SlideShare a Scribd company logo
1 of 19
Download to read offline
CURSO 2009/2010. v3
                                       www.elorienta.com/juanluis




                        Colexio



         Franciscanas
         Francisca
                               ivina
                          astora
     COLEXIO DIVINA PASTORA




  GUÍA DE ORIENTACIÓN
ACADÉMICA E PROFESIONAL
      ALUMNOS DE 4º DA ESO




    JUAN LUIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
   DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

    2009/2010-Versión 3. XANEIRO 2010

                                                        ER-1045/2006
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                               Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




ÍNDICE:
INTRODUCCIÓN: ............................................................................................... 3
   • CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN
   • INFÓRMATE E DECIDE

BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. ............................................ 5

1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. .................................................. 5

2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS......................................................... 6


BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.

3. ALTERNATIVAS NO SISTEMA EDUCATIVO.............................................. 7

4. O BACHARELATO ........................................................................................... 8

5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO ................................................. 11
    • Acceso e datas de interese.
    • C.F.G.M. en Ourense e no resto de España.

6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL............................................................... 14
    • Música, Danza e Arte Dramática.
    • Artes Plásticas e Deseño.

7. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS ............................................................... 15

8. OS PCPI............................................................................................................. 17




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                                                2
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN            Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




INTRODUCCIÓN.

CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN

Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E
recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da
tua familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos
titores e do orientador.

Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, non
obstante, a información sobre estudos e profesions é un aspecto moi importante. O contido
prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento
da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS.

A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos,
aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros
aspectos, confrontaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso.

Este é o motivo polo que o presente programa está estructurado en tres bloques:
   A. Coñecemento de si mesmo.
        Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en
        cada unha das materias que estudiaches no Colexio e sobre as características das
        diferentes actividades profesionais.
   B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais.
        É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e
        profesións que tes ó teu alcance e profundizarás nas características daquelas que máis
        van ós teus intereses. ¿En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos
        formativos, centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte,
        direccións de interese...
   C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide!


INFÓRMATE E DECIDE. ¿E o curso que vén qué?

Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei
ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un
camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti.

Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade
insuficiente se pode correxir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi
claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa
organización para o estudo e as técnicas edecuadas para aprender superarás a maior parte do
que te propoñas.

O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é
pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de
esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima...


Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                             3
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN             Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as
seguintes cuestións:
   1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás
       que terías acceso.
   2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada
       con eles.
   3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos consultando as dúbidas
       que teñan ó titor ou o orientador.
   4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti.
   5. Estudia con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión.


Para ter unha información adecuada, terás varios cauces no noso Colexio:
   1. Información xenérica que che facilitará o orientador nalgunhas clases do segundo e
        terceiro trimestre.
   2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Colexio.
   3. O taboleiro da túa clase, onde o/a titor/a ou o orientador porá información moi
        interesante e actualizada.
   4. As sesións informáticas de búsqueda de información académica realizadas no Colexio
        en horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2009/2010 (o podes
        descargar dende o blog de orientación: www.elorienta.com/juanluis).

A partir destes cauces coñecerás toda a información que dispón o centro sobre Universidades,
carreiras e estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de interese...
para ter claro qué modalidade de bacharelato che convén máis segundo a titulación
universitaria ou CFGS que tes decidido; ou que outros estudos prefires.

              Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para
              tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de
              estudar moitísimo para sacar o título da E.S.O., terás que investigar
              todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor
              decisión para a túa vida académico-profesional.




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                              4
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                               Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO.
1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES.

Cuestionario sobre estudios

Apelidos e nome............................................................................

Idade:..............Curso:.....................................Data...........................

2. ¿Que asignaturas che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde.
  1................................................. 4....................................................
  2................................................. 5....................................................
  3................................................. 6....................................................


3. As que che resultan máis difíciles son:
  1................................................ 4...................................................
  2................................................ 5..................................................
  3................................................ 6..................................................


4. ¿En que asignaturas sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas?
  1(+)................................................ 1(-)...................................................
  2(+)................................................ 2(-)...................................................
  3(+)................................................ 3(-)...................................................


5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas)
  (+)Tes capacidade para estudialas ben.                 (-)Tes mala capacidade para estudialas.
  (+)Influiu a sorte.                                    (-)Influiu a mala sorte.
  (+)Tes interese nesa asignatura.                       (-)Pouco interese pola túa parte
  (+)Tes bos profesores.                                 (-)Mala sorte cos profesores
  (+)Outras: ........................................... (-)Outras: ...........................................

6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta)
   Moi favorable.
   Simplemente favorable.
   Móstranse indiferentes ante os meus estudos.
   A súa influencia é algo perxudicial.
   A súa influencia é moi perxudicial.

7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas)
   Os teus sistemas e formas de estudar.
   A tús actitude ante os exames.
   A túa forza de vontade e constancia.
   A tús postura ante as taerfas do Colexio.
   Os teus hábitos de lectura.
   .................................................................
Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                                                5
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN               Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS.

Con fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un listado
de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles diferentes test
psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses.

Esta sesión farémola na sala de informática do Colexio.


Entre os test que faremos estarán.

