SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  11
Télécharger pour lire hors ligne
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.             4ºESO e
                                          SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.           1ºBACH




ROTEIRO. A ESMORGA


                                   1. XARDÍN DO POSÍO
                                A esmorga, de Blancco-Amor, iníciase cando o seu
                               narrador-protagonista, Cibrán, vai para o traballo de
                               peón camiñeiro, na estrada nova a Madrid, nunha
                               chuviñenta mañanciña de luns. O Castizo, para chegar
                               a Ervedelo, pasa perto do mesón da Cristalina e ,
                               pouco despois, atopa ao Milhmes e ao Bocas. Deixa o
                               seu camiño e únese aos dous esmorgantes de máis
                               sona de toda Auria. Diríxense á taberna da tía
                               Esquilacha.
Aí iniciamos o Roteiro de A esmorga.
Ao chegar perto do Posío, entramos na taberna da tía Esquilacha, onde pararan tamén
os tratantes.

O Posío é o parque dos
    parques da cidade.
    Naceu no ano 1846
 como xardín botánico
    ligado á cátedra de
       Física, Química e
    Historia Natural do
  Instituto de Segunda
Ensinanza, o único que
 durante moito tempo
           daba servizos
    educativos a toda a
           provincia. Na
actualidade, ao IES Ramón Otero Pedrayo segue a chamárselle o do Posío. Ademais da
     aveinida das palmeiras e o estanque das aves, destaca o camiño das moreiras cun
    monumento (1948) ao escritor Lamas Carvajal. Cóntase que, a mediados do século
     XIX, despois de fuxir da súa casa de Celanova, Curros Enríquez andou errante polo
   cidade de Ourense. Varios autores sinalan que polas noites durmía de caridade nun
                                             forno de pan situado no contorno do Posío.



     1
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.                   4ºESO e
                                            SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.                 1ºBACH



                                    2. AS BURGAS
                              Desde a taberna da tía Esquilacha, os esmorgantes
                              (Cibrán, o Castizo, o Milhomes e o Bocas) diríxense á
                              desaparecida ponte de Pelamios, pola beira do río
                              Barbaña até chegar ás Burgas. No entorno destes
                              mananciais de augas termais, tan vinculados á orixe da
                              cidade de Ourense, estaba a casa dos Andrade, onde
                              habitaba unha misteriosa dama, que no final da esmorga
                              desencadeará a traxedia. Mais, polo de agora, os tres
                              esmorgantes deixan os quentes canos das Burgas para
atravesar o río Barbaña, que viña cheo pola enxurrada, polo atallo do Saltodocán, onde
os pasais estaban arrentes do cachón das augas, pero a ponte de Pelamios aínda lles
quedaba lonxe. Chegan ao pazo dos señores do Castelo, onde descansan ao quente e
comen e beben da man do Pega, pero a traxedia agarda por eles en forma de lume.
Aquí, nas Burgas (do lat. BURCA: pía, baños-balnearios) , realizamos a segunda parada
no Roteiro de A esmorga.
Con que seguía a caer aquela chuvia acoriscada, que facía máis mesto o bafo, e a se
soerguer da auga quente do lavadoiro grande da Burga.

           As Burgas son uns
        mananciais de augas
termais dos que brota auga
  a unha temperatura entre
 64 e 68ºC. Non está clara a
    orixe destes mananciais:
    unha lenda di que nacen
debaixo da capela do Santo
 Cristo, na Catedral, e outra
di que son causadas por un
volcán en repouso que está
  na base do Montealegre e
       que nalgún momento
 podería chegar a estoupar.
A orixe do nome das Burgas
   tampouco está moi clara,
     pero parece que provén do latín "burca" que quere dicir pía, en alusión ós baños utilizados
       polos romanos como balnearios. Tamén se atopa neste conxunto a réplica das catro aras
 romanas atopadas na cidade, a primeira delas en honor das Ninfas desas augas ofrendada por
         Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de
        Ourense. Antigamente, como se recolle en A esmorga, as paisanas usaban a fonte para
        escaldar os polos e quitarlle así as plumas de forma máis doada. Estes mananciais foron
declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975 e por eles que Ourense é coñecida como
                                                                           A cidade das Burgas.



     2
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.             4ºESO e
                                       SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.           1ºBACH




                                         3. FONTE DE SAN COSME
                                       Os esmorgantes, fuxindo do pazo do Castelo
                                       que deixaran en chamas, entran na zona vella
                                       de Ourense pola antiga Porta do Aire, unha
                                       das antigas entradas á cidade polo Xardín do
                                       Posío, e acaban na Fonte de San Cosme.
                                       Aquí realizamos a terceira parada do noso
                                       Roteiro de A esmorga.
                                       Na fonte de San Cosme bebemos a morro
                                       uns grandes grolos de auga da pía, que nos
    fixo baleirar, de alí a pouco, todo canto tiñamos dentro.



