SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  4
Télécharger pour lire hors ligne
PROPOSTA PROXECTO
FIN DE MASTER
ENXEÑERÍA
INFORMÁTICA: TETRIS
DE DEREITOS HUMANOS
Titorizan:
Emilio Padrón (Universidade da Coruña)
Miguel Segade (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia)
1
1. Antecedentes
Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen
ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade
mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e
poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, o
proceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como un
mecanismo para a transformación persoal e social.
O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galicia
a nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento,
realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúe
como un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo en
Educación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas de
traballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, e
considéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seu
correcto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización de
contidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, co
enfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, onde
ESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos e
organización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se queren
explorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”,
usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESF
explora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Risk
enerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre público
novo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto de
ludificación ou gamificación1
no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos,
actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF,
pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é o
que se propón aquí.
Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris2
, é xa parte da cultura pop, quérese
explorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máis
nova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dos
Dereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar co
producto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafío
técnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo
1 https://es.wikipedia.org/wiki/Ludificaci%C3%B3n
2 https://es.wikipedia.org/wiki/Tetris
2
perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar
actividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade de
Enxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar como
posible Proxecto Académico para a programación e o deseño gráfico, co
asesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento do
grupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación.
2. Obxecto da proposta e produtos esperados
Elaborar un videoxogo de “Tetris dos Dereitos Humanos”.
En concreto se pretende obter:
- O xogo en si como elemento de ludificación para achegar contidos de Dereitos
Humanos a persoas con pouco contacto con estes temas
- Un Proxecto Fin de Grao na Facultade de Informática con contidos de Educación
para o Desenvolvemento, como xeito de visibilizar a tecnoloxía como posible
ferramenta de ruptura co modelo extractivista no que as tecnoloxías dixitais
naceron, explorando o seu potencial emancipador, e todo iso dentro dunha
facultade onde se forman futuras profesionais (e exemplarizante tamén para
profesorado)
3. Idea de xogo e desenvolvemento
Se parte das premisas:
- que o xogo se poida usar en PC e tamén en teléfonos móbiles
- que teña apariencia sinxela, pero en cor (para poder usar as cores como
diferenciación de diversos servizos básicos aos susceptibles de ser Dereito
Humano)
- que poida integrar pequenas informacións en texto xunto coa aparición das pezas
a encaixar no proceso de xogo
- que teña algún nivel de dificultade para contrastar diferencias entre países
Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñen
traballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderán
empregar.
A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas e
cores, teñan asociadas:
- a cada cor un servizo básico de base tecnolóxica vencellado a un Dereito Humano
(nesta fase empezaríamos coas que soe traballar ESF Galicia: azuis a auga e
saneamento; amarelas a enerxía; laranxa as TIC; verde a alimentación)
- a cada forma un elemento que conforma a facilidade (as máis sinxelas de
encaixar) ou ameaza (as máis complicadas) para o aseguramento dun servizo
3
básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación e
institucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraestruturas axeitadas; as de
forma de L eivas nas infraestruturas; as de forma de Z corrupción, etc.).
A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno”
(país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha información
do estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida que
cada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a que
se refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis ou
menos fácil de encaixar a peza en cuestión).
Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse para
xogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade van
interrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade de
xogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade á
que caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propón
facer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) e
España (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel.
4

Contenu connexe

En vedette

Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...
Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...
Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...Bibliotēku portāls
 
Practical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.com
Practical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.comPractical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.com
Practical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.comAmazon Associates UK
 
Jobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBook
Jobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBookJobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBook
Jobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBookSean Godfrey
 
Denbury 3rd Quarter 2016 Earnings Presentation
Denbury 3rd Quarter 2016 Earnings PresentationDenbury 3rd Quarter 2016 Earnings Presentation
Denbury 3rd Quarter 2016 Earnings PresentationDenbury
 
En vedette (6)

Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...
Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...
Pedagogu profesionālās kvalifikācijas pilnveides B programma „Izglītības iest...
 
Practical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.com
Practical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.comPractical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.com
Practical Tips for Amazon Affiliates By www.jonnyelwyn.com
 
Jobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBook
Jobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBookJobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBook
Jobvite_How_to_Choose_Your_ATS_eBook
 
Business function
Business functionBusiness function
Business function
 
Denbury 3rd Quarter 2016 Earnings Presentation
Denbury 3rd Quarter 2016 Earnings PresentationDenbury 3rd Quarter 2016 Earnings Presentation
Denbury 3rd Quarter 2016 Earnings Presentation
 
Working with Asbestos
Working with AsbestosWorking with Asbestos
Working with Asbestos
 
Similaire à Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

Traballo Word TICs
Traballo Word TICsTraballo Word TICs
Traballo Word TICsbertocosvaz
 
Esteban tics final
Esteban tics finalEsteban tics final
Esteban tics finalesteban23598
 
Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C esteban23598
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónbenitomou
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónluci_mp98
 
TICs Traballo Inicial [David Vaz]
TICs Traballo Inicial [David Vaz]TICs Traballo Inicial [David Vaz]
TICs Traballo Inicial [David Vaz]David Vaz
 
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1Felix10play
 
TICs_traballo inicial
TICs_traballo inicialTICs_traballo inicial
TICs_traballo inicialChicoletas
 
Traballo Inicial de TICs (SlideShare)
Traballo Inicial de TICs (SlideShare)Traballo Inicial de TICs (SlideShare)
Traballo Inicial de TICs (SlideShare)David Vaz
 
[TICs] Traballo Inicial
[TICs] Traballo Inicial[TICs] Traballo Inicial
[TICs] Traballo InicialDavid Vaz
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónivanbas
 
Tecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e ComunicaciónTecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e Comunicaciónxbungle
 
Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Joserra2
 
Similaire à Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos (20)

