SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
A LINGUA DOS
       SEFARDÍS
O XUDEU-ESPAÑOL
Clasificación
   É unha lingua falada en Israel, Turquía, Bosnia
    Herzegovina, Grecia, República de Macedonia e
    Bulgaria. Conta na actualidade cuns 150.000
    falantes. Pertencente á familia indoeuropea, a
    súa subdivisión é a seguinte:
     Itálico
      Romance
       Ítalo-occidental
        Subgrupo Occidental
         Grupo Galo-Ibérico
          Grupo Ibero-Romance
          Judeoespañol
   Estatus oficial: Recoñecida por Israel.
   Regulado por: Autoridad Nasionala del Ladino
BREVE HISTORIA DOS SEFARDÍS E ORIXES
                 DA LINGUA
   Os sefardís foron os xudeus expulsados da
    Península Ibérica que refusaron converterse ó
    catolicismo (RR CC, Edicto de Granada, 31 de
    Marzo de 1492).
   Eles levaron consigo a súa lingua de procedencia:
    castelán, galego, catalán… e ó ser os
    castelanfalantes os máis numerosos na diáspora,
    foi o idioma predominante para estas
    comunidades xudías emigradas, se ben recibiron
    influencia do resto das linguas faladas polos
    distintos membros da comunidade.
   Pode dicirse que é un español antigo, que apenas
    evolucionou. É unha lingua diferente pero
    totalmente intelixible.
   Posúe varios nomes: 1. Ladino. 2. Sefardí.
    3.Xudeu-español ou djudezmo
   1.Ladino: chamáse ladino ás traducións literais do hebreo
    litúrxico (español con sintaxe hebrea) “fazer en latino”.
    Tamén se lle chama xudeu-español calco. En moitas
    ocasións tamén se coñece como ladino, por asimilación, á
    lingua vernácula, pero nun nivel académico é preferible
    distinguir entre ladino (lingua de tradución), e xudeu-
    español (lingua falada). Actualmente, no mundo dos
    estudios sefardís existe unha polémica aberta entre autores
    como H. V. Sephiha, que considera a presenza de dúas
    linguas diferentes: o ladino (xudeu-español calco) e o
    xudeu-español vernáculo (lingua viva), e os seus
    opositores, como I. Hassán, para quen existe só unha
    lingua con diferentes variantes estilísticas, entre as que non
    hai discontinuidade.
   O nome de Sefardí: na tradición xudía e en hebreo
    Sefarad= España. Nome biblíco. Os sefardís a maioría das
    veces refírense á súa lingua como espanyol (grafía
    propia). O termo “xudeu-español” necesario para
    distinguilo do español moderno. Os sefardís sempre
    mantiveron un amor pola “madre patria” coa que se
    referían a España, moitos hoxe en día séntense españois.
   Considérase lingua minorizada por estar na actualidade en
    perigo de morte, pois excepto en Israel e España, onde se
    atopan algúns organismos a prol da súa defensa, no resto de
    comunidades a perda é progresiva quedando restrinxida ó
    ámbito familiar que non o transmite. A Asociación Nacional do
    Ladino (Israel) regula o idioma e edita unha revista en
    xudeu-español, Aki Yerushalayim ("Aquí Jerusalén") http://www.aki-
    yerushalayim.co.il/ay/087/index.htm , a radio Kol en Israel emite en
    Sefardí; en España tamén hai algúns medios de comunicación
    que promoven o xudeu-español: Radio Exterior de
    España emite o programa Bozes de Sefarad que leva máis de
    20 anos no aire.(http://www.rtve.es/podcast/radio-exterior/emision-en-
    sefardi/). Varias casas editoriais españolas editan libros escritos
    en xudeu-español. En tierras ajenas yo me vo murir (Gad
    Nasí): recompilación de contos e testemuños en lingua
    xudeu-española. Los Dos Mellizos, novela do século
    XIX; Crónicas de los Reyes Otomanos (Moshé Almosnino),
    primeira publicación formal en lingua xudeu-española.
   O profesor Eliezer Papo, da Universidade Ben Gurión
    (Beerseba, Israel) leva un importante labor docente de axuda
    á preservación do xudeu-español. http:// www.youtube.com/
    watch?v=4izbvb4k2R0
Na actualidade podemos dicir que o xudeu-español
  é un conxunto dialectal que presenta dúas
  modalidades: oral e escrita. A oral divídese en
  dous grupos: a variante oriental (djudezmo),
  falada polos xudeus sefardís que partiron cara a
  Portugal, Países Baixos, Italia, Península
  Balcánica e Imperio Otomano, mantida
  actualmente en Israel, Turquía e algúns países
  balcánicos. En Israel está habendo unha certa
  recuperación por parte dos descendentes de
  sefardís que emigraron a Israel trala creación do
  novo estado. (http://www.youtube.com/watch?
  v=U53XKRY2qg0&feature=channel )
A variante occidental, coñecida como haketía
  (falada polos xudeus sefardís da zona norte de
  Marrocos e cidades españolas de Ceuta e Melilla).
  A lingua de traducción do hebreo dos textos
  sagrados, é o ladino.
Historia da comunidade sefardí. Entender o
   porqué da situación actual do idioma.
   Os xudeus que chegaron ó Imperio Otomán foron recibidos
    como representantes da avanzada civilización occidental e