       Aquí estaba
        situada, na
      Praza de San
      Cosme, unha
          fonte que
     desapareceu.
    Nesta imaxe de
     1969, a fonte
       non estaba,
       pero fai uns
       anos alguén
    decidiu colocar
       a que hai na
       actualidade.

                         Nesta praza atópase a Igrexa dos Santos Cosme e Damián,
                                      que acolle todos os Nadais o Belén de Baltar.




3
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.        4ºESO e
                                         SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.      1ºBACH



                                    4. CALEXÓN DE PENA VIXÍA

                            O Castizo, o Milhomes e o Bocas foron parar á
                            Ferreiría, onde se meten nun portal para determinar
                            que facer, pois non era cousa de andar daquel xeito
                            toda a noite co frío que facía. Acordan ir á casa da
                            Monfortina, pero alí non os quixeron admitir, porque
                            tiñan uns viaxantes forasteiros de moito rumbo.Así
                            que, despois de rifar coas prostitutas, saen fuxidos
    novamente até chegar ao calexón de Pena Vixía.
    Aquí facemos a nosa cuarta parada polo Roteiro de A esmorga.
    Ao chegar ao calexón de Pena Vixía, o Bocas ordenou: Temos que nos separar.




    Na súa estancia en Ourense, Curros
     Enríquez viviu nunha casa da praza
            da Ferreiría. Trasladou á súa
    familia á cidade das Burgas. A praza
    na que residiron
         atópase moi
       transformada,
       pero conserva
         en dous dos
            seus lados
          edificacións
    típicas do século
    XIX. Atópase no
         contorno do
      Posío e a Porta
        de Aire, onde
      moraba Lamas
      Carvajal, que o
          visitaba con
           frecuencia.



4
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.          4ºESO e
                                            SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.        1ºBACH



                               5. PRAZA DO CORREXIDOR

                           Os tres esmorgantes sepáranse no calexón de Pena Vixía,
                           pero ao pouco vólvense xuntar na casa da Nonó. Mais
                           tamén alí acaban nunha liorta entre dúas das prostitutas, o
                           Bocas e o Milhomes. Así que, novamente, deben fuxir e ruar
                           pola noite. As doce badaladas da catedral escóitanas desde
                           a praza do Correxidor.
                           Aquí, realizamos unha nova parada, a quinta, no noso
         Roteiro de A esmorga.
         Cando paramos de correr, aló pola praza do Correxidor, oíronse no reloxo da
         Catedral as badaladas da media noite.


        A Praza do Correxidor está
     próxima á Catedral e recibe o
       nome da residencia que en
 tempos acollía aos correxidores.
    No século XIII tamén se situou
aquí o convento dos franciscanos.
 Hoxe atópase nesta praza a Casa
      dos Temes (hoxe colexio das
          Carmelitas), unha capela
neogótica e unha estatua adicada
  a un dos máis ilustres escritores
   ourrensáns, R. Otero Pedrayo.




     5
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.            4ºESO e
                                            SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.          1ºBACH




                               6. FONTE DO REI

                                Desde a Praza do Correxidor, os esmorgantes, tiran para
                                arriba coa intención de meterse na casa do Milhomes,
                                que vivía na rúa de Crebacús. Pero o Bocas propuxo ir ao
                                mesón do Roxo, porque todos os que van alí son xente
                                de avería... Así que botaron a andar baixando pola rúa
                                dos Fornos. Aí, na churrería do Parroquia, o Milhomes
                                faise con dúas botellas de augardente para seguiren a
                                esmorga. Cruzan a rúa da Estrela e métense pola rúa do
         Tecelán. E, sen saberen como, atópanse na rúa do Instituto. Para apartárense
         dun municipal que viña cara eles, déixanse ir até o adro da igrexa de Santa
         Eufemia e, ao veren que estaba aberta, metéronse nela como ratos.Deulles a
         risa e acabaron por saír da igrexa. Ao pouco de andar, pararon un anaquiño
         para ceibárense daquela risa que os abafaba e logo foron dar á Fonte do Rei.
         Aquí facemos a nosa sexta parada no Roteiro de A esmorga.
         Logo fomos dar á Fonte do Rei, onde mexamos na pía, con licencia de
         vostede.


