Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

2º pascua b 2012

520 vues

Publié le

  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

2º pascua b 2012

  1. 1. “…amosoulles as mans e mais o costado.Os discípulos enchéronse de ledicia ao ver o Señor. Xesús díxolles outra vez: - Paz convosco.” Xn 20, 19-22
  2. 2. “Se quere, un home vivo pode morrer por non reprochar a seus irmáns”. Ese é un dos apotegmas máis belos dos Padres do deserto.Eran homes que arelaban a limpeza do corazón. No retiro e a oración buscaban a humildade.
  3. 3. Parece sinxelo.e, non obstante, é todo un ideal de vida.Un ideal heroico no medio dun mundo encrechado de acusacións.
  4. 4. Reproches que se cruzan no fogar, no posto de traballo ,na política, nos medios de comunicación. E contra a Igrexa e no seo da Igrexa.
  5. 5. Só podería reprochar a seu irmánquen se soubese libre de culpa. Pero non é así. Subliñamos nos demais as faltas que máis nos afean a nós mesmos. Así o reprochador retrátase sen sabelo.
  6. 6. O evanxo de hoxe preséntanos o encontro de Xesús co apóstolo Tomé. Non estaba presente cando o Señor resucitado se apareceu aos discípulos. El negouse a crer que tivese resucitado.Quería tocar coas súas mans as chagas do resucitado.
  7. 7. Cando Xesús volveu aparecerse, dirixiuse a el e díxolle: “Trae o teu dedo, aquí tes as miñas mans, trae a túa man e métea no meu costado; e non sexas incrédulo, senón crente”.
  8. 8. “Meu Señor e meu Deus!” Así exclama o discípulo que comprendeu a realidade da resurrección.O que superou as dúbidas e o orgullo de dubidar do seu Mestre. O que foi capaz de identificar o resucitado co crucificado.
  9. 9. e así exclama o Mestre: “ Ditosos os que crean sen ter visto”  El felicitara os pobres e os mansos,  os que choran e os que teñen fame da xustiza,  os misericordiosos e os limpos de corazón,  os promotores da paz  e os perseguidos por mantenerse fieis ao ideal de santidade.Agora di que son felices os que cren,os que poñen a súa confianza no invisible.
  10. 10. Señor Xesús,que non reprochas ao que te busca con sincero corazón, acepta a homenaxe da nosa fe e axúdanos a crer en ti con sinceridade e coherencia. Amén. Aleluia.
  11. 11. José Román Flecha AndrésPALABRA DO SEÑOR –SalamancaPresentación: Antonia Castro PaneroMúsica: Pueri Hebraeorum

×