ovellas e cabras terían aquí a súa protección fronte aos ataques de depredadores tan temidos como o lobo. Muros de cachotería e teitos por aproximación de laxes planas son técnicas construtivas simples, pero funcionais. Dada a rareza destes elementos patrimoniais da cultura gandeira resulta lamentable o estado actual de abandono. A construción do Salto da Laxe sería a súa fin definitiva.
  • 25. Os currais de Forzáns. A Laxe (Fornelos de Montes) Os currais de Forzáns, coma os de Vilán, recibían esta denominación como referencia ao lugar de procedencia do gando e dos pastores que neles se acubillaban. A maioría abéiranse nun marco natural protexido por un outeiro con enormes penedos. Porén, algúns deles atópanse fóra dese espazo e menos resgardados dos ventos do norte.
  • 26. Chozos de Campo Largo. A Laxe ( Fornelos de Montes) 3 1 Na imaxe 1 podemos ver o control visual 2 que se exerce dende o recinto dos currais de Campo Largo. Unha enorme depresión idónea para pasto percorrida polo río Valdohome. 4 O recinto ocupado por estes currais (3) ten a particularidade de estar delimitado por un valado de planta circular sobre o que se van inserindo os pequenos casetos (2). En medio queda un espazo central libre de edificación a modo de curral. O debuxo resultante semella unha coroa de casetos. O seu estado actual de conservación (4) non precisaría dunha actuación custosa. Resulta vergoñenta a desidia na que permanecen estes elementos patrimoniais. A diferenza co acontecido no concello de Avión é moi evidente.
  • 27. Os sesteiros As imaxes corresponden a un sesteiro localizado nun outeiro moi próximo ao foxo do lobo de Pigarzos. De planta irregular, os muros cercan os lados norte, oeste e leste, mentres a cara sur carece de cerca ao facer esa función o rochedo existente no lugar. Os sesteiros eran espazos expostos aos ventos e cercados por muros moi rústicos a base de laxes dun notable tamaño. Servían para que o gando extensivo estivera aliviado da mosca no verán. Emprazados nos cumios de outeiros moi ventilados, son lugares onde repousaba o gando. Os cachotes de pedra que forman o paramento do muro están amoreados dunha forma moi primitiva sen a consistencia dos valados que arrodean as leiras. Semellan construídos para acoutar un espazo ocupado de forma moi temporal.
  • 28. Os pombais Son construcións pensadas como lugar de acubillo e cría das pombas, complemento alimenticio este moi restrinxido a sectores privilexiados da sociedade do Antigo Réxime, de aí que aparezan localizados en casas labregas ricas ou en pazos. Nos tres concellos, especialmente en Ponte Pombal no eido do Pazo de San Ramón, Tourón. Caldelas, atópanse fermosos (Ponte Caldelas) exemplos destas construcións. Os pombais rexistrados na zona son de corpo cilíndrico, con paramentos de cachotes de granito, podendo presentar unha cuberta cónica de tellas ou truncados cunha cuberta a unha auga. Próximo ao seu remate, o muro presenta un beiril do que arrancan os buratos para a entrada e saída das pombas. No interior aparecen múltiples nichos divididos en pedra, o que lle Pombal con vertente a unha auga na aldea de Exterior e interior do pombal de Xosé na confire un carácter pétreo e Sobreiro, Xustáns (Ponte Caldelas) de solidez. aldea de Parada (Ponte Caldelas)
  • 29. Que temos? Infraestruturas para o aproveitamento da auga: Fontes, lavadoiros, presas, levadas.
  • 30. As fontes Galicia evoca auga. As abondosas chuvias converten en caudalosos os ríos e regatos, alimentando un manto freático xeneroso, disposto a abrollar por calquera fenda das rochas. As fontes son un factor fundamental á hora de asentarse, polo que cada aldea dispón de unha propia, que se converte así nun lugar importante para os seus habitantes, non só como subministro de auga, senón tamén como punto de encontro, de parola. A súa relevancia viña marcada pola construción dunha arquitectura que adornaba e urbanizaba o abrollo natural do líquido elemento. Dentro dos múltiples exemplos cos que contamos podemos diferenciar dous tipos. A máis primitiva, moi frecuente na zona, non é máis que un cano metido na fenda da rocha. A outra, máis urbana, é posuidora dun traballo de cantería máis coidado.
