SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  22
METEOESCOLAS
“O TEMPO MADE IN BUEU”
CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU CURSO 2015-16
http://otempomadeinbueu.blogspot.com
QUE IMOS FACER NESTE PROXECTO?
Imos observar o tempo que fai en Bueu. Observaremos e
apuntaremos os días que vai sol, que chove, que está nubrado
que neva … e o seu carón colocaremos a icona correspondente.
O alumnado de educación
infantil elaborará debuxos
sobre o tempo que está a
facer en Bueu e estamparano
nun mural contando cantos
días houbo de sol, nubrado,
choiva ...
Na garita meteorolóxica
que colocamos no patio do
recreo están colocados
dous instrumentos que nos
van a axudar a tomar
outros datos.
Un termómetro que
todos os días vai medir
a temperatura máxima e
mínima do día, é dicir,
teremos a información
do momento de máis
calor e de máis frío do
día.
Un pluviómetro: O pluviómetro é un
aparello que recolle a cantidade de
choiva que cae nun día, nun lugar
determinado, no noso caso en Bueu.
Conta cunha probeta con dúas
gradacións: unha que indica o volume de
auga recollida (cm3) e outra que indica
a súa equivalencia en mm ou L/m2. A
recollida de datos de temperatura e
pluviosidade está organizada para que
todos poidamos acudir a facela
acompañados dos titores.
Outro dato que observaremos tamén
é a fase na que se atopa a Lúa, o
noso satélite.
Todos esta información, que
recolleremos diariamente, estará no
taboleiro da entrada que poderedes
consultar sempre que queirades.
Con todos estes datos recollidos: temperaturas máximas e
mínimas, pluviosidade e os días de sol, nubrados ou de
choiva elaboraremos gráficos de barras e climogramas, que
nos darán unha información máis visual do tempo
meteorolóxico de Bueu.
GRÁFICOS DE BARRAS DE TEMPERATURAS MÁXIMAS E MÍNIMAS
CLIMOGRAMA Neste gráfico recóllense os datos das
temperaturas medias de cada mes así como a
pluviosidade (cantidade de choiva ).
Pois claro que si, é o que imos facer todos os días no colexio.
Apuntar o tempo que vai en Bueu cada día, ese é o tempo
meteorolóxico.
Despois de varios anos de anotar o tempo meteorolóxico de
Bueu e analizando todos eses datos poderemos sacar
conclusións do clima de Bueu.
SABEMOS XA QUE É O TEMPO METEOROLÓXICO ?
TEMPO METEOROLÓXICO CLIMA
É o tempo que vai en Bueu nun
momento do día. Estúdano os
meteorólogos con instrumentos
colocados en estacións
meteorolóxicas con
instrumentos como o
termómetro, o pluviómetro, o
anemómetro…
Clima é o conxunto de datos
meteorolóxicos dun lugar
durante varios anos.
ONDE SE PRODUCEN ESES FENÓMENOS
METEOROLÓXICOS OU METEOROS?
Os fenómenos meteorolóxicos tamén chamados meteoros
prodúcense na atmosfera que como xa sabemos é a capa
gasosa que rodea a Terra.
Na atmosfera atopamos
distintas capas que van
dende o solo do noso
planeta ata o espazo
exterior. É na primeira
capa chamada Troposfera
onde se producen os
fenómenos atmosféricos que
todos coñecemos: chuvia,
vento, sarabia, néboa,
nubes, …
Como este é un
proxecto de TODO O
CENTRO temos que
traballar EN EQUIPO,
polo que imos repartir
as actividades por
niveis do seguinte xeito
INVENTAREMOS ADIVIÑAS E BUSCAREMOS
REFRÁNS QUE FALEN DO TEMPO ATMOSFÉRICO
• O alumnado de 1º e 2º inventará adiviñas que
teñan que ver co Sol, as nubes, a chuvia, o arco
da vella, a neve, a sarabia, os lóstregos, a
tronada, o vento ... Ilustrarán estas adiviñas e
farán un libro con elas para que todos podamos
divertirnos con el.
• Tamén buscarán refráns que falen de como é o
tempo nas distintas épocas do ano.
INVESTIGAREMOS SOBRE OUTROS APARATOS
QUE SERVEN PARA PREDECIR O TEMPO
ATMOSFÉRICO.
Os nenos e nenas de 5º e 6º buscarán información
sobre aparellos meteorolóxicos, buscarán
fotografías deles e elaborarán un libro con toda
esta información. Eles tamén serán encargados de
introducir os datos na páxina de meteogalicia.
