SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  3
Télécharger pour lire hors ligne
Actividades deseñadas para Primaria:
SET. OUT. NOV. DEC. XAN. FEB. MAR. ABR. MAI. XUÑ.
Cámbialle o final
ao conto
Un conto por mes
Coñecemos a
mulleres
Previo ao día da muller
traballadora (8 marzo)
Ponte nos seus
zapatos
Obradoiro de
horto e cociña
Maletas viaxeiras
Quen ven sendo?
Xoga que te xoga
Xoguetes
Esta Mafalda
A música
Dálle unha volta
ao conto
Actividades deseñadas para Educación Infantil:
SET. OUT. NOV. DEC. XAN. FEB. MAR. ABR. MAI. XUÑ.
Colorín colorado
este conto está
igualado
Un conto por mes
Coñecendo
superheroínas
Previo ao día da muller
traballadora (8 marzo)
As pegadas da
igualdade
Obradoiro de horto
e cociña
Maletas viaxeiras
Elas son...
Xoga que te xoga
Os xoguetes son
de... persoas
Aquí todos
pintamos moito
En clave de
igualdade
Dálle unha volta ao
conto
En canto aos contos, obradoiro de horto e cociña, maletas viaxeiras, elas son...., esta Mafalda e xoga
que te xoga seguirase coa programación que xa se iniciou no primeiro trimestre
2.- COÑECEMOS A MULLERES
DESTINATARIOS: Alumnado de todos os niveis de Educación Primaria
TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, antes do día da muller traballadora (8 de marzo)
DESCRICIÓN:
Moitas veces o noso alumnado ten moi estereotipado o traballo por xénero e seguen a
considerar con valor feminino ou masculino algunhas profesións ou tarefas diarias. Pretendemos con esta actividade
coñecer mulleres do noso contorno e romper con estes estereotipos, afondando no que significa o seu traballo, lugar,
instrumentos, horarios e as repercusións que tiveron para o futuro traballo doutras mulleres.
A actividade será moi diferente para os distintos niveis do alumnado:
 O alumnado de 1º e 2º nivel reproducirá o coñecido programa da televisión denominado “Juego de niños” no que
se gañaban “gallifantes”, gravándolles o que para eles e elas é unha profesión, onde se exerce esa profesión,
con que, etc. Un exemplo móstrase no seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=YwTbl1-pnUs
Esas gravacións gardaranse e utilizaranse posteriormente.
 O alumnado de 3º e 4º elaborará entrevistas a mulleres que coñecemos como a condutora do bus, unha
camioneira, unha taxista, Marina a da tenda, unha bombeira, unha garda civil...
 O alumnado de 5º e 6º gravará as entrevistas feitas polos compañeiros ás distintas mulleres.
 O día da Muller traballadora ensinaremos as súas gravacións paralelas, o que pensan os pequenos e pequenas
sobre o que é unha profesión e o que nos conta realmente a muller entrevistada.
Supoñemos que na gravación dos pequenos sairán os estereotipos, o que nos dará pé a traballar a temática
da igualdade entre homes e mulleres.
6.- QUEN VEN SENDO?
DESTINATARIOS: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria
TEMPORALIZACIÓN: No primeiro trimestre e no segundo ata o día da Muller Traballadora
DESCRICIÓN:
Elaboración de Webquests simples para coñecer a figura e obra de mulleres de referencia na nosa cultura, tales como
Frida Kahlo, Rosalía de Castro, Maruxa Mayo, Menchu Lamas, Clara Campoamor, Concepción Arenal... Cada titor/a
escollerá unha dentro das que se propoñan relacionándoas co currículo do nivel que imparte. Por exemplo, se están co
espazo estudarán á primeira astronauta.
Cada nivel explicará ao resto dos niveis a figura que lles tocou para o que farán un mural de papel continuo ou ben
empregando ferramentas TIC como Power Point, Prezi, Emaze, Powtoon ou Glogster. O día 8 de marzo farase a
exposición de cada un, co cal todos e todas coñeceremos, polo menos, 6 mulleres importantes e a súa obra. Ademais,
trataremos de abrir a nosa experiencia ao contorno polo que traballaremos con centros próximos aos que contaremos o
traballado empregando a plataforma Redeiras da Xunta de Galicia ou mesmo o Skype.
Posteriormente, faremos o xogo de “Adiviña quen son”. Elaboraremos coroas coa imaxe de cada unha das figuras
traballadas e poñeráselle a un neno ou nena que non saberá de quen se trata. Poderá facer preguntas ás que só se pode
contestar con si ou non.
11.- DÁLLE UNHA VOLTA AO CONTO
DESTINATARIOS: Alumnado de todos os niveis de Educación Primaria
TEMPORALIZACIÓN: Entroido
DESCRICIÓN:
Co fin de celebrar a festividade do Entroido e tendo en conta que a biblioteca é o eixe vertebrador deste
proxecto, cada nivel escollerá un conto no que basearse para a realización dos disfraces e evitarase que sexa o alumnado
