2. Henrique Dacosta: un ferrolán que
ama a súa terra e a súa historia
• Nace en Ferrol en 1964.
• Pasa a súa infancia en Ferrol no
barrio de Canido, con longas
estancias estivais en Covas, de
onde proceden os seus ancestros.
De alí que sexa coñecedor da súa
paisaxe, toponimia e historia, o
que logo destila na súa obra.
• Ademais é membro da Asociación
Cultural Columba, radicada en
Covas, con quen participa en
distintas iniciativas para a posta en
valor do patrimonio da zona.
3. Henrique Dacosta: por riba de todo
un docto amante da nosa lingua
• Licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa.
• Técnico Especialista en Lingua
Galega na Comisión de
Educación, Cultura e Deportes
no Concello de Fene, onde
elaborou o estudo: Fene e a
súa toponimia. Achegas para
unha comprensión.
• Profesor de lingua e literatura
galega no IES de Catabois.
• Colaborador habitual de
Nordesía, suplemento do
Diario de Ferrol.
• Publica en revistas e
periódicos como (Agália, A
Nosa Terra, FerrolAnálisis,
Crónica de Ferrolterra,
Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía
Galicia, etc.)
• Ponente en distintos
congresos e xornadas sobre
lingua galega.
4. Henrique Dacosta: unha sólida
obra I
Obra Narrativa
• Mar para todo o sempre (1992)
Laiovento.
• Sobre comboios, janelas e outras
pequenas historias (1995).
Laiovento.
• Os desherdados (2006) Embora.
• O prezo da tentación (2008)
Embora.
• Unha mada de doce relatos
(2008) Laiovento.
• Entrada ao xardín do saber (2014)
Redelibros.
Ensaio
• Ferroláns na Historia da
Literatura Galega ((2007)
Embora.
5. Henrique Dacosta: unha sólida
obra II
Obras colectivas
• “Ruivamulher de esperança” en
Muralla de Crescórnio (1989) A
Nosa Terra.
• “Diálogo de sordos” en Longa
lingua Os contos da Mesa (2002)
Xerais.
• “Ouro maldito” en Seis ferroláns
(2003) Embora.
• “Cabo do mundo” en Premios
Pedrón de Ouro.Certame Modesto
R. Figueiredo. XXXII e XXXIII
(2008) Edicións do Castro.
• “En defensa do Poleiro. A voz dos
escritores galegos” en Celanova
(2010). Toxosoutos.
6. Henrique Dacosta: unha carreira
recoñecida
• Finalista no I Certame de Relato
Curto da Asociación Cultural
Cidade Vella de Santiago de
Compostela (1989) con
“Ruivamulher de esperança”.
• Premio Carvalho Calero, na
vertente de creación literaria
(1991) con Mar para todo o
sempre.
• Premio Carvalho Calero, na
vertente de creación literaria
(1993) por Sobre comboios,
janelas e outras pequenas
histórias.
• Premio Carvalho Calero, na
vertente de creación literaria
(2007) por Unha mada de doce
relatos.
7. Henrique Dacosta: un estilo moi
definido
• Primor da súa prosa.
• Dificultade do seu léxico. Gusto
polas palabras máis castizas ou
enxebres.
• Sintaxe complexa: frases
alongadas, enumeración de
sintagmas nominais,
paralelismos.
• Influencias lusistas.
• Influencia de autores de estilo
“barroco” como Alejo
Carpentier.
• Veremos máis adiante o estilo
concreto desta novela.
8. Os desherdados: título
Hai unha referencia ao título na propia novela:
“Sobrevivencia. A lei do máis forte. Eran a España
desafecta, os desherdados.” (p. 57)
Refírese aos prisioneiros republicanos obrigados
a traballar nos túneles de Covas. Pero pode
aplicarse o adxectivo a todos os personaxes da
novela. Xa que, polo xeral, son seres
traballadores, sufridores, asoballados. Pero que
conservan a súa dignidade e enteireza. Xente que
non sae nos libros de historia. Gusto pola
intrahistoria segundo o concepto unamuniano.
9. Os desherdados: temas
Como o propio autor, recollendo as críticas recibidas pola novela, salienta:
• É unha novela realista, ambientada na inmediata posguerra sobre a vida
de traballadores humildes. Trata o tema da intrahistoria.
