Publicité
Publicité

Contenu connexe

Publicité

2º domingo tob 2018 bene pagola

  1.  Naquel tempo, estaba Xoán con dous  dos seus discípulos e, fixándose en  Xesús que pasaba, dixo: - «Este é o Año de Deus.» Os dous discípulos oíron as súas  palabras e seguiron a Xesús.  Xesús volveuse e, ao ver que o seguían,  pregúntalles: - «Que buscades?» Eles contestáronlle: -«Rabí (que significa Mestre),  -onde vives?» El díxolles: -«Vinde e veredes.» -Entón foron, viron onde vivía e   quedaron con o aquel día; serían as  catro da tarde. Andrés, irmán de Simón Pedro, era  un dos dous que oíron a Xoán e  seguiron a Xesús; encontra  primeiro a seu irmán Simón e dille: - «Encontramos o Mesías (que  significa Cristo).» E levouno a Xesús. Xesús  quedóuselle mirando e díxolle: - «Ti es Simón, o fillo de Xoán; ti   chamaraste Cefas (que se traduce  Pedro).» T.Ordinario 2º dom (B) Viron onde vivía e quedaron con el. Lectura do santo evanxeo segundo san Xoán 1, 35-42 clic
  2. Presentación: B. Areskurrinaga HC Euskaraz: D. Amundarain. Musika:Albinoni, Concierto nº 10 14-01-18 Domingo 2º Tempo ordinario –B (Xoán 1, 35-42) José Antonio Pagola QUE BUSCAMOS!
  3. As primeiras palabras que Xesús pronuncia no evanxeo de Xoán déixannos desconcertados, porque van ao fondo e tocan as raíces mesmas da nosa vida. A dous discípulos do Bautista que comezan a seguilo Xesús dilles: «Que buscades?».
  4. Non é fácil responder a esta pregunta sinxela, directa, fundamental, desde o interior dunha cultura «cerrada» como a nosa, que parece preocuparse só dos medios, esquecendo sempre o fin último de todo. Que é o que buscamos exactamente?
  5. Para algúns, a vida é «un granPara algúns, a vida é «un gran supermercado» (D. Sölle), e o único que llessupermercado» (D. Sölle), e o único que lles interesa é adquirir obxectos cos que poder consolar un poco a súa existencia. Outros o que buscan é escapar da enfermidade, a soidade, a tristeza, os conflitos ou o medo. Pero escapar, cara a onde?, cara a quen?
  6. Outros xa non poden máis. O que queren é que os deixen sos. Esquecer os demais e ser esquecidos por todos. Non preocuparse por ninguén e que ninguén se preocupe deles.
  7. A maioría buscamos sinxelemente cubrir as nosas necesidades diarias e seguir loitando por ver cumpridos os nosos pequenos desexos. Pero, aínda que todos eles se cumprisen, quedaría o noso corazón satisfeito? Teríase apaciguado a nosa sede de consolo, liberación e felicidade plena?
  8. No fondo, non andamos os seres humanos buscando algo máis que unha simple mellora da nosa situación? Non arelamos algo que, certamente, non podemos esperar de ningún proxecto político ou social?
  9. Dise que os homes e mulleres de hoxe esquecéronse de Deus. Mais a verdadeMais a verdade é que, cando uné que, cando un ser humano seser humano se interroga cuninterroga cun pouco depouco de honradez,honradez, non lle é fácilnon lle é fácil borrarborrar do seu corazón «a saudade do infinito».
  10. Quen son eu? Un ser minúsculo, xurdido por azar nunha parcela ínfima de espazo e de tempo, botado á vida para desaparecer decontado na nada, de onde se me sacou sen razón ningunha e só para sufrir? Iso é todo? Non hai nada máis?
  11. O máis honrado que pode facer o ser humano é «buscar». Non pechar ningunha porta. Non desbotar ningunha chamada. Buscar a Deus, tal vez co último resto das súas forzas e da súa fe. Tal vez desde a mediocridade, a angustia ou o desalento.
  12. Deus non xoga ás agachadas nin se esconde de quen o busca con sinceridade. Deus está xa no interior mesmo desa busca. Máis aínda. Deus déixase encontrar incluso polos que apenas o buscamos.
  13. Así di o Señor no libro de Isaías:Así di o Señor no libro de Isaías: «Eu deixeime encontrar polos que«Eu deixeime encontrar polos que non preguntaban por min.non preguntaban por min. Deixeime atopar polos queDeixeime atopar polos que non me buscaban.non me buscaban. Dixen:Dixen: “Aquí estou, aquí estou”»“Aquí estou, aquí estou”» ((Isaías 65,1-Isaías 65,1- 2).2).
Publicité