quen escolla un determinado papel por ser considerado por eles como masculino ou feminino. Os contos empregados
serán aqueles que non mostren descricións nin accións sexistas e serán dramatizados ao pé da letra e, en cambio, os
contos máis tradicionais cargados de estereotipos, haberá que facer unha nova versión dándolle a volta ao conto.
* En reunión claustral , acórdase que debido a que no proxecto Xermoliño traballaremos os animais que nos
proporcionan alimentos neste trimestre os disfraces serán dos animais que correspondan a cada nivel,
relacionándoos cos animais dos contos. Isto refírese tanto a E. Infantil como E. Primaria.
2.- COÑECENDO “SUPERHEROÍNAS”
DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil
TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, antes do día da muller traballadora (8 de marzo)
DESCRICIÓN:
Moitas veces o noso alumnado ten moi estereotipado o traballo por xénero e seguen a considerar con valor
feminino ou masculino algunhas profesións ou tarefas diarias. Pretendemos con esta actividade coñecer mulleres do noso
contorno e romper con estes estereotipos, afondando no que significa o seu traballo, lugar, instrumentos, horarios e as
repercusións que tiveron para o futuro traballo doutras mulleres.
A través do visionado de esculturas femininas coñeceremos a importancia do papel das mulleres ao longo do
tempo, escolleremos esculturas dedicadas ás sardiñeiras, ás leiteiras, ás mariscadoras… a escultura dedicada á María
Pita na Coruña ou a dedicada a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela.
Despois faremos unha sesión fotográfica na que intentaremos imitar as poses destas mulleres tan relevantes na
cultura galega.
Despois de coñecer estas esculturas xogaremos a investigar: preguntarémonos se no noso concello existe
algunha escultura homenaxe a algunha muller? Isto implicará unha busca de información.
Tamén teremos en conta o rueiro do concello de Carballo e intentaremos investigar se hai Rúas dedicadas a
mulleres, se as hai contarémolas e compararemos o número coas dedicadas aos homes.
Despois de coñecer a estas “superheroínas” do pasado recoñeceremos ás do presente e para iso elaboraremos
unhas tarxetas nas se recoñecerá o traballo das nosas “superheroínas” máis próximas; desde as nosas avoas e nais ata
a caixeira dun super, a condutora dun autobús, a pediatra que nos atende, unha camioneira….. As tarxetas terán escrito
por detrás mensaxes de recoñecemento como por exemplo: “Ti vales moito”, “ Non te esquezas da supermuller que levas
dentro”...
6.- ELAS SON.....
DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil
TEMPORALIZACIÓN: No primeiro trimestre e no segundo ata o día da Muller Traballadora
DESCRICIÓN:
Elaboración de LIMS simples para coñecer a figura e obra de mulleres de referencia na nosa cultura, tales como
Frida Kahlo, Rosalía de Castro, Maruxa Mayo, Menchu Lamas, algunha ilustradora dos seus contos, etc. Nestes LIMS
terán quebracabezas, memories tanto das imaxes das mulleres coma das súas obras, de tal xeito que se familiarizarán
coas mesmas.
Farase unha cada trimestre e ao remate do mesmo cada nivel contaralle aos outros o que aprenderon sobre a figura
que lles tocou. Deste xeito todos e todas rematarán coñecendo, polo menos, a 6 figuras femininas.
11.- DÁLLE UNHA VOLTA AO CONTO
DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil
TEMPORALIZACIÓN: Entroido
DESCRICIÓN:
Co fin de celebrar a festividade do Entroido e tendo en conta que a biblioteca é o eixe vertebrador deste
proxecto, cada nivel escollerá un conto dos traballados na actividade 5.1 no que basearse para a realización dos disfraces
. Farémolos nun obradoiro coas familias de tal maneira que tamén con elas traballaremos os estereotipos que aparecen
nos contos
9.- AQUÍ TODOS PINTAMOS MOITO
DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil.
TEMPORALIZACIÓN: Segundo trimestre
DESCRICIÓN:
Partindo dos contos “El artista que pintó un caballo azul” e “ Los colores”, preténdese facer unha reflexión simple,
a nivel destes nenos e nenas tan pequen@s, dos estereotipos que ten a sociedade con respecto ás cores.
Leranse os contos e farase un obradoiro de pintura, mesturando as cores, e encontrando a beleza precisamente
nas mesturas que se fagan, afastándonos dos estereotipos. Presentarémoslles siluetas tamaño cartolina de diversas
cousas, persoas, animais e escolleremos a cor ou mestura de cores coas que o pintaremos.

