Publicité
Publicité

Contenu connexe

Publicité

Recollida pneumática / Recogida neumática

  1. RECOLLIDA PNEUMÁTICA Transporte do lixo por sumidoiros pneumáticos ata centrais de recollida e compactación Juan Poza IES A Basella
  2. Antecedentes  Primeira experiencia: Sistema instalado nun hospital de Solleftea (Suecia) no ano 1965.  Primeira experiencia de recollida urbana nun barrio de Estocolmo no ano 1967.  En España xa se emprega na Vila Olímpica de Barcelona, en algúns barrios de Madrid, en Sevilla e en Cartaxena (Murcia)
  3. Fundamentos  Os residuos introdúcense por unhas comportas en buzón colocados nas rúas, e en paredes para baixantes verticais nas vivendas.  O sistema informático da central de recollida realiza a aspiración, en períodos controlados, de cada tubaría.  Unha corrente de aire produce unha depresión nas tubarias, creando un fluxo de aire que transporta os residuos ata a central de recollida.
  4. Esquema de funcionamento
  5. Central de recollida: Funcionamento
  6. Central de recollida: Elementos  Turboreactores: Crean a corrente de aire e unha depresión no interior das tubarías  Separador rotatorio: Separa o lixo do aire  Compactador: Compacta o lixo para reduci-lo seu volume  Contedor: Almacena o lixo. Capacidade 15-30 m3  Sistema de filtración do aire: Emprega filtros de tela sintética para depura-lo aire antes da evacuación.  Sistema de transporte: Os contedores desprázanse sobre railes.
  7. Tubarías de transporte  Os tubos, de aceiro ó carbono, van enterrados a 2 m de profundidade.  O diámetro é de 400-500 mm.  Un diversificador é unha válvula que permite realiza-la recollida selectiva.  A válvula de diversificación desprázase sobre uns railes accionada automaticamente por un motor.  A vida media da tubaría é de 60 anos
  8. Bocas de vertido  Válvulas de entrada do aire: Regulan a entrada do aire de transporte, sitúanse no extremo de cada ramal e só se abre unha cada vez, durante uns minutos no ciclo de recollida (2-5 veces/día).  Buzóns de aceiro ou aluminio de fundición de 1,4 m de altura e 60 cm de diámetro con comportas de 30 cm. Situados nas rúas.  Comportas na parede para baixantes en edificios.  Válvulas de lixo soterradas que se abren uns segundos no momento da recollida. Mentres, queda o lixo queda retido no depósito anterior.
  9. Recollida pneumática móbil  A aspiración realízase desde un vehículo recolector
  10. Vantaxes  Vértese o lixo a calquera hora do día.  Non se producen cheiros por descomposición nin ruidos na recollida.  Transpórtase o lixo en calquera hora do día e sen molestias e problemas de tráfico.  Ausencia de contedores na vía pública, evitando estorbos e impacto visual.  Servicio tódolos días do ano.  Diminución dos custos de explotación e mantemento: menos vehículos, contedores e persoal.  Fomenta e facilita a recollida selectiva.  Permite o uso a persoas discapacitadas.  Evita a introducción de materiais voluminosos.
  11. Inconvintes  Alto custo enerxético.  Precisa a colaboración cidadá.  Necesidade de campañas de concienciación.  Ten que existir un sistema alternativo para casos de avarías.  Dificultade para identifica-los infractores.  Elevada inversión inicial.  Elevado risco de avarías por vandalismo.  A lonxitude das tubarías non pode supera-los 1,8 Km.
Publicité