1. José Antonio Pagola
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS
Anuncia a todos que Deus é o noso mellor Amigo. Pásao 3 de xuño de 2012
Santísima Trindade (B)
Mateu 28, 16-20
Música:Bach;present: B. Areskurrinaga HC;
2. No núcleo da fe
cristiá nun Deus
trinitario hai unha
afirmación
esencial.
Deus non é un
ser tebroso e
impenetrable,
encerrado
egoistamente en
si mesmo.
Deus é Amor e só
Amor.
3. Os cristiáns cremos que no misterio
último da realidade, dando sentido e
consistencia a todo, no hai senón
Amor.
4. Xesús non escribiu ningún tratado
acerca de Deus.
En ningún momento o encontramos
expoñendo aos campesiños de Galilea
doutrina sobre El.
Para Xesús, Deus non é un concepto, unha
bela teoría, unha definición sublime.
Deus é o mellor Amigo do ser humano.
5. Os investigadores
non dubidan dun
dato que recollen
os evanxeos.
A xente que
escoitaba a Xesús
falar de Deus e o
vía actuar no seu
nome,
experimentaba a
Deus como unha
Boa Nova.
6. O que Xesús di de Deus resúltalles
algo novo e bo.
a experiencia que comunica e contaxia
parécelles a mellor noticia que poden
escoitar de Deus.
Por que?
7. Tal vez o primeiro que captan é que Deus é de
todos, non só dos que se senten dignos para
presentarse ante El no templo.
Deus non está atado a un lugar sagrado.
Non pertence a unha relixión.
Non é propiedade dos piadosos que peregrinan
a Xerusalén.
8. Segundo Xesús,
“fai saír o seu sol sobre bos e malos".
Deus non exclúe nin discrimina a ninguén.
Xesús invita a todos a confiar nel:
“Cando oredes dicide: Pai!”.
9. Con Xesús
van descubrindo que Deus
non é só dos que se achegan
a El
cargados de méritos.
Antes que a eles, escoita os
que lle piden compaixón
porque se senten pecadores
sen remedio.
10. Segundo Xesús, Deus anda sempre buscando
os que viven perdidos.
Por iso se sente tan amigo de pecadores.
Por iso dilles que El
“veu buscar e salvar
o que estaba perdido”.
11. Tamén se dan
conta de que
Deus non é só
dos sabios e
entendidos.
Xesús dálle
grazas ao Pai
porque lle gusta
revelar aos
pequenos cousas
que lles quedan
ocultas aos
ilustrados.
12. Deus ten menos problemas para
entenderse co pobo sinxelo que
cos doutos que cren sabelo todo
13. Pero foi, sen dúbida, a vida de Xesús,
dedicado en nome de Deus a
aliviar o sufrimento dos enfermos,
liberar a posuídos por espíritos
malignos, rescatar a leprosos da
marxinación, ofrecer o perdón a
pecadores e prostitutas...,
o que os convenceu que Xesús
experimentaba a Deus como o mellor
Amigo do ser humano,
que só busca o noso ben e só se opón
ao que nos fai dano.
14. Os seguidores
de Xesús nunca
puxeron en
dúbida que o
Deus encarnado
e revelado en
Xesús é Amor e
só Amor cara a
todos.
15. O MELLOR AMIGO
No núcleo d a fe cristiá nun Deus trinitario hai unha afirmación esencial. Deus non é un ser tebroso e
impenetrable, encerrado egoistamente en si mesmo. Deus é Amor e só Amor. Os cristiáns cremos que no misterio
último da realidade, dando sentido e consistencia a todo, non hai senón Amor.
Xesús non escribiu ningún tratado acerca de Deus. En ningún momento o encontramos expoñendo aos
campesiños de Galilea doutrina sobre el. Para Xesús, Deus non é un concepto, unha bela teoría, unha definición
sublime. Deus é o mellor Amigo do ser humano.
Os investigadores non dubidan dun dato que recollen os evanxeos. A xente que escoitaba a Xesús falar de
Deus e o vía actuar no seu nome, experimentaba a Deus como unha Boa Nova. O que Xesús di de Deus resúltalles algo
novo e bo. A experiencia que comunica e contaxia parécelles a mellor noticia que poden escoitar de Deus. Por que?
Tal vez o primeiro que captan é que Deus é de todos, non só dos que se senten dignos para presentarse
ante El no templo. Deus non está atado a un lugar sagrado. Non pertence a unha relixión. Non é propiedade dos
piadosos que peregrinan a Xerusalén. Segundo Xesús, “fai saír o seu sol sobre bos e malos". Deus non exclúe nin
discrimina a ninguén. Xesús invita a todos a confiar nel: "Cando oredes dicide: Pai!".
Con Xesús van descubrindo que Deus non é só dos que se acercan a El cargados de méritos. Antes que a
eles, escoita aos que lle piden compaixón porque se senten pecadores sen remedio. Segundo Xesús, Deus anda
sempre buscando os que viven perdidos. Por iso séntese tan amigo de pecadores. Por iso dilles que El "veu buscar e
salvar o que estaba perdido".
Tamén se dan conta de que Deus non é só dos sabios e entendidos. Xesús dálle grazas ao Pai porque lle
gusta revelar aos pequenos cousas que lles quedan ocultas aos ilustrados. Deus ten menos problemas para
entenderse co pobo sinxelo que cos doutos que cren sabelo todo.
Pero foi, sen dúbida, a vida de Xesús, dedicado en nome de Deus a aliviar o sufrimento dos enfermos,
liberar a posuídos por espíritos malignos, rescatar a leprosos da marxinación, ofrecer o perdón a pecadores e
prostitutas..., o que os convenceu que Xesús experimentaba a Deus como o mellor Amigo do ser humano, que só
busca o noso ben e só se opón ao que nos fai dano. Os seguidores de Xesús nunca puxeron en dúbida que o Deus
encarnado e revelado en Xesús é Amor e só Amor cara a todos.
José Antonio Pagola