      -   “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses
          profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas
          modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións lle interesan
          máis.
          Pódelo atopar en:
          http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm


      -   IPP-R. Inventario de Intereses e preferencias profesionais de Mª V. de la Cruz

      -   “Test de preferencias Orienta 2009/2010”. Dous test que pertencen ao programa
          Orienta 2009/2010 de Julián Sádaba.


                                ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS.


A) TEST DE BACHARELATO:




B) TEST IPP-R




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                                6
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN          Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




C) TEST ORIENTA 2009/2010

Para descargar o programa entra na web do colexio: www.colexiodivinapastora.com e dende
alí na sección de “Departamentos” entra en “Orientación” e dende esta sección atoparás o
“Blog Orienta”. Ou ben accede diractamente dende esta dirección:
www.elorienta.com/juanluis

Atoparás o blog con moita información sobre a área de Orientación Profesional, e no menú
“Enlaces” na sección de “material” no primeiro apartado poderás dscargar o programa co que
traballamos na aula de informática, dale un click a: “Descarga el ORIENTA 2009-2010”




Resultados do test:




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                           7
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN             Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS.


3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO
As alternativas segundo a Lei Orgánica de Educación (BOE, 04/05/06) están reflectidas no
seguinte cadro, que comentaremos na titoría con exemplos.




Cadro 1. Esquema do Sistema Educativo Español segundo a LOE elaborado polo MEC.
Fonte: MEC: http://www.mepsyd.es/educa/sistema-educativo/loe/files/sistema-educativo.pdf

Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                              8
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN              Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




4. O BACHARELATO

O Bacharelato LOE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3 modalidades
diferentes:
    • Artes (organizada en dúas vías, a de Artes plásticas, deseño e imaxe e a de Artes escénicas,
         música e danza)
    •    Ciencias e Tecnoloxía
    •    Humanidades e Ciencias Sociais


En cada modalidade existen diferentes tipos de materias ou asignaturas
   • Materias comúns, que pretenden aportarche unha formación xeral
   • Materias propias da modalidade, coa intención de aportarche os coñecementos da
       modalidade elexida e prepararte para determinados estudos universitarios ou
       Formación Profesional Específica. (estudanse como mínimo 3 materias propias de
       modalidade por curso).
   • Materias optativas, coa intención de conseguir unha formación máis especializada
       (escoller 1 das ofertadas polo centro).

Ao superar o Bacharelato obtense un único título, que dará acceso ós Ciclos Formativos de
Grao Superior ou á selectividade co fin de ir á universidade.


1º curso

                       CIENCIAS E            HUMANIDADES             E ARTES
                       TECNOLOXÍA            CIENCIAS SOCIAIS
COMÚNS                        Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I
                             Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…)
                         Filosofía e Cidadanía - Educación Física - Relixión ou Alternativa
                                      Ciencias para o Mundo Contemporáneo

PROPIAS DE Matemáticas I                       Historia do Mundo                  Cultura Audiovisual //
MODALIDADE Biología e Xeoloxía                 contemporáneo                      Debuxo Artístico I
           Física    e    Química              Latín I // Matemáticas             Debuxo Técnico I
           Debuxo Técnico                      Aplicadas I                        Volume I
           Tecnología Industrial               Grego I // Economía
OPTATIVAS  Música                              Música                             Música
           TIC                                 TIC                                TIC
           2ª Lingua extranxeira I             2ª Lingua extranxeira I            2ª Lingua extranxeira I




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                               9
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN              Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




2 curso

                       CIENCIAS E           HUMANIDADES          E ARTES
                       TECNOLOXÍA           CIENCIAS SOCIAIS
COMÚNS                       Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I
                            Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…)
                                    Historia da Filosofía – Historia de España
                                              Relixión ou Alternativa

PROPIAS DE Matemáticas II                        Xeografía                         Historia da Arte
MODALIDADE Biología e Xeoloxía                   Historia da Arte                  Debuxo Artístico II
           Física                                Latín II                          Debuxo Técnico II
           Química                               Matemáticas Aplic. II             Técnicas de expresión
           Ciencias da Terra                     Grego II                          gráfico-plástica
           Debuxo Técnico II                     Economía de empresa
           Electrotécnia
           Tecnoloxía Industrial
OPTATIVAS  Música                                Música                            Música
           TIC                                   TIC                               TIC
           2ª Lingua extranxeira II              2ª Lingua extranxeira II          2ª Lingua extranxeira II

Cadro 3. As materias nos bacharelatos.



Nesta táboa vense graficamente a totalidade das materias oficiais que podes atopar nos
Centros Educativos que impartan Bacharelato en Galicia. Dependendo do número do
alumnado que ten un centro, este poderá ofertar máis optativas.




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                             10
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN              Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



O BACHARELATO NO NOSO COLEXIO.
Cadro 4. O bacharelato no Colexio Divina Pastora. Ourense.