    tratados con respecto. Aquí foi onde a comunidade sefardí
    tivo máis auxe. Non lles obrigaban a aceptar o idioma nin a
    relixión. Non lles facían participar na vida do país, polo que
    os sefardís non se incorporaban á sociedade e non
    deixaban de usar a súa lingua. Os que acababan de chegar
    asimilaban e “castelanizaban” a outras comunidades xudías
    grazas ó seu prestixio social e económico, pronto se
    formaron grandes comunidades sefardís en ciudades
    importantes do país (Salónica, Estambul, Saraievo,
    Skopie).
   Como resultado, durante os séculos XVI e XVII creouse
    unha koiné lingüística, que tiña trazos de diferentes
    variedades peninsulares co predominio do español
    meridional, e con elementos recibidos doutras linguas coas
    que estaba en contacto, sobre todo do turco e do grego.
   Os sefardís chegaron a constituír a burguesía ata o século XVIII.
    Baixo o seu control estaban as minas de ouro e prata, o comercio
    e as aduanas.
   Foron os armadores e médicos máis célebres e os tradutores
    oficiais (o Corán non deixaba que os musulmáns exerceran este
    posto). Foron eles os que implantaron a imprenta e fundaron a
    primeira universidade do imperio en Salónica. Esta bonanza da
    comunidade sefardí traduciuse na época dourada da linua, onde
    comezou a florecer a literatura.
   Calcúlase que o número dos sefardófonos podía alcanzar naqueles
    tempos os 350 mil.
   A partir do século XIX foron perdendo postos significativos polo
    auxe do nacionalismo. A constante caída do Imperio Otomán e a
    consecuente creación de novos estados, os sefardís foron
    obrigados a usar as linguas nacionais. Xurdiu unha corrente de
    antisemitismo en toda Europa Oriental que, sen chegar á
    violencia, impedía os xudeus practicala súa relixión. Todos estes
    fenómenos provocaron unha gran emigración dos xudeus ós
    países de Europa Occidental e América, onde a maioría deixaba de
    usar o xudeu-español para incorporárense no novo entorno.
   O exterminio nazi fixo que desaparecesen case todas as
    comunidades sefardís de Europa oriental. En cinco anos o xudeu-
    español perdeu o 90% dos falantes. A falta de medios de
    comunicación, a falta de recoñecemento oficial e organismos que
    defendesen ou promovesen o xudeu-español fixeron que as
    xeracións seguintes se incorporasen totalmente ás sociedades dos
    países en que estaban.
Situación da lingua na actualidade
   O número de falantes de xudeu-español rolda na actualidade os 150.000.
    En Israel é onde se atopa o maior número de sefardís (en torno os 100
    mil), pois a maioría emigraron a Israel na creación do novo estado e
    transmitiron a lingua ás novas xeracións. Fóra de Israel a comunidade
    máis significativa é a turca (15.000 falantes). Aquí o número de periódicos
    e boletíns emitidos en xudeu-español segue sendo significativo.
   Desde finais do século XX houbo tímidos intentos de recuperación do
    xudeu-español, sobre todo en Israel, de convertelo en académico, cunha
    gran aportación do castelán estándar, do que se toma numeroso
    vocabulario para substituír os préstamos turcos, gregos, franceses e
    eslavos.
   Hai disconformidade no tocante a este punto, pois moitos ven que a súa
    proximidade co castelán actual vaia cedendo terreo e termine por
    asimilarse totalmente ó castelán moderno.
   A maioría dos falantes na actualidade son persoas maiores de 60 anos,
    que non trasmiten a súa lingua na intimidade e por iso se vai perdendo,
    pois senten que non é necesaria xa que os seus fillos cobren as súas
    necesidades coas lnguas do territorio onde está a comunidade.
   Está recoñecida en Israel, onde se atopa a ANL (órgano encargado do
    estudo da lingua xudeu-española, da súa protección e da súa
    conservación). Non é lingua oficial pero pode impartirse a nivel académico.
    Existe unha cantidade de tradición oral e de literatura oral e refráns en
    sefardí. http://sefarad.rediris.es/ http://es.wikipedia.org/wiki/
    Idioma_judeoespa%C3%B1ol
O xudeu-español
   1.Escritura e fonética: antes da expulsión
    da península Ibérica xa existían as
    traducións en ladino, que se efectuaban en
    alfabeto hebreo. Trala chegada de
    comunidades sefardís a distintos países
    adoptaron as grafías correspondentes do
    territorio. Os emigrados no norte de
    África mantiveron a grafía al-hamiada
    (hebreo pero con lingua española), en
    Europa optouse polo latino e a adaptación
    ás normas ortográficas dos países onde
    estaban as comunidades sefardís.
   Na actualidade, o xudeu-español escríbese
    comunmente en alfabeto latino, sobre todo
    grazas ó turco, que representa fielmente sons
    coincidentes co xudeu-español. De aí a
    importancia do alfabeto turco, pois adáptase moi
