2
Lagartiño 2013
Índice
Portada
Adriana Cores
Editorial 2
Carmén Loureiro
As torturas mediavais 3
Alumnado 2º
Plantas da Arousa 6
Rita Poza Cores
Entrevista a Manuel Gago 8
Miriam Rial
Cinco desenlaces.... 10
Alumnado de 1º
Namorando 12
Lingua galega 3º
Proxecto dereitos humanos 13
Biblioteca
Londres , unha viaxe..... 14
Alumnado de 4º
O dereito humano a auga 15
Alumnado de 1º
Unha Illa de ximnastas 16
Alumnado de 3º PDC
As novas tecnoloxías e nós 18
Alumnado de 3º A
Tiñamos máis.... 20
Contraportada
REDACCIÓN - EQUIPO
Normalización lingüistica
OS DEREITOS HUMANOS ANDAN TORTOS
Os dereitos humanos non camiñan dereitos,
utopicamente falando, os dereitos humanos existen
nas páxinas do libro dos Dereitos Humanos,
pero fora do libro:
Os Dereitos Humanos están tortos.
Manuel Pacheco
Un ano mais toca repensar o que deu de si este curso 2012-2013.
Certamente, non é para felicitarnos se o miramos a nivel social, político
e económico.
Cada día nos levantamos coa alma en vilo á espera do que nos deparará
a sorte, da nova sorpresa que aparecerá no prato do almorzo para
facernos conscientes de cómo embeben paulatina e progresivamente os
nosos dereitos.
Hai anos tivemos o privilexio de escoitar unha inesquecible conferencia
de Saramago no pazo da Cultura de Pontevedra. Levaba por título “
Tocan a morte polo Dereito”. Daquela aínda non tiña comezado esta
crise canceríxena que vai devorando o precario e tardío estado do
benestar social que con tanto esforzo logramos tecer; pero ese título
foi premonitorio e as palabras de Saramago foron tan atinadas que
aínda hoxe soan nas nosas cabezas coma eses vibratos arrepiantes das
badaladas das campás.
Mais, que facer? ¿Como enfrontar dende a educación este proceso de
ruína e ruindade que nos abafa? As respostas fáciles non serven. É
preciso analizar os tres mecanismos naturais instintivos ante o perigo:
loita- foxe – faite o morto.
Facerse o morto, e dicir, “pechar os ollos” ante o que está a ocorrer,
é unha temeridade que nos arrisca a ser levados pola corrente como
as follas mortas do último outono. Cando nos demos conta estaremos
indefensos no mar infindo da multitude solitaria e insolidaria.
O medo é a estratexia da que se valen algúns depredadores humanos
para producir en nós a “indefensión aprendida”, que nos fai aceptar
mansamente medidas que noutrora nin se atreverían a mencionar.
Como o ratiño que deixa de moverse e acepta docilmente a inanición
e a morte, cando comproba que vaia onde vaia, no recinto que lle está
asignado, recibe descargas eléctricas. A idea e inocular a crenza de que
fagas o que fagas, non vas poder cambiar a situación, así que tanto ten,
abandona ou foxe.
Mais nós non queremos fuxir, nin mirar para outro lado, así que non
queda outra que loitar. A pregunta é como facelo sen caer nas trampas
da violencia, as medias verdades, as manipulación dos medios, os
líderes oportunistas … e os fatalismos, sementados, alimentados e
cultivados coa fin de paralizarnos.
Educar na resistencia á frustración; no coñecemento de nós, das
nosas fortalezas e debilidades; alimentar a estima e o respecto por
as persoas que nos rodean; apostar pola cohesión dos grupos nos que
desenvolvemos diariamente as nosas vidas; exercer o pensamento
crítico para xulgar o que vai mal e o que vai ben, con criterios
obxectivos e probas consistentes; promover procesos creativos que nos
permitan acadar mais e mellores solucións aos problemas con que nos
retan as circunstancias. E sobre todo, cultivar a empatía para poñernos
no lugar dos que o están a pasar peor, imaxinando como nos gustaría
ser tratados de estarmos no seu caso.