1º Curso:

                                    CIENCIAS E                  HUMANIDADES E CIENCIAS
                                   TECNOLOXÍA                             SOCIAIS
COMÚNS                        Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I
                             Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…)
                         Filosofía e Cidadanía - Educación Física - Relixión ou Alternativa
                                      Ciencias para o Mundo Contemporáneo

PROPIAS DE Matemáticas I                                           Historia       do        Mundo
MODALIDADE Biología e Xeoloxía                                     contemporáneo
           Física e Química                                        Latín I / Matemáticas Aplicadas
                                                                   I
                                                                   Grego I / Economía
OPTATIVAS              Debuxo Técnico                              Matemáticas Aplicadas I / Grego
                       Música                                      I
                       TIC                                         Música
                       Alemán I                                    TIC
                                                                   Alemán I


2ºCurso:

                            CIENCIAS E TECNOLOXÍA  HUMANIDADES E CIENCIAS
                                                               SOCIAIS
COMÚNS       Lingua galega e literatura I * Lingua castelá e literatura I * Lingua
             estranxeira I: (Inglés)       * Folosofía * Educación Física
             * Relixión
PROPIAS   DE Matemáticas II                     Historia do Mundo contemporáneo
MODALIDADE Bioloxía                             Latín II / Matemáticas Aplicadas II
             Física // Química                  Grego II / Economía de empresa
OPTATIVAS    Debuxo Técnico II                  Historia da Arte
             Ciencias da terra                  Música
             Música                             TIC
             TIC                                Alemán II
             Alemán II

Pregunta polas materias que descoñezas ó orientador ou ós profesores que as imparten no
Colexio, tamén che poderán dar unha idea os compañeiros que teñas no bacharelato e que as
estean a cursar.




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                             11
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN            Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



Elección:
- Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer e seleccionar o bacharelato con
maior vinculación para ese ou eses estudos: Ex. “quero estudar farmacia, o baharelato con
maior vinculación e o de Ciencias e Tecnoloxía polo itinerario de “Ciencias”.

- Se non é vinculante a ningún baharelato escoller o que che resulte máis fácil. Quero facer
“Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é vinculante a
ningún baharelato, entón escollo o baharelato X que me resúlta máis fácil polo que é máis
probable que obtenía unha maior nota media.

Por primeira vez nesta selectividade de 2010 o acceso ós graos Universitarios terá en conta as
materias que fagas na fase específica (que é voluntaria) na selectividade. Xa non se ten en
conta a modalidade e itinerario senón as materias en concreto segundo a titulación
universitaria que queiras estudar.




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                           12
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                   Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

    •    ACCESO E DATAS DE INTERESE.

    Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou
    mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.
    Para o acceso directo, o alumno debe posuir o título de graduado en educación
    secundaria ou estudos equivalentes.
    Os que non teñan o título poden acceder mediante proba. Nesta proba de acceso, o
    aspirante deberá acredita-los coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con
    proveito as devanditas ensinanzas. A proba consta de dúas partes diferenciadas, unha de
    carácter sociocultural e unha de carácter científico-técnico.
    Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os
    cumpran no ano en que se realicen as probas.

    Se estás interesado nesta opción fala co orientador, proporcionarache material para a
    preparación da proba e tamén debes incorporarte as clases de preparación da proba que
    haberá no Colexio. (pregunta ó orientador).

    Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou
    consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp.

    O calendario de matriculación nos CFGS específicase na seguinte táboa:

                Probas de acceso                               Datas Grao             Datas Grao
                                                                superior                medio
  Inscrición para á proba.                                   18 ao 29 de xanei.      1 ao 12 de marzo
  Publicación da listaxe provisoria de inscritos                3 de febreiro           16 de marzo
  Reclamación a listaxe provisoria de inscritos e            4, 5 e 8 de febreiro      17, 18 e 22 de
  presentación de documentación adicional.                                                 marzo
  Publicación da listaxe definitiva de inscritos               9 de febreiro            31 de marzo
  Publicación da resolución provisoria de exencións e          19 de febreiro            29 de abril
  proba adaptada
  Reclamacións contra á listaxe provisoria de                  22, 23 e 24 de        30 de abril e 3 e 4
  exencións e proba adaptada                                      febreiro               de maio
  Publicación da resolución definitiva de exencións e           5 de marzo              14 de maio
  proba adaptada
  Publicación dos centros públicos onde se realizarán            3 de marzo              30 de abril
  as probas cos centros adscritos

  Celebración da proba                                        27 de marzo              4 de xuño
  Publicación das cualificacións provisorias                    21 de abril             17 de xuño
  Reclamacións ás cualificacións provisorias                   22, 23 e 26 de          18, 21 e 22 de
                                                                    abril                   xuño
  Publicación das cualificacións definitivas                    10 de maio              28 de xuño
  Entrega de certificados nos centros                           11 de maio              29 de xuño
Táboa 1. Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria ano 2010
(Máis información en:       http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm)




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                                  13
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN            Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



    •    CICLOS FORMATIVOS EN OURENSE E NO RESTO DE ESPAÑA.

