SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  18
Cóntase que alá para o ano 250 A.C., na China
antigua, un príncipe da rexión norte do país
estaba para ser coroado emperador, pero de
acordo coa lei, debía casar.
Sabendo isto, el decidiu facer unha competencia entre as mozas da corte para ver
quen sería digna da súa proposta. Ao día seguinte, o príncipe anunciou que
recibiría nunha celebración especial a todas as pretendentes e lanzaría un
desafío.
Unha anciá que servía no palacio había moitos anos, escoitou comentarios sobre
os preparativos. Sentiu unha leve tristeza porque sabía que a súa filla máis nova
tiña un sentimento profundo de amor polo príncipe.
Ao chegar á casa e contar os feitos á moza, asombrouse ao saber que ela quería
ir á celebración. Sen poder crelo preguntoulle:
- “Miña filla, que vas facer alá?
Todas as mozas máis belas e
ricas da corte estarán alí.
Sácate esa idea insensata da
cabeza. Sei que debes estar
sufrindo, pero non fagas que o
sufrimento te volva loucura" .
E a filla respondeulle:
- "Non, querida nai, non estou
sufrindo e tampouco estou tola. Eu
sei que xamais serei escollida, pero
é a miña oportunidade de estar polo
menos por algúns momentos cerca
do príncipe. Isto farame feliz"
Pola tardiña a moza chegou ao palacio. Alí estaban todas as mozas máis belas,
coas máis fermosas roupas, coas máis brillantes xoias e coas máis determinadas
intencións.
Entón, finalmente, o príncipe anunciou o desafío: "Darei a cada unha de vostedes
unha semente. Aquela que me traia a flor máis fermosa dentro de seis meses será
escollida por min como esposa e futura emperatriz de China“. A proposta do
príncipe seguía as tradicións daquel pobo, que valoraba moito a especialidade de
cultivar algo, fosen: costumes, amizades, relacións, etc.
O tempo pasou e a nosa moza, como non tiña moita habilidade nas artes da
xardinería, coidaba con moita paciencia e tenrura da súa semente, pois sabía que
se a beleza da flor xurdía como su amor, non tería que preocuparse co resultado.
Pasaron tres meses e nada agromou.
A moza intentou todos os métodos
que coñecía pero nada nacía. Día tras
día vía máis lonxe o seu soño, pero o
seu amor era máis profundo. Por fin,
pasaron os seis meses e nada
brotara.
Consciente do seu esforzo e dedicación a moza comunicoulle a súa nai que sen
importar as circunstancias ela regresaría ao palacio na data e hora acordadas só
para estar cerca do príncipe por uns momentos.
Na hora sinalada
estaba alí, co seu
vaso baleiro. Todas
as otras
pretendentes tiñan
unha flor, cada unha
máis fermosa que a
outra, das máis
variadas formas e
cores.
Ela estaba admirada.
Nunca vira unha
escena tan bela.
Finalmente, chegou o
momento esperado e o
príncipe observou a
cada unha das
pretendentes con
moito coidado e
atención.
Despois de pasar por todas, unha a unha, anunció o seu resultado. Aquela bela
moza co seu vaso baleiro sería a súa futura esposa. Todos os presentes tiveron
as máis inesperadas reaccións. Ninguén entendía por que el escollera xustamente
aquela que non cultivara nada.
Daquela, con calma, o príncipe explicou:
- "Esta foi a única que cultivou a flor que a fixo digna de converterse en
emperatriz: a flor de a honestidade. Todas as sementes que entreguei eran
estériles"
Marabilloso relato, non? Nestes tempos onde o importante parecen ser os
resultados, os logros, o visible, cultivar o valor de a honestidade parece un valor
perdido... Somos capaces de inventar os máis variados argumentos para
excusarnos, por non dicir “enganeime, tes razón, non sei acerca disto".
Opinamos sobre todo, xulgamos a todos...
a “picardía" converteuse nun valor,
encubrindo a mentira, o engano, a falta de
honestidade para connosco mesmos...
A verdade, a sinceridade, a
humildade... non son virtudes
que aparezan a cotío nos
contos para nenos, nin nas
publicidades para adultos.
Temos confundido o
significado da palabra ÉXITO.
Se rematei o meu día sendo leal a min mesmo, sen traizoar as miñas crenzas e os
meus sentimentos, sen deixar de ser quen son para quedar bien ou obter
resultados... ese foi un día de éxito.
Podes facer deste, un día
exitoso... de ti depende.
.
Fábula chinesa

