2. Na cidade da
Coruña érguese,
maxestoso, o
faro máis antigo
do mundo que
aínda está en
funcionamento:
A TORRE DE
HÉRCULES.
3. Conta unha antiga
lenda que Gerión (un
xigante de tres
cabezas que tiña
atemorizada a xente)
fuxindo de
HÉRCULES, un heroe
grego, chegou a
terras galegas. Aquí
enfrentouse con
Hércules durante tres
días coas súas noites
e foi derrotado por
él.
4. No lugar da derrota Hércules
amontonou pedra sobre pedra
ata construir unha torre, que leva
o seu nome, e castigou a Gerión
a vivir no lume perpetuo da súa
cima.
“VIXIARÁS O MAR CANTÁBRICO
E O OCÉANO ATLÁNTICO. Eres o
garda de todos os peixes. Debes
perseguir ao malvado e ao que
veña a perturbar a paz destas
terras galegas”
Deste xeito Gerión converteuse
nos ollos máxicos da cidade que
se construíu arredor da torre de
Hércules.
5. Asi cumpriu co seu deber. Daba a
voz de alarma cando se
achegaban os piratas á costa.
Facíao cun galo que lle regalou
Mercurio, o deus dos ladróns.
- KIKIRIKÓ, PIRATAS POR ALÍ!,
KIKIRIKÓ, PIRATAS VEXO EU!
Entón as xentes de quel lugar se
preparaban para defenderse dos
bucaneros.
Ao xigante axudábanlle, ademais,
as meigas e meigos, bruxos e
bruxas, que, coas súas escobas,
golpeában as naves, furando as
velas.
- FÓRA DE AQUÍ, KIKIRIKÍ!, FÓRA
DE ACÁ, KAKARAKÁ!
6. Unha noite en que o mar estaba
moi alborotado un cargueiro ía
espallando gasóleo dos seus
tanques. Ensuciando as augas,
provocando o estornudo das
sirenitas e a morte de miles de
peixes.
Así foi como o xigante recordou a
existencia terra dentro dunha
nena especial, a única que podía
tocar a frauta máxica que lles
axudaría.
Por orde de Gerión as meigas
foron a buscar a Laura, que vivía
en Santa Comba, e era coñecida
como a Fada.
- Necesitámoste Laura, ven
connosco!
7. E Laura, ao
chegar ao mar,
tocou. Unha
suave melodía
saía da súa
frauta e... o
petroleiro
converteuse
nun anaco de
papel!
8. A nena tirou á auga
unha rosa que
levaba e os peixes
reviviron e as augas
limpáronse.
Din que, desde
entón, os
petroleiros levan
todos rosas nas súas
barrigas e van
sementando de
rosales o corazón do
mar.