    ben para a súa representación. Os seguintes
    caracteres é frecuente encontralos nas
    publicacións turcas en djudezmo:
   Ç - [CH] española - Munço - Mucho
   Ş - [SH] española - Buşkar - Buscar
   C - [Y] consonante española - Cidyo - Judío
   J - [ZH] J francesa - Fijo - Hijo
   NY - [Ñ] española - Kunyada - Cuñada
   H - [J] española - Haber - Socio
   Estudosos como Jacob M. Hassán (filólogo
    sefardí), alegan que o xudeu-español debe
    adoptar a ortografía da lingua española estándar.
    Outros suxiren que o xudeoespañol adopte a
    ortografía usada durante a época da Expulsión de
    1492, xa que o idioma conserva pronuncias e
    léxico da época: a existencia da /s/
    (orixinalmente /ts/) - c (antes de e y de i) e ç/z
    ((cedilla): tales como en caça; a /s/ - ss: por
    exemplo en passo e a [ʃ] - x: como en dixo. A
    pronunciación orixinal da [ʒ] - g (antes de e o de
    i); a /z/ (orixinalmente /dz/) - z: permanecería
    en palabras como fazer e dezir. O /z/ - s: como
    en casa (sonoro). Diferenciaríanse b e v, en
    contexto intervocálico (debe – deve). O uso dos
    dígrafos ch, ph e th como /k /, /f/ e /t/ en
    español estándar, sería utilizado en palabras
    como en orthographía o theología.; asimismo a Q
    latina usaríase ante palabras como
     quando, quanto e qual. O uso de k para o
    fonema oclusivo velar xordo.
   O filólogo andaluz Pascual Pascual Recuero fai uso
    dunha ortografía que reproduce con gran
    exactitude os sons do xudeu-español. Algúns
    caracteres que propón:
   Ž - [J] francesa
   Đ - D palatalizado
   Ĉ - [CH] español
   X - [SH] (como en galego)
   Algúns entenden que usar a vella ortografía
    castelá distancia características non-hispánicas do
    xudeu-español.Non obstante, a literatura
    española da idade clásica e de ouro gañaría un
    renovado interés, un mellor aprezo e
    entendemento se a súa ortografía se utilizase
    novamente.
   2. O léxico.
   2.1. A base hispánica
     1) Os arcaísmos.
     Os xudeus mantiveron, á parte de fonemas medievais e trazos
    morfosintácticos, un léxico medieval inexistente no español
    moderno. Exemplos:
     - os adverbios agora (ahora), ansina (así), ainda (todavía);
     - conservación de f inicial latina no adxetcivo ferrojento
    (oxidado), unha das poucas palabras que conserva f inicial;
     - os verbos trokar (cambiar), topar (encontrar), kaler (ser
    necesario), cuzir (coser);
     - os sustantivos lonso (oso), luvya (lluvia), mego (brujo).
   2) Elementos innovadores e creacións. A pesar de que ten unha
    base castelá medieval, durante estes cinco séculos foi creando un
    número impresionante de innovacións morfolóxicas e fonolóxicas,
    concidentes coas falas españolas meridoniais. Fenómenos como o
    lleísmo ou o seseo: yevar o kreasyon (fenómenos totalmente
    xeneralizados en xudeu-español).
   Na morfosintaxis se observan cambios interesantes: creación de
    equivalentes para palabras como idealista, patriota,
   fiel, hipócrita o jóvenes, inventando xénero gramatical:
    idealisto, patrioto, fiela, hipócrito e jóvenas.
   2.2 Elementos “mixtos”
   Son palabras que foron elaboradas con lexemas
    casteláns ós que se lle engaden sufixos
    principalmente hebreos e turcos, ou ó revés:
    lexemas estranxeiros adaptados ó xudeu-español.
                                               -
    hebraísmos hispanizados: mazal (suerte) deu
    mazaloso (afortunado), malsin (agravio) –
    malsinar (calumniar);
     - turquismos hispanizados: dayanmak –
    dayanear (soportar); batak (lodo) – embatakar
    (ensuciar)                                    -
    vocábulos gregos hispanizados: pisma
    (obstáculo) – pismear (obstaculizar);
   2.3. O extrahispánico
   1) O tomado do hebreo: palabras relacionadas coa relixión,
   Os costumes e tradicións hebreas, a vida cotiá... Que xa
    eran usadas na península antes da súa expulsión: šaḅat
    (sábado), adar(febrero - marzo), seudá (comida festiva),
    berajá (bendición), tefilá (oración), yešibá (escola de
    estudos rabínicos).
   2) O tomado do grego. palabras como papú (‘abuelo’, de
    pappós), posón (‘moeda de prata’, de posón), eremo
    (‘miserable’, de eremós).
   3) O legado turco. A maior influencia está no vocabulario
    da vida laboral, comercial e administrativa. Exemplos:
    ambar (despensa), bakal (tenda de comestibles), charší
    (mercado) ou parás (moeda), kolay (fácil), ama (pero), sira
    (serie).
   4) Os idiomas balcánicos: polk (reximento), dóskel
    (profesor), rida (cortina).
   5) O inglés. Fenómeno bastante novo. Palabras
    relacionadas co desenvolvemento técnico, Internet, a
    cultura pop, etc., tales como: e-mail, link, komputadora,
    disko, heavy-metal, sito ou sitio (web).
Bibliografía
   http://www.proyectos-saluda.org/index.php?
    option=com_content&task=view&id=2434&Itemid=122