• É unha novela social: denuncia as duras condicións de vida dos pobres,
dos vencidos, das mulleres, dos prisioneiros, dos inxustamente acusados…
• É unha novela con elementos fantásticos, que se imbrican nos reais con
total naturalidade, como é moi propio da mentalidade galega e de parte
da súa narrativa (Rafael Dieste). Na mente de Balbina mestúranse os
soños, os medos, os escrúpulos (en forma de sombras, como veremos),
coa realidade.
• É unha novela que fai reflexionar: Destila profundos pensamentos como
que todos os feitos dunha vida están relacionados entre sí e cos doutras
persoas. A vida como cadea: “A vida está concibida como unha sucesión
de elos, como unha colosal cadea, como unha malla de cadeas (mellor
dito) da que todos e cada un facemos parte. A simple alteración de un, de
un tan só destes elos pode ser a transmutación de calquera acontecemento
ulterior que poida acontecer.” (p. 98)
10. Os desherdados: estrutura I
A novela pecha o círculo vital dunha muller forte e sinxela, Balbina. Cóntanos
cómo descubre o misterio das súas orixes. Consta de dez capítulos.
• Capítulo 1. Desde o punto de vista do neno no ventre da súa nai, Balbina, cóntase
que ela e Ramón parten de Moeche para Covas. Logo hai unha analepse que conta
a vida de Sefa e Bieito, nai e padrastro de Balbina.
• Capítulo 2. Conta o paso de Balbina e Ramón dende Moeche a Covas. Acaba co
intento de violación de Balbina e o susto de crer ter perdido ao Tonecho.
• Capítulo 3. Analepse sobre a historia de Ramón. Buscador de granates, mal e
arriscado negocio. Ten que fuxir de O Barqueiro e vai dar a Moeche onde traballa
con Bieito e casa con Balbina.
• Capítulo 4. Logo da agresión de Balbina, trata da investigación do capitán Basanta.
A detención do falso culpable Fuco e a trampa que a valente de Balbina lle tende
ao auténtico agresor.
• Capítulo 5. A vida segue en Covas. Problemas laborais nas obras, dos que Ramón
trata de evadirse. Prisioneiros de guerra. Basanta e Balbina enfróntanse por este
asunto.
11. Os desherdados: estrutura II
• Capítulo 6. Fantasía. O soño de Balbina. Atopa a casa e os personaxes e a
ronda ata que consegue entrar nela.
• Capítulo 7. Balbina faise familiar na casa dos Silvas e fai de “celestina”
entre Guillermina e o capitán Basanta. Clima positivo no campamento.
• Capítulo 8. Balbina volve ter o soño co aforcado. Pregunta a Sito sobre o
Zalo, o seu irmán que morreu aforcado, e aquel cóntalle que éste era
malo.
• Capítulo 9. Casan Guillermina e Basanta. Pequenas analepses sobre a
morte dos pais de Guillermina. Balbina torna a soñar co aforcado e ve
sombras. Fala coa Colasa e logo dunha nova analepse sobre ela, cóntalle
que Zalo era un violador.
• Capítulo 10. O das confesións. Sito confesa que matou a Zalo. Ela confesa,
sonámbula, a Ramón que matou a parteira. Balbina confesa con Don
Damián e este confésalle quen é o seu pai. Ela queda tranquila e identifica
aos catro fantasmas: os seus avós, o seu bisavó, e o seu tío Xesús, morto
na guerra?
12. Os desherdados: marco espacial I
• Novela itinerante pola comarca de Ferrolterra (Covas,
Moeche) e doutras Rías Altas (O Barqueiro e Viveiro).
• Prioiro (Covas), onde transcorre a meirande parte da novela.
Véxase o mapa da zona.
• Corresponde a zona máis próxima ao cabo Prior. Fálase do
faro, dos túneles das baterías do Monte do Cabalo, do cuartel,
do lavadoiro, da aldea coas súas casas, a súa igrexa.
13. Os desherdados: marco espacial II
• Dos arredores de Covas aparecen
localizacións coma o campo de tiro
do Marmadeiro, a casa de comida
dos Galos, xunto a Chousa de Valón
(o restaurante o Galo?) a Bailadora
(a finca de tal nome?).
• Cítanse case que todas as
parroquias da zona e máis aló:
“Papoi, Serantes, A Graña, Castelo,
Mandiá, Val, San Mateo, Meirás,
Santa Mariña, San Xoan, Xuvia,
Barallobre, Brión, Narahío, Roxal…”
(p. 26).
