1. Presentáronlle uns nenos
para que os tocase,
pero os discípulos
rifábanlles.
Ao velo,
Xesús enfadouse e díxolles:
- Deixade que os nenos
se acheguen a min;
non llelo impidades;
porque dos que son coma
eles é o Reino de Deus.
29/09/2009 Mc 10, 13 -16
2. O matrimonio é unha unión de
un home cunha muller.
Esixe que sexan fieis entre si
e para sempre
e se manteñan abertos
ao don da vida.
3. Ese amor único e definitivo, fiel e fecundo
ha de ser coidado e alentado, co esforzo humano
e a graza de Deus.
4.
5. Todo o misterio do matrimonio resúmese en
tres verbos.
“Abandonará o home a seu pai e a súa nai,
unirase coa súa muller
e serán os dous unha soa carne”.
O aspecto social, o afectivo e o sexual
configuran esa alianza de vida e de
esperanza querida por Deus.
29/09/2009
6. Xesús afirma que as leis que permiten o divorcio
non se remontan á creación mesma.
Responden a acomodacións posteriores debidas
á debilidade do ser humano
e á necesidade de curar
as súas feridas de amor.
29/09/2009
7. Xesús inclúe unha frase moi coñecida
que soa a modo de refrán:
“ O que Deus uniu, que non o separe o home”.
8. “ O QUE DEUS UNIU…”
Algúns foron unidos
por intereses,
polo medo á soidade,
pola vangloria humana
ou polo desexo de vender
unha exclusiva aos medios de
comunicación.
O que une Deus, leva o selo de Deus.
29/09/2009
9. “ …NON O SEPARE O HOME”
Ás veces os matrimonios
sepáraos unha persoa concreta.
Outras veces as normas civís:
As do estado
ou a comunidade supraestatal
que trata de lexitimar
calquera tipo de unión
co nome
de matrimonio.
29/09/2009
10. De todas formas, fai falla
moita proximidade e comprensión
para os que viron romperse a súa unión.
11. Señor Xesús, que nos invitas
a redescubrir o valor orixinal
do amor matrimonial, axúdanos
a colaborar para que os esposos
nos amosen coa súa vida a
riqueza do amor e a tenrura de
Deus.
Amén.
12. Texto: José Román Flecha Andrés
PALABRA DEL SEÑOR –Salamanca
Presentación: Antonia Castro Panero
Música: Melode Of Love