    http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_judeoespa%C3%B1ol
   http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/vidalsephiha/ladin
    o1.htm
   http://www.proel.org/index.php?
    pagina=mundo/indoeuro/italico/romance/iberorromance/judeoesp
    a
   http://www.lateinamerika.uni-
    koeln.de/fileadmin/bilder/ip_2010/m.nieweglowska_trabajo.pdf

More Related Content

What's hot

Presentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galegaPresentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galegaMxlc199
 
Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da linguaaldeatotal
 
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGAHISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGAmiredocabo
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuroslanagl
 
A fala na rede
A fala na redeA fala na rede
A fala na redeagatagc
 

What's hot (8)

Presentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galegaPresentación: formación da lingua galega
Presentación: formación da lingua galega
 
Aragonés
AragonésAragonés
Aragonés
 
Historia da lingua
Historia da linguaHistoria da lingua
Historia da lingua
 
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGAHISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
HISTORIA SOCIAL DA LINGUA GALEGA
 
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escurosDo esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
Do esplendor medieval á decadencia dos séculos escuros
 
A fala na rede
A fala na redeA fala na rede
A fala na rede
 
Traballo leccion 2
Traballo leccion 2Traballo leccion 2
Traballo leccion 2
 
O catalán
O   catalánO   catalán
O catalán
 

Viewers also liked

Programa viños kosher Ribadavia
Programa viños kosher RibadaviaPrograma viños kosher Ribadavia
Programa viños kosher RibadaviaGZ-Israel
 
Nacionalidad española para sefaradies menasce
Nacionalidad española para sefaradies   menasceNacionalidad española para sefaradies   menasce
Nacionalidad española para sefaradies menasceMarcelo Benveniste
 
Ain comportamiento dentro-de_la_sinagoga
Ain comportamiento dentro-de_la_sinagogaAin comportamiento dentro-de_la_sinagoga
Ain comportamiento dentro-de_la_sinagogaHaimbenYisrael
 
Las frutas de sartén. nora modolo
Las frutas de sartén. nora modoloLas frutas de sartén. nora modolo
Las frutas de sartén. nora modoloPerlaSarubbi
 
Oraciones principales en_hebreo_fonetico
Oraciones principales en_hebreo_foneticoOraciones principales en_hebreo_fonetico
Oraciones principales en_hebreo_foneticoTeresa Hernandez
 
Meditacion en los 72 nombres de Dios
Meditacion en los 72 nombres de DiosMeditacion en los 72 nombres de Dios
Meditacion en los 72 nombres de DiosJuan Carlos Fernandez
 
Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo
Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo
Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo Yair Ben Chavez
 
Descubra suas letras hebraicas de poder
Descubra suas letras hebraicas de poderDescubra suas letras hebraicas de poder
Descubra suas letras hebraicas de poderPaulo Viana
 
Teoría del conocimiento y epistemología
Teoría del conocimiento y epistemologíaTeoría del conocimiento y epistemología
Teoría del conocimiento y epistemologíaadolfomontiel
 

Viewers also liked (14)

Leccin07 elhebreodel sidur
Leccin07 elhebreodel sidurLeccin07 elhebreodel sidur
Leccin07 elhebreodel sidur
 
Programa viños kosher Ribadavia
Programa viños kosher RibadaviaPrograma viños kosher Ribadavia
Programa viños kosher Ribadavia
 
Nacionalidad española para sefaradies menasce
Nacionalidad española para sefaradies   menasceNacionalidad española para sefaradies   menasce
Nacionalidad española para sefaradies menasce
 