Contenu connexe

Tendances (18)

Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
Fina casalderrei
Fina casalderreiFina casalderrei
Fina casalderrei
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Xosé neira vilas
Xosé neira vilasXosé neira vilas
Xosé neira vilas
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
Filgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literariaFilgueira Valverde: obra literaria
Filgueira Valverde: obra literaria
 
Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Art'sorey
Art'soreyArt'sorey
Art'sorey
 
Suso de toro
Suso de toroSuso de toro
Suso de toro
 
Entrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanhoEntrevista yolanda castanho
Entrevista yolanda castanho
 
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As RevoltasLecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
Lecturas 25 n 2015. CPI As Revoltas
 
Xela Arias
Xela AriasXela Arias
Xela Arias
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Daniel ferreiro
Daniel ferreiroDaniel ferreiro
Daniel ferreiro
 
Yolanda castaño
Yolanda castañoYolanda castaño
Yolanda castaño
 

Similaire à Programación plambe

8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Encarna
 
xenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfxenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfEncarna Lago
 
xenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfxenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfEncarna Lago
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfEncarna Lago
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfEncarna Lago
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfEncarna Lago
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
O Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilO Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilYolanda Paz
 
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdfMITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdfLilarueta
 
xenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfxenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfEncarna Lago
 
Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017ceipmontemogos
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaEncarna
 

Similaire à Programación plambe (20)

8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015
 
xenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfxenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdf
 
xenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdfxenero_bac_7abr.pdf
xenero_bac_7abr.pdf
 
xenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdfxenero_eso_7abr.pdf
xenero_eso_7abr.pdf
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdf
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdf
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
O Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilO Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantil
 
Actividades
ActividadesActividades
Actividades
 
DíA Da Muller
DíA Da MullerDíA Da Muller
DíA Da Muller
 
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdfMITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
MITOS E LENDAS - TRABALLO.pdf
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Gandarela parte 1
Gandarela parte 1Gandarela parte 1
Gandarela parte 1
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
xenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfxenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdf
 
Entrevista a María Solar
Entrevista  a María SolarEntrevista  a María Solar
Entrevista a María Solar
 
Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017Fiadeiro Letras Galegas 2017
Fiadeiro Letras Galegas 2017
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel María
 

Plus de Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 
Primeiros lectores
Primeiros lectoresPrimeiros lectores
Primeiros lectores
 

