Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Pv se xuño 2012

366 vues

Publié le

  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

Pv se xuño 2012

  1. 1. Palabra de Vida Xuño 2012
  2. 2. «Traballade non polo pan que se acaba,senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do Home». (Xn 6, 27).
  3. 3. Xesús, despois de dar de comer á multitude coa multiplicación dos pans xunto ao lago Tiberíades,cruzou á outra banda ás agachadas, á zona de Cafarnaún, para escapar da multitude que quería facelo rei.
  4. 4. Non obstante, moitos se puxeron a buscalo e deron con el. Con todo, El non acepta o seu entusiasmo demasiado interesado.
  5. 5. Comeron o pan milagroso, pero quedaron na pura vantaxematerial sen captar o significado profundo dese pan, que amosa que Xesús é o enviado do Pai para dar a verdadeira vida ao mundo.
  6. 6. Ven nel soamente un taumaturgo, un Mesías terreal, capaz de darlles o alimento material en abundancia e a bo prezo. Xesús neste contexto diríxelles as palabras:
  7. 7. «Traballade non polo pan que se acaba, senón polo quedura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do Home».
  8. 8. O “alimento que non perece” é a mesma persoa de Xesús e é tamén a súa ensinanza, xa que o que Xesús ensina e a súa persoa son unha soa cousa.
  9. 9. Lendo a seguir, máisadiante, outras palabras de Xesús, vese que este “pan que non perece” se identifica tamén co corpo eucarístico de Xesús.
  10. 10. Polo tanto, pódese dicir que o “pan que non perece” é Xesús en persoa que se nos dá na súa Palabra e na Eucaristía.
  11. 11. «Traballade non polo pan que se acaba, senón polo quedura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do Home».
  12. 12. A imaxe do pan aparece a miúdo na Biblia, omesmo que a da auga. O pan e a auga representan os alimentos primarios, indispensables para a vida do home.
  13. 13. Xesús, aplicando a si mesmo a imaxe do pan, quere dicir que a súa persoa e a súa ensinanzason indispensables para a vida espiritual do home, así como o é o pan para a vida do corpo.
  14. 14. Sen dúbida, o pan material é necesario.Xesús mesmo procuroullo milagrosamente á multitude. Pero por si só non abonda.
  15. 15. O home lleva en si mesmo – tal vez sen darse perfectamenteconta disto – unha fame de verdade, de xustiza, de bondade, de amor, de pureza, de luz, de paz, de alegría, de infinito, de eternidade, que nada no mundo pode ateigar.
  16. 16. Xesús proponse a si mesmo como o único capaz de saciar a fame interior do home.
  17. 17. «Traballade non polo pan que se acaba, senón polo quedura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do Home».
  18. 18. Non obstante, ao presentarse como o “pan de vida”, Xesús nonse limita a afirmar a necesidade de nutrirse del, é dicir, de que é necesario crer nas súas palabras para ter a vida eterna, senón que quere inducirnos a facer a experiencia del.
  19. 19. De feito, coa palabra «traballade non polo pan que se acaba»,fainos unha invitación apremante; di que é necesario poñer en práctica todos os medios posibles para procurarse este alimento. Xesús non se impón, senón que quere ser descuberto, quere ser experimentado.
  20. 20. Certamente, o home coas súas soas forzas non é capaz de alcanzar a Xesús. Pode facelo por un don de Deus.Porén, Xesús invita continuamente o home a dispoñerse a acoller o don de si mesmo, que Xesús lle quere dar.
  21. 21. E xustamente esforzándose en poner en práctica a súa Palabra, o home chega á fe plena nel, saborea a súa Palabra como se saborea un pan recente e saboroso.
  22. 22. «Traballade non polo pan que se acaba, senón polo quedura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do Home».
  23. 23. A Palabra deste mes non ten por obxecto un punto particular da ensinanza de Xesús (por exemplo: o perdón das ofensas, o desapego das riquezas, etc.), senón que nos volve levar ámesma raíz da vida cristiá que é a nosa relación persoal con Xesús.
  24. 24. Eu penso que o que comezou a comprometerse a vivir a súa Palabra e sobre todo o mandamento do amor ao próximo,síntese de todas as palabras de Deus e de todos os mandamentos, advirte dalgún modo que Xesús é o “pan” da súa vida, capaz de ateigar os desexos do seu corazón, a fonte da súa ledicia, da súa luz.
  25. 25. Poñéndoa en práctica chegou a gustar a Palabra, polo menos unpouco, como a verdadeira resposta aos problemas do home e domundo. E, dado que Xesús, “pan de vida”, fai don supremo de si mesmo na Eucaristía, acode espontaneamente a recibir con amor a Eucaristía e esta ocupa un lugar importante na súa vida.
  26. 26. Entón, é necesario que quen de nós teña feito esta estupenda experiencia, coa mesma premura coa que Xesús impulsa a procurar o “pan da vida”, non garde para si o seu descubrimento,senón que o comunique a outros para que moitos encontren en Xesústodo o que o seu corazón busca desde sempre.
  27. 27. É un enorme acto de amor que fará aos seus próximos para que eles tamén coñezan a verdadeira vida xa desde esta terra e teñan a vida que non morre. Que máis se pode desexar?
  28. 28. «Traballade non polo pan que se acabas, senón polo que dura ata a vida eterna. Este é o pan que vos dará o Fillo do Home». (Xn 6, 27). “Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, escrito en agosto 1985. Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas, incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet.
  29. 29. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago deCompostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é “A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”: “Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nosevanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). GRAZAS.

×