  Esta era a primitiva Fonte do
      Rei, onde os esmorgantes
deitan as súas uriñas e onde o
      Bocas asegurará que non
       acabará a noite sen estar
                    cunha muller.
     Hoxe a fonte non ten moita
utilidade, á marxe da histórica
        e estética. O certo é que
resulta difícil decatarse da súa
                       presenza.




     6
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.                     4ºESO e
                                          SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.                   1ºBACH



7. PRAZA MAIOR
                                  Despois de perderen os cartos nunha partida ao sete
                                  e medio, no mesón do Roxo, os tres esmorgantes
                                  volven para o centro da cidade e chegan perto da
                                  Praza Maior.
                                  Aquí facemos a nosa penúltima parada no Roteiro de
                                  A esmorga.
                                  Con que, ao chegar perto da Praza Maior, oíronse as
                                  tres da mañá no reloxo da Catedral. A xeada
                                  estraba as rúas e máis os tellados.




     A Praza Maior está moi cerca das Burgas, toda ela asoportalada, circundada por moi
     bos edificios, cun saínte como balcón (o espolón) e presidida pola Casa do Concello, de
     finais do s.XIX. No século XV o Concello fixou aquí a feira principal da cidade, a Feira de
     San Martiño. É a única praza maior de Europa cun firme de chan suavemente
     inclinado. Aínda hoxe é o centro da cidade, onde se celebran as festas e as actividades
     culturais e lúdicas.




 7
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.             4ºESO e
                                             SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.           1ºBACH

   8. A ALAMEDA
                                       Os tres esmorgantes veñen das proximidades da
                                       Praza Maior; empurrados polo Bocas na súa ansia
                                       de estar cunha muller, diríxense, outra vez, á casa
                                       dos Andrade, nas Burgas; pero antes ollan o lume
                                       do pazo do Castelo, que eles deixaran ardendo
                                       esa mesma noite, desde a Alameda.
                                       Aquí paramos por oitava e derradeira vez, ao
                                       porlle o punto final ao Roteiro de A esmorga
                                       Cando pasamos pola Alameda aínda se vía o
                                       relustro do lume do pazo, que me desacougou
         moito velo, pois xa se me tiña esquecido.


 A Alameda era,
na Idade Media,
       o Horto do
   Concello.Pero
      no séc. XIX,
abriuse a rúa do
  Progreso e con
      ela viñeron
 comerciantes a
     instalárense
   neste lugar. A
         Alameda
  atópase detrás
 do Mercado de
  Abastos e nela
          atopamos o Xardín
       Botánico e a Fonte de
     Oseira, ademais dunha
estatua de Blanco-Amor. É
 un lugar de ocio no que se
 celebran concertos ao aire
                       libre.




     8
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.             4ºESO e
                                       SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.           1ºBACH

9. FINAL DO PERCORRIDO DOS ESMORGANTES
Non forma parte do Roteiro Literario que en Ourense deseñou a Asociación
Alexandre Bóveda, pero os tres protagonistas da obra de Blanco-Amor, non
finalizan a súa ruada nocturna na Alameda, coma nós, senón que volven ás Burgas
e alí entran de novo na casa dos Andrade, onde se desencadea a traxedia final. O
Bocas vai fóra de si en busca da fermosa dama da casa, arrastra aos outros dous a
volveren sobre os seus pasos e a subiren outra vez á horta da casa dos Andrade, tal
e como fixeran esa mesma mañá. O círculo está a piques de se pechar. Porque o
que o Bocas alí descobre ,en troques da súa fermosa dona, faino tolear aínda máis.
Novamente teñen que saír fuxindo e diríxense cara á Estación. Pero ao pasar a
Ponte Maior (a ponte romana de Ourense), Cibrán atopa ao Barrigas, quen lle
informa de que a parella da garda civil anda pola Estación na procura deles. Así que
deciden saír fóra, polos campos e as viñas dos arrabaldos. O Bocas compórtase
coma un animal, obsesionado coa súa teima de estar cunha muller. Atravesa a
finca do Abade das Vellas e os outros dous comprenden que se dirixe ao alpendre
de Socorrito, a tola, que vive no Campo das Bestas, o lugar onde os varrendeiros
van baleirar o lixo da cidade. Aí consúmase a traxedia e finaliza o roteiro dos
esmorgantes, que dá con Cibrán, o Castizo, preso e declarando (contándonos a
historia) ante un xuíz xordo e mudo.

