1. Credo para a Pascua
Creo que na túa resurrección
alcanza sentido o meu vivir,
o meu camiñar e o meu sufrir.
2. Creo que na túa resurrección
a miña fe encontrou o seu apoio
na luz, na forza e na paz.
3. Creo que na túa resurrección
foi vencida a miña covardía
e foi desafiado o meu vello temor.
4. Creo que na túa
resurrección a miña
carne recibiu as arras
dunha inmortalidade
máis alá da morte.
5. Creo que na túa
resurrección a nosa
esperanza deixou de
confundirse co optimismo
e a utopía.
6. Creo que na túa resurrección
os nosos mortos alcanzan a paz
e a luz da túa presenza.
7. Creo que na túa resurrección
eu fun espertado a unha vida
sen praias nin fronteiras.
8. Creo que na túa resurrección
foron bendicidos o traballo
e o progreso, o amor e a amizade.
9. Creo que na túa
resurrección o mundo
deixou de ser escenario para
converterse en compañeiro
do home.
10.
11. Creo que na túa
resurrección aos pobres do
mundo se lles anuncia unha
definitiva liberación.
12. Creo que na túa resurrección
a historia dos homes
e das mulleres atopou
un centro e un sentido.
Texto: José Román Flecha Andrés
Música : Aleluya de Haendel