2. « Señor, onda quen imos ir?
Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
3. Á multitude que acudía a El, Xesús faláballes do Reino de Deus.
Facíao con palabras sinxelas, mediante parábolas tomadas da vida
cotiá; e aínda así, as súas palabras tiñan un atractivo
moi especial. A xente quedaba impactada pola súa ensinanza
porque ensinaba como alguén que ten autoridade,
non como os escribas.
4. Incluso os gardas que
foron arrestalo,
cando os sumos
sacerdotes e os
fariseos lles
preguntaron
por que non tiñan
executado as ordes,
responderon:
«Ninguén
falou xamais
coma este
home».
5. O Evanxeo de Xoán
refire coloquios
luminosos con
algunhas persoas,
como Nicodemo ou a
samaritana.
6. Cos seus apóstolos Xesús profundiza aínda máis: fala
abertamente do Pai e das cousas do Ceo sen recorrer xa a
símiles. Conquistados polas súas palabras, non dan marcha atrás
nin sequera cando non as comprenden totalmente ou
cando estas parecen demasiado esixentes.
7. «Esta ensinanza é inadmisible», dixéronlle algúns discípulos
cando oíron que lles ía dar a comer o seu cuerpo e a beber o
seu sangue.
8. Vendo que os
discípulos se botaban
atrás e xa non ían con
El, Xesús preguntoulles
aos doce apóstolos:
«Tamén vosoutros
queredes deixarme?»
Pedro, cativado xa para
sempre e fascinado
polas palabras que lle
oíra pronunciar desde o
día en que o coñeceu,
respondeulle no nome
de todos:
9. «Señor, onda quen imos ir?
Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
10. Pedro comprendera
que as palabras do
seu Mestre eran
diferentes ás dos
demais mestres. As
palabras que proceden
da terra, son da
terra e teñen na
terra o seu destino.
11. As palabras de Xesús son espíritu e vida porque veñen do Ceo,
son unha luz que descende do Alto e ten o poder do Alto.
Posúen unha riqueza e unha profundidade que as
demais palabras non teñen, xa sexan de filósofos, de políticos,
ou de poetas. Son palabras de «vida eterna» porque conteñen,
expresan e comunican a plenitude dunha vida
que non ten fin porque é a mesma vida de Deus.
12. Xesús resucitou e está vivo. Aínda que pronunciou as súas
palabras hai tempo, non son un simple recordo, senón
palabras que hoxe nos dirixe a todos nós e a cada persoa
de calquera tempo e cultura: palabras universais, eternas.
13. As palabras de Xesús! Deberon de ser a súa maior obra de
arte, por así dicilo. O Verbo falando en palabras humanas...
Que contido, que intensidade, que acento, que voz!
14. Conta, por exemplo,
san Basilio o Grande:
«Un día, como
espertándome dun
longo soño, mirei a luz
marabillosa da
verdade do Evanxeo e
descubrín a vaidade
da sabedoría dos
príncipes deste
mundo».
15. E Tareixa de Lisieux
escribe nunha carta do 9 de
maio de 1897: «Ás veces,
cando leo certos tratados
espirituais..., o meu pobre
espírito fatígase moi
axiña, pecho o douto libro
que me quebra a cabeza e
me deseca o corazón e tomo
nas miñas mans a Sagrada
Escritura. Daquela todo me
parece luminoso, unha soa
palabra abre na miña alma
horizontes infinitos,
a perfección
paréceme fácil».
16. Si, as palabras divinas sacian o espírito, feito para o infinito;
iluminan interiormente non só a mente senón todo o ser,
porque son luz, amor e vida.
Dan a paz ‑ a que Xesús chama súa:
«A miña paz» ‑ incluso nos momentos de turbación e de
angustia.
17. Dan alegría plena incluso no medio da dor que a veces
atenaza a alma. Dan forza, sobre todo cando sobreveñen o
abatemento ou o desánimo.
Fannos libres porque abren o camino da Verdade.
18. «Señor, onda quen imos ir?
Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
19. A Palabra deste mes
lémbranos que o único Mestre
ao que queremos seguir é
Xesús, aínda que as súas
palabras poidan parecer
duras ou demasiado
esixentes: ser honestos no
traballo, perdoar, poñerse ao
servizo do outro en lugar de
pensar egoistamente nun
mesmo, permanecer fieis na
vida familiar, asistir a
un enfermo terminal
sen ceder á idea da
eutanasia...
20. Hai moitos mestres que nos incitan a solucións fáciles, a
compoñendas. Queremos escoitar o único mestre e seguilo porque
só El di a verdade e as súas palabras «dan vida eterna».
Así poderemos repetir nós tamén as palabras de Pedro.
21. Neste tempo de Coresma no que nos preparamos
á gran festa da Resurrección, debemos seguir de verdade a
ensinanza do único Mestre e facernos discípulos seus.
22. Tamén en nós debe nacer
un amor apaixonado
pola palabra de Deus:
acollámola atentamente cando se
proclame nas igrexas, leámola,
estudiémola, meditémola...
23. Pero sobre todo
estamos chamados
a vivila tal como ensina
a Escritura mesma:
«que poñades en
práctica esa palabra e
non simplemente que a
oiades, enganándovos a
vós mesmos». Por iso
cada mes fixámonos
nunha en particular e
deixamos que penetre
en nós, que nos
moldee, que “nos
viva".
24. Ao vivir unha palabra
de Xesús vivimos
todo o Evanxeo,
porque en cada
palabra súa El se dá
completamente, vén
El mesmo a vivir
en nós.
É como unha pinga
de sabedoría divina
do Resucitado que
lentamente penetra e
substitúe o noso
modo de pensar, de
querer e de obrar
en todas
as circunstancias
da vida.
25. «Señor, onda quen imos ir?
Ti tes palabras de vida eterna»
(Xn 6,68).
“Palabra de Vida”,
Texto de: Chiara Lubich, publicado en marzo de 2003.
Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
26. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela
para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é
“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:
“Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha
cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que
lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de
calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se
proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!
e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra
viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que
nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nos
evanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis,
individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai
construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico:
catequese@planalfa.es). GRAZAS.