ROTEIRO LITERARIO DE A ESMORGA en google maps: CAMIÑO LONGO
e PROFESBLANCO


10. A CASA DE BLANCO-AMOR

                                          Blanco – Amor naceu no
                                         número 27 da rúa de Lepanto,
                                         no centro vello de Ourense,
                                         entre as rúas polas que
                                         deambularon os tres
                                         protagonistas da súa obra A
                                         esmorga, publicada en 1959 no
     exilio arxentino e en 1970 pola editorial Galaxia en Vigo, pero
     censurada. A primeira versión non censurada da obra, saíu á luz en
     1995.




 9
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.     4ºESO e
                             SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.   1ºBACH




10
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS.                4ºESO e
                                            SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE.              1ºBACH



        MATERIAL PARA A SAÍDA E ACTIVIDADES

             ANTES DA SAÍDA:
          1. Consulta toda a información que está ao teu dispor na Aula Virtual ou aquí:
             AULAS DE LINGUA E LITERATURA e GOOGLE MAPS.
          2. Le este CADERNO DE VIAXE e pregunta todo o que non entendas.
          3. Prepara unha mochila na que poidas meter: este caderno, un bolígrafo, un
             rotulador, unha cámara de fotos / vídeo ou un móbil.

                 DURANTE A SAÍDA:
          4.   Debes levar o CADERNO DE VIAXE para acceder á información en torno ao
               Roteiro sempre que o precises.
          5.   Debes servirte do MAPA para poder situarte en cada momento.
          6.   Deberás ir marcando no mapa (cun rotulador) os lugares que vaias
               percorrendo.
          7.   Deberás levar MÓBIL ou CÁMARA DE FOTOS para realizar unha reportaxe
               fotográfica e/ou audiovisual do roteiro.
          8.   Deberás completar todas as citas tiradas da obra de Blanco-Amor, A esmorga,
               que se engaden ao final deste documento.

                   DESPOIS DA SAÍDA:
          9. Coa axuda de google maps e coas imaxes obtidas por ti durante a saída,
              elaborarás un novo mapa personalizando o percorrido.
          10. Ao longo do seguinte mes, lerás ( ou re-lerás) detidamente a obra, para en
              Xaneiro realizar un cuestionario en torno á mesma.

CITAS DA OBRA ...

   1. Ao chegar perto do Posío, entramos ______________________________, onde
      pararan tamén os tratantes.
   2. Con que seguía a caer aquela chuvia acoriscada, que facía máis mesto o bafo, e a se
      soerguer da auga quente do ______________________________.
   3. Na _________________________ bebemos a morro uns grandes grolos de auga da
      pía, que nos fixo baleirar, de alí a pouco, todo canto tiñamos dentro.
   4. Ao chegar ao __________________________________, o Bocas ordenou: Temos que
      nos separar.
   5. Cando paramos de correr, aló pola _____________________________, oíronse no
      reloxo da Catedral as badaladas da media noite.
   6. Logo fomos dar á _________________________________________, onde mexamos
      na pía, con licencia de vostede.
   7. Con que, ao chegar perto da _____________________________, oíronse as tres da
      mañá no reloxo da Catedral. A xeada estraba as rúas e máis os tellados.
   8. Cando pasamos pola ____________________aínda se vía o relustro do lume do pazo,
      que me desacougou moito velo, pois xa se me tiña esquecido.

   11

Contenu connexe

En vedette

Novedades carmiña
Novedades carmiñaNovedades carmiña
Novedades carmiñaMarlou
 
Narrativa de Postguerra
Narrativa de PostguerraNarrativa de Postguerra
Narrativa de Postguerraguest202c88
 
Revolução dos Cravos
Revolução dos CravosRevolução dos Cravos
Revolução dos CravosIlda Vázquez
 
La Narrativa EspañOla De Posguerra
La Narrativa EspañOla De PosguerraLa Narrativa EspañOla De Posguerra
La Narrativa EspañOla De Posguerramiliki
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco AmorEduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco AmorSambade
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaSusana Losada
 
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorgavictorefisica1
 
Concurso Poesía Imaxe
Concurso Poesía ImaxeConcurso Poesía Imaxe
Concurso Poesía Imaxefernanesquio
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Marlou
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduratrafegandoronseis
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglMarlou
 

En vedette (20)

Novedades carmiña
Novedades carmiñaNovedades carmiña
Novedades carmiña
 
Narrativa de Postguerra
Narrativa de PostguerraNarrativa de Postguerra
Narrativa de Postguerra
 
Revolução dos Cravos
Revolução dos CravosRevolução dos Cravos
Revolução dos Cravos
 