  • 31. Os lavadoiros Moitas fontes teñen ao seu carón un lavadoiro. Nunha época na que non había auga corrente, nin lavadoras, acudir ao río a lavar era unha necesidade. Nunha sociedade tradicional este era un punto de encontro obrigado para as mulleres. Aquí non só se lavaba a roupa, tamén había unha posta ao día dos acontecementos da aldea. Estes lugares de encontro forneceron, sen dúbida, o noso patrimonio inmaterial. A beleza destas construcións queda patente nestas fotografías. Lavadoiro en Antas Lavadoiro en Gramil Lavadoiro na Lama Lavadoiro en Forzáns Lavadoiro en Calvos
  • 32. As presas e levadas Presa dos barcos. Fornelos Son elementos patrimoniais que, frecuentemente, forman parte da estructura de funcionamento dun muíño ou dun batán. Aproveitando as condicións naturais que ofrecen os pequenos saltos existentes no leito fluvial, o ser humano canaliza a auga que necesita, conducindoa polas levadas ata o muíño emprazado augas máis abaixo. A diferencia de altura entre a presa Levada na Insua . Ponte Caldelas Levada en Ventín. Fornelos e o muíño imprime a forza e velocidade necesarias para que a auga poida mover o rodicio e a moa. Outras veces as presas e levadas están creadas para garantir a rega dos prados. Na actualidade, estas obras de enxenería popular atópanse abandonadas e en mal estado.
  • 33. Que temos? Elementos e espazos de produción e almacenamento: Hórreos, eirados, muíños, palleira, batáns.
  • 34. Os hórreos Xunto cos muíños, eiras e fornos, este elemento patrimonial representativo do noroeste peninsular forma parte da chamada arquitectura do pan. O extraordinario desenvolvemento do cultivo do millo e a pataca fixeron desta construción un almacén imprescindible e moi numeroso. A tipoloxía existente é moi variada. Hainos que teñen os costais de madeira, mentres que outros empregan a pedra. A maioría teñen seis ou oito pés, pero algúns, cun tamaño extraordinario, chegan a catorce. Hoxe en día moitos están abandonados, pero outros están sendo rehabilitados. Non podemos esquecer algunhas reformas moi peculiares que propoñen a súa utilización para usos espurios.
  • 35. Os muíños A presenza de ríos e regatos poderosos, o cultivo do millo e o illamento favoreceron a numerosa presenza de muíños nos tres concellos. A súa localización en espazos agrestes e moitas veces de difícil acceso dota a este elemento patrimonial dun encanto extraordinario. Remontar a beira dos ríos na procura destes enxeños fariñeiros constitúe unha aventura. A inmensa maioría foron abandonados na década dos setenta. O seu estado actual de deterioro crea ao seu redor unha atmosfera de nobre melancolía. Falar sobre eles coas persoas de maior idade permitiunos imaxinar un tempo, non moi afastado, en que o noso mundo rural estaba moi vivo e o muíño erguíase como un dos escenarios centrais. Uns eran muíños de herdeiros, outros muíños de maquía, a maioría nutridos por unha canle, uns poucos a través do sistema de cubo. Artefactos de estudada tecnoloxía que souberon integrarse nun medio fluvial do que se alimentan, pero ao que evitan incomodar. Desprenderon sabedoría e discreción e agora, que xa non son útiles, é a propia natureza en agradecemento a que se encarga de vestilos de edra e silvas.