Mujer con velo
Mujer con veloMujer con velo
Mujer con velo
 
Lección03 vocabularioy acentos
Lección03 vocabularioy acentosLección03 vocabularioy acentos
Lección03 vocabularioy acentos
 
Ain comportamiento dentro-de_la_sinagoga
Ain comportamiento dentro-de_la_sinagogaAin comportamiento dentro-de_la_sinagoga
Ain comportamiento dentro-de_la_sinagoga
 
Las frutas de sartén. nora modolo
Las frutas de sartén. nora modoloLas frutas de sartén. nora modolo
Las frutas de sartén. nora modolo
 
Oraciones principales en_hebreo_fonetico
Oraciones principales en_hebreo_foneticoOraciones principales en_hebreo_fonetico
Oraciones principales en_hebreo_fonetico
 
Meditacion en los 72 nombres de Dios
Meditacion en los 72 nombres de DiosMeditacion en los 72 nombres de Dios
Meditacion en los 72 nombres de Dios
 
Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo
Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo
Sidur LOS CAMINOS DE LA TORA Nusaj Sefardí Antiguo
 
72nombresde diosfichas
72nombresde diosfichas72nombresde diosfichas
72nombresde diosfichas
 
pinjas arameo y español
pinjas arameo y españolpinjas arameo y español
pinjas arameo y español
 
Descubra suas letras hebraicas de poder
Descubra suas letras hebraicas de poderDescubra suas letras hebraicas de poder
Descubra suas letras hebraicas de poder
 
Teoría del conocimiento y epistemología
Teoría del conocimiento y epistemologíaTeoría del conocimiento y epistemología
Teoría del conocimiento y epistemología
 

Similar to A lingua dos sefardís

2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de ElviñaCoordinadora Galega ENDL
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.aitorhveiga
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMartaGlezTic
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguasMartaGlezTic
 
Trabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaTrabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaAlexiiaVa
 
Presentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina JenniPresentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina JenniJennifer Anllo
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxSinoSecundaria1
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxMarlou
 
A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)
A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)
A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)GZ-Israel
 
Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1cpidonaurelio
 
Penintsulako hizkuntzak
Penintsulako hizkuntzakPenintsulako hizkuntzak
Penintsulako hizkuntzakabeltran
 
De lingua de prestixio a minorizada
De lingua de prestixio a minorizadaDe lingua de prestixio a minorizada
De lingua de prestixio a minorizadaAna Moreda
 
As linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasAs linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasdomenechino
 

Similar to A lingua dos sefardís (20)

2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
2008 Ano das Linguas ENDL do IES de Elviña
 
Familiae Linguarum
Familiae LinguarumFamiliae Linguarum
Familiae Linguarum
 
Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.Presentación 2ª eva.
Presentación 2ª eva.
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Un mundo de linguas
Un mundo de linguasUn mundo de linguas
Un mundo de linguas
 
Trabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásicaTrabajo cultura clásica
Trabajo cultura clásica
 
O Latín e o Grego
O Latín e o GregoO Latín e o Grego
O Latín e o Grego
 
Presentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina JenniPresentaciónpáxina Jenni
Presentaciónpáxina Jenni
 
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptxLingüística xeral 1º bacharelato.pptx
Lingüística xeral 1º bacharelato.pptx
 
Indoeuropeos 1.6
Indoeuropeos 1.6Indoeuropeos 1.6
Indoeuropeos 1.6
 
Historia do euskera
Historia do euskeraHistoria do euskera
Historia do euskera
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xx
 
A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)
A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)
A Lingua Dos Xudeus De Galicia (Xl Mendez Ferrin.Farodvgo29.12.07)
 
Linguas Peninsulares
Linguas PeninsularesLinguas Peninsulares
Linguas Peninsulares
 
Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1Linguas Peninsulares 1
Linguas Peninsulares 1
 
Penintsulako hizkuntzak
Penintsulako hizkuntzakPenintsulako hizkuntzak
Penintsulako hizkuntzak
 
Mapa
MapaMapa
Mapa
 
De lingua de prestixio a minorizada
De lingua de prestixio a minorizadaDe lingua de prestixio a minorizada
De lingua de prestixio a minorizada
 
Historia lingua
Historia linguaHistoria lingua
Historia lingua
 
As linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeasAs linguas indoeuropeas
As linguas indoeuropeas
 