    En Ourense estanse a ofertar neste curso os seguintes ciclos formativos: (2009/2010)
             Consigna:
             CM Ciclo Formativo de Grao Medio.
             CS Ciclo Formativo de Grao Superior.
             IES Instituto de Educación Secundaria.
             CPR Centro Privado Concertado
             CPR Centro Privado Non Concertado. (cursiva)

          IES A CARBALLEIRA.
            - CM Coidados auxiliares de enfermaría
            - CM Sistemas microinformáticos e redes
            - CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas
            - CS Administración de sistemas informáticos
            - CS Saúde ambiental
            - CS Dietética
            - CS Laboratorio de diagnóstico clínico
          IES 12 DE OUTUBRO
            - CM Estética persoal decorativa
            - CM Perrucaría
            - CM Instalacións eléctricas e automáticas
            - CM Mecanizado
            - CS Instalacións electrotécnicas
            - CS Estética
            - CS Programación da produción en fabricación mecánica
          IES A FARIXA
            - CM Equipos electrónicos de consumo
            - CS Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción
            - CS Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas
            - CS Desenvolvemento de produtos electrónicos
            - CS Sistemas de telecomunicación e informáticos
            - CS Axencias de viaxes
            - CS Información e comercialización turísticas
          IES AS LAGOAS
            - CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas.
          IES XULIO PRIETO NESPEREIRA
            - CS Industria Alimentaria.
          IES PORTOVELLO
            - CM Xestión administrativa
            - CM Comercio
            - CM Atención sociosanitaria
            - CS Administración e finanzas
            - CS Secretariado
            - CS Xestión comercial e márketing
            - CS Integración social
            - CS Educación infantil



Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                           14
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN           Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




          IES UNIVERSIDADE LABORAL
            - CM Electromecánica de vehículos
            - CM Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción
               de calor
            - CM Carrozaría
            - CS Mantemento de equipo industrial
            - CS Automoción
          CPR CRUZ VERMELLA
            - CS Animación Sociocultural.
            - CS Integración Social.
          CPR GRUPO Academia Postal.
            - CM Xestión Administrativa.
            - CM Explotación de sistemas informáticos.
            - CS Xestión e Organización dos recursos naturais e paisaxísticos.
            - CS Administración e Finanzas.
            - CS Sistemas de Telecomunicación e Informáticos.
            - CS Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas.
            - CS Administración de Sistemas Informáticos.
          CPR RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN.
            - CM Xestión Administrativa.
            - CM Comercio.
          CPR SAN MARCOS
            - CM Farmacia.
            - CS Documentación Sanitaria.
            - CS Hixiene Bucodental
            - CS Prótese Dental
          CPR SAN MARTÍN
            - CM Xestión Administrativa.
            - CM Coidados Auxiliares de Enfermería.
          CPR SANTO CRISTO.
            - CM Xestión Administrativa.
            - CM Comercio.
            - CM Perruquería.
            - CM Coidados Auxiliares de Enfermería.
            - CM Farmacia e Parafarmacia.
         CAIXANOVA
            - CM Elaboración de Aceites de Oliva e Viños
            - CM Instalación e Mantemento Electrotécnico e Conducción de Liñas
            - CM Sistemas Microinformáticos e Redes
            - CS Administrados de Sistemas Informáticos
            - CS Xestión Comercial e Marketing.


Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en:




                                http://www.edu.xunta.es/fp/
Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                          15
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN           Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL

    Ensinanzas de grao medio Música e Danza.

       Condicións de acceso:
    •  Para inicia-los estudios de grao medio será preciso superar unha proba. Poderán
       matricularse nesta proba os alumnos de réxime regrado e os candidatos de réxime non
       regrado.
   • Poderá accederse, tamén mediante proba, a calquera outro curso de grao medio sen ter
       superados os anteriores.
   • Non hai límite de idade no acceso ó grao medio.
       Proba de acceso ó 1º curso. Realizarase nunha convocatoria anual no mes de xuño. O
centro publicará con anterioridade á matrícula o número de vacantes por cada especialidade.
A proba terá dúas partes: A. Especialidades instrumentais e B. Canto.

       En Ourense:
Conservatorio de Música Profesional de Ourense. Grao Medio de: Frauta trabeseira, Oboe,
Clarinete, Fagot, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Tuba, Violín, Viola, Violoncelo,
Contrabaixo, Piano, Acordeón, Guitarra, percusión, Canto, Instrumentos de Puga, Clave.

   Artes Plásticas e Deseño.
As Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño teñen unha estructura semellante á da Formación
Profesional Específica e comprenden un conxunto de Ciclos Formativos que se organizan en
Módulos Profesionais cunha formación teórico-práctica e dunha duración que estará en
función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente.
Accédese mediante o título de graduado en ESO ou equivalente e ademais superar a proba
específica que consta de 3 exercicios:
        - 1º exercicio: desenvolver por escrito un tema sobre artes plásticas e coñecementos
            histórico-artísticos.
        - 2º exercicio: realizar debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa
            posterior aplicación.
        - 3º exercicio: execución con bosquexos e debuxos realizados no exercicio 2º.

En Ourense:
Escola de Arte Antonio Failde. Av da Universidade s/n. 32005. Ourense.
www.escolarte.com

       - Ciclo Medio de Ebanistería.
       - Ciclo superior de Mobiliario
       - Ciclo Superior de Decoración
       - Ciclo Superior de Ilustración.
       - Ciclo Superior de Fotografía.
       - Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria.
Ciclos Medios en Galicia:
       - C. M. Dourado e Policromía artística. (A Coruña).
       - C. M. Procedemento de Xollería Artística (Santiago de Compostela).
       - C. M. Esmaltado sobre Metais (Santiago de Compostela).
       - C. M. Serigrafía Artística (Lugo).
Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                          16
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN            Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



7. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS

Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade, e outros
unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso.

