Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Coresma unha viaxe en clave de oración.

621 vues

Publié le

  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

Coresma unha viaxe en clave de oración.

  1. 1. Unha viaxe pola Coresma… … en clave de oración
  2. 2. A Coresma: ir ao desertopara encontrar o esencialDáme forza, Señor, para adentrarme no meu interiore encontrar o que ti sementaches en minpara ofrecelo aos demais.
  3. 3. A Coresma: deixarse iluminar pola Luz Que a túa Luz, Señor, me faga ver a luz, ilumine a miña vida e me axude a comprender o que me dá felicidade e sentido.
  4. 4. A Coresma:deixarse guiar polo Señorque nos leva polos seus camiños Grazas, Señor, por todos os que me transmitiron a fe e me axudan a facela máis intensa, máis profunda, máis personalizada, máis madura.
  5. 5. A Coresma: urxencia de conversiónQue te coñeza, Señor,e me coñeza a min, como ti me coñeces,para que irradie o teu amora toda persoa que se relacione comigo.
  6. 6. A Coresma: cambiar de vida. Axúdame, Señor, a camiñar polos teus camiños. Que nada nin ninguén me aparte do teu amor de Pai.
  7. 7. A Coresma: facer a vontade de Deus Veña, Señor, o teu Reino á miña vida, ao noso mundo, á nosa casa, ás nosas relacións humanas. Fai que loite por construír un ambiente máis habitable coa miña presenza sinxela e achegada.
  8. 8. A Coresma: renovar a fe na oración Señor, ensíname a orar con limpo corazón, con sentido profundo, con perseverancia e asiduidade, para que saiba discernir a túa vontade.
  9. 9. A Coresma: corresponder á elección e chamada do Señor.Señor, empúxame a ser máis, a vivir máis intensamente,a desenvolver todas as miñas capacidades,a loitar por mellorar.Que non me deixe vencer pola comodidade.
  10. 10. A Coresma:tempo favorable para camiñar e converterseobrando segundo Deus. Mírote, Señor, e ti mírasme. Fai que encontre en ti a forza que me guía.
  11. 11. A Coresma: reconciliacióncon Deus e cos irmáns Señor, ensíname a vivir as túas ensinanzas desde o interior e sen barreiras. Que elas fecunden en min os bos propósitos que guían a miña vida.
  12. 12. A Coresma: confiar nos verdadeiros valores.Axúdame, Señor, a descubrir a quen me necesita,a quen podo botar unha man,e dáme forza para acompañalo, escoitaloe estar ao seu lado.
  13. 13. A Coresma:recordar a mensaxe de Deuse poñela en práctica Creo, Señor, pero aumenta a miña fe. Dáme a ledicia de saberte achegado, e a confianza de sentir que ti sempre estás ao meu carón.
  14. 14. A Coresma:amar a Deus sobre todas as cousas. Quero, Señor, marchar polos teus camiños, rexeitar os ídolos que non me deixan achegarme a ti, e arraigarme no teu amor.
  15. 15. A Coresma:facer xermolara vidaque levasno teu interiorAxúdame, Señor,a desenvolvero moito e boque sementaches en min.
  16. 16. A Coresma: acoller a vida Axúdame, Señor, a discernir os meus camiños, a descubrir o que axuda a crecer e madurar, o que conduce ao encontro contigo e cos irmáns.
  17. 17. A Coresma: acompañar a Cristo na súa PaixónAxúdame, Señor, a ser servidor de todos,con sinxeleza, con humildade, con sinceridade, con amor.
  18. 18. Feliz camiñocara á Pascua de Resurrección!

×