A lingua dos sefardís

  • 1. A LINGUA DOS SEFARDÍS O XUDEU-ESPAÑOL
  • 2. Clasificación  É unha lingua falada en Israel, Turquía, Bosnia Herzegovina, Grecia, República de Macedonia e Bulgaria. Conta na actualidade cuns 150.000 falantes. Pertencente á familia indoeuropea, a súa subdivisión é a seguinte: Itálico Romance Ítalo-occidental Subgrupo Occidental Grupo Galo-Ibérico Grupo Ibero-Romance Judeoespañol  Estatus oficial: Recoñecida por Israel.  Regulado por: Autoridad Nasionala del Ladino
  • 3. BREVE HISTORIA DOS SEFARDÍS E ORIXES DA LINGUA  Os sefardís foron os xudeus expulsados da Península Ibérica que refusaron converterse ó catolicismo (RR CC, Edicto de Granada, 31 de Marzo de 1492).  Eles levaron consigo a súa lingua de procedencia: castelán, galego, catalán… e ó ser os castelanfalantes os máis numerosos na diáspora, foi o idioma predominante para estas comunidades xudías emigradas, se ben recibiron influencia do resto das linguas faladas polos distintos membros da comunidade.  Pode dicirse que é un español antigo, que apenas evolucionou. É unha lingua diferente pero totalmente intelixible.  Posúe varios nomes: 1. Ladino. 2. Sefardí. 3.Xudeu-español ou djudezmo
  • 4. 1.Ladino: chamáse ladino ás traducións literais do hebreo litúrxico (español con sintaxe hebrea) “fazer en latino”. Tamén se lle chama xudeu-español calco. En moitas ocasións tamén se coñece como ladino, por asimilación, á lingua vernácula, pero nun nivel académico é preferible distinguir entre ladino (lingua de tradución), e xudeu- español (lingua falada). Actualmente, no mundo dos estudios sefardís existe unha polémica aberta entre autores como H. V. Sephiha, que considera a presenza de dúas linguas diferentes: o ladino (xudeu-español calco) e o xudeu-español vernáculo (lingua viva), e os seus opositores, como I. Hassán, para quen existe só unha lingua con diferentes variantes estilísticas, entre as que non hai discontinuidade.  O nome de Sefardí: na tradición xudía e en hebreo Sefarad= España. Nome biblíco. Os sefardís a maioría das veces refírense á súa lingua como espanyol (grafía propia). O termo “xudeu-español” necesario para distinguilo do español moderno. Os sefardís sempre mantiveron un amor pola “madre patria” coa que se referían a España, moitos hoxe en día séntense españois.
  • 5. Considérase lingua minorizada por estar na actualidade en perigo de morte, pois excepto en Israel e España, onde se atopan algúns organismos a prol da súa defensa, no resto de comunidades a perda é progresiva quedando restrinxida ó ámbito familiar que non o transmite. A Asociación Nacional do Ladino (Israel) regula o idioma e edita unha revista en xudeu-español, Aki Yerushalayim ("Aquí Jerusalén") http://www.aki- yerushalayim.co.il/ay/087/index.htm , a radio Kol en Israel emite en Sefardí; en España tamén hai algúns medios de comunicación que promoven o xudeu-español: Radio Exterior de España emite o programa Bozes de Sefarad que leva máis de 20 anos no aire.(http://www.rtve.es/podcast/radio-exterior/emision-en- sefardi/). Varias casas editoriais españolas editan libros escritos en xudeu-español. En tierras ajenas yo me vo murir (Gad Nasí): recompilación de contos e testemuños en lingua xudeu-española. Los Dos Mellizos, novela do século XIX; Crónicas de los Reyes Otomanos (Moshé Almosnino), primeira publicación formal en lingua xudeu-española.  O profesor Eliezer Papo, da Universidade Ben Gurión (Beerseba, Israel) leva un importante labor docente de axuda á preservación do xudeu-español. http:// www.youtube.com/ watch?v=4izbvb4k2R0
  • 6. Na actualidade podemos dicir que o xudeu-español é un conxunto dialectal que presenta dúas modalidades: oral e escrita. A oral divídese en dous grupos: a variante oriental (djudezmo), falada polos xudeus sefardís que partiron cara a Portugal, Países Baixos, Italia, Península Balcánica e Imperio Otomano, mantida actualmente en Israel, Turquía e algúns países balcánicos. En Israel está habendo unha certa recuperación por parte dos descendentes de sefardís que emigraron a Israel trala creación do novo estado. (http://www.youtube.com/watch? v=U53XKRY2qg0&feature=channel ) A variante occidental, coñecida como haketía (falada polos xudeus sefardís da zona norte de Marrocos e cidades españolas de Ceuta e Melilla). A lingua de traducción do hebreo dos textos sagrados, é o ladino.