    •   AZAFATAS AUXILIARES DE VUELO.
        Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son
        títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2
        anos e requirese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de
        idiomas.

    •   ARQUITECTURA DE INTERIORES. Requirese bacharelato e PAAU. Ten unha
        duración de tres cursos máis proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da
        Universidade de A Coruña, “Graduado en Arquitecturta de Interiores”.
        Máis información en www.udc.es/estudos/ga/estudospropios/960111.asp

    •    INVESTIGADOR PRIVADO. Instituto Universitario de Criminoloxía. Madrid. (Tel.
         91 394 54 13) Requírese bacharelato e selectividade. Tratase dun Título Propio da
         Universidade Complutense e ten unha duración de tres cursos.

    •    CIENCIAS POLICIAIS. Universidade de Vigo. Trátase dun título propio da
         Universidade e ten unha duración de dous cursos, obtendo así o título de Técnico,
         Especialista ou Máster en Criminoloxía ou a cunha duración de tres cursos, acadando
         así o título de Graduado Universitario en Ciencias Policiais. Requisitos:
             - Titulado universitario de 1º ou 2º ciclo, COU con ou sin selectividade
             - FP
             - Bacharelato LOGSE con selectividade
             - Ciclo formativo de grao superior ou equivalente
             - Probas de acceso para maiores de 25 anos
             - Estudos estranxeiros convalidables.

    •    DISEÑO E MODA..
            A) Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce. Allariz. Ourense. (Tel.
               988 43 61 80). Carrera de Diseño de Moda (titulación Privada).
            B) Graduado Universitario en Diseño Textil e Moda. Título propio da
               Universidade de Vigo.
               Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002.
               Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: esdemga@uvigo.es
               Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto
               de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa
               moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade
               profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa
               profesión como:
                 • Deseñador en estampación téxtil
                 • Deseñador estilista
                 • Deseñador técnico
                 • Crítico de moda
                 • Administrador de creación para a produción e a comercialización



Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                           17
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN            Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE



   •   PILOTO CIVIL.
       Podes estudialo na Universidade de A Coruña.
       O obxectivo deste Título Propio é o de crear unha titulación universitaria que aporte
       aos futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de
       forma que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado laboral
       moderno. O Título Propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do seu
       plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a
       obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado
       (avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A
       obtención de ditos títulos é posible gracias ao acordo de colaboración subscrito pola
       Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste, AFN, que
       conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de
       Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O
       título Propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros
       pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo
       das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e
       científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos.
       Máis información en:
       http://www.udc.es/aviación

   •   MILITAR.
       Para ingresar en tropa e marinería requísese ter nacionalidade española*, ter entre 18 e
       28 anos, medir máis de 1,55 e menos de 2,03, non ter máis de 6 dioptrías de miopía,
       hipermetropía ou 4 de astigmatismo, acreditar boa conducta cidadá, e poseer os
       estudos esixidos para cada especialidade.
       Para ingresar aos estudos superiores militares requírese ter superadas as PAAU.
       Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es

   •   CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. Información en Dirección General de al Guardia
       Civil. Jefatura de la Enseñanza. (Tel. 91 514 64 70).
       Para o ingreso na escala básica tes que cumplir algús requisitos: ser español, ter entre
       18 e 30 anos, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, carecer de
       antecedentes penales, e ter o permiso de conducción da clase B.

   •   POLICÍA NACIONAL
       Para o ingreso na escala básica tes que cumplir algús requisitos: ser español, ter entre
       18 e 30 anos, ter unha estatura mínima de 1,70 homes e 1,60 mulleres, ter o título de
       ESO, compromiso de portar armas, non cumplir condena por delito doloroso e ter o
       permiso de conducción das clase A e B e da autorización (BTP).
       Máis información no ministerio do interior. www.mir.es

Unha páxina moi completa para obter información de outra formación diferente á
universitaria e a formación profesional é a páxina web do Ministerio:
www.cnice.mecd.es/recursos2/orientacion/02orient/op04.htm

Nesta páxina pódese atopar información sobre as siguientes profesiones: Piloto de Líneas
Aéreas, Ilustrador, Guionista de Cine, Radio y TV; Meteorólogo, Controlador Aéreo,
Escaparatista; Modelo; Grafólogo; Árbitro deportivo; Director de Hotel; Decorador de
interiores; Anticuario; Orfebre; Auxiliar de Vuelo; Bombero; Enquisador; Animador
Turístico; Xemólogo; Profesor de Baile; Monitor de Aeróbic; Especialista de Cine...
Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                         18
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3)
COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE




8. PCPI. PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL.


Todos os estudios dos PCPI que se estánm a ofertar en Ourense neste curso 2009/2010 son os
seguintes:


        IES A Carballeira (A Carballerira, s/n. CP. 32002. Tel 988221312)
                 PCPI de informática

        IES 12 de Outubro (Av. Santiago, 2. CP. 32001. Tel. 988213722)
                 PCPI de fabricación mecánica