Programación plambe

  • 1. Actividades deseñadas para Primaria: SET. OUT. NOV. DEC. XAN. FEB. MAR. ABR. MAI. XUÑ. Cámbialle o final ao conto Un conto por mes Coñecemos a mulleres Previo ao día da muller traballadora (8 marzo) Ponte nos seus zapatos Obradoiro de horto e cociña Maletas viaxeiras Quen ven sendo? Xoga que te xoga Xoguetes Esta Mafalda A música Dálle unha volta ao conto Actividades deseñadas para Educación Infantil: SET. OUT. NOV. DEC. XAN. FEB. MAR. ABR. MAI. XUÑ. Colorín colorado este conto está igualado Un conto por mes Coñecendo superheroínas Previo ao día da muller traballadora (8 marzo) As pegadas da igualdade Obradoiro de horto e cociña Maletas viaxeiras Elas son... Xoga que te xoga Os xoguetes son de... persoas Aquí todos pintamos moito En clave de igualdade Dálle unha volta ao conto En canto aos contos, obradoiro de horto e cociña, maletas viaxeiras, elas son...., esta Mafalda e xoga que te xoga seguirase coa programación que xa se iniciou no primeiro trimestre
  • 2. 2.- COÑECEMOS A MULLERES DESTINATARIOS: Alumnado de todos os niveis de Educación Primaria TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, antes do día da muller traballadora (8 de marzo) DESCRICIÓN: Moitas veces o noso alumnado ten moi estereotipado o traballo por xénero e seguen a considerar con valor feminino ou masculino algunhas profesións ou tarefas diarias. Pretendemos con esta actividade coñecer mulleres do noso contorno e romper con estes estereotipos, afondando no que significa o seu traballo, lugar, instrumentos, horarios e as repercusións que tiveron para o futuro traballo doutras mulleres. A actividade será moi diferente para os distintos niveis do alumnado:  O alumnado de 1º e 2º nivel reproducirá o coñecido programa da televisión denominado “Juego de niños” no que se gañaban “gallifantes”, gravándolles o que para eles e elas é unha profesión, onde se exerce esa profesión, con que, etc. Un exemplo móstrase no seguinte vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=YwTbl1-pnUs Esas gravacións gardaranse e utilizaranse posteriormente.  O alumnado de 3º e 4º elaborará entrevistas a mulleres que coñecemos como a condutora do bus, unha camioneira, unha taxista, Marina a da tenda, unha bombeira, unha garda civil...  O alumnado de 5º e 6º gravará as entrevistas feitas polos compañeiros ás distintas mulleres.  O día da Muller traballadora ensinaremos as súas gravacións paralelas, o que pensan os pequenos e pequenas sobre o que é unha profesión e o que nos conta realmente a muller entrevistada. Supoñemos que na gravación dos pequenos sairán os estereotipos, o que nos dará pé a traballar a temática da igualdade entre homes e mulleres. 6.- QUEN VEN SENDO? DESTINATARIOS: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria TEMPORALIZACIÓN: No primeiro trimestre e no segundo ata o día da Muller Traballadora DESCRICIÓN: Elaboración de Webquests simples para coñecer a figura e obra de mulleres de referencia na nosa cultura, tales como Frida Kahlo, Rosalía de Castro, Maruxa Mayo, Menchu Lamas, Clara Campoamor, Concepción Arenal... Cada titor/a escollerá unha dentro das que se propoñan relacionándoas co currículo do nivel que imparte. Por exemplo, se están co espazo estudarán á primeira astronauta. Cada nivel explicará ao resto dos niveis a figura que lles tocou para o que farán un mural de papel continuo ou ben empregando ferramentas TIC como Power Point, Prezi, Emaze, Powtoon ou Glogster. O día 8 de marzo farase a exposición de cada un, co cal todos e todas coñeceremos, polo menos, 6 mulleres importantes e a súa obra. Ademais, trataremos de abrir a nosa experiencia ao contorno polo que traballaremos con centros próximos aos que contaremos o traballado empregando a plataforma Redeiras da Xunta de Galicia ou mesmo o Skype. Posteriormente, faremos o xogo de “Adiviña quen son”. Elaboraremos coroas coa imaxe de cada unha das figuras traballadas e poñeráselle a un neno ou nena que non saberá de quen se trata. Poderá facer preguntas ás que só se pode contestar con si ou non. 11.- DÁLLE UNHA VOLTA AO CONTO DESTINATARIOS: Alumnado de todos os niveis de Educación Primaria TEMPORALIZACIÓN: Entroido DESCRICIÓN: Co fin de celebrar a festividade do Entroido e tendo en conta que a biblioteca é o eixe vertebrador deste proxecto, cada nivel escollerá un conto no que basearse para a realización dos disfraces e evitarase que sexa o alumnado quen escolla un determinado papel por ser considerado por eles como masculino ou feminino. Os contos empregados serán aqueles que non mostren descricións nin accións sexistas e serán dramatizados ao pé da letra e, en cambio, os contos máis tradicionais cargados de estereotipos, haberá que facer unha nova versión dándolle a volta ao conto. * En reunión claustral , acórdase que debido a que no proxecto Xermoliño traballaremos os animais que nos proporcionan alimentos neste trimestre os disfraces serán dos animais que correspondan a cada nivel, relacionándoos cos animais dos contos. Isto refírese tanto a E. Infantil como E. Primaria.