En definitiva, coidar de nós, das persoas próxima e das que non o están
tanto, do patrimonio natural e cultural que recibimos … por iso merece
a pena educarnos educando, por iso esta comunidade do IES da Illa de
Arousa se move cada día e, neste ano de “dereitos que andan tortos”,
se empeñou en levar a diante un Proxecto de centro sobre os Dereitos
Humanos, promovido dende a Biblioteca e secundado por todas as
persoas que a compoñemos.
A mellor ferramenta que podemos ofrecer neste intre é unha educación
de calidade que nos faga conscientes dos nosos dereitos e firmes
defensores da súa vixencia. Debémosllo ás xeracións pasadas que
loitaron por eles, a costa, moitas veces , de suor e sangue; debémosllo
ás xeracións futuras que terán que soportar as consecuencias dos nosos
acertos ou erros; e por suposto, a nós, por necesidade de supervivencia,
xustiza e dignidade.
Na Illa de Arousa a 23 de Xuño de 2013
Arousa-Xuño 2013
3
Ésabido por todo o mundo que
as alumnas e alumnos que este
ano cursan 2º da ESO son un grupo humano
moi xeitoso. Son traballadores (sempre hai
algunha nota de cor, como non), obedientes
(quen algunha vez non se desmelenou?)
e dá gusto traballar con eles (algún aínda
non ten moi claro o significado deste verbo,
pero todo se andará).
Tamén, a estas alturas do curso, todos
sabemos que este ano traballamos os
DEREITOS HUMANOS, nas diferentes
materias e dun xeito interdisciplinar, sempre
que se deu a ocasión.
Así que sumando as dúas anteriores
premisas máis a materia de Historia deunos
coma resultado: OS INSTRUMENTOS DE
TORTURA MEDIEVAIS. Era visto.
Que ser humano non fantaseou algunha vez
con algún profe como protagonista
dunha historia de terror e vítima
dun aparello enrevesado e
diabólico? Os profes xamais
imaxinan tormentos varios cando
corrixen exames e len barbaridades
dignas dunha peli de Mortadelo e
Filemón, despois de ter explicado
un millón de veces esa cuestión:
lóxico, pensaredes, eles non son
moi humanos.
Pois dito e feito. Propúxoselles
a idea de viaxar á Idade
Media, inventar unha historia
correctamente ambientada onde o
protagonista tivera que ser sometido a
tormento nunha máquina elaborada con
tal fin. Ademais da investigación histórica,
estaba a tecnolóxica, xa que construíron a
súa maqueta correspondente. En Cidadanía
aprenderon que dereitos humanos se vían
directamente atacados.
Como produto final, o derradeiro día
de clase, exporanse para que toda a
comunidade educativa poida “gozar deles”.
Nun gran mural colocarán a historia, os
dereitos humanos e o nome do instrumento
e ao seu carón a maqueta.
Lástima que a nosa máquina do tempo estea
prestada, porque o divertido sería ver como
se torturaba de verdade, sentir os berros
agónicos, cheirar a carne queimada, olelo
sangue…… é que me entusiasmo….
AS
TORTURAS
MEDIeVAiS
NO
IES
4
Lagartiño 2013
Cuna de Xudas
Tenedor do herexe
Aplasta craneos
Cinturón
de
castidade
Potro español
Touro de Falaris
Carro de reos
Potro
Xaula
Arousa-Xuño 2013
5
Flauta do alborotador
Empalado
Sambenito
Garrucha
Picota en tonel
Serra
Silla de interrogatorios
Ferramentas
varias
Doncela de ferro
Violón das
comadres
A rata
6
Lagartiño 2013
Llantén: Serve para cando temos catarro e se a ferves 3
minutos cunha taza de auga tres veces ó día desaparece
o catarro e sénteste como máis liberado. Tamén para as
feridas malas de quitar. Se sangras e a pos na ferida para
no momento sen necesidade de puntos e desinfecta e
limpa.