        IES Universidade Laboral (Av. Universidade, s/n. CP. 32005. Tel. 988226304)
                 PCPI de mantemento de vehículos

        CIFP A Farixa (Finca Farixa, s/n, CP. 32005. Tel. 988236501)
                 PCPI de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións

        EPA de Ourense
                 Calquera programa de cualificación profesional inicial (Modalidade C)

        CPR San Martín (Coronel Ceano, 1. CP. 32005. Tel. 988221990)
                 PCPI Servizos Administrativos.
                 PCPI Informática

        CPR Santo Cristo (San Pedro, 2. CP. 32005. Tel. 988220588)
                 PCPI Peiteado
                 PCPI Revestimento de Obra

        CPR Ramón María del Valle Inclán (Enseñanza, 20. CP. 32002. Tel 988366214)
                 PCPI Servizos Administrativos

        CAIXANOVA
                 PCPI Instalacións Electrotécnicas e de Telecomunicacións




Podes atopar toda a información dos PCPI en:




                                   http://www.edu.xunta.es/fp/




Juan Luis Rodríguez Rodríguez                                                                               19

More Related Content

Viewers also liked

Migrating to OpenText MBPM v9
Migrating to OpenText MBPM v9Migrating to OpenText MBPM v9
Migrating to OpenText MBPM v9convedo Group
 
Aquafence Photo Presentation 2013
Aquafence Photo Presentation 2013Aquafence Photo Presentation 2013
Aquafence Photo Presentation 2013Adam Goldberg
 
Dossier presse de la nuit des musées 2015
Dossier presse de la nuit des musées 2015Dossier presse de la nuit des musées 2015
Dossier presse de la nuit des musées 2015jpflahaut
 
Sketchnotes lernen für Anfänger
Sketchnotes lernen für AnfängerSketchnotes lernen für Anfänger
Sketchnotes lernen für AnfängerInes Schaffranek
 
Narol - nr działki 1611/1
Narol - nr działki 1611/1Narol - nr działki 1611/1
Narol - nr działki 1611/1coirzeszow
 
BizWorld--Franklin Templeton
BizWorld--Franklin TempletonBizWorld--Franklin Templeton
BizWorld--Franklin Templetonseanpmurray
 
Instrucciones Nireblog
Instrucciones NireblogInstrucciones Nireblog
Instrucciones NireblogRoberto Cacho
 
coctel coco con licor
coctel coco con licorcoctel coco con licor
coctel coco con licorclubthecat
 
Mobile Network Operators- India
Mobile Network Operators- IndiaMobile Network Operators- India
Mobile Network Operators- IndiaAnkur Pandey
 
Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)
Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)
Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)jurosaga
 
Cave of Weed
Cave of WeedCave of Weed
Cave of Weedcoolstuff
 
Glosario sistema digestivo
Glosario sistema digestivoGlosario sistema digestivo
Glosario sistema digestivoGiselle Nina
 
Marketing research(titto sunny)
Marketing research(titto sunny)Marketing research(titto sunny)
Marketing research(titto sunny)Traum Academy
 

Viewers also liked (20)

Migrating to OpenText MBPM v9
Migrating to OpenText MBPM v9Migrating to OpenText MBPM v9
Migrating to OpenText MBPM v9
 
Aquafence Photo Presentation 2013
Aquafence Photo Presentation 2013Aquafence Photo Presentation 2013
Aquafence Photo Presentation 2013
 
Bondia.cat 08/10/2013
Bondia.cat 08/10/2013Bondia.cat 08/10/2013
Bondia.cat 08/10/2013
 
Dossier presse de la nuit des musées 2015
Dossier presse de la nuit des musées 2015Dossier presse de la nuit des musées 2015
Dossier presse de la nuit des musées 2015
 
462 06cct
462 06cct462 06cct
462 06cct
 
Sketchnotes lernen für Anfänger
Sketchnotes lernen für AnfängerSketchnotes lernen für Anfänger
Sketchnotes lernen für Anfänger
 
Narol - nr działki 1611/1
Narol - nr działki 1611/1Narol - nr działki 1611/1
Narol - nr działki 1611/1
 
A origin
A originA origin
A origin
 
BizWorld--Franklin Templeton
BizWorld--Franklin TempletonBizWorld--Franklin Templeton
BizWorld--Franklin Templeton
 
Copie 100521 bga
Copie 100521 bgaCopie 100521 bga
Copie 100521 bga
 
Comunicato hcp
Comunicato hcpComunicato hcp
Comunicato hcp
 
Xaltia Vas General
Xaltia Vas GeneralXaltia Vas General
Xaltia Vas General
 
Instrucciones Nireblog
Instrucciones NireblogInstrucciones Nireblog
Instrucciones Nireblog
 
coctel coco con licor
coctel coco con licorcoctel coco con licor
coctel coco con licor
 
Mobile Network Operators- India
Mobile Network Operators- IndiaMobile Network Operators- India
Mobile Network Operators- India
 
Kb015
Kb015Kb015
Kb015
 
Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)
Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)
Guía para la formulacion del poi 2011 (abril)
 
Cave of Weed
Cave of WeedCave of Weed
Cave of Weed
 
Glosario sistema digestivo
Glosario sistema digestivoGlosario sistema digestivo
Glosario sistema digestivo
 