OBSERVAREMOS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS
Fixádevos ben, porque imos ter que estar moi
atentos para facer fotos deles xa que no mes de
maio imos facer unha exposición con todas os
fenómenos meteorolóxicos que fotografamos en
Bueu. Teremos fotos tan interesantes como ...
VENTO
CHUVIA
MARUSÍA
ARCO DA VELLA NEVE
RAIOS (TORMENTA) FURACÁN
NÉBOA SARABIA
ORBALLO XIADA
Tamén podemos observar e fotografar os distintos tipos de nubes
como:
Os nenos e nenas de 3º e 4º investigarán como se chaman estas
nubes e se son de chuvia ou non
O TEMPO EN ROCKFORD (ILLINOIS)
En inglés imos facer un pequeño estudo do tempo en
Rockford, cidade orixinaria de Alma.
Durante varias semanas tomaremos nota dos datos
meteorolóxicos: temperatura, vento, precipitacións… tanto
en Rockford como en Bueu.
Finalmente faremos unha gráfica comparativa das dúas
cidades.
QUE IMOS FACER CON TODOS ESTES
TRABALLOS?
• Na sala polivalente temos preparada toda unha parede, a
modo de mural, para que cada nivel coloque alí os seus
traballos e así podelos consultar e aprender xuntos. Nesta
sala colocaremos tamén as fotografías que vaiades
traendo sobre os fenómenos meteorolóxicos que se
produzan en Bueu.
• Ademais, e para seguir aprendendo xuntos imos celebrar o
día da meteoroloxía, 23 de marzo, elaborando viraventos
que faremos xirar no patio do recreo.
• Será o mes de maio cando vexamos o resultado de todo o
traballo realizado e comprobemos canto aprendemos.
Ánimo e mans a obra!
QUE IMOS FACER NESTE PROXECTO? Resumo
• Neste curso imos levar a cabo un novo proxecto que se chama
Meteoescolas e todos e todas imos participar porque cada nivel
de alumnado do colexio vai realizar distintas tarefas sobre o
tempo meteorolóxico que estea a facer na nosa vila, Bueu.
Teremos que facer un bo traballo en equipo para que rematemos
un traballo ben feito. Os traballos que temos previsto realizar
son:
• O alumnado de educación infantil: pintar paisaxes onde se
reflicta o tempo atmosférico e anotar mediante estampado,
debuxos e números os días de sol, nubes e choiva
• Os nenos e nenas de 1º e 2º realizarán un refraneiro dos meses
do ano que teñan que ver co tempo atmosférico, adiviñas sobre
o tempo atmosférico e elaborarán libros con este material para
a biblioteca do cole.
• En 3º e 4º encargaranse de medir a temperatura máxima e
mínima así como a cantidade de choiva ao entrar ao cole ou na
hora de ler. Elaborarán gráficos de barras con esta información.
Tamén Investigarán sobre as distintas formas das nubes sobre
os símbolos meteorolóxicos. Elaborarán un tríptico con eles
• Os maiores de 5º e 6º informarán do proxecto a todo o alumnado.
Analizarán unha vez á semana na hora de ler os datos recollidos.
Compararán os nosos datos con outro cole do interior e de montaña
se pode ser. Pasarán ao ordenador os datos recollidos polos
compañeiros de 3º e 4º. Investigarán sobre os aparatos
meteorolóxicos. Elaborarán un libro con esta información.
Elaboración dun pluviómetro. Cando se produzan fenómenos
meteorolóxicos relevantes na nosa Comunidade Autónoma
comentarémolos na hora de ler. Na área de Inglés, preparación de
vocabulario básico, iconas meteorolóxicas. O tempo meteorolóxico en
Rockford, lugar de procedencia da nosa auxiliar de conversa este
ano.
• Celebraremos todos xuntos o día da meteoroloxía o 23 de marzo
con estas dúas actividades
• Actividade para toda a comunidade educativa: durante todo o curso
poderanse enviar fotografías do tempo atmosférico en Bueu coas que
se realizará unha exposición (distintas formas de nubes, xeadas,
rocío, arco da vella, treboadas, néboas, cicloxénesis explosiva ...)
• Actividade para as aulas: elaboración de viraventos e anemómetros
para a súa exposición o 23 de marzo día da meteoroloxía se o tempo
o permite no patio de recreo.