A esmorga inicio
A esmorga inicioA esmorga inicio
A esmorga inicio
 
La Narrativa EspañOla De Posguerra
La Narrativa EspañOla De PosguerraLa Narrativa EspañOla De Posguerra
La Narrativa EspañOla De Posguerra
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
A esmorga (fragmento)
A esmorga (fragmento)A esmorga (fragmento)
A esmorga (fragmento)
 
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco AmorEduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor
 
Radiografía do Idioma
Radiografía do IdiomaRadiografía do Idioma
Radiografía do Idioma
 
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
 
Concurso Poesía Imaxe
Concurso Poesía ImaxeConcurso Poesía Imaxe
Concurso Poesía Imaxe
 
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
Usos da lingua e Hábitos lingüísticos.
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
Ficha de novela
Ficha de novelaFicha de novela
Ficha de novela
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
Oferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lglOferta de optativas do departamento de lgl
Oferta de optativas do departamento de lgl
 

Similaire à Roteiro da esmorga

Se podes ver, olla; se podes ollar, repara
Se podes ver, olla; se podes ollar, reparaSe podes ver, olla; se podes ollar, repara
Se podes ver, olla; se podes ollar, repara5palabrascompartidas
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointberres1
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna2TERE
 
Roteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na CoruñaRoteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na CoruñaVitoriaSnchez
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasiesasorey
 
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS carballeira123
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Marlou
 
Proxecto estrada
Proxecto  estradaProxecto  estrada
Proxecto estradaPlastilina3
 
A estrada
A estradaA estrada
A estradanonpodo
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxoalbela
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de coracurradbc
 
A Estrada 2
A Estrada 2A Estrada 2
A Estrada 2nonpodo
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 

Similaire à Roteiro da esmorga (20)

Se podes ver, olla; se podes ollar, repara
Se podes ver, olla; se podes ollar, reparaSe podes ver, olla; se podes ollar, repara
Se podes ver, olla; se podes ollar, repara
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Xabier parga
Xabier pargaXabier parga
Xabier parga
 
Andainas pola contorna
Andainas pola contornaAndainas pola contorna
Andainas pola contorna
 
Historia de ares
Historia de aresHistoria de ares
Historia de ares
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 
Roteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na CoruñaRoteiro Rexurdimento na Coruña
Roteiro Rexurdimento na Coruña
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
 
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
EXCURSIÓN CELANOVA - ALLARIZ - TERMAS
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Proxecto estrada
Proxecto  estradaProxecto  estrada
Proxecto estrada
 
A estrada
A estradaA estrada
A estrada
 
Rianxo
RianxoRianxo
Rianxo
 
san miguel de cora
san miguel de corasan miguel de cora
san miguel de cora
 
A Estrada 2
A Estrada 2A Estrada 2
A Estrada 2
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Club de lectura 2018
Club de lectura 2018Club de lectura 2018
Club de lectura 2018
 

Plus de Marlou

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaMarlou
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoMarlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEEMarlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleresMarlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
MilicianosMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoMarlou
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroMarlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en GalizaMarlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártirMarlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_GalizaMarlou
 
Decembro
DecembroDecembro
DecembroMarlou
 

Plus de Marlou (20)

Despois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre XonxaDespois de ver... Sempre Xonxa
Despois de ver... Sempre Xonxa
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
 
Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
 

Roteiro da esmorga

  • 1. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH ROTEIRO. A ESMORGA 1. XARDÍN DO POSÍO A esmorga, de Blancco-Amor, iníciase cando o seu narrador-protagonista, Cibrán, vai para o traballo de peón camiñeiro, na estrada nova a Madrid, nunha chuviñenta mañanciña de luns. O Castizo, para chegar a Ervedelo, pasa perto do mesón da Cristalina e , pouco despois, atopa ao Milhmes e ao Bocas. Deixa o seu camiño e únese aos dous esmorgantes de máis sona de toda Auria. Diríxense á taberna da tía Esquilacha. Aí iniciamos o Roteiro de A esmorga. Ao chegar perto do Posío, entramos na taberna da tía Esquilacha, onde pararan tamén os tratantes. O Posío é o parque dos parques da cidade. Naceu no ano 1846 como xardín botánico ligado á cátedra de Física, Química e Historia Natural do Instituto de Segunda Ensinanza, o único que durante moito tempo daba servizos educativos a toda a provincia. Na actualidade, ao IES Ramón Otero Pedrayo segue a chamárselle o do Posío. Ademais da aveinida das palmeiras e o estanque das aves, destaca o camiño das moreiras cun monumento (1948) ao escritor Lamas Carvajal. Cóntase que, a mediados do século XIX, despois de fuxir da súa casa de Celanova, Curros Enríquez andou errante polo cidade de Ourense. Varios autores sinalan que polas noites durmía de caridade nun forno de pan situado no contorno do Posío. 1
  • 2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 2. AS BURGAS Desde a taberna da tía Esquilacha, os esmorgantes (Cibrán, o Castizo, o Milhomes e o Bocas) diríxense á desaparecida ponte de Pelamios, pola beira do río Barbaña até chegar ás Burgas. No entorno destes mananciais de augas termais, tan vinculados á orixe da cidade de Ourense, estaba a casa dos Andrade, onde habitaba unha misteriosa dama, que no final da esmorga desencadeará a traxedia. Mais, polo de agora, os tres esmorgantes deixan os quentes canos das Burgas para atravesar o río Barbaña, que viña cheo pola enxurrada, polo atallo do Saltodocán, onde os pasais estaban arrentes do cachón das augas, pero a ponte de Pelamios aínda lles quedaba lonxe. Chegan ao pazo dos señores do Castelo, onde descansan ao quente e comen e beben da man do Pega, pero a traxedia agarda por eles en forma de lume. Aquí, nas Burgas (do lat. BURCA: pía, baños-balnearios) , realizamos a segunda parada no Roteiro de A esmorga. Con que seguía a caer aquela chuvia acoriscada, que facía máis mesto o bafo, e a se soerguer da auga quente do lavadoiro grande da Burga. As Burgas son uns mananciais de augas termais dos que brota auga a unha temperatura entre 64 e 68ºC. Non está clara a orixe destes mananciais: unha lenda di que nacen debaixo da capela do Santo Cristo, na Catedral, e outra di que son causadas por un volcán en repouso que está na base do Montealegre e que nalgún momento podería chegar a estoupar. A orixe do nome das Burgas tampouco está moi clara, pero parece que provén do latín "burca" que quere dicir pía, en alusión ós baños utilizados polos romanos como balnearios. Tamén se atopa neste conxunto a réplica das catro aras romanas atopadas na cidade, a primeira delas en honor das Ninfas desas augas ofrendada por Calpurnia Abana Aeboso, que é o primeiro nome coñecido dun habitante da cidade de Ourense. Antigamente, como se recolle en A esmorga, as paisanas usaban a fonte para escaldar os polos e quitarlle así as plumas de forma máis doada. Estes mananciais foron declarados Conxunto Histórico-Artístico no ano 1975 e por eles que Ourense é coñecida como A cidade das Burgas. 2
  • 3. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 3. FONTE DE SAN COSME Os esmorgantes, fuxindo do pazo do Castelo que deixaran en chamas, entran na zona vella de Ourense pola antiga Porta do Aire, unha das antigas entradas á cidade polo Xardín do Posío, e acaban na Fonte de San Cosme. Aquí realizamos a terceira parada do noso Roteiro de A esmorga. Na fonte de San Cosme bebemos a morro uns grandes grolos de auga da pía, que nos fixo baleirar, de alí a pouco, todo canto tiñamos dentro. Aquí estaba situada, na Praza de San Cosme, unha fonte que desapareceu. Nesta imaxe de 1969, a fonte non estaba, pero fai uns anos alguén decidiu colocar a que hai na actualidade. Nesta praza atópase a Igrexa dos Santos Cosme e Damián, que acolle todos os Nadais o Belén de Baltar. 3