Cos seus correspondentes patróns
(san Martiño de Covas, san Xoan de
Esmelle, san Pedro de Papoi, santa
Uxía de Mandiá, san Salvador de O
Val… p. 113).
• Alí a novela remata o círculo da
vida de Balbina, chega ás súas
orixes, onde foi concebida. E alí
queda en paz cos seus fantasmas
ou sombras.
14. Os desherdados: marco espacial III
• Moeche: Aquí comeza a
novela. Saen de alí
Balbina e o seu home,
estando ela embarazada
do Tonecho. Fálase do val,
do seu castelo, das
canteiras de toelo, de san
Xurxo, da aldea, do bar,
da igrexa, do monte.
• Nos recordos de Balbina,
a acción volve a este
lugar, intermitentemente.
15. Os desherdados: marco espacial IV
• Ferrol. Na analepse sobre Sefa viaxamos dunha
aldea (logo se vai saber que é Covas) a Ferrol,
aparece o porto, onde malvive Sefa, o Hospital de
Caridade, onde dá a luz a Balbina. De novo o
barrio de Ferrol Vello onde un estibador, Bieito, a
coñece e a leva vivir con el á súa casa da rúa
Espírito Santo.
• Na acción de Balbina menciónanse dependencias
de Ferrol, como a cárcere de Caranza onde vai dar
o falso culpable da agresión, Fuco.
16. Os desherdados: marco espacial V
Hospital da Caridade.
Onde nace Balbina.
Muelle de Curuxeiras
Onde traballa Bieito.
17. Os desherdados: marco espacial VI
• O Barqueiro: Na analepse
sobre a vida de Ramón
aparece o seu pobo natal, o
Barqueiro; a súa praia, onde
mariscaba a súa nai; o seu
porto onde el “andou á
ardora, coa traína do
Pancho o Lebracho, entre o
Ortegal e a Estaca, entre
ambos os cabos pois. Nunca
pasara dos aguillóns” p.
33). Pero logo si vai coller
granates alí.
• Viveiro: aquí aparece o porto
do Celeiro. E a cidade de
Viveiro, onde Ramón e o seu
amigo Mundo fan negocios co
reloxeiro Melchiades. Aquí o
ameazan, e teñen que fuxir
pola porta de Carlos V e a
ponte do Landro.
18. Os desherdados: personaxes I
Novela de bastantes personaxes, case todos teñen en
común a súa condición de desherdados, descoñecidos da
gran historia. Boa descripción de personaxes. Salvo o
violador e o Zalo, cúmulo de maldade, o resto son
personaxes con aristas, con virtudes e defectos:
• Balbina: salienta entre todos. A novela é a busca da súa
verdade. É case unha heroína épica. Afróntase a moitas
dificultades na súa vida. Orfa de nai, maltratada, endereza
ao seu padrastro coa axuda do cura don Servando e da
beata Virtudes. Casa con Ramón, vai a Covas estando de
nove meses, traballa de lavandeira. Agresión sexual.
Vinganza, acada categoría épica co seu epíteto. Apiádase
dos prisioneiros. Non lle teme a Basanta. Sonámbula, non
para ata clarificar os seus soños e sombras. Fai de boa
celestina e de investigadora.
19. Os desherdados: personaxes II
• A familia de Balbina:
– Ramón: home de Balbina.
Traballaba no toelo en
Moeche, pero cansan e van a
Covas a picar nos túneles das
baterías de costas. Cóntase a
súa historia previa no capítulo
3. Cando hai problemas
laborais, a súa mentalidade é
“ver e calar”. Axuda a Balbina.
– Antón, Tonecho: fillo de
Balbina. A novela comenza
dende o seu punto de vista,
no ventre da súa nai. Cóntase
as súas medras ata que pode
andar. É un neno precioso e
moi querido.
20. Os desherdados: personaxes III
• Os maiores de Balbina: Van morrendo os seus maiores
pero sempre ten outros que fan o seu papel:
– Sefa: A nai de Balbina, cuxa vida cóntase nunha analepse
no capítulo 1. Embarazada do fillo dos donos, tivo que
partir a Ferrol, onde traballou. Morre nun segundo parto.
– Bieito: Cóntase a vida no capítulo 1. Casou coa Sefa e criou
a Balbina. Estibador do porto, apíadase de Sefa e xúntase
con ela. Van a Moeche a traballar. Cando morre Sefa,
vólvese tolo e bebe. Ata que casa con Virtudes.