Dente de león : Pódese comer a flor na
ensalada, tamén faise mermelada e é moi boa
inda que non ten moito sabor. Moitas das súas
propiedades tenas na raíz.
PLANTAS DE
AROUSA
( Benita )
A nosa informante para a realización deste traballo foi Benita
García Dios, natural de Arousa. Con 12 anos comezou a traballar na
conserveira. Foi sindicalista. Ademais foi axudante de comadrona e
coidou persoas maiores.
Anda moito en bicicleta. Moi afeccionada ás plantas tanto polo seu
valor terapéutico como nutritivo.
Arousa-Xuño 2013
7
Malvavisco: Cómese a flor e máis uns
“quesitos” que aparecen se lle quitas as follas.
Estas poden meterse na tortilla ou ferver
como as verduras. As follas trátanse como as
espinacas, na tortilla máis brandas que nas
ensaladas.
As plantas teñen moitos usos: medicinais, culinarias, decoración,... Benita come
moitas destas herbas dende ben pequena. Non toma medicamentos, nin compra
champú, usa as plantas.
recollido por Rita Poza Cores
Romeu: Serve para facer
champú e quita todas as
enfermidades. Tamén cócese un
pouco de romeu e botáselle mel
para tomalo en infusión.
Celidonia: Cura o herpes
aplicando a herba ata que
apareza un líquido amarelo.
Llantén grande: Non
é tan vistosa e está
todo o ano.
Salicornia: Ten un
40% de proteínas e
sabe ben.
Pirixel de mar:
Sabe mal.
Estrugas: Son boas para
o pelo, crece máis, brila.
Tamén para o reúma, a
tos, para as potas con
verdura... Para botalo
no pelo hai que coce-las
follas.
8
Lagartiño 2013
-Como é que sendo periodista chegaches ata
aquí?
E é que a el xa desde pequeno gustáballe o
tema das pedras, en un momento da súa vida
tivo que escoller e o que el fixo foi xuntar a
súa paixón co seu traballo e desa forma podía
seguir as escavación e seguir sendo periodista.
-Onde empezaches a escavar?
Empecei a escavar en Neixón na comarca do
Barbanza, escavou xunto con outra xente unha
cabana moi antiga do século sétimo que tiña
enterrando xusto diante da porta un caldeiro da
bronce.
-Que che levou a facer estes estudos?
O que me levou a facer estes estudos foi a
paixón por coñecer a nosa historia, o noso
pasado e o divertido que é porque está
cambiando continuamente, é como un libro de
misterios sen fin
E cando estas nun pavimento e comezas a
limpalo volve a cheirar durante uns segundos
dunha forma parecida a como cheiraba fai dous
mil anos.
Entrevista
a Manuel
Gago
INTRODUCIÓN:
O pasado mes de maio, no auditorio da Illa de Arousa os
alumnos e o profesorado do IES Illa de Arousa fomos a unha
conferencia de arqueoloxía feita por Manuel Gago, periodista e
profesor.
Despois da charla uns alumnos de primeiro A: Jenni, Miriam,
Miguel, Asier e Silvia fixéronlle unha entrevista.
Arousa-Xuño 2013
9
-Que se sente ao estar rodeado de
cousas tan antigas?
E o sentimento que se sente son as
ganas de coñecer máis. E tenche que
levar a facer preguntas; como chegou
isto ata aquí?, que fai aquí?
-Sempre che gustou este mundo?
Sempre estivo metido en ese mundo
xa desde pequeno e o que antes era
unha simple afeción agora como un
segundo traballo que comparte cos
mellores historiadores de Europa.
-Cantos anos levas coa investigación?
E afirmou que levaba arredor dos trinta
e un anos coa investigación
-Nas túas investigacións atopaches algún
obxecto que che parecese sobresaínte?
Si, afirmou moitas veces atópanse obxectos que
non te esperabas en absoluto.