Marketing research(titto sunny)
Marketing research(titto sunny)Marketing research(titto sunny)
Marketing research(titto sunny)
 

Similar to GuíA Oap 4 Eso

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO pedrofloriani
 
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Agrela Elvixeo
 
Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Mónica Diz Besada
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Silvina Paricio Tato
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Silvina Paricio Tato
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Programa orientación vocacional para 3º ESO
Programa orientación vocacional para  3º ESOPrograma orientación vocacional para  3º ESO
Programa orientación vocacional para 3º ESOMónica Diz Besada
 
Programa orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESOPrograma orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESOMónica Diz Besada
 
Orientación Estudantes
Orientación EstudantesOrientación Estudantes
Orientación EstudantesMARIA
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabrielagabriela sanchez
 
Cuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOCuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOMónica Diz Besada
 
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE isaacperalferrol
 
Avaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºAvaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºcolexio
 

Similar to GuíA Oap 4 Eso (20)

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL - 4º ESO
 
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
Manual de orientación académica profesional para 2º de Bacharelato. Curso 201...
 
Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17Planificación sesións titoría 16 17
Planificación sesións titoría 16 17
 
Guia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IESGuia de orientación académica IES
Guia de orientación académica IES
 
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdfCaderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (...
 
Proxecto final
Proxecto final Proxecto final
Proxecto final
 
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdfCaderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
 
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
Youblisher.com 1406032-cuaderno de-informaci_n_acad_mica_para_2_de_eso_2016 (2)
 
Como somos
Como somosComo somos
Como somos
 
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica A posta en práctica da acción titorial
 
Programa orientación vocacional para 3º ESO
Programa orientación vocacional para  3º ESOPrograma orientación vocacional para  3º ESO
Programa orientación vocacional para 3º ESO
 
Folleto eso
Folleto esoFolleto eso
Folleto eso
 
Programa orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESOPrograma orientación vocacional 2º ESO
Programa orientación vocacional 2º ESO
 
Orientación Estudantes
Orientación EstudantesOrientación Estudantes
Orientación Estudantes
 
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 GabrielaProxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
Proxecto Difusión PIALE 2016 Gabriela
 
Cuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESOCuaderno de información académica para 1º ESO
Cuaderno de información académica para 1º ESO
 
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
 
Avaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºAvaliacion en 3º
Avaliacion en 3º
 