  • 4. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 4. CALEXÓN DE PENA VIXÍA O Castizo, o Milhomes e o Bocas foron parar á Ferreiría, onde se meten nun portal para determinar que facer, pois non era cousa de andar daquel xeito toda a noite co frío que facía. Acordan ir á casa da Monfortina, pero alí non os quixeron admitir, porque tiñan uns viaxantes forasteiros de moito rumbo.Así que, despois de rifar coas prostitutas, saen fuxidos novamente até chegar ao calexón de Pena Vixía. Aquí facemos a nosa cuarta parada polo Roteiro de A esmorga. Ao chegar ao calexón de Pena Vixía, o Bocas ordenou: Temos que nos separar. Na súa estancia en Ourense, Curros Enríquez viviu nunha casa da praza da Ferreiría. Trasladou á súa familia á cidade das Burgas. A praza na que residiron atópase moi transformada, pero conserva en dous dos seus lados edificacións típicas do século XIX. Atópase no contorno do Posío e a Porta de Aire, onde moraba Lamas Carvajal, que o visitaba con frecuencia. 4
  • 5. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 5. PRAZA DO CORREXIDOR Os tres esmorgantes sepáranse no calexón de Pena Vixía, pero ao pouco vólvense xuntar na casa da Nonó. Mais tamén alí acaban nunha liorta entre dúas das prostitutas, o Bocas e o Milhomes. Así que, novamente, deben fuxir e ruar pola noite. As doce badaladas da catedral escóitanas desde a praza do Correxidor. Aquí, realizamos unha nova parada, a quinta, no noso Roteiro de A esmorga. Cando paramos de correr, aló pola praza do Correxidor, oíronse no reloxo da Catedral as badaladas da media noite. A Praza do Correxidor está próxima á Catedral e recibe o nome da residencia que en tempos acollía aos correxidores. No século XIII tamén se situou aquí o convento dos franciscanos. Hoxe atópase nesta praza a Casa dos Temes (hoxe colexio das Carmelitas), unha capela neogótica e unha estatua adicada a un dos máis ilustres escritores ourrensáns, R. Otero Pedrayo. 5
  • 6. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 6. FONTE DO REI Desde a Praza do Correxidor, os esmorgantes, tiran para arriba coa intención de meterse na casa do Milhomes, que vivía na rúa de Crebacús. Pero o Bocas propuxo ir ao mesón do Roxo, porque todos os que van alí son xente de avería... Así que botaron a andar baixando pola rúa dos Fornos. Aí, na churrería do Parroquia, o Milhomes faise con dúas botellas de augardente para seguiren a esmorga. Cruzan a rúa da Estrela e métense pola rúa do Tecelán. E, sen saberen como, atópanse na rúa do Instituto. Para apartárense dun municipal que viña cara eles, déixanse ir até o adro da igrexa de Santa Eufemia e, ao veren que estaba aberta, metéronse nela como ratos.Deulles a risa e acabaron por saír da igrexa. Ao pouco de andar, pararon un anaquiño para ceibárense daquela risa que os abafaba e logo foron dar á Fonte do Rei. Aquí facemos a nosa sexta parada no Roteiro de A esmorga. Logo fomos dar á Fonte do Rei, onde mexamos na pía, con licencia de vostede. Esta era a primitiva Fonte do Rei, onde os esmorgantes deitan as súas uriñas e onde o Bocas asegurará que non acabará a noite sen estar cunha muller. Hoxe a fonte non ten moita utilidade, á marxe da histórica e estética. O certo é que resulta difícil decatarse da súa presenza. 6
  • 7. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 7. PRAZA MAIOR Despois de perderen os cartos nunha partida ao sete e medio, no mesón do Roxo, os tres esmorgantes volven para o centro da cidade e chegan perto da Praza Maior. Aquí facemos a nosa penúltima parada no Roteiro de A esmorga. Con que, ao chegar perto da Praza Maior, oíronse as tres da mañá no reloxo da Catedral. A xeada estraba as rúas e máis os tellados. A Praza Maior está moi cerca das Burgas, toda ela asoportalada, circundada por moi bos edificios, cun saínte como balcón (o espolón) e presidida pola Casa do Concello, de finais do s.XIX. No século XV o Concello fixou aquí a feira principal da cidade, a Feira de San Martiño. É a única praza maior de Europa cun firme de chan suavemente inclinado. Aínda hoxe é o centro da cidade, onde se celebran as festas e as actividades culturais e lúdicas. 7
  • 8. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 8. A ALAMEDA Os tres esmorgantes veñen das proximidades da Praza Maior; empurrados polo Bocas na súa ansia de estar cunha muller, diríxense, outra vez, á casa dos Andrade, nas Burgas; pero antes ollan o lume do pazo do Castelo, que eles deixaran ardendo esa mesma noite, desde a Alameda. Aquí paramos por oitava e derradeira vez, ao porlle o punto final ao Roteiro de A esmorga Cando pasamos pola Alameda aínda se vía o relustro do lume do pazo, que me desacougou moito velo, pois xa se me tiña esquecido. A Alameda era, na Idade Media, o Horto do Concello.Pero no séc. XIX, abriuse a rúa do Progreso e con ela viñeron comerciantes a instalárense neste lugar. A Alameda atópase detrás do Mercado de Abastos e nela atopamos o Xardín Botánico e a Fonte de Oseira, ademais dunha estatua de Blanco-Amor. É un lugar de ocio no que se celebran concertos ao aire libre. 8
