Ce diaporama a bien été signalé.
Le téléchargement de votre SlideShare est en cours. ×

Tarefa_1_módulo3-ref.pdf

Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Publicité
Chargement dans…3
×

Consultez-les par la suite

1 sur 6 Publicité

Plus De Contenu Connexe

Similaire à Tarefa_1_módulo3-ref.pdf (20)

Publicité

Plus récents (20)

Tarefa_1_módulo3-ref.pdf

  1. 1. Tarefa 3.1. Reflexión autoavaliación Nomee apelidos
  2. 2. A LOMLOE establece que, ademais de obxectiva, a “avaliación do alumnado será global, continua e formativa, e terá en conta o grao de desenvolvemento das competencias clave e o seu progreso no conxunto dos procesos de aprendizaxe”. Tamén fai referencia a que usarán “instrumentos de avaliación variados, diversos e adaptados ás situacións de aprendizaxe“. Por estar acostumado durante moito tempo, non sei se dicir que me sinto máis “cómodo” coa avaliación global e continua (non sería de todo correcto). Penso que é algo que moitos docentes facemos/fixemos acotío. Tomamos avaliar como sinónimo de cualificar, esquecéndonos de algo que di a LOMLOE: tamén será formativa. E este é para min o principal sentido da avaliación. Saber que competencias clave ten adquiridas e cales non, para tratar de incidir neste aspecto e mellorar a formación do alumnado. Como moi ben di a lei “terá un carácter formativo e será un instrumento para a mellora tanto dos procesos de ensino como dos procesos de aprendizaxe”. Quizás o que máis me “sorprendeu” é o de empregar instrumentos de avaliación variados, diversos e adaptados. O máis frecuente é o emprego de probas escritas e observación directa para realizar unha “cualificación”, que non avaliación. Observando as distintas ferramentas de avaliación que aparecen nun documento deste curso, estou a descubrir algunhas que descoñecía e nunca empregara. Teño empregado (en non moitas ocasións, debo recoñecer) rúbricas e portafolio. REFLEXIÓNAVALIACIÓN ConqueaspectodaLOMLOEencantoáavaliaciónmesintomáiscómodoecalmesorprendeumáis?
  3. 3. Como levo moitos anos nisto, vou intentar comentar “de onde vimos”. Fai moitos anos o que faciamos era avaliar os coñecementos do noso alumnado, sen entrar a valorar as súas competencias. Tal e como dixen no apartado anterior, creo que os docentes, en xeral, pecabamos de “cualificar” no canto de avaliar. Por sorte isto está cambiando, e moito. Xa desde fai anos estamos a avaliar non só ao alumnado, senón tamén o proceso de ensino e a nosa práctica docente. Tratando de ser obxectivo na miña resposta, penso que a avaliación que deseño non está pensada para cualificar ao alumnado (que tamén me serve para iso), senón para que me permita a min saber que CA non están adquiridos polo grupo clase, podendo así incidir de maneira máis directa nestes. Unha das cousas importante é facer unha avaliación continua. Se a fas só a final de trimestre (ou dúas veces), non tés marxe para modificar, intervir e axudar no proceso de aprendizaxe daquel alumnado que o necesite. A observación diaria, preguntas, emprego de aplicacións informáticas estilo formularios Google Drive, kahoot, liveworksheets (que ofrecen retroalimentación inmediata)… permiten ter un coñecemento máis actualizado dos avances do alumnado. Isto tamén axuda á súa motivación. REFLEXIÓNAVALIACIÓN Aavaliaciónquedeseñoserveparacualificarouparaqueosmeusalumnosaprendan?Xustificaatúaresposta.
  4. 4. As ferramentas dixitais de avaliación que teño empregado son esencialmente o portafolio e as rúbricas. O portafolio penso que é unha excelente ferramenta para este fin, dado que, tal e como se comenta no documento deste curso, permite que o alumnado se autoavalíe, tanto no proceso como nos resultados. Ademais, esta ferramenta permite ao alumnado desenvolver a competencia Aprender a aprender. O alumnado debe asumir unha certa responsabilidade sobre as tarefas que desenvolve, reflexionando sobre as súas producións. As rúbricas son unha ferramenta eficaz de avaliación, xa que lle permite ao alumnado saber de antemán que se vai a avaliar. Deste xeito poden centrar os seus esforzos nos aspectos que se lle van a pedir. Outro aspecto positivo das rúbricas é a súa reutilización e que con elas facemos ao alumnado partícipe do proceso de avaliación, ofrecéndolle unha guía. REFLEXIÓNAVALIACIÓN Queferramentasdixitaismesonútilesnomeudíaadíaparaenriquecerosprocesosdeavaliacióneporque?
  5. 5. No relativo á protección de datos do alumnado debemos ser especialmente coidadosos. Durante as sesións de avaliación, podemos compartir co resto do profesorado aquela información que poida resultar de interese para a función docente, non debendo saír do entorno docente dita información. Á hora de comunicar ao alumnado cualificacións de calquera tarefa, aínda que se pode facer de xeito oral, eu prefiro facelo individualmente, sobre todo nos casos onde o alumnado non acade un bo resultado. Acostumo a facelo en voz alta se con iso consigo motivar ou aumentar a autoestima dalgún alumno/a en especial. No uso de plataformas educativas para a comunicación das cualificacións, eu sempre empregarei as ferramentas corporativas que nos ofrece a Xunta de Galicia, que teñen un alto nivel de seguridade e confidencialidade. REFLEXIÓNAVALIACIÓN Queaspectosteñooudeboterencontaáhoradeaplicarosprotocolosdeproteccióneseguridadededatosdocentroparatratarosdatosvinculadosaosprocesosdeavaliación?

×