Contenu connexe

En vedette

Persuasion Power
Persuasion PowerPersuasion Power
Persuasion PowerLois Kelly
 
Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_
Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_
Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_Federación Solidaridad
 
Funder presentation for kusif
Funder presentation for kusifFunder presentation for kusif
Funder presentation for kusifSosyalEtkiAnalizi
 
SWSIG wlic2016
SWSIG wlic2016SWSIG wlic2016
SWSIG wlic2016Figoblog
 
RDA 2016 - Presse nationale France
RDA 2016 - Presse nationale FranceRDA 2016 - Presse nationale France
RDA 2016 - Presse nationale FranceTrophée des Roses
 
CIOshared.com Event Marketing 2016
CIOshared.com Event Marketing 2016CIOshared.com Event Marketing 2016
CIOshared.com Event Marketing 2016Mike Kelly
 
Las plantas
Las plantasLas plantas
Las plantasviki123
 
Proyecto Educación Infantil sobre el agua
Proyecto Educación Infantil sobre el aguaProyecto Educación Infantil sobre el agua
Proyecto Educación Infantil sobre el aguabeatic_
 
Guía Didáctica sobre el cuidado del agua y más
Guía Didáctica sobre el cuidado del agua y másGuía Didáctica sobre el cuidado del agua y más
Guía Didáctica sobre el cuidado del agua y másAriadna_Caceres
 

En vedette (18)

Persuasion Power
Persuasion PowerPersuasion Power
Persuasion Power
 
R consejo l_medio_ambiente
R consejo l_medio_ambienteR consejo l_medio_ambiente
R consejo l_medio_ambiente
 
Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_
Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_
Reglamento clm modificado_2010.doc__consejo_local_de_la_mujer_
 
Cromatografia
CromatografiaCromatografia
Cromatografia
 
Mi seguridad depende de ti
Mi seguridad depende de tiMi seguridad depende de ti
Mi seguridad depende de ti
 
Plan municipal de_generacion_de_empleo-
Plan municipal de_generacion_de_empleo-Plan municipal de_generacion_de_empleo-
Plan municipal de_generacion_de_empleo-
 
R consejo local_voluntariado_
R consejo local_voluntariado_R consejo local_voluntariado_
R consejo local_voluntariado_
 
Funder presentation for kusif
Funder presentation for kusifFunder presentation for kusif
Funder presentation for kusif
 
O tempo 4º curso
O tempo 4º cursoO tempo 4º curso
O tempo 4º curso
 
SWSIG wlic2016
SWSIG wlic2016SWSIG wlic2016
SWSIG wlic2016
 
RDA 2016 - Presse nationale France
RDA 2016 - Presse nationale FranceRDA 2016 - Presse nationale France
RDA 2016 - Presse nationale France
 
CIOshared.com Event Marketing 2016
CIOshared.com Event Marketing 2016CIOshared.com Event Marketing 2016
CIOshared.com Event Marketing 2016
 
Arboles Frutales
Arboles FrutalesArboles Frutales
Arboles Frutales
 
Las plantas.
Las plantas.Las plantas.
Las plantas.
 
Las plantas
Las plantasLas plantas
Las plantas
 
Proyecto Educación Infantil sobre el agua
Proyecto Educación Infantil sobre el aguaProyecto Educación Infantil sobre el agua
Proyecto Educación Infantil sobre el agua
 
Tecnica de sintesis
Tecnica de sintesisTecnica de sintesis
Tecnica de sintesis
 
Guía Didáctica sobre el cuidado del agua y más
Guía Didáctica sobre el cuidado del agua y másGuía Didáctica sobre el cuidado del agua y más
Guía Didáctica sobre el cuidado del agua y más
 

Plus de Bibliocastelo A Pedra (20)

Pablo Picasso
Pablo PicassoPablo Picasso
Pablo Picasso
 
O Greco
O GrecoO Greco
O Greco
 
Marc Taeger
Marc TaegerMarc Taeger
Marc Taeger
 
Manolo Otero Cabanelas
Manolo Otero CabanelasManolo Otero Cabanelas
Manolo Otero Cabanelas
 