  • 7. Historia da comunidade sefardí. Entender o porqué da situación actual do idioma.  Os xudeus que chegaron ó Imperio Otomán foron recibidos como representantes da avanzada civilización occidental e tratados con respecto. Aquí foi onde a comunidade sefardí tivo máis auxe. Non lles obrigaban a aceptar o idioma nin a relixión. Non lles facían participar na vida do país, polo que os sefardís non se incorporaban á sociedade e non deixaban de usar a súa lingua. Os que acababan de chegar asimilaban e “castelanizaban” a outras comunidades xudías grazas ó seu prestixio social e económico, pronto se formaron grandes comunidades sefardís en ciudades importantes do país (Salónica, Estambul, Saraievo, Skopie).  Como resultado, durante os séculos XVI e XVII creouse unha koiné lingüística, que tiña trazos de diferentes variedades peninsulares co predominio do español meridional, e con elementos recibidos doutras linguas coas que estaba en contacto, sobre todo do turco e do grego.
  • 8. Os sefardís chegaron a constituír a burguesía ata o século XVIII. Baixo o seu control estaban as minas de ouro e prata, o comercio e as aduanas.  Foron os armadores e médicos máis célebres e os tradutores oficiais (o Corán non deixaba que os musulmáns exerceran este posto). Foron eles os que implantaron a imprenta e fundaron a primeira universidade do imperio en Salónica. Esta bonanza da comunidade sefardí traduciuse na época dourada da linua, onde comezou a florecer a literatura.  Calcúlase que o número dos sefardófonos podía alcanzar naqueles tempos os 350 mil.  A partir do século XIX foron perdendo postos significativos polo auxe do nacionalismo. A constante caída do Imperio Otomán e a consecuente creación de novos estados, os sefardís foron obrigados a usar as linguas nacionais. Xurdiu unha corrente de antisemitismo en toda Europa Oriental que, sen chegar á violencia, impedía os xudeus practicala súa relixión. Todos estes fenómenos provocaron unha gran emigración dos xudeus ós países de Europa Occidental e América, onde a maioría deixaba de usar o xudeu-español para incorporárense no novo entorno.  O exterminio nazi fixo que desaparecesen case todas as comunidades sefardís de Europa oriental. En cinco anos o xudeu- español perdeu o 90% dos falantes. A falta de medios de comunicación, a falta de recoñecemento oficial e organismos que defendesen ou promovesen o xudeu-español fixeron que as xeracións seguintes se incorporasen totalmente ás sociedades dos países en que estaban.
  • 9. Situación da lingua na actualidade  O número de falantes de xudeu-español rolda na actualidade os 150.000. En Israel é onde se atopa o maior número de sefardís (en torno os 100 mil), pois a maioría emigraron a Israel na creación do novo estado e transmitiron a lingua ás novas xeracións. Fóra de Israel a comunidade máis significativa é a turca (15.000 falantes). Aquí o número de periódicos e boletíns emitidos en xudeu-español segue sendo significativo.  Desde finais do século XX houbo tímidos intentos de recuperación do xudeu-español, sobre todo en Israel, de convertelo en académico, cunha gran aportación do castelán estándar, do que se toma numeroso vocabulario para substituír os préstamos turcos, gregos, franceses e eslavos.  Hai disconformidade no tocante a este punto, pois moitos ven que a súa proximidade co castelán actual vaia cedendo terreo e termine por asimilarse totalmente ó castelán moderno.  A maioría dos falantes na actualidade son persoas maiores de 60 anos, que non trasmiten a súa lingua na intimidade e por iso se vai perdendo, pois senten que non é necesaria xa que os seus fillos cobren as súas necesidades coas lnguas do territorio onde está a comunidade.  Está recoñecida en Israel, onde se atopa a ANL (órgano encargado do estudo da lingua xudeu-española, da súa protección e da súa conservación). Non é lingua oficial pero pode impartirse a nivel académico. Existe unha cantidade de tradición oral e de literatura oral e refráns en sefardí. http://sefarad.rediris.es/ http://es.wikipedia.org/wiki/ Idioma_judeoespa%C3%B1ol
  • 10. O xudeu-español  1.Escritura e fonética: antes da expulsión da península Ibérica xa existían as traducións en ladino, que se efectuaban en alfabeto hebreo. Trala chegada de comunidades sefardís a distintos países adoptaron as grafías correspondentes do territorio. Os emigrados no norte de África mantiveron a grafía al-hamiada (hebreo pero con lingua española), en Europa optouse polo latino e a adaptación ás normas ortográficas dos países onde estaban as comunidades sefardís.
  • 11. Na actualidade, o xudeu-español escríbese comunmente en alfabeto latino, sobre todo grazas ó turco, que representa fielmente sons coincidentes co xudeu-español. De aí a importancia do alfabeto turco, pois adáptase moi ben para a súa representación. Os seguintes caracteres é frecuente encontralos nas publicacións turcas en djudezmo:  Ç - [CH] española - Munço - Mucho  Ş - [SH] española - Buşkar - Buscar  C - [Y] consonante española - Cidyo - Judío  J - [ZH] J francesa - Fijo - Hijo  NY - [Ñ] española - Kunyada - Cuñada  H - [J] española - Haber - Socio