  • 3. 2.- COÑECENDO “SUPERHEROÍNAS” DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil TEMPORALIZACIÓN: 2º trimestre, antes do día da muller traballadora (8 de marzo) DESCRICIÓN: Moitas veces o noso alumnado ten moi estereotipado o traballo por xénero e seguen a considerar con valor feminino ou masculino algunhas profesións ou tarefas diarias. Pretendemos con esta actividade coñecer mulleres do noso contorno e romper con estes estereotipos, afondando no que significa o seu traballo, lugar, instrumentos, horarios e as repercusións que tiveron para o futuro traballo doutras mulleres. A través do visionado de esculturas femininas coñeceremos a importancia do papel das mulleres ao longo do tempo, escolleremos esculturas dedicadas ás sardiñeiras, ás leiteiras, ás mariscadoras… a escultura dedicada á María Pita na Coruña ou a dedicada a Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Despois faremos unha sesión fotográfica na que intentaremos imitar as poses destas mulleres tan relevantes na cultura galega. Despois de coñecer estas esculturas xogaremos a investigar: preguntarémonos se no noso concello existe algunha escultura homenaxe a algunha muller? Isto implicará unha busca de información. Tamén teremos en conta o rueiro do concello de Carballo e intentaremos investigar se hai Rúas dedicadas a mulleres, se as hai contarémolas e compararemos o número coas dedicadas aos homes. Despois de coñecer a estas “superheroínas” do pasado recoñeceremos ás do presente e para iso elaboraremos unhas tarxetas nas se recoñecerá o traballo das nosas “superheroínas” máis próximas; desde as nosas avoas e nais ata a caixeira dun super, a condutora dun autobús, a pediatra que nos atende, unha camioneira….. As tarxetas terán escrito por detrás mensaxes de recoñecemento como por exemplo: “Ti vales moito”, “ Non te esquezas da supermuller que levas dentro”... 6.- ELAS SON..... DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil TEMPORALIZACIÓN: No primeiro trimestre e no segundo ata o día da Muller Traballadora DESCRICIÓN: Elaboración de LIMS simples para coñecer a figura e obra de mulleres de referencia na nosa cultura, tales como Frida Kahlo, Rosalía de Castro, Maruxa Mayo, Menchu Lamas, algunha ilustradora dos seus contos, etc. Nestes LIMS terán quebracabezas, memories tanto das imaxes das mulleres coma das súas obras, de tal xeito que se familiarizarán coas mesmas. Farase unha cada trimestre e ao remate do mesmo cada nivel contaralle aos outros o que aprenderon sobre a figura que lles tocou. Deste xeito todos e todas rematarán coñecendo, polo menos, a 6 figuras femininas. 11.- DÁLLE UNHA VOLTA AO CONTO DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil TEMPORALIZACIÓN: Entroido DESCRICIÓN: Co fin de celebrar a festividade do Entroido e tendo en conta que a biblioteca é o eixe vertebrador deste proxecto, cada nivel escollerá un conto dos traballados na actividade 5.1 no que basearse para a realización dos disfraces . Farémolos nun obradoiro coas familias de tal maneira que tamén con elas traballaremos os estereotipos que aparecen nos contos 9.- AQUÍ TODOS PINTAMOS MOITO DESTINATARIOS: Alumnado de Educación Infantil. TEMPORALIZACIÓN: Segundo trimestre DESCRICIÓN: Partindo dos contos “El artista que pintó un caballo azul” e “ Los colores”, preténdese facer unha reflexión simple, a nivel destes nenos e nenas tan pequen@s, dos estereotipos que ten a sociedade con respecto ás cores. Leranse os contos e farase un obradoiro de pintura, mesturando as cores, e encontrando a beleza precisamente nas mesturas que se fagan, afastándonos dos estereotipos. Presentarémoslles siluetas tamaño cartolina de diversas cousas, persoas, animais e escolleremos a cor ou mestura de cores coas que o pintaremos.