Tratamento de augas residuais
Unha estación depuradora de augas residuais (EDAR), comprende
varias etapas de tratamento colocadas en serie. Paralelamente a
este tratamento, un laboratorio de análese, encárgase de controlar a
calidade dos efluentes entrantes e saintes da estación, así coma dos
parámetros de funcionamento.
Fases do tratamento
Polo xeral a depuración de augas
residuais consta das seguintes
operacións:
● Chegada á
estación:
canal de chegada
e recollida das
augas residuais á
estación
depuradora.
● Pretratamento: consiste nunhasucesión de etapas físicas e
mecánicas destinadas a separar as augas das materias
volumiunosas en suspensión; despois de esta fase só permanecen
as partículas con un diámetro inferior a 200 mm. Tamén ten lugar a
separación das grasas.
● Decantación primaria: Pode serpor decantación simple ou ben
por tratamento fisico químico. Afecta as partículas de diámetro
superior a 100 mm. As materias decantadas obtenidas pola
separación do efluente constituen os lodos primarios.
Tamén se leva a cabo a eliminación da polucuón coloidal e de
fósforo.
● Tratamento biolóxico: consiste básicamente nunha
degradación dos compostos orgánicos presentes no efluente por
microorganismos que se alimentan da contaminación orgánica
disolta. (lodos activados, leito bacteriano, biofiltro).
Dispositivos de aireación permiten as bacterias aerobias
empregadas en incrementar o seu metabolismo e, en consecuencia,
a súa acción.
● Decantación secundaria: Unha nova etapa de decantación permite
a separación dos lodos secundarios formados antes de obter o
auga depurada (filtrada e desinfectada)
● Tratamento de lodos: O tratamento de lodos e unha instalación
fundamental da estación depuradora. O seu obxetivo é reducir a
masa orgánica e o seu volumen de lodos primarios e secundarios
recollidos tras dúas etapas de decantación.
Comprende dúas fases: En primeiro lugar procédese a reducir a
masa orgánica mediante estabilización por dixestión aerobia ou
anaerobia, pasteurización e estabilización química; A continuación
redúcese o volumen dos lodos: por prensado, por deshidratación,
por secado térmico ou incineración.