  • 36. Os Eirados Os eirados eran espazos abertos destinados aos labores de malla para debullar o cereal. De planta cuadrangular, poden estar lousados con pedras de tamaño regular ou sen lousar. Ás veces, rodeando ese espazo, aparecen hórreos para gardar o gran debullado. Nestes casos, os de maior beleza adoitan indicar un nivel de compromiso colectivo maior. Porén, na zona, a maioría das eiras son particulares, sobre todo, nas casas de mellor fábrica. O enclave elixido para localizar un eirado adoita ser un Barcia do Seixo (A Lama) lugar aireado e soleado, xeralmente á entrada ou saída da aldea, aínda que ás veces pode aparecer no centro. Na fotografía podemos observar o eirado térreo na Barcia de Seixo (A Lama), nun extremo da aldea. É un conxunto arquitectónico de bastante harmonía, especialmente se temos en conta que ao seu carón está o adro da igrexa, o espazo comunitario por excelencia na vida Eira de Celia. Chan do Casal. Xustáns. Imaxe da eira de María do Cañamazo Ponte Caldelas. parroquial. en Calvos.Fornelos de Montes
  • 37. A palleira de Laxoso Esta construción singular na zona aparece localizada na parroquia de Laxoso ( Ponte Caldelas). Trátase dun entramado de madeira afrontado sobre o que se encaixan feixes de herba seca. Actualmente, o espírito práctico do noso rural utiliza para a cuberta pequenas pranchas de fibrocemento a dúas augas para facilitar a escorrentía, sen embargo, sabemos que ata non hai moito empregaban o colmo para facer Palleira de Saladina Mouta. Laxoso. o tellado. Esta construción vén Ponte Caldelas. ser unha fusión entre o alpendre e o palleiro tradicional. Comentan algúns veciños que esta palleira pode ter unha procedencia portuguesa.
  • 38. Batáns Batán e muíño de Pereira. A Insúa. Ponte Caldelas. No concello de Ponte Caldelas, na parroquia da Insúa, quedan cando menos as paredes do que no seu día foron catro batáns. Estas construcións, de planta cuadrangular, contiñan cada unha un enorme mazo de madeira que batía contra as teas de la de buriel e liño para facer delas panos e mantas. Este mazo era movido pola forza da auga a través dunha serie de engranaxes semellantes ás dun muíño. De feito, moitas veces estas dúas construcións aparecen asociadas no mesmo edificio como acontece co muíño e batán de Pereira na Insua, Ponte Caldelas. Os catro batáns localizados nesta parroquia nutríanse a través dunha levada que transportaba a auga dende as proximidades de Ponte Caldelas ata o lugar de Silvoso. Auténticas fábricas téxtiles son un eco da importancia da industria doméstica galega do século XVIII. Esta actividade, conxuntamente coa de curtidos de pel, son indicativas da rica industria rural que había no pasado en Ponte Caldelas. A ruína do batán de Barreiro . Insua. Ponte Caldelas
  • 39. Que temos? Elementos de vida espitirual e espazos de vida mundana: Cruceiros, petos, torreiros
  • 40. Os cruceiros Nos tres concellos estudados hai numerosos e magníficos exemplos destes traballos encadrados dentro da denominada arte relixiosa popular. Realizacións de artistas anónimos que dominan o traballo da pedra, estas obras son formalmente unha manifestación de relixiosidade cristiá, pero en liña de continuidade coas crenzas pagás anteriores. O cruceiro vén así a substituír os anteriores símbolos que protexían aos camiñantes e delimitaban ámbitos da vida colectiva. Demostración dunha ligazón transcendente do pobo galego cara á súa terra e os seus devanceiros, o rural galego está inzado de cruces, cruceiros e petos. Nuns casos, cando as cruces son rústicas, evocan un mundo máxico relixioso en perfecta comuñón coa natureza. Noutros casos, cando a calidade escultórica é evidente, aparece a dúbida de se realmente estamos ante un produto da arte popular. Na análise dos cruceiros e petos do concello de Ponte Caldelas faise imprescindible nomear a laboriosa publicación que sobre este tema teñen elaborada as mestras Mercedes Martínez Plasencia e Teresa Sánchez Cora. Magnífico cruceiro en Covelo (A Lama). Cruz nun camiño cara Cruceiro camiño da Vincurda Cruceiro da Mouta.Calvos a Laxoso de Arriba (A Lama) (Fornelos de Montes) ( Ponte Caldelas)
  • 41. Exemplos de detalles escultóricos en diferentes cruceiros. De esquerda a dereita: Cruceiro en Gramil ( Ponte Caldelas), na Lama, camiño da Vincurada (A Lama), e no adro de Barcia do Seixo (A Lama). Escolma de simples cruces chantadas sobre a rocha granítica en perfecta integración coa natureza. De esquerda a dereita: Cruz en Cimadevila, Calvos (Fornelos);cruz de S. Antonio, Freaza. Traspielas (Fornelos); cruz no camiño entre Estacas e Ventín (Fornelos). Afortunadamente, hoxe recoñecemos en todas estas obras unha riqueza patrimonial a conservar, como queda reflectido nos inventarios dos diferentes concellos. Lograron un estatus que supera o significado simbólico do credo relixioso ao que pertencen, converténdose nun elemento fundamental da paisaxe rural galega.