-Que é o que se che ven a cabeza cando ves
restos tan antigos?
E sempre intenta pensar na xente que había no
seu tempo detrás
-Levas moitos obxectos descubertos?
Leva miles de obxectos descuberto pero, hai
que ter en conta que non todos valen.
-Sentes moita satisfacción ao descubrir os
obxectos?
Afirmou que si pero que se sente máis o
descubrir os lugares, porque che leva a pensar
que é o que sucedeu aí.
Miriam 1ºA
10
Lagartiño 2013
[…], vingaríase de todos os que
lle molestaran: pais, can, avoa... A
Carapuchiña azul tiña a teima de pensar en
alto ( falar o que pensa ) e, nunha destas
viaxes xunto a avoa fíxoo:
-Afogarei á avoa coa carapucha,
cortareille o rabo ao can, roubareille os
cazadores e escaparei de casa, jajajajjaa!!
O bo do can, que o escoitara todo, chamou
os personaxes doutros contos para que
lle axudaran: a Cincenta, a Brancaneves,
os sete ananos, os tres porquiños e a
moitos príncipes e princesas de diversos
contos. O can sabía o que lle pasaba a
Carapuchiña, tíñalle que cambiar de cor
a carapucha! Branco, moi transparente,
negro, peor, o vermello era perfecto, a
cor do amor! Puxéronse todos a coser
e, nunha persecución coa carapucha,
lograron alcanzala e poñerlla por detrás.
E, a Carapuchiña, (agora vermella), foi
boa para sempre , pero, a carapucha
azul, quedou no olvido é, temos un novo
problema.
-Eh!, coidado co can!
Manuel Antonio 1ºB
(…) Un día xurdiu unha macabra
idea na malvada mente da nena. O
plan consistía en coller a merenda
que todos os días lle tiña que levar
á avoíña e darlla ó can que todos
os días ía xunto dela cando pasaba
polo piñeiral. Cada día efectuaba
o seu malvado plan. A avoíña non
comía nada e o can estaba enfermo
pois Caparuchiña , antes de darlle a
merenda, botáballe veleno.
Os pais de Carapuchiña comezaron
a sospeitar, xa que a súa filla ía
encantada levarlle a comida á avoa.
Decidiron seguila e descubriron o do
envelenamento do animal. Despois
de que Carapuchiña marchase e sen
ser vistos, foron á casa da avoa que
estaba a punto de morrer e á que lle
deron alimento. Cando a avoa estivo
recuperada, os pais regresaron á casa;
pero cando cruzaron o piñeiral o can
escoitou o que comentaban sobre o
veleno e deuse conta do que sucedía.
Rapidamente chamou ó seu amigo
Manolo, o oso, para que o axudara.
Cando Carapuchiña voltou xunto ó
can a traerle comida, Manolo saiu de
detrás dunha árbore e meteulle un bo
susto, de maneira que nunca volveu
ser mala e que dende ese día comezou
a vestir de moitísimas cores.
Jennifer Fernández Novás 1ºA.
Cinco desenlaces para unha
CARAPUCHIÑA
AZUL
Arousa-Xuño 2013
11
… Tiña pensado que ó día
seguinte cando o can se achegase
a el , darlle algo de comida e así
amarralo a una árbore , para que
pasase frio.
Asi o fixo. Colleu un doce da
merenda da avoíña e chamou polo
can . Xa case o tiña amarrado
cando nese momento chegaron
varios cazadores e viron o que
quería facer .
Estes colleron a Carapuchiña
e deixárona amarrada á árbore,
como ía facerlle ó can , só durante
un pouco tempo . Carapuchiña
colleu tanto medo que pensou que
as bestas do bosque a ían comer .
Dende aquela , grazas ao susto que
os cazadores lle deron , foi máis
boa e mostraba máis cariño ós
demais .