Contenu connexe

En vedette (8)

ASAS TAUHID
ASAS TAUHIDASAS TAUHID
ASAS TAUHID
 
122642845 coldplay-viva-la-vida-piano-sheet
122642845 coldplay-viva-la-vida-piano-sheet122642845 coldplay-viva-la-vida-piano-sheet
122642845 coldplay-viva-la-vida-piano-sheet
 
4.2 Percepciones
4.2 Percepciones4.2 Percepciones
4.2 Percepciones
 
Bilan des Excursions numériques 2012 - 2013 & pré-programme 2013 - 2014
Bilan des Excursions numériques 2012 - 2013 & pré-programme 2013 - 2014Bilan des Excursions numériques 2012 - 2013 & pré-programme 2013 - 2014
Bilan des Excursions numériques 2012 - 2013 & pré-programme 2013 - 2014
 
Oper8 document management solution v2.0
Oper8 document management solution v2.0Oper8 document management solution v2.0
Oper8 document management solution v2.0
 
Silicon Málaga, Yerbabuena Software en la Revista Glamour Julio 2013
Silicon Málaga, Yerbabuena Software en la Revista Glamour Julio 2013Silicon Málaga, Yerbabuena Software en la Revista Glamour Julio 2013
Silicon Málaga, Yerbabuena Software en la Revista Glamour Julio 2013
 
Eksplorasi minyak dan gas dengan metode gravitasi (
Eksplorasi minyak dan gas dengan metode gravitasi (Eksplorasi minyak dan gas dengan metode gravitasi (
Eksplorasi minyak dan gas dengan metode gravitasi (
 
Area I Leaders Guide
Area I Leaders GuideArea I Leaders Guide
Area I Leaders Guide
 

Plus de Nuria M Núñez Elissetche

Plus de Nuria M Núñez Elissetche (20)

A terra que canta
A terra que cantaA terra que canta
A terra que canta
 
Co tempo
Co tempoCo tempo
Co tempo
 
Dom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagolaDom16 tob b.pagola
Dom16 tob b.pagola
 
Domingo 16 ord b
Domingo 16 ord bDomingo 16 ord b
Domingo 16 ord b
 
1º coresma b 2018
1º coresma b 20181º coresma b 2018
1º coresma b 2018
 
6º domingo tob 2018 bene pagola
6º domingo tob 2018  bene  pagola6º domingo tob 2018  bene  pagola
6º domingo tob 2018 bene pagola
 
6º domingo tob 2018
6º domingo tob 20186º domingo tob 2018
6º domingo tob 2018
 
O xardín
O xardínO xardín
O xardín
 
5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola5º domingo tob 2018 bene pagola
5º domingo tob 2018 bene pagola
 
5º domingo tob 2018
5º domingo tob  20185º domingo tob  2018
5º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018
4º domingo tob 20184º domingo tob 2018
4º domingo tob 2018
 
4º domingo tob 2018 bene pagola
4º domingo tob 2018  bene pagola4º domingo tob 2018  bene pagola
4º domingo tob 2018 bene pagola
 
Ruxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundoRuxido capaz de sacudir o mundo
Ruxido capaz de sacudir o mundo
 
2º domingo tob 2018
2º domingo tob 20182º domingo tob 2018
2º domingo tob 2018
 
2º domingo tob 2018 bene pagola
2º domingo tob  2018  bene pagola2º domingo tob  2018  bene pagola
2º domingo tob 2018 bene pagola
 
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola4 epifania do señor b 2018 bene pagola
4 epifania do señor b 2018 bene pagola
 
4 epifania b 2018
4 epifania b 20184 epifania b 2018
4 epifania b 2018
 
5 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 20185 bautismo do señor b 2018
5 bautismo do señor b 2018
 
3 santa maría nai de deus 2017 b
3 santa maría nai de deus  2017 b3 santa maría nai de deus  2017 b
3 santa maría nai de deus 2017 b
 
2 sagrada familia 2017 b
2 sagrada familia 2017  b2 sagrada familia 2017  b
2 sagrada familia 2017 b
 