  • 42. Os petos Moitas veces asociados aos cruceiros, outras veces sós, os petos son unha manifestación da relixiosidade popular, auténtico monumento de lembranza, respecto e agradecemento de todos os que nos antecederon. Dispersos polas parroquias, establecen ligazóns entre o pasado e o presente, entre o Peto en Calvos (Fornelos) territorio herdado e os seus actuais moradores. Representación da necesidade espiritual do ser humano, transmiten a fugacidade da vida corpórea fronte á presenza etérea e eterna da ánima. Esperanza noutra existencia que compense o sufrimento de domar unha terra difícil. Contrariamente ao que se puidera pensar, dos petos brota a vida non a morte. Peto na Candeira ( A Lama) Peto na Vincurada ( A Lama)
  • 43. Os torreiros Torreiro de Calvos. Fornelos de Montes Situados a carón da igrexa, os torreiros son os lugares de encontro para a festa do patrón, para a música, para o baile. A súa estrutura adoita ser rectangular ou cadrada e mesmo algúns están rodeados dun valado que pola súa parte interior leva acaroado un poio corrido. Ás veces nun extremo do torreiro construíase un palco de pedra para acoller as bandas que amenizaban as festas, hoxe substituídos por plataformas de cemento de máis que dubidoso gusto estético.
  • 44. O mundo rural tradicional que As ameazas sostiña e daba sentido a todos estes elementos chega ao final da súa prolongada crise na década dos setenta. Os muíños deixan de moer, as levadas non se limpan, moitas eiras e vellos camiños son asfaltados, os valados ou as presas deixan de manterse... precipítase o final. Estes elementos perden a súa función e son abandonados. O Incendios forestais feito de lembrar moito unha vida sacrificada e en moitos O abandono casos de miseria produce unha negación vergoñenta do seu valor, o valor da memoria. Non se aceptan como elementos identitarios, construtores dunha cultura depurada pola historia. A falta de sensibilidade trae como Vandalismo resultado o abandono, a Usos espurios destrución e os usos espurios.
  • 45. As novas ameazas O repertorio de ameazas, consecuencia do abandono e perda do valor de uso destes elementos, vese agravado polo plan de construción de minicentrais. Esta forma de producir enerxía non só causa impactos formidables na vida Na esquerda: Pintadas de protesta pola construción da minicentral sobre o ríoVerdugo no lugar de Abelaído (A Lama). Na dereita, obras de construción da minicentral de Gaxate sobre o río Oitavén. dos ríos e da paisaxe en xeral, tamén supón un perigo adicional para moitos elementos patrimoniais que habitualmente ocupan estes espazos (muíños, pontes, pasadoiros). Hai unha alteración da beleza do enclave de moitos destes Ponte Casariño no Suíño. Transformada respecto da traza orixinaria, atópase elementos, cando non a súa propia esquecida ao carón da estrada. Esta ponte formaba parte do Camiño Real de destrución. Pontevedra a Ribadavia. Presenza de maquinaria na área do Suído. A proliferación de pistas, ademais da alteración paisaxística, pon Outra ameaza é a proliferación de en perigo a existencia de restos arqueolóxicos (mámoas) e construcións de tipo etnográfico como os neveiros e sesteiros. pistas nos montes, moitas veces para facilitar a instalación de parques eólicos e explotacións gandeiras que, en ocasións, levaron canda si algún elemento, tal é o caso dun neveiro no Suído. O muíño de Abaixo, o muíño de Arriba e os pasais sobre o río Verdugo están na relación de patrimonio etnográfico afectado polo proxecto da minicentral Boca do Inferno. Este espazo está a ser recuperado por xentes de Taboadelo que anualmente celebran a Festa do Muíño.