Salvador Dalí
Salvador DalíSalvador Dalí
Salvador Dalí
 
Salvador Gaudí
Salvador GaudíSalvador Gaudí
Salvador Gaudí
 
Luis davila
Luis davilaLuis davila
Luis davila
 
Antoni Gaudí
Antoni GaudíAntoni Gaudí
Antoni Gaudí
 
SWITZERLAND
SWITZERLANDSWITZERLAND
SWITZERLAND
 
INDIA
INDIAINDIA
INDIA
 
FRANCE
FRANCEFRANCE
FRANCE
 
THAILAND
THAILANDTHAILAND
THAILAND
 
THE NETHERLANDS
THE NETHERLANDSTHE NETHERLANDS
THE NETHERLANDS
 
FRANCE
FRANCEFRANCE
FRANCE
 
CHINA
CHINACHINA
CHINA
 
JAPAN
JAPANJAPAN
JAPAN
 
JAMAICA
JAMAICAJAMAICA
JAMAICA
 
BRAZIL
BRAZILBRAZIL
BRAZIL
 
GERMANY
GERMANYGERMANY
GERMANY
 
RUSSIA
RUSSIARUSSIA
RUSSIA
 

Presentación O tempo made in ´Bueu

  • 1. METEOESCOLAS “O TEMPO MADE IN BUEU” CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU CURSO 2015-16 http://otempomadeinbueu.blogspot.com
  • 2. QUE IMOS FACER NESTE PROXECTO? Imos observar o tempo que fai en Bueu. Observaremos e apuntaremos os días que vai sol, que chove, que está nubrado que neva … e o seu carón colocaremos a icona correspondente. O alumnado de educación infantil elaborará debuxos sobre o tempo que está a facer en Bueu e estamparano nun mural contando cantos días houbo de sol, nubrado, choiva ...
  • 3. Na garita meteorolóxica que colocamos no patio do recreo están colocados dous instrumentos que nos van a axudar a tomar outros datos.
  • 4. Un termómetro que todos os días vai medir a temperatura máxima e mínima do día, é dicir, teremos a información do momento de máis calor e de máis frío do día.
  • 5. Un pluviómetro: O pluviómetro é un aparello que recolle a cantidade de choiva que cae nun día, nun lugar determinado, no noso caso en Bueu. Conta cunha probeta con dúas gradacións: unha que indica o volume de auga recollida (cm3) e outra que indica a súa equivalencia en mm ou L/m2. A recollida de datos de temperatura e pluviosidade está organizada para que todos poidamos acudir a facela acompañados dos titores.
  • 6. Outro dato que observaremos tamén é a fase na que se atopa a Lúa, o noso satélite. Todos esta información, que recolleremos diariamente, estará no taboleiro da entrada que poderedes consultar sempre que queirades.
  • 7. Con todos estes datos recollidos: temperaturas máximas e mínimas, pluviosidade e os días de sol, nubrados ou de choiva elaboraremos gráficos de barras e climogramas, que nos darán unha información máis visual do tempo meteorolóxico de Bueu. GRÁFICOS DE BARRAS DE TEMPERATURAS MÁXIMAS E MÍNIMAS
  • 8.
  • 9. CLIMOGRAMA Neste gráfico recóllense os datos das temperaturas medias de cada mes así como a pluviosidade (cantidade de choiva ).
  • 10. Pois claro que si, é o que imos facer todos os días no colexio. Apuntar o tempo que vai en Bueu cada día, ese é o tempo meteorolóxico. Despois de varios anos de anotar o tempo meteorolóxico de Bueu e analizando todos eses datos poderemos sacar conclusións do clima de Bueu. SABEMOS XA QUE É O TEMPO METEOROLÓXICO ? TEMPO METEOROLÓXICO CLIMA É o tempo que vai en Bueu nun momento do día. Estúdano os meteorólogos con instrumentos colocados en estacións meteorolóxicas con instrumentos como o termómetro, o pluviómetro, o anemómetro… Clima é o conxunto de datos meteorolóxicos dun lugar durante varios anos.
  • 11. ONDE SE PRODUCEN ESES FENÓMENOS METEOROLÓXICOS OU METEOROS? Os fenómenos meteorolóxicos tamén chamados meteoros prodúcense na atmosfera que como xa sabemos é a capa gasosa que rodea a Terra. Na atmosfera atopamos distintas capas que van dende o solo do noso planeta ata o espazo exterior. É na primeira capa chamada Troposfera onde se producen os fenómenos atmosféricos que todos coñecemos: chuvia, vento, sarabia, néboa, nubes, …
  • 12. Como este é un proxecto de TODO O CENTRO temos que traballar EN EQUIPO, polo que imos repartir as actividades por niveis do seguinte xeito
  • 13. INVENTAREMOS ADIVIÑAS E BUSCAREMOS REFRÁNS QUE FALEN DO TEMPO ATMOSFÉRICO • O alumnado de 1º e 2º inventará adiviñas que teñan que ver co Sol, as nubes, a chuvia, o arco da vella, a neve, a sarabia, os lóstregos, a tronada, o vento ... Ilustrarán estas adiviñas e farán un libro con elas para que todos podamos divertirnos con el. • Tamén buscarán refráns que falen de como é o tempo nas distintas épocas do ano.