Carlos Pouso Dacosta, 1ºB
...uns dias despois Carapuchiña
xa argallara o seu plan.Ía matar a
súa avoíña!Para non ter que levarlle
a merenda nunca mais!E para iso
necesitaba a axuda dun can de
presa, que xa llo pedira ao seu
veciño para despezar á avoa.
De camiño casa da avoiña atopouse
cun vendedor de motoserras, que lle
dixo:
-Nena, queres unha motoserra que
están de oferta?
-Con 50€ chégame?
-Pois si.Toma a mellor que teño.
Carapuchiña seguiu andando e de
repente o San Bernardo que non era
un can senon que era un axente da
C.I.A intentouna deter por intento
de asasinato.Nun principio non
foi capaz, pero Carapuchiña ao ir
cargada non podia mais e rendeuse.
Despois o axente levouna ao carcere
e non volveu a sair.E asi é como se
acabou coa maldade en toda a vila.
Manuel Otero 1ºB
… Tiña pensado utilizar o can como transporte
para non ter que camiñar. Agarrou o animal e
subíu encima.
O canciño, desnutrido, non aguantou máis e caeu
de costado. A nena caeu ao solo e petou coa cabeza
nunha árbore. Carapuchiña perdeu o coñecemento.
O can fixo o posible por levantarse e ir pedir
axuda. Non era capaz, pero xusto nese intre,
pasaban por alí os cazadores para darlle de comer
ó San Bernardo. O pobre canciño berrou.
Os cazadores acudiron alí deseguida. O can
explicoulles todo e non dubidaron nin un segundo
en levar a Carapuchiña ó hospital. Xa alí a nena
recobrou o coñecemento. O doutor díxolles que se
ía recuperar. A nena non se acordaba de nada, pero
dende aquel día volveuse boa e sempre lle levaba a
merenda a súa avoa.
Iago Romero Vidal, 1ºB
12
Lagartiño 2013
Na clase de Lingua e Literatura galegas, en 3º ESO, ideamos un
obradoiro de cantigas medievais para poñer en práctica o aprendido
sobre litertura medieval. A actividade consiste en elaborar as nosas
propias cantigas, seguindo a temática e a forma que utilizaban
os trobadores pero ambientadas na Arousa. Velaquí a proba das
habilidades poéticas e da imaxinación d@s nos@s alumn@s:
Namorando
Sedia m’eu na fonte de Palmeira,
conocino, alí, naquela beira.
Namoreime na fontana
Sediam’eu, alí, marabillada,
conocino estand’eu desesperada.
Namoreime na fontana
Conocino, alí, naquela beira,
e sentiam’eu moi senlheira.
Namoreime na fontana
Conocino estand’eu desesperada,
alí, na Praia da Area Secada.
Namoreime na fontana
Alba Serantes e Manuel Oubiña
Por culpa daquela nortada,
non puido volver de Cortegada.
Quedín soínha xunta ao mar,
oíndo o norte asubiar.
Non puido voltar o meu amigo,
aquel que sempre durmía comigo.
Quedín soínha xunta ao mar,
oíndo o norte asubiar.
Non puido volver de Cortegada,
e morreu naquela marexada.
Quedín soínha xunta ao mar,
oíndo o norte asubiar.
Aquel que sempre durmía comigo,
nunca máis hei de ver o meu amigo.
Quedín soínha xunta ao mar,
oíndo o norte asubiar.
Noelia Suárez e Ana Otero
Arousa-Xuño 2013
13
Sediam’eu na fonte de Palmeira,
buscando por ti, tristeira.
E por que non vés, meu amigo?
Estaba eu na Praia de Camaxe,
agardando que pasase a oleaxe.
E por que non vés, meu amigo?
Sediam’eu entre as árbores do Carreirón,
esperando por ti, meu coraçom.
E por que non vés, meu amigo?
Estand’eu na Punta do Faro.
Por fin che vin, meu namorado.
E por que non vés, meu amigo?