Traballo Word TICs
Traballo Word TICsTraballo Word TICs
Traballo Word TICs
 
Esteban tics final
Esteban tics finalEsteban tics final
Esteban tics final
 
Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C Esteban tics 1ºBACH C
Esteban tics 1ºBACH C
 
Tecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicaciónTecnoloxías da información e da comunicación
Tecnoloxías da información e da comunicación
 
Tecnoloxías da informaciíon
Tecnoloxías da informaciíon Tecnoloxías da informaciíon
Tecnoloxías da informaciíon
 
Mercedes castro
Mercedes castroMercedes castro
Mercedes castro
 
Traballo sobre as TIC
Traballo sobre as TICTraballo sobre as TIC
Traballo sobre as TIC
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicación
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicación
 
Tecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicaciónTecnoloxía da información e da comunicación
Tecnoloxía da información e da comunicación
 
Traballo sobre as TIC
Traballo sobre as TICTraballo sobre as TIC
Traballo sobre as TIC
 
Traballo sobre as TIC
Traballo sobre as TICTraballo sobre as TIC
Traballo sobre as TIC
 
TICs Traballo Inicial [David Vaz]
TICs Traballo Inicial [David Vaz]TICs Traballo Inicial [David Vaz]
TICs Traballo Inicial [David Vaz]
 
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
Tr.inicial 1-1-1-1-1-1
 
TICs_traballo inicial
TICs_traballo inicialTICs_traballo inicial
TICs_traballo inicial
 
Traballo Inicial de TICs (SlideShare)
Traballo Inicial de TICs (SlideShare)Traballo Inicial de TICs (SlideShare)
Traballo Inicial de TICs (SlideShare)
 
[TICs] Traballo Inicial
[TICs] Traballo Inicial[TICs] Traballo Inicial
[TICs] Traballo Inicial
 
As tecnoloxías da información
As tecnoloxías da informaciónAs tecnoloxías da información
As tecnoloxías da información
 
Tecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e ComunicaciónTecnoloxías da Información e Comunicación
Tecnoloxías da Información e Comunicación
 
Traballoinicial 1
Traballoinicial 1Traballoinicial 1
Traballoinicial 1
 
Plus de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Plus de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
 
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de HondurasInforme sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
 
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
 
150409 sistematizacion pgirh
150409 sistematizacion  pgirh150409 sistematizacion  pgirh
150409 sistematizacion pgirh
 
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
Plaza expatriado centroamerica_esf_galicia_2016
 
Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016Convocatoria pcr 2016
Convocatoria pcr 2016
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen FronteirasExperiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
Experiencia persoal de voluntariado en Enxeñería Sen Fronteiras
 
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivoCrónica do IX Foro por un mundo rural vivo
Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Humanos

  • 1. PROPOSTA PROXECTO FIN DE MASTER ENXEÑERÍA INFORMÁTICA: TETRIS DE DEREITOS HUMANOS Titorizan: Emilio Padrón (Universidade da Coruña) Miguel Segade (Enxeñería Sen Fronteiras Galicia) 1
  • 2. 1. Antecedentes Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, o proceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como un mecanismo para a transformación persoal e social. O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galicia a nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento, realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúe como un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo en Educación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas de traballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, e considéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seu correcto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización de contidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, co enfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, onde ESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos e organización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se queren explorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”, usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESF explora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Risk enerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre público novo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto de ludificación ou gamificación1 no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos, actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF, pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é o que se propón aquí. Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris2 , é xa parte da cultura pop, quérese explorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máis nova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dos Dereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar co producto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafío técnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo 1 https://es.wikipedia.org/wiki/Ludificaci%C3%B3n 2 https://es.wikipedia.org/wiki/Tetris 2
  • 3. perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar actividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade de Enxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar como posible Proxecto Académico para a programación e o deseño gráfico, co asesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento do grupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación. 2. Obxecto da proposta e produtos esperados Elaborar un videoxogo de “Tetris dos Dereitos Humanos”. En concreto se pretende obter: - O xogo en si como elemento de ludificación para achegar contidos de Dereitos Humanos a persoas con pouco contacto con estes temas - Un Proxecto Fin de Grao na Facultade de Informática con contidos de Educación para o Desenvolvemento, como xeito de visibilizar a tecnoloxía como posible ferramenta de ruptura co modelo extractivista no que as tecnoloxías dixitais naceron, explorando o seu potencial emancipador, e todo iso dentro dunha facultade onde se forman futuras profesionais (e exemplarizante tamén para profesorado) 3. Idea de xogo e desenvolvemento Se parte das premisas: - que o xogo se poida usar en PC e tamén en teléfonos móbiles - que teña apariencia sinxela, pero en cor (para poder usar as cores como diferenciación de diversos servizos básicos aos susceptibles de ser Dereito Humano) - que poida integrar pequenas informacións en texto xunto coa aparición das pezas a encaixar no proceso de xogo - que teña algún nivel de dificultade para contrastar diferencias entre países Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñen traballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderán empregar. A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas e cores, teñan asociadas: - a cada cor un servizo básico de base tecnolóxica vencellado a un Dereito Humano (nesta fase empezaríamos coas que soe traballar ESF Galicia: azuis a auga e saneamento; amarelas a enerxía; laranxa as TIC; verde a alimentación) - a cada forma un elemento que conforma a facilidade (as máis sinxelas de encaixar) ou ameaza (as máis complicadas) para o aseguramento dun servizo 3
  • 4. básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación e institucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraestruturas axeitadas; as de forma de L eivas nas infraestruturas; as de forma de Z corrupción, etc.). A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno” (país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha información do estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida que cada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a que se refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis ou menos fácil de encaixar a peza en cuestión). Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse para xogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade van interrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade de xogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade á que caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propón facer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) e España (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel. 4