  • 46. Posibilidades, recursos, ideas O monte: Se hai un elemento que define a paisaxe destes tres concellos é a extensa superficie que ocupa o monte. A superficie máis significativa é o Suído. Incluída na proposta de espazos de interese ecolóxico da Rede Natura 2000, está, porén, a padecer algunhas agresións importantes que poñen en perigo a súa integridade. O plan de construción de minicentrais e a instalación de parques eólicos supoñen unha alteración pouco sensible co medio. As nosas propostas para o Suído son: • Apostar por manter as actividades agro- silvo- pastoris que, durante tantos anos, cumpriron unha función económica sostible e conservadora do medio. • Acoutar espazos para a produción de biocombustible e de materia prima para abonos orgánicos. • Preservar as áreas de turbeiras, por constituír espazos onde se concentra a flora autóctona con especies que comezan a ser raras noutros montes galegos. • Frear definitivamente a instalación de máis pistas, parques eólicos, canteiras e todo aquel uso que faga insostible a xestión do territorio. • Potenciar e poñer en valor os currais, foxos e outros elementos de interese patrimonial da zona, por exemplo mediante a definición de rutas de sendeirismo ou creación de centros de interpretación da vida no monte. Potenciar un turismo respectuoso co medio natural.
  • 47. Para o resto da superficie de monte As nosas propostas son: • Orientar os usos do monte a algo máis que á produción de madeira, apoiando iniciativas como a explotación de froitos do bosque (castañas, abelás, arandos, abruños), cogomelos ou produción de abono natural. • Explotar racionalmente a madeira, ordenando o monte, recuperando espazos para as especies autóctonas e buscando a ecocertificación. • Crear corredores ecolóxicos que conecten os ríos e o monte para garantir o mantemento da biodiversidade a nivel de flora e fauna e evitar a proliferación de pragas. • Poñer en valor o patrimonio etnográfico existente deseñando algún roteiro ou algunha festa divulgativa.
  • 48. Os ríos: O Verdugo e o Oitavén veñen padecendo unha alteración sistemática nas últimas décadas. O cambio de mentalidade na sociedade esixe: 1. RÍOS VIVOS. Paralización da construción de minicentrais. 2. RÍOS LIMPOS. Instalación e mantemento de sistemas de depuración. 3. RÍOS PROTEXIDOS. Cumprimento da normativa que protexe as beiras dos ríos. As nosas propostas para os ríos son: 1. Converter as beiras dos ríos en verdadeiros espazos públicos, pero sen que isto implique a súa radical transformación. Utilizar as sendas dos pescadores ou a presenza de antigos muíños para promover rutas de turismo activo, ecolóxico, cultural... 2. Rehabilitar as construcións patrimoniais máis destacadas: pontes, pontellas pasos, presas... Neste apartado queremos animar aos particulares, asociacións ou institucións para que leven a cabo obras de rehabilitación nalgúns destes elementos que non presenten excesivo deterioro e poidan ser mantidos para usos diversos (locais culturais, aulas de interpretación, rutas turísticas..) 3. Promover actividades didácticas para sensibilizar as novas xeracións sobre a importancia de preservar o patrimonio natural e cultural como parte da nosa herdanza e identidade.