Lydia Fdez. e Nicolás González
O Proxecto que traballamos este cur-
so leva por título Dereitos Humanos.Tráta-
se dunha serie de actividades que levare-
mos a cabo ao longo do curso, escollendo
como eixo central os Dereitos Humanos e
o seu incumprimento. Este proxecto está
coordinada pola biblioteca do centro e
conta coa participación dunha gran maio-
ría do profesorado. Deseñamos as seguin-
tes actividades:
• Actividades compartidas, nas que
participa todo o centro: exposición “Un
mundo inxusto”, proxección de audiovi-
suais, traballando a violencia de xénero,
Semana da Paz, Festival dos Dereitos...
• Actividades propias de cada ma-
teria, integrando o tema dos Dereitos na
programación curricular: Dereitos lingüís-
ticos, Arte e Dereitos Humanos, Liberdade
de Expresión, escolma de obras nos clubs
de lectura bibliarousa...
• Festival Fin de Curso no que se
expoñerán os diferentes materiais elabo-
rados ao longo do curso e celebraremos
xogos, exposicións, xincanas
Proxecto
Dereitos
Humanos
14
Lagartiño 2013
Domingos mortos de sono
sete meses traballando
24.000 croasáns vendidos na Arousa
e trescentas flores de Pascua.
Ninguén cría que o conseguiriamos
Pero aquí estamos!
Conta atrás nas axendas,
só quedan tres semanas, dúas, unha…
queda un só día.
Venres cinco por fin!
Maletas, bolsas, mochilas de cores,
Nervios, alegría, emoción.
Londres cidade de película,
rúas ateigadas, tráfico imposible,
mil imaxes, un millón de fotos.
A Torre de Londres, Buckingham
Palace, Camdem…
maratón con Juliana,
Museo Británico, Trafalgar Square, The
London Eye,
shopping, shopping…
Hotel por fin!
noites sen durmir, carreiras no hall,
habitacións abarrotadas
seguratas nos corredores e
Isidoro cantando as mañanitas do Rei
David,
Teresa facendo de enfermeira.
E chegou o final
con susto, con estrés, con tristeza
Londres unha
viaxe cara á
felicidade
Arousa-Xuño 2013
15
O alumnado de 1º ESO, na clase
de Ciencias Naturais, fixemos un
traballo sobre o dereito humano á
auga.
O 28 de xullo de 2010 a Asamblea
Xeral das Nacións Unidas
recoñeceu explícitamente o
dereito humano á auga e ao saneamento, reafirmando que unha auga potable
limpa e o saneamento son esenciais para a realización de todos os dereitos
humanos.
Pero, sabías que …?
Na África Subsahariana rural, millóns de persoas comparten fontes de auga doméstica cos-
animais e dependen de pozos sen protección que son foco de enfermidades infecciosas.
A distancia media que camiña unha- muller en África e en Asia para recoller auga é de 6
quilómetros.
O uso medio de auga por persoa e día na maioría dos países de Europa é de 200/300 litros-
de auga. En países de África como Mozambique é de menos de 10 litros. As persoas que
teñen unha fonte a máis de 1 quilómetro disponen de menos de 5 litros dunha auga moitas
veces insalubre.
A auga non potable e un saneamento deficiente son a 2ª causa de morte infantil no mundo.-
A día de hoxe cerca de 700 millóns de persoas procedentes de 43 países diferentes non-
disponen de auga suficiente e potable.
No ano 2025, 1800 millóns de persoas vivirán en países con escaseza absoluta de auga.-
Na África Subsahariana concéntrase o maior número de países con insuficiencia de auga.-
O DEREITO
HUMANO Á
AUGA
16
Lagartiño 2013
Unha illa de ximnastas
Coñecemos un pouco mellor o Club Ximnasia Arousa
O Club Arousa é un club de ximnasia rítmica. Ten a súa sé n’A Illa de Arousa,
un concello situado ao suroeste de Galicia, na
provincia de Pontevedra.
