Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

O spot televisivo (1)

775 vues

Publié le

Análise da linguaxe publicitaria e pautas para a elaboración dun spot televisivo

Publié dans : Formation
  • Soyez le premier à commenter

O spot televisivo (1)

  1. 1. o spot televisivo Pautas para a súa realización
  2. 2. ÍNDICE 1. DEFINICIÓN 2. CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE PUBLICITARIA a. ELEMENTOS VERBAIS. O TEXTO: CORPO E SLOGAN b. ELEMENTOS NON VERBAIS. AS IMAXES c. ELEMENTOS NON VERBAIS. O SON 3. TAREFA: CREAMOS UN ANUNCIO TELEVISIVO 4. ALGÚNS EXEMPLOS
  3. 3. 1. DEFINICIÓN Un anuncio ou spot televisivo é un soporte dixital audiovisual de curta duración utilizado na publicidade para transmitir a súa mensaxe a unha audiencia. As principais canles para a súa difusión son a televisión ou plataformas dixitais como youtube. O spot caracterízase pola súa brevidade. Non debería durar máis de 60 segundos. Os anuncios televisivos utilizan unha linguaxe publicitaria e por iso debemos ter moi claras as súas características.
  4. 4. 2. CARACTERÍSTICAS DA LINGUAXE PUBLICITARIA Nos anuncios audiovisuais interveñen 2 elementos fundamentais: ★ Elementos verbais ou TEXTO, que pode ser tanto oral como escrito. ★ Elementos non verbais, en especial a IMAXE (mensaxe icónica) e o SON (ruídos e música). En ambos tipos de mensaxes distínguense un contido denotativo e uns contidos simbólicos (os valores que nos vende a publicidade: sensualidade, a mocidade, éxito social...).
  5. 5. 2. a. ELEMENTOS VERBAIS. TEXTO O texto dun anuncio pode ser oral ou escrito. O oral é pronunciado por personaxes que actúan no anuncio ou aparece como voz en off. Este ten que ser breve e utilizar unha linguaxe orixinal e directa. A súa misión é anunciar un produto ou influír no receptor. Distínguense dous tipos de texto: ★ O corpo: é un texto de carácter informativo e tamén persuasivo no que se inclúen os datos do produto -características, vantaxes-, do punto de venda, etc. ★ O slogan: é a frase máis destacada do anuncio e ten que lograr que a xente se identifique con el (de feito, grandes compañías manteñen o mesmo slogan durante anos). Velaquí algúns dos máis famosos
  6. 6. COMO TEN QUE SER A LINGUAXE DOS TEXTOS? A linguaxe tanto do corpo como do slogan ten que ser: curta, brillante, impactante, crible, memorable…Para conseguilo, velaquí algúns dos recursos máis utilizados: ★ Adxectivos impactantes, sensacionalistas: Colón, brancura impecable! ★ Pronomes persoais e posesivos: Loreal, porque ti o vales! ★ Estranxeirismos: I’m loving it! Just do it! ★ Vocativos: Ramón, o Fertimón!, Be water, my friend! ★ Oracións en imperativo ou infinitivo: Vivamos como galegos! Velaquí exemplos
  7. 7. ★ Oracións sen verbos: A comodidade aos teus pés! ★ Oracións interrogativas dirixidas aos oíntes: Aínda non probaches…? A que esperas? ★ Oracións simples, coordinadas ou xustapostas: R, cámbiache o conto ★ Palabras con dobre sentido : Fertimón, funciona en todos os campos. Deleite, o leite galego.
  8. 8. ★ A linguaxe publicitaria a miúdo bota man dos recursos literarios, moi frecuentes tanto no texto como nas imaxes : ○ metáfora ○ comparación ○ enumeración ○ hipérbole ○ repetición ○ antítese: ruxe o silencio ○ rima : Con pan ou sen pan, come queixo Lorán! ○ E que é ver un rapaz de Galuresa, entro en calor que non vexas