  • 9. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 9. FINAL DO PERCORRIDO DOS ESMORGANTES Non forma parte do Roteiro Literario que en Ourense deseñou a Asociación Alexandre Bóveda, pero os tres protagonistas da obra de Blanco-Amor, non finalizan a súa ruada nocturna na Alameda, coma nós, senón que volven ás Burgas e alí entran de novo na casa dos Andrade, onde se desencadea a traxedia final. O Bocas vai fóra de si en busca da fermosa dama da casa, arrastra aos outros dous a volveren sobre os seus pasos e a subiren outra vez á horta da casa dos Andrade, tal e como fixeran esa mesma mañá. O círculo está a piques de se pechar. Porque o que o Bocas alí descobre ,en troques da súa fermosa dona, faino tolear aínda máis. Novamente teñen que saír fuxindo e diríxense cara á Estación. Pero ao pasar a Ponte Maior (a ponte romana de Ourense), Cibrán atopa ao Barrigas, quen lle informa de que a parella da garda civil anda pola Estación na procura deles. Así que deciden saír fóra, polos campos e as viñas dos arrabaldos. O Bocas compórtase coma un animal, obsesionado coa súa teima de estar cunha muller. Atravesa a finca do Abade das Vellas e os outros dous comprenden que se dirixe ao alpendre de Socorrito, a tola, que vive no Campo das Bestas, o lugar onde os varrendeiros van baleirar o lixo da cidade. Aí consúmase a traxedia e finaliza o roteiro dos esmorgantes, que dá con Cibrán, o Castizo, preso e declarando (contándonos a historia) ante un xuíz xordo e mudo. ROTEIRO LITERARIO DE A ESMORGA en google maps: CAMIÑO LONGO e PROFESBLANCO 10. A CASA DE BLANCO-AMOR Blanco – Amor naceu no número 27 da rúa de Lepanto, no centro vello de Ourense, entre as rúas polas que deambularon os tres protagonistas da súa obra A esmorga, publicada en 1959 no exilio arxentino e en 1970 pola editorial Galaxia en Vigo, pero censurada. A primeira versión non censurada da obra, saíu á luz en 1995. 9
  • 10. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH 10
  • 11. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E/OU COMPLEMENTARIAS. 4ºESO e SAÍDA DIDÁCTICA A OURENSE. 1ºBACH MATERIAL PARA A SAÍDA E ACTIVIDADES ANTES DA SAÍDA: 1. Consulta toda a información que está ao teu dispor na Aula Virtual ou aquí: AULAS DE LINGUA E LITERATURA e GOOGLE MAPS. 2. Le este CADERNO DE VIAXE e pregunta todo o que non entendas. 3. Prepara unha mochila na que poidas meter: este caderno, un bolígrafo, un rotulador, unha cámara de fotos / vídeo ou un móbil. DURANTE A SAÍDA: 4. Debes levar o CADERNO DE VIAXE para acceder á información en torno ao Roteiro sempre que o precises. 5. Debes servirte do MAPA para poder situarte en cada momento. 6. Deberás ir marcando no mapa (cun rotulador) os lugares que vaias percorrendo. 7. Deberás levar MÓBIL ou CÁMARA DE FOTOS para realizar unha reportaxe fotográfica e/ou audiovisual do roteiro. 8. Deberás completar todas as citas tiradas da obra de Blanco-Amor, A esmorga, que se engaden ao final deste documento. DESPOIS DA SAÍDA: 9. Coa axuda de google maps e coas imaxes obtidas por ti durante a saída, elaborarás un novo mapa personalizando o percorrido. 10. Ao longo do seguinte mes, lerás ( ou re-lerás) detidamente a obra, para en Xaneiro realizar un cuestionario en torno á mesma. CITAS DA OBRA ... 1. Ao chegar perto do Posío, entramos ______________________________, onde pararan tamén os tratantes. 2. Con que seguía a caer aquela chuvia acoriscada, que facía máis mesto o bafo, e a se soerguer da auga quente do ______________________________. 3. Na _________________________ bebemos a morro uns grandes grolos de auga da pía, que nos fixo baleirar, de alí a pouco, todo canto tiñamos dentro. 4. Ao chegar ao __________________________________, o Bocas ordenou: Temos que nos separar. 5. Cando paramos de correr, aló pola _____________________________, oíronse no reloxo da Catedral as badaladas da media noite. 6. Logo fomos dar á _________________________________________, onde mexamos na pía, con licencia de vostede. 7. Con que, ao chegar perto da _____________________________, oíronse as tres da mañá no reloxo da Catedral. A xeada estraba as rúas e máis os tellados. 8. Cando pasamos pola ____________________aínda se vía o relustro do lume do pazo, que me desacougou moito velo, pois xa se me tiña esquecido. 11