– Virtudes: Beata que, movida en principio pola obediencia
a don Servando, preocúpase por Bieito e Balbina, ata que,
namorada, casa con este e o endereza.
21. Os desherdados: personaxes IV
• Os Silva, a familia podente da
aldea:
– Guillermina, “A Dama da
fonte” muller sufridora que
recobra a ilusión grazas a
Balbina e ao amor polo
capitán Basanta. Portentosa
transformación física e
sicolóxica (p. 79).
– Sito, irmán menor, cunha
discapacidade mental.
Víctima dos abusos do irmán
maior e a postre executor del.
Gústalle bailar e escapar de
todos polo monte. A
influencia do Nordés.
– Zalo, auténtico depravado,
violador e torturador. Pai de
Balbina.
22. Os desherdados: personaxes V
• As forzas vivas:
• Os curas: A súa importancia na
Galicia rural era enorme como
conciencia dos seus fregueses e
autoridade moral.
– Don Servando: Boa persoa que
se preocupa polos seus fregueses
e axuda a Bieito e Balbina.
Manda a Virtudes unha misión
para salvar esta familia.
– Don Damián: Boa persoa, aínda
que non consinta en enterrar en
sagrado a Zalo (como por outra
banda tiña mandado). Moi amigo
de Don Servando. Escoita a
confesión de Balbina e
corresponde con outra
procedente de Don Servando.
• Os militares:
Capitán Basanta: boa persoa. Ao principio
aparece como típico home do Réxime,
cheo de prexuízos, pretende botar a culpa
da agresión de Balbina a un inocente,
para non manchar un militar. Pero vai
cambiando, ao coñecer e respectar a
Balbina. Acaba namorado e casando coa
Guillermina.
23. Os desherdados: marco temporal
• Sitúase o comezo da historia de Balbina, deixando aparte as repetidas analepses,
no verán de 1940, coa guerra moi recente e en plena Guerra Mundial sen saber se
España vai ser neutral. Situación difícil. Ambiente militar, necesidade de construír
túneles para defenderse de ataques aéreos (p. 24-6) Bibliografía sobre as baterías.
• Máis referencias á Guerra Civil:
– O militar Basanta fala da batalla de Brunete e en xeral da heroica cruzada.
– Na obra traballan penados políticos.
• Máis referencias a Guerra Mundial:
– O asunto do Wolframio (citado no capítulo 2)
– Os cabecillas das protestas nos túneles son obrigados a enrolarse na División
Azul.
– Combate aéreo do que algúns veciños gardan restos.
24. Os desherdados: uso do tempo
• O relato comeza en Moeche con Balbina embarazada e case saíndo de
alí. Inicíase unha analepse longa sobre a súa nai (p. 10-20) ata que,
logo de morta a nai, Balbina consegue reconducir ao seu pai coa axuda
de don Servando.
• O relato retoma a saída de Balbina de Moeche a súa instalación en
Covas co seu marido e neno ata o intento de violación (p. 21-31).
• Volve haber unha analepse sobre Ramón e explícanos como chega a
Moeche e casa con Balbina (p. 31-38, é dicir todo o capítulo 3).
• O relato retoma a vida de Balbina dende a agresión. Non haberá máis
analepses longas pero si breves: (sobre Basanta p. 62, a morte dos
Silva, p. 95, a vida da tía Colasa, p. 102).
• Pasa o tempo, medido pola idade do Tonecho. Xa camiña. E o relato
remata coa revelación da orixe de Balbina é dicir, onde comezara.
Estrutura circular.
• A narración non busca sorprender ao lector porque dende o principio
sabemos máis que os personaxes: que o Zalo é o pai de Balbina (p. 11).
25. Os desherdados: técnicas
narrativas
• Narrador omnisciente en tercera
persoa.
• Ausencia absoluta de diálogo en
estilo directo. Pero frecuencia de
voces dos personaxes en estilo
indirecto libre que mete no medio da
narración sen previo aviso:
monólogos internos (p. 28, 34),
declaracións xudiciais (de Balbina ao
militar, p. 49) algúns moi longos (o
relato da Colasa sobre o Zalo, p. 104),
incluso diálogos (entre Guillermina e
Balbina p. 70). Pluriperspectivismo.
• Descricións fermosas da paisaxe e
dos costumes da vida rural (os xogos
do Tonecho co Sito na natureza p. 88-
9). “locus amoenus”.