Fábula chinesa

  • 1.
  • 2. Cóntase que alá para o ano 250 A.C., na China antigua, un príncipe da rexión norte do país estaba para ser coroado emperador, pero de acordo coa lei, debía casar.
  • 3. Sabendo isto, el decidiu facer unha competencia entre as mozas da corte para ver quen sería digna da súa proposta. Ao día seguinte, o príncipe anunciou que recibiría nunha celebración especial a todas as pretendentes e lanzaría un desafío.
  • 4. Unha anciá que servía no palacio había moitos anos, escoitou comentarios sobre os preparativos. Sentiu unha leve tristeza porque sabía que a súa filla máis nova tiña un sentimento profundo de amor polo príncipe. Ao chegar á casa e contar os feitos á moza, asombrouse ao saber que ela quería ir á celebración. Sen poder crelo preguntoulle:
  • 5. - “Miña filla, que vas facer alá? Todas as mozas máis belas e ricas da corte estarán alí. Sácate esa idea insensata da cabeza. Sei que debes estar sufrindo, pero non fagas que o sufrimento te volva loucura" .
  • 6. E a filla respondeulle: - "Non, querida nai, non estou sufrindo e tampouco estou tola. Eu sei que xamais serei escollida, pero é a miña oportunidade de estar polo menos por algúns momentos cerca do príncipe. Isto farame feliz" Pola tardiña a moza chegou ao palacio. Alí estaban todas as mozas máis belas, coas máis fermosas roupas, coas máis brillantes xoias e coas máis determinadas intencións.
  • 7. Entón, finalmente, o príncipe anunciou o desafío: "Darei a cada unha de vostedes unha semente. Aquela que me traia a flor máis fermosa dentro de seis meses será escollida por min como esposa e futura emperatriz de China“. A proposta do príncipe seguía as tradicións daquel pobo, que valoraba moito a especialidade de cultivar algo, fosen: costumes, amizades, relacións, etc.
  • 8. O tempo pasou e a nosa moza, como non tiña moita habilidade nas artes da xardinería, coidaba con moita paciencia e tenrura da súa semente, pois sabía que se a beleza da flor xurdía como su amor, non tería que preocuparse co resultado. Pasaron tres meses e nada agromou.
  • 9. A moza intentou todos os métodos que coñecía pero nada nacía. Día tras día vía máis lonxe o seu soño, pero o seu amor era máis profundo. Por fin, pasaron os seis meses e nada brotara.
  • 10. Consciente do seu esforzo e dedicación a moza comunicoulle a súa nai que sen importar as circunstancias ela regresaría ao palacio na data e hora acordadas só para estar cerca do príncipe por uns momentos.
  • 11. Na hora sinalada estaba alí, co seu vaso baleiro. Todas as otras pretendentes tiñan unha flor, cada unha máis fermosa que a outra, das máis variadas formas e cores. Ela estaba admirada. Nunca vira unha escena tan bela. Finalmente, chegou o momento esperado e o príncipe observou a cada unha das pretendentes con moito coidado e atención.
  • 12. Despois de pasar por todas, unha a unha, anunció o seu resultado. Aquela bela moza co seu vaso baleiro sería a súa futura esposa. Todos os presentes tiveron as máis inesperadas reaccións. Ninguén entendía por que el escollera xustamente aquela que non cultivara nada. Daquela, con calma, o príncipe explicou: - "Esta foi a única que cultivou a flor que a fixo digna de converterse en emperatriz: a flor de a honestidade. Todas as sementes que entreguei eran estériles"
  • 13. Marabilloso relato, non? Nestes tempos onde o importante parecen ser os resultados, os logros, o visible, cultivar o valor de a honestidade parece un valor perdido... Somos capaces de inventar os máis variados argumentos para excusarnos, por non dicir “enganeime, tes razón, non sei acerca disto".
  • 14. Opinamos sobre todo, xulgamos a todos... a “picardía" converteuse nun valor, encubrindo a mentira, o engano, a falta de honestidade para connosco mesmos...
  • 15. A verdade, a sinceridade, a humildade... non son virtudes que aparezan a cotío nos contos para nenos, nin nas publicidades para adultos. Temos confundido o significado da palabra ÉXITO.
  • 16. Se rematei o meu día sendo leal a min mesmo, sen traizoar as miñas crenzas e os meus sentimentos, sen deixar de ser quen son para quedar bien ou obter resultados... ese foi un día de éxito.
  • 17. Podes facer deste, un día exitoso... de ti depende. .