2. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.
A SAÚDE NO MEDIEVO: Menciñeiros, monxes hospitalarios e médicos das
ciudades. E as plantas medicinais.
Cecais no castelo de Soutomaior habería alguén que se encargará de ter a man remedios con
plantas medicinais, para coidar e atender aos seus enfermos, no caso de non ser suficiente
irían a un mosteiro próximo ou a un hospital dalgunha cidade máis próxima, ben en carretas ou
en padiolas levadas por persoas...
Os médicos só se podían atopar nas cidades máis importantes, e os servos e colonos do señor
de Soutomaior, con ingresos baixos ou que vivían nas zonas rurais máis afastadas tiñan que
percorrer longas distancias para buscar un tratamento que nin sequera era eficaz.
As enfermidades viñan moi mediatizadas pola malnutrición que padecía o terceiro estamento
dos non privilexiados.
3. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.
O máis probable é que nas zonas sen acceso a médicos, a miúdo había un mosteiro ou
menciñeiro que se ocupaba dos coidados médicos empregando plantas medicinais e remedios
caseiros. Tamén había enfermidades tratadas dende un punto de vista da superstición,
crenzas e tradicións, a relixiosidade con Deus era o centro de todo.
Os cabaleiros do señor feudal don Pedro Alvar de Soutomaior, cecais nas liortas tiveran ósos
rotos, feridas de lanzas, frechas..fracturas, como podemos imaxinar serían tratados en
ambientes insalubres, que empeoraría a súa situación.
Amputacións de todo tipo faríanse en condicións inhumanas.
Nas zonas rurais os mosteiros serían o lugar ideal para acudir, nel habería un monxe
encargado da botica e da enfermería do mosteiro, tamén un monxe que coidaba e servía aos
enfermos o xantar e as medicinas ( de plantas medicinais e purgativas).
As plantas medicinais no Medievo moitas formaban parte de pocións e preparados que, aínda
que se presentaban como "máxicos", eran en moitos casos o equivalente aos nosos
4. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.
medicamentos modernos para unha sociedade pobre e que en canto á saúde estaba guiado por
un coñecemento ancestral que pasaba dos pais e fillos.
Algunhas das máis utilizadas foron : A RUDA, O HISOPO, ALCARAVEA, ANXÉLICA...
Antigamente, debido ás súas enormes propiedades bactericidas e funxicidas, as máis
empregadas nestas tarefas eran o xenxibre, a pementa, a canela, o cravo, o comiño ou a
cúrcuma. Aínda que debido ao alto prezo dalgunhas delas, o habitual era combinalas con
herbas máis asequibles como o tomiño, a salvia ou o romeu.
PROBLEMAS DA SAÚDE:
Abusar de antibióticos e non seguir as pautas que marca o médico.
A mala alimentación coa inxesta de moitos alimentos precociñados con moitos
conservantes e colorantes, moi daniños para a nosa saúde.
Abusar de azúcares e sales, son moi perxudiciais para a saúde.
Non limpar e asearse as mans, antes de facer as comidas ou merendas.
As baterías e virus propáganse en lugares contaminados, a limpeza da froita, verduras, o
bo estado dos productos alimentarios.
5. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.
Respectar as datas de caducidade, para algo están.
Conservas aboiadas, ou con abombamento rexeitalas, pola posibilidade de estar en mal
estado.
O abuso de graxas animais é moi pouco saudábel
XOGAMOS A LEVAR UNHA VIDA SAUDÁBEL:
Facer deporte nun medio saudábel como o bosque , montaña…ben correr moderadamente ou
camiñar.
Durmir as 8 horas de descanso.
Conservar o noso entorno natural e respectar o medio ambiente.
Comer produtos ecolóxicos e saudábeis, a mellor ser da zona máis próxima.
Non consumir produtos procesados, nin que conteñan grazas de tipo animal.
Evitar bebidas alcoólicas e azucaradas, a auga é a mellor bebida, sempre que sexa potable ou
estea beb¡n tratada.
6. CEIP MANUEL PADÍN TRUITEIRO. 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.
Procurar consumir produtos locais e de temporada.
Vivir nas zonas rurais menos contaminadas en todos os sentidos.
Socializarnos e rir máis.
Dietas equilibradas…
Utilización de plantas medicinais para determinadas indisposicións da saúde, que non sexan
graves.
6