  • 14. INVESTIGAREMOS SOBRE OUTROS APARATOS QUE SERVEN PARA PREDECIR O TEMPO ATMOSFÉRICO. Os nenos e nenas de 5º e 6º buscarán información sobre aparellos meteorolóxicos, buscarán fotografías deles e elaborarán un libro con toda esta información. Eles tamén serán encargados de introducir os datos na páxina de meteogalicia.
  • 15. OBSERVAREMOS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS Fixádevos ben, porque imos ter que estar moi atentos para facer fotos deles xa que no mes de maio imos facer unha exposición con todas os fenómenos meteorolóxicos que fotografamos en Bueu. Teremos fotos tan interesantes como ... VENTO CHUVIA MARUSÍA
  • 16. ARCO DA VELLA NEVE RAIOS (TORMENTA) FURACÁN
  • 18. Tamén podemos observar e fotografar os distintos tipos de nubes como: Os nenos e nenas de 3º e 4º investigarán como se chaman estas nubes e se son de chuvia ou non
  • 19. O TEMPO EN ROCKFORD (ILLINOIS) En inglés imos facer un pequeño estudo do tempo en Rockford, cidade orixinaria de Alma. Durante varias semanas tomaremos nota dos datos meteorolóxicos: temperatura, vento, precipitacións… tanto en Rockford como en Bueu. Finalmente faremos unha gráfica comparativa das dúas cidades.
  • 20. QUE IMOS FACER CON TODOS ESTES TRABALLOS? • Na sala polivalente temos preparada toda unha parede, a modo de mural, para que cada nivel coloque alí os seus traballos e así podelos consultar e aprender xuntos. Nesta sala colocaremos tamén as fotografías que vaiades traendo sobre os fenómenos meteorolóxicos que se produzan en Bueu. • Ademais, e para seguir aprendendo xuntos imos celebrar o día da meteoroloxía, 23 de marzo, elaborando viraventos que faremos xirar no patio do recreo. • Será o mes de maio cando vexamos o resultado de todo o traballo realizado e comprobemos canto aprendemos. Ánimo e mans a obra!
  • 21. QUE IMOS FACER NESTE PROXECTO? Resumo • Neste curso imos levar a cabo un novo proxecto que se chama Meteoescolas e todos e todas imos participar porque cada nivel de alumnado do colexio vai realizar distintas tarefas sobre o tempo meteorolóxico que estea a facer na nosa vila, Bueu. Teremos que facer un bo traballo en equipo para que rematemos un traballo ben feito. Os traballos que temos previsto realizar son: • O alumnado de educación infantil: pintar paisaxes onde se reflicta o tempo atmosférico e anotar mediante estampado, debuxos e números os días de sol, nubes e choiva • Os nenos e nenas de 1º e 2º realizarán un refraneiro dos meses do ano que teñan que ver co tempo atmosférico, adiviñas sobre o tempo atmosférico e elaborarán libros con este material para a biblioteca do cole. • En 3º e 4º encargaranse de medir a temperatura máxima e mínima así como a cantidade de choiva ao entrar ao cole ou na hora de ler. Elaborarán gráficos de barras con esta información. Tamén Investigarán sobre as distintas formas das nubes sobre os símbolos meteorolóxicos. Elaborarán un tríptico con eles
  • 22. • Os maiores de 5º e 6º informarán do proxecto a todo o alumnado. Analizarán unha vez á semana na hora de ler os datos recollidos. Compararán os nosos datos con outro cole do interior e de montaña se pode ser. Pasarán ao ordenador os datos recollidos polos compañeiros de 3º e 4º. Investigarán sobre os aparatos meteorolóxicos. Elaborarán un libro con esta información. Elaboración dun pluviómetro. Cando se produzan fenómenos meteorolóxicos relevantes na nosa Comunidade Autónoma comentarémolos na hora de ler. Na área de Inglés, preparación de vocabulario básico, iconas meteorolóxicas. O tempo meteorolóxico en Rockford, lugar de procedencia da nosa auxiliar de conversa este ano. • Celebraremos todos xuntos o día da meteoroloxía o 23 de marzo con estas dúas actividades • Actividade para toda a comunidade educativa: durante todo o curso poderanse enviar fotografías do tempo atmosférico en Bueu coas que se realizará unha exposición (distintas formas de nubes, xeadas, rocío, arco da vella, treboadas, néboas, cicloxénesis explosiva ...) • Actividade para as aulas: elaboración de viraventos e anemómetros para a súa exposición o 23 de marzo día da meteoroloxía se o tempo o permite no patio de recreo.