  9. 9. 2. b. ELEMENTOS NON VERBAIS. IMAXE As IMAXES son unha potente ferramenta nos anuncios publicitarios e aínda que xeralmente reproducen a realidade, tamén se manipulan para producir no receptor sensacións ou emocións que promovan unha actitude positiva cara ó produto anunciado. Velaquí algunhas mostras nas que a marca se asocia a: relaxación ecoloxismo saúde sensualidade compromiso identificación cun grupo
  10. 10. En todo anuncio, ten que haber un equilibrio entre imaxe e texto. Así, é recomendable que a imaxe ocupe un 70% do anuncio e o 30% restante sexa para o texto.
  11. 11. 2.c. ELEMENTOS NON VERBAIS. O SON Este elemento tamén xoga un papel fundamental nos spots televisivos. De feito, bótase man do son para crear no receptor certas sensacións que se identifican co produto anunciado: ★ tranquilidade ★ relaxación ★ diversión ★ perigo ★ velocidade ★ identidade, aprezo polo noso: global muiñeira
  12. 12. 3. TAREFA: CREAMOS O NOSO ANUNCIO TEMA DO TEU SPOT Terás que anunciar un alimento que sexa saudable para as persoas ou ben promocionar unha alimentación saudable. Lembra que este tipo de anuncios son textos persuasivos, iso é, deben convencer a unha audiencia para que consuma ese produto que ti anuncias ou para que siga ese estilo de alimentación.
  13. 13. PASOS A SEGUIR Para isto debemos seguir esta orde: 1. Idea 2. Guión 3. Story-board 4. Rodaxe 5. Montaxe 6. Sonorización 7. Edición
  14. 14. 3.1. IDEA Pensa en algo que pode ser impactante para anunciar o teu produto e Lembra: ★ Cal é o obxectivo? ★ A quen vai dirixido? ★ Que argumentos vou utilizar para convencer ao público? ★ Que imaxes usarei? ★ Que texto vou utilizar? ★ E cal vai ser o slogan?
  15. 15. 3.2. GUIÓN GUIÓN LITERARIO: desenvolve a historia que queres contar, os personaxes, o lugar, situacións e accións… GUIÓN TÉCNICO: aquí tes que converter o guión literario no que se vai rodar, isto é, diálogos, escenas, tipos de planos, movementos de cámara, transicións, efectos especiais, banda sonora...
  16. 16. 3.3. STORY BOARD Consiste en aportar ao guión técnico unha descrición con debuxos. Isto é, facer unha especie de cómic con todo o que vas gravar.
  17. 17. 3.4. RODAXE Unha vez que tes todo preparado (escenas que vas gravar, personaxes, diálogo co que van dicir, efectos sonoros, localizacións feitas…) toca dicir iso de Cámaras e acción!
  18. 18. 3.5. MONTAXE Despois de gravar todas as escenas, toca montar o teu vídeo. Para iso deberás utilizar un editor de vídeo. Así poderás engadirlle efectos, banda sonora...
  19. 19. 3.6. SONORIZACIÓN Lembra que a banda sonora é moi importante para un anuncio. A música e os sons que escollas permitirán que a túa mensaxe chegue mellor aos receptores. Da súa importancia na publicidade vaiche falar a túa profesora de música. Aprende todo o que poidas dela.
  20. 20. 3.7. EDICIÓN FINAL Unha vez introducidos os efectos sonoros é hora de que edites o vídeo. Feito isto, xa podes subilo á nosa canle de Youtube da Cachada “Cachavideo” ou ben entregarllo á profesora de Lingua Galega.
  21. 21. 3.8. ALGÚNS EXEMPLOS https://www.youtube.com/watch?v=GKoyHe4Se_k https://www.youtube.com/watch?v=WpvEpBeEoiI https://www.youtube.com/watch?v=gqdNdGCWnAA https://www.youtube.com/watch?v=kKeYjcuaKPQ

×