O club comezou a realizar esta actividade no
ano 2000, con apenas unhas 20 nenas en nivel
de escolas de iniciación. Hoxe en día son máis
de 60, distribuidas nas seguintes categorías:
escolas de iniciación, escolar, promoción,
base e federado. As idades das deportistas
comprenden dos 4 ata os 20 anos.
O Club conta cun adestrador, ximnasta tamén
na categoria de federado. Participa en competicións
tanto a nivel galego como nacional.
Se unha nena
está interesada na
Ximnasia Rítmica,
comeza participando
nas actividades
extraescolares, que hai
un día á semana. Nesas
sesións, a adestradora
decide que deportistas
teñen a flexibilidade,
elasticidade e forza que
necesita unha ximnasta para entrar no club. As
rapazas incluidas nas categorías de promoción
adestran todos os días menos os martes, que o
club adica a actividades extraescolares, e os
domingos, día de descanso para todas.
Neste deporte utilízanse varios aparatos, cada
um coas súas dificultades: a corda, a cinta,
as mazas, o aro e a pelota. Tamén existe
a modalidade de mans libres (sen ningún
aparato), que é na que comezan as máis
pequenas.
Sara Mougán coa cinta
O aparato de corda
Paula Fernández coas mazas
O adestrador coa pelota
Arousa-Xuño 2013
17
Unha vez que integran o Club, as deportistas incorpóranse ás
diferentes categorías de promoción: prebenxamín, benxamín,
alevín, infantil, junior ou cadete e senior. As ximnastas de
promoción son ls que van por toda Galicia a participar en
torneos e competicións. O club Ximnasia Arousa conta con
campioas galegas en conxunto e en individuais, o cal é un
grande éxito tendo en conta que é un Club pequeno.
Asximnastasdebaseefederadopodenchegarasercampioas
de España. Para iso, teñen que pasar unha primeira fase, no
campionato galego e, dependendo da puntuación, pasar
ou non ao Campionato de España, que habitualmente se
celebra en Zaragoza.
Lara Cousido, Arancha Rial, Marta Leiro e Ana Martínez 3ºPDC.
Entrevistamos a Lara Cousido, unha das
ximnastas que participa nos torneos que se
celebran por Galicia.
En que campionatos participas?
-Compito nos da provincia de Pontevedra, despois no
galego, que se celebra en Ourense e que é o máis
importante, por riba do Provincial.
A que idade comezaches na ximnasia rítmica?
-Aos 7 anos anoteime ás actividades extraescolares, e
nese mesmo ano entrei no club.
Cantos anos levas no club?
- Con este, oito anos.
Por que che gusta a ximnasia rítmica?
-Porque é un deporte moi elegante no que fas varios aparatos; e tes que ir
a torneos, e a min iso gústame porque son bastante competitiva.
Que aparato é o tu prferido?
-A cinta. Porque é moi bonita, e loce moitísimo no tapiz.
Jenny Fernández co aro
Lara Cousido
18
Lagartiño 2013
Un videoxogo é un conxunto de obras artísticas, literarias e científicas creadas por un autor ou
en colaboración por varios autores ou colectivamente baixo a dirección dunha persoa natural ou
xurídica. Estas obras son programadas posteriormente e compiladas grazas ao software sen ser
considerado o videoxogo como un programa de ordenador nin como unha obra audiovisual, tendo
un tratamento diferenciado .
Hai un debate sobre os videoxogos. As persoas que están en contra deles pensan que estes
fomentan:
-Tendencia cara a violencia: Algúns nenos non
teñen a capacidade de entender a diferencia entre
aquilo que observa na pantalla e o que é real; por
iso hai nenos que se volven violentos, ou polo
menos, iso din, pode que sexa outro o motivo,
pero leva a culpa o videoxogo.
-Obesidade: A utilización dos videoxogos
relacionouse co problema da obesidade nos
nenos. Canto máis tempo están os nenos sentados
xogando con consolas, menos probable será
que saian a realizar exercicio e practicar algún
deporte.
-Illamento Social: Hai niños que prefiren quedarse en casa xogando que sair cos seus amigos.