  • 49. A aldea Unhas ameazadas polo abandono, outras en perigo por transformacións pouco sensibles co contorno e convertidas progresivamente en segundas residencias, as nosas aldeas necesitan a execución dun programa de protección e reactivación de forma urxente. As nosas propostas neste caso son: 1. Preservar os sinais de identidade, evitando o descontrol que se está a producir en moitos núcleos rurais en relación con construcións e rehabilitacións. 2. Apoiar as iniciativas que supoñan un desenvolvemento dos recursos propios: cooperativas, agricultura e gandaría ecolóxicas, agroturismo, etc. 3. Apoiar a produción de forma tradicional daqueles bens demandados pola sociedade actual. Recuperar os saberes e os oficios artesanais. 4. Promover o turismo rural integrado con programas de valorización do patrimonio natural e cultural existente na zona 5. Potenciar e mellorar a oferta gastronómica da zona: caza, troita... 6. Introducir as novas tecnoloxías no rural, orientadas á formación, comunicación, etc., e á produción e distribución das empresas locais. 7. Recuperar o patrimonio cultural, involucrando ás comunidades e asociacións veciñais. Preservar os camiños de interese natural e patrimonial, creando rutas temáticas e introducíndoas na rede oficial de sendeiros. 8. Volver a prestixiar o feito de vivir no rural.
  • 50. Quen nos axudou? • Fundación Antonio Fraguas. • ANPA do IES de Ponte • Dirección Xeral de Caldelas. Patrimonio. • Veciños e veciñas de • Dirección Xeral do FOGGA Ponte Caldelas, A Lama e • Augas de Galicia. Fornelos de Montes. • Sitga. • Paula Ballesteros. • PLADEVER • Os compañeiros e a Dirección do IES de Ponte • Mancomunidade de Ponte Caldelas Caldelas. • Concellos de Ponte Caldelas, Fornelos de Montes e A Lama. • PRODER de Pontevedra.
  • 51. Bibliografía consultada: “As construcións da arquitectura popular”. MANUEL CAAMAÑO SUÁREZ. Ed.Consello galego de colexios de aparelladores e arquitécts técnicos. “Feismo? Destruir un país.VVAA. ED. Difusora de letras, artes e ideas. “Muíños nas terras de Redondela. Estudio etnolóxico dos muíños de auga. MIGUEL ÁNGEL ABRAIRA PÉREZ. Ed.Deputación Provincial de Pontevedra. “Cultura tradicional e desenvolvemento rural” VVAA. Ed.Xavier Simón Fdez e Xabier Prado Orbán. “ Ponte Caldelas 1500-1936. Memoria escrita dun pobo.”.MERCEDES MARTÍNEZ PLASENCIA E TERESA SÁNCHEZ CORA. Ed. Deputación de Pontevedra. “ As construccións primitivas dos pastores galegos. Chozos da serra do Suído, Montemaior e Faro de Avión”. ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA. Ed Asociación galega para a cultura e a ecoloxía.  Artigo de CARLOS MORGADE: “Os muíños da Lama, un tesouro esquecido” na páxina web http://www.concellodalama.com/apedreira.htm  Páxinas web do PRODER da comarca de Vigo,PRODER da comarca de Pontevedra e LEADER de Terras de Montes.
  • 52. Neste traballo participaron de forma voluntaria alumnos e alumnas de 3º da ESO e 4º da ESO dos concellos de A Lama, Fornelos e Ponte Caldelas. Fotografaron, buscaron información e cubriron as fichas de inventario. Todo isto no seu tempo de lecer. A todos eles MIL GRACIAS O alumnado avalía: As maiores aportacións deste traballo: “Aprendín a valorar uns elementos que estaban aí, pero aos que non lles daba importancia”. “Coñecín recantos fermosos da miña zona que ignoraba que existían”. “Comprendín a dureza dos modos de vida dos nosos avós e bisavós” “Concienceime do estado do noso patrimonio. Unha mágoa estragalo!”.
  • 53. Coordinaron o traballo: Cristina Ogando Díaz. Profesora de ciencias sociais. Chus Diéguez Rojo. Profesora de lingua galega. Humberto Martínez Gargamala. Profesor de ciencias sociais. Ponte Caldelas, 6 de outubro de 2007