  • 12. Estudosos como Jacob M. Hassán (filólogo sefardí), alegan que o xudeu-español debe adoptar a ortografía da lingua española estándar. Outros suxiren que o xudeoespañol adopte a ortografía usada durante a época da Expulsión de 1492, xa que o idioma conserva pronuncias e léxico da época: a existencia da /s/ (orixinalmente /ts/) - c (antes de e y de i) e ç/z ((cedilla): tales como en caça; a /s/ - ss: por exemplo en passo e a [ʃ] - x: como en dixo. A pronunciación orixinal da [ʒ] - g (antes de e o de i); a /z/ (orixinalmente /dz/) - z: permanecería en palabras como fazer e dezir. O /z/ - s: como en casa (sonoro). Diferenciaríanse b e v, en contexto intervocálico (debe – deve). O uso dos dígrafos ch, ph e th como /k /, /f/ e /t/ en español estándar, sería utilizado en palabras como en orthographía o theología.; asimismo a Q latina usaríase ante palabras como quando, quanto e qual. O uso de k para o fonema oclusivo velar xordo.
  • 13. O filólogo andaluz Pascual Pascual Recuero fai uso dunha ortografía que reproduce con gran exactitude os sons do xudeu-español. Algúns caracteres que propón:  Ž - [J] francesa  Đ - D palatalizado  Ĉ - [CH] español  X - [SH] (como en galego)  Algúns entenden que usar a vella ortografía castelá distancia características non-hispánicas do xudeu-español.Non obstante, a literatura española da idade clásica e de ouro gañaría un renovado interés, un mellor aprezo e entendemento se a súa ortografía se utilizase novamente.
  • 14. 2. O léxico.  2.1. A base hispánica 1) Os arcaísmos. Os xudeus mantiveron, á parte de fonemas medievais e trazos morfosintácticos, un léxico medieval inexistente no español moderno. Exemplos: - os adverbios agora (ahora), ansina (así), ainda (todavía); - conservación de f inicial latina no adxetcivo ferrojento (oxidado), unha das poucas palabras que conserva f inicial; - os verbos trokar (cambiar), topar (encontrar), kaler (ser necesario), cuzir (coser); - os sustantivos lonso (oso), luvya (lluvia), mego (brujo).  2) Elementos innovadores e creacións. A pesar de que ten unha base castelá medieval, durante estes cinco séculos foi creando un número impresionante de innovacións morfolóxicas e fonolóxicas, concidentes coas falas españolas meridoniais. Fenómenos como o lleísmo ou o seseo: yevar o kreasyon (fenómenos totalmente xeneralizados en xudeu-español).  Na morfosintaxis se observan cambios interesantes: creación de equivalentes para palabras como idealista, patriota,  fiel, hipócrita o jóvenes, inventando xénero gramatical: idealisto, patrioto, fiela, hipócrito e jóvenas.
  • 15. 2.2 Elementos “mixtos”  Son palabras que foron elaboradas con lexemas casteláns ós que se lle engaden sufixos principalmente hebreos e turcos, ou ó revés: lexemas estranxeiros adaptados ó xudeu-español. - hebraísmos hispanizados: mazal (suerte) deu mazaloso (afortunado), malsin (agravio) – malsinar (calumniar); - turquismos hispanizados: dayanmak – dayanear (soportar); batak (lodo) – embatakar (ensuciar) - vocábulos gregos hispanizados: pisma (obstáculo) – pismear (obstaculizar);
  • 16. 2.3. O extrahispánico  1) O tomado do hebreo: palabras relacionadas coa relixión,  Os costumes e tradicións hebreas, a vida cotiá... Que xa eran usadas na península antes da súa expulsión: šaḅat (sábado), adar(febrero - marzo), seudá (comida festiva), berajá (bendición), tefilá (oración), yešibá (escola de estudos rabínicos).  2) O tomado do grego. palabras como papú (‘abuelo’, de pappós), posón (‘moeda de prata’, de posón), eremo (‘miserable’, de eremós).  3) O legado turco. A maior influencia está no vocabulario da vida laboral, comercial e administrativa. Exemplos: ambar (despensa), bakal (tenda de comestibles), charší (mercado) ou parás (moeda), kolay (fácil), ama (pero), sira (serie).  4) Os idiomas balcánicos: polk (reximento), dóskel (profesor), rida (cortina).  5) O inglés. Fenómeno bastante novo. Palabras relacionadas co desenvolvemento técnico, Internet, a cultura pop, etc., tales como: e-mail, link, komputadora, disko, heavy-metal, sito ou sitio (web).
  • 17. Bibliografía  http://www.proyectos-saluda.org/index.php? option=com_content&task=view&id=2434&Itemid=122  http://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_judeoespa%C3%B1ol  http://www.vallenajerilla.com/berceo/florilegio/vidalsephiha/ladin o1.htm  http://www.proel.org/index.php? pagina=mundo/indoeuro/italico/romance/iberorromance/judeoesp a  http://www.lateinamerika.uni- koeln.de/fileadmin/bilder/ip_2010/m.nieweglowska_trabajo.pdf