Ao final van reducindo as súas saídas ata case non ter relación con ninguén.
-Mal Desempeño Escolar: Os nenos que xogan moitas horas con videoxogos, poden descoidar
os estudos. Existe unha correlación entre o tempo utilizado para xogar con videoxogos e o éxito.
Xogando é fácil que o tempo se pase rápido e que non sexamos conscientes do tempo que botamos
diante da pantalla.
No outro punto do debate están as persoas que están a favor. Estas pensan que os nenos e
adolescentes comezaron a interactuar cada vez máis naturalmente coas novas tecnoloxías; as
mesmas que asustan e que xeran tanto fascinación como preocupación por parte dos adultos
responsables da educación dos nenos.
Na actualidade, o uso de videoxogos supera calquera outro medio de entretemento. Nenos
e adolescentes, certamente, prefiren os videoxogos, xa que implica tanto desenvolver as súas
habilidades en relación á tecnoloxía e os medios electrónicos, así como desenvolver destrezas
para encontrar a lóxica oculta do xogo.
A miña opinión? Creo que os videoxogos son bos. Como en todo, depende da dose e do tempo
que lles adiques. Porque eu xogo e non estou gordo nin abandonei aos meus amigos. E total, aínda
que sexa verdade todo iso da obesidade ou a agresividade, seguiremos xogando igual.
Manuel Estévez, 3ESOA
As novas tecn
Videoxogos, bos ou malos?
Arousa-Xuño 2013
19
noloxías e nós
Teléfonos móbiles, antigos ou modernos?
Actualmente, en España, un 95% da xente ten teléfono móbil. Segundo a Wikipedia, actualmente
as persoas novas e a maior parte dos adultos ata os 45 anos aproximadamente, utiliza os teléfonos
móbiles de terceira xeración (tecnoloxía 3G) e as persoas máis vellas somente necesitan o teléfono
móbil para chamar e recibir chamadas, é dicir, comunicarse falando.
Hoxe en día, case a metade dos nenos entre
os 6 e 10 anos posúe un aparato de telefonía
móbil, cifra que se eleva a preto dun 80% en
preadolescentes.
As persoas maiores utilizan os teléfonos
móbiles unicamente para chamar e recibir
chamadas, a diferencia da xente nova, que usa
os dispositivos móbiles celulares de terceira
xeración porque están de moda e teñen moitas
aplicacións interesantes, como o whatsapp.
A pesar de que os móbiles antigos non están
de moda son mellores que os novos en algúns
sentidos.
Na miña opinión, os teléfonos modernos son mellores que os antigos porque teñen moitas
aplicacións interesantes e gratuitas que poden descargarse en moi pouco tempo e serven tamén
como cámara e algúns case como ordenador, porque
teñen conexión a Internet.
A favor dos teléfonos antigos podemos argumentar
que non teñen case ningún tipo de fallo porque son
máis sinxelos de fabricar. A batería dúralles moito
máis porque como só se usan para chamar e recibir
chamadas a pila pode aguantar ata unha semana sen
recargar.
En contra dos teléfonos de primeira xeración
podemos dicir que só serven para chamar e recibir
chamadas. Non contan con aplicacións, nin xogos, tampouco cámara de fotos, nin lanterna…
Afavor dos móbiles modernos podemos dicir que teñen aplicacións interesantes como a xa citada do
whatsapp (que consiste en mandar mensaxes instantánea e gratuitamente a outras personas). Teñen
conexión a Internet, boas cámaras e, o mellor de todo é que se vas de excursión, por exemplo, teñen
incorporada a cámara e fan que non precises nin cargar cunha cámara de fotos nin con portátil.
En contra dos teléfonos 3G podemos argumentar que se estragan facilmente, a batería aguanta moi
pouco e veñen con bastantes defectos de fábrica porque son máis complicados de deseñar. Este tipo
de móbiles, ademais, é máis propenso a ser roubado porque valen moito diñeiro.
Daniel Otero Treviño, 3ESOA