26. Os desherdados: estilo I
Esta novela é como todas as súas, boa mostra dun primoroso estilo do
que xa falamos. Abundan recursos estilísticos como:
• Nivel morfo-sintáctico:
– Longas enumeracións: “Cunha bolboreta de cores que se pousou nun
felgo, cunha miñoca que sae de paseo á fresca do campo, co gorgolexo
da auga do río cando a mamá lava, bate e torce a roupa, coas papas
de maínzo e leite morniño que tanto lle saben, coas festas de papá, coa
cara enlarafuzada de terra e pó do granito escachizado, así que baixa
das obras do Monte do Cabalo… Vai ti a saber con que” (p 66)
– Estilo sintagmático: paralelismos nos que se repiten as mesmas
estructuras: moitas veces sintagmas nominais:
– Nexos: “quer tropa, quer traballadores” (p. 52)
– Gusto polo léxico enxebre: naipelo, toelo, mao, …
– Lusismos abundantes no léxico e na estrutura sintáctica.
– Aparición de léxico ferrolán (procedente do inglés pola influencia dos
ingleses traballadores de Bazán): brus
27. Os desherdados: Estilo II
• Nivel léxico-semántico:
– Metáforas: Sefa co seu bebé “ virxínea madonna
sostendo o seu Xesús” (p. 13) O río no que lava Balbina
a roupa dos militares e penados os iguala a todos:
“Fardas duns, camisas e casacas doutros, aquilo, á fin
de contas, ía todo por xunto camiño do río, para o
mesmo río, e o mesmo xabón as lavaba, e as mesmas
mans as torcían, e estendíaas no campo ou púñaas no
estendal para secar…” (p. 61)
– Símiles: “Ventábao como un can, como un sabuxo” (p.
45) “Andalle o humor coma faba na ola” (p. 62)
– Epíteto épico: Balbina, “A Despeitahomes”, víngase do
seu agresor, (p. 50). Guillermina, “A Dama da Fonte”.
28. Os desherdados: Estilo III
– Símbolos:
A sombra: aquilo que fai saír a Balbina de
Moeche cara a terra onde, sen ela sabelo, fora
concebida, onde atopará outras sombras: “a
sombra, a sombra sobondándoo todo,
sobordándoa toda ela, a súa existencia, a súa
conciencia, o seu penar, e precisábao largar,
ceibar como fose, de forma que a aliviase do
tormento”. (p. 10) “A sensación que no corpo ten,
así como a estraña impresión coma que de entes
extraordinarios, de sombras que de cando en vez
chegan a axexar até en pleno día” (p. 98).
29. Os desherdados: Estilo IV
– Máis símbolos
A presenza constante do vento Nordés, (ademáis de
cómo símil “era coma a frescaxe do Nordés” p. 61) creo
que simboliza a forza da Natureza que se alía cos
agresores –impide que nadie escoite gritar a Balbina
mentres é violada, que se oia o tiro recibido por Sito p.
110)- ao tempo que vexo unha identificación co propio
Sito, salvaxe e variable: “O Sito ten a cabeza chea de ar,
de moito vento, por iso abala con tanta frecuencia dun
lado para o outro, sembre semellando que a rota
escollida é variábel, variábel como as múltiples
direccións que marca o catavento en forma de galo que
ten no cumio da súa casa” (p. 111).
30. Bibliografía
• Nada máis publicarse a novela apareceron recensións nos
principais diarios culturais galegos. Poden consultarse
grazas ao PDF do Centro de Investigación da Fundación
Ramón Piñeiro:
• Ramón Loureiro: “Coa memoria da posguerra” Suplemento
Culturas de La Voz de Galicia (20, maio, 2006).
• Xosé M. Eyré: “As traxedias que agacha a vida”, A Nosa
Terra, 1235, (14-20 setembro, 2006).
• Armando Requeixo: “Para todo o sempre”, Suplemento de
Diario de Ferrol, Nordesía, 381, (18, xuño, 2006).
• http://cadernodacritica.blogaliza.org/manuscritos-henrique-
dacosta-i/
• Artigo na wikipedia
31. Os desherdados: créditos
• Traballo realizado por Pilar Berrio Martín-
Retortillo, para a visita de Henrique Dacosta
ao noso Club de Lectura de Adultos, logo da
lectura da súa novela Os desherdados.
• IES Sofía Casanova.
• Ferrol, 25 de novembro de 2014.