Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

6º domingo tob 2012

379 vues

Publié le

• Soyez le premier à commenter

• Soyez le premier à aimer ceci

6º domingo tob 2012

1. 1. Acercouse a Xesús un leproso, E rogoulle de xeonllos: - Ti, se queres, pódesme limpar. 6º Domingo do Tempo Ordinario – Ciclo B
2. 2. Xesús, sentindo lástima, extendeu a man e tocouno dicindo: - Pois quero, queda limpo. E no intre desapareceulle a lepra e quedou limpo. (Mc 1, 40-42)
3. 3. Nos textos da Biblia, a lepra podía referirse a moitas enfermidades da pel. Pero sempre levaba consigo un tremendo estigma social.
4. 4. No libro do levítico dise: «O que teña sido declarado enfermo de lepra, andará coa roupa esgazada e a cabeza descuberta e irá gritando: Impuro, impuro! (Lev 13, 44-46) .
5. 5. Raoul Follereau, fíxonos ver que o illamento dos leprosos non pasou cos séculos. Son moitas as persoas que por un motivo ou outro se sinten marxinadas da sociedade.
6. 6. No evanxeo de hoxe Xesús encóntrase cun leproso. Xesús mándalle cumprir a Lei de Moisés. O leproso ha de presentarse ao sacerdote para que o declare curado.
7. 7. A persoa ha de reintegrarse ao grupo ao que pertence. Hai que evitarlle todo o que poida mantela á marxe. E , de paso, invitar á comunidade a que acolla a todos os seus membros.
8. 8. Xesús pide de novo que se manteña en segredo a súa intervención. Pero o relato subliña que o leproso curado non obedeceu. Proclama aos catro ventos o que Xesús fixo con el.
9. 9. «Ti, se queres, pódesme limpar» Co leproso, cada un de nós recoñece por unha parte a súa propia miseria; por outra, o poder de Xesús e a confianza que depositamos nel. Quen así ora, non está lonxe da salvación.
10. 10. «Pois quero, queda limpo»

Xesús revela ao mesmo tempo

a atención que lle merece todo o que sofre,

a compaixón coa que

se volve a el

e o poder co que pode renovar a súa existencia.

Quen así fala, non é indiferente á causa humana.
11. 11. Señor Xesús, en ti descubrimos o poder e a misericordia de Deus. A vida dos que confían en ti queda salvada para sempre. Axúdanos a cambiar o noso mundo para que ninguén se sinta excluído e marxinado. Amén.
12. 12. Texto: José Román Flecha Andrés PALABRA DO SEÑOR –Salamanca Presentación: Antonia Castro Panero Música: NOI CAMMINIAMO PER LE VIE do MONDO