Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

San xosé festa 19 marzo

380 vues

Publié le

  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

San xosé festa 19 marzo

  1. 1. SAN XOSÉ ESPOSO DE MARÍA E PAI DE XESÚS 19 de marzo de 2010 Mateu 1,16.18-21.24a ClicPresenta:Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga)Múscka:Yanni-In The Morning LightPresentación: B. Areskurrinaga HC
  2. 2. -O anxo do Señor dille a Xosé: «Xosé..., non teñasreparo en tomar como esposa a María; a criatura súa vén do Espírito Santo» (Mt 1,20).
  3. 3. -Xosé! Quen e que é este home a quen adoitaron presentarnos coma un vello? Cal é o seu cometido na familia de Nazaré? Cal en relación con María? E cal no nacemento de Xesús?Xosé, esposo de María, pai de Xesús, continúa no mundo dehoxe sendo compañeiro de María, sendo procreador de Xesús.
  4. 4. O dito polo anxo a Xosé, pódenos axudar a entender esta frase de Xoán Paulo II: «A Natividade [deXesús] puxo á vista osentido profundo da natividade de todo ser humano» (EV 1). Á inversa, estas palabras pódennos axudar a entender o dito polo anxo.
  5. 5. .-Con esa frase, Xoán Paulo dános unha nova clave para entender o nacemento de Xesús. Á vez, tamén para entender a Xosé. Para subliñar a diferenza con respecto a todos os demais, para recalcar o extraordinario do mesmo, o nacemento de Xesús amosáronno como diferente ao noso. Con todo, Xoán Paulo, con esa frase, amósanolo dunha forma nova. Os dous como parecidos.
  6. 6. -A través do nacemento de Xesús, todo nacemento humano maniféstasenos como extraordinario.Xoán Paulo invítanos, non a opoñer o nacemento de Xesús ao noso,senón a ver todos os demais nacemento á luz do de Xesús: O Espírito toma parte nonoso nacemento, da mesma forma que tomou no de Xesús.
  7. 7. - Por iso engadeisto Xoán Paulo: a alegría que sentimos polo nacemento deXesús inclínanos a sentila polo nacemento de todos os demais humanos (cf. EV 1)
  8. 8. - A preocupación que lle xorde a Xosé polo dito polo anxo, non se refire a se debe seguir ou non coa súa prometida, senón á súa propia relación coa criatura que está a punto de nacer e a súa misión en relación a Xesús.
  9. 9. - Diríase que o seu sentido relixioso da xustiza lle pedía a Xosé que se retirara daquel asunto; que lle pedía que non tomase parte en todo aquilo; precisamente, para non atribuírse ningún mérito no que era cousa propia do Espírito; que non pretendese ser seu o que era de Deus.
  10. 10. - Pero Deus revélalle que ten necesidade del, de Xosé; como se lle dixese: «Aínda que é verdade que o Espírito vai intervir no nacemento, a ti correspóndeche impoñerlle o nome». Na Biblia, o impoñer o nome é algo máis que un acto burocrático.
  11. 11. - Mateo ten en mente unha realidade máis profunda que unha participación puramente fisiolóxica...; quere dar a entender que toda criatura humana vén do Espírito;que toda paternidade e maternidade implica deixar ver a Deus en toda criatura acabada
  12. 12. - A unión do varón e da muller manifesta que o froito do seu acto é algo máis que esa criatura visible: fai ademais que Emmanuel, o «Deus connosco», se revele no mundo; fai ver a Deus mesmo.
  13. 13. - Este versículo de Mateu entendeuse erroneamente: entendeuse como se a acción do Espírito fose en contra das relacións matrimoniais. A verdade, en cambio, é outra: o alento do Espírito vivifica toda procreación. Todo nacemento humano é acción do Espírito, dalgunha maneira. A persoa humana e o Espírito: os dous toman parte na procreación. No nacemento de Xesús e no de todo ser humano.
  14. 14. - Segundo isto, o anxo dille a Xosé: « Non deixes de recibir a María na casa.Non penses, que, polo feito de que o Espírito toma parte na procreación, a túa acción é inútil. Non te afastes polo feito de que Deus vai realizar unha marabilla na túa familia. Ti e o Espírito non sodes contrincantes.
  15. 15. - Nesta festa de Xosé paga a pena recordar estas palabras do Cardeal Lehman: «Nin fabricamos os fillos efillas, nin os trae unha cegoña. Facemos osfillos e fillas que Deus nos dá e Deus dá os fillos e as fillas que facemos nós».
  16. 16. - «Cando Deus se revela, o home ten que someterse coa fe. Pola fe o home entrégase enteira e libremente a Deus,ofrécelle a homenaxe total do seu entendemento e vontade, asintindo libremente ao que Deus revela» (Dei Verbum 5).
  17. 17. San Xosé,sé o noso compañeiro para que poidamos vivir a fe.
  18. 18. Presenta:Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá,incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga)

×