GuíA Oap 4 Eso

  • 1. CURSO 2009/2010. v3 www.elorienta.com/juanluis Colexio Franciscanas Francisca ivina astora COLEXIO DIVINA PASTORA GUÍA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL ALUMNOS DE 4º DA ESO JUAN LUIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2009/2010-Versión 3. XANEIRO 2010 ER-1045/2006
  • 2. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE ÍNDICE: INTRODUCCIÓN: ............................................................................................... 3 • CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN • INFÓRMATE E DECIDE BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. ............................................ 5 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. .................................................. 5 2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS......................................................... 6 BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS. 3. ALTERNATIVAS NO SISTEMA EDUCATIVO.............................................. 7 4. O BACHARELATO ........................................................................................... 8 5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO ................................................. 11 • Acceso e datas de interese. • C.F.G.M. en Ourense e no resto de España. 6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL............................................................... 14 • Música, Danza e Arte Dramática. • Artes Plásticas e Deseño. 7. OUTROS ESTUDOS/PROFESIÓNS ............................................................... 15 8. OS PCPI............................................................................................................. 17 Juan Luis Rodríguez Rodríguez 2
  • 3. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE INTRODUCCIÓN. CÓMO TOMAR UNHA DECISIÓN Neste documento atoparás as claves para decidir o teu futuro académico profesional. E recorda que o máximo responsable desta decisión es ti, pero debes ter en conta a opinión da tua familia, que quere o mellor para ti. Tamén che vai resultar moi útil o asesoramento dos titores e do orientador. Un Programa de Orientación Profesional vai moito máis alá que a mera información, non obstante, a información sobre estudos e profesions é un aspecto moi importante. O contido prioritario de calquera Programa de Orientación Académico Profesional é o desenvolvemento da capacidade de TOMA DE DECISIÓNS. A Toma de Decisións que debes realizar ten en consideración os teus intereses, gustos, aptitudes, características da personalidade, valores, e estilos de aprendizaxe entre outros aspectos, confrontaos coas posibles alternativas de estudos e profesións ás que tes acceso. Este é o motivo polo que o presente programa está estructurado en tres bloques: A. Coñecemento de si mesmo. Neste bloque reflexionarás sobre os teus gustos e intereses, sobre a túa traxectoria en cada unha das materias que estudiaches no Colexio e sobre as características das diferentes actividades profesionais. B. Coñecemento das alternativas académicas e profesionais. É a parte informativa do programa. Coñecerás todas as posibilidades de estudos e profesións que tes ó teu alcance e profundizarás nas características daquelas que máis van ós teus intereses. ¿En qué consiste?, modalidades do bacharelato, optativas, ciclos formativos, centros de estudo, saídas profesionais, probas de acceso, notas de corte, direccións de interese... C. A Toma de decisión. Xa estás preparado ¡Agora decide! INFÓRMATE E DECIDE. ¿E o curso que vén qué? Tomar esta decisión non é algo que debas facer ti só, nin precipitadamente (“xa o decidirei ó rematar o curso” é un gran erro). Tes que valorar as túas capacidades para non escoller un camiño demasiado difícil ou “imposible” para ti. Tamén é importante o esforzo que ti esteas disposto a facer, xa que unha capacidade insuficiente se pode correxir cun maior esforzo. Se estás motivado e tes uns intereses moi claros sobre o que queres facer terás moitas posibilidades para logralo, xa que cunha boa organización para o estudo e as técnicas edecuadas para aprender superarás a maior parte do que te propoñas. O abandono dos estudos de bacharelato o dos Ciclos Formativos na maior parte dos caso é pola falta de interese, de non ter claro qué queremos facer ou qué queremos ser, pola falta de esforzo, capacidade de sacrificio, unha baixa autoestima... Juan Luis Rodríguez Rodríguez 3
  • 4. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE Un aspecto moi importante na toma de decisións é que dialogues coa túa familia sobre as seguintes cuestións: 1. Informa á túa familia (a partir deste documento) de todas as opcións que existen e ás que terías acceso. 2. Móstralles que es responsable e capaz de tomar unha decisión de maneira consensuada con eles. 3. É importante que os teus pais se interesen polos teus estudos consultando as dúbidas que teñan ó titor ou o orientador. 4. Pídelles orientación ou consello. Eles queren o mellor para ti. 5. Estudia con eles todas as posibilidades antes de tomar unha decisión. Para ter unha información adecuada, terás varios cauces no noso Colexio: 1. Información xenérica que che facilitará o orientador nalgunhas clases do segundo e terceiro trimestre. 2. Este documento elaborado polo Departamento de Orientación do Colexio. 3. O taboleiro da túa clase, onde o/a titor/a ou o orientador porá información moi interesante e actualizada. 4. As sesións informáticas de búsqueda de información académica realizadas no Colexio en horas de titoría, entre elas o programa informático Orienta 2009/2010 (o podes descargar dende o blog de orientación: www.elorienta.com/juanluis). A partir destes cauces coñecerás toda a información que dispón o centro sobre Universidades, carreiras e estudos, mundo laboral, Ciclos Formativos, residencias, direccións de interese... para ter claro qué modalidade de bacharelato che convén máis segundo a titulación universitaria ou CFGS que tes decidido; ou que outros estudos prefires. Recorda, que é imprescindible coñecer o mundo académico para tomar unha boa decisión. Durante estes dous trimestres, aparte de estudar moitísimo para sacar o título da E.S.O., terás que investigar todas as posibilidades que tes ó teu alcance para tomar a mellor decisión para a túa vida académico-profesional. Juan Luis Rodríguez Rodríguez 4
  • 5. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE BLOQUE I. COÑECEMENTO DE UN MESMO. 1. AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES. Cuestionario sobre estudios Apelidos e nome............................................................................ Idade:..............Curso:.....................................Data........................... 2. ¿Que asignaturas che resultan máis fáciles? Escríbeas por orde. 1................................................. 4.................................................... 2................................................. 5.................................................... 3................................................. 6.................................................... 3. As que che resultan máis difíciles son: 1................................................ 4................................................... 2................................................ 5.................................................. 3................................................ 6.................................................. 4. ¿En que asignaturas sacas polo xeral mellores (+) e peores (-) notas? 1(+)................................................ 1(-)................................................... 2(+)................................................ 2(-)................................................... 3(+)................................................ 3(-)................................................... 5. Cando sacas boas(+) ou malas(-) notas débese a: (Subliña a/as respostas) (+)Tes capacidade para estudialas ben. (-)Tes mala capacidade para estudialas. (+)Influiu a sorte. (-)Influiu a mala sorte. (+)Tes interese nesa asignatura. (-)Pouco interese pola túa parte (+)Tes bos profesores. (-)Mala sorte cos profesores (+)Outras: ........................................... (-)Outras: ........................................... 6. Respecto ós teus estudos, a influencia dos teus pais é: (Subliña unha resposta) Moi favorable. Simplemente favorable. Móstranse indiferentes ante os meus estudos. A súa influencia é algo perxudicial. A súa influencia é moi perxudicial. 7. Para seguir os estudos, pensas que necesitas mellorar: (Subliña a/as respostas) Os teus sistemas e formas de estudar. A tús actitude ante os exames. A túa forza de vontade e constancia. A tús postura ante as taerfas do Colexio. Os teus hábitos de lectura. ................................................................. Juan Luis Rodríguez Rodríguez 5
  • 6. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE 2. OS MEUS INTERESES PROFESIONAIS. Con fin de ter unha referencia dos teus intereses profesionais teremos que analizar un listado de actividades profesionais e pre-profesionais. Para esta sesión seranos útiles diferentes test psicométricos que analizarán as nosas preferencias e intereses. Esta sesión farémola na sala de informática do Colexio. Entre os test que faremos estarán. - “Test de Bacharelato”, trátase dun test deseñado para identificar os intereses profesionais. Neste test preséntanse actividades e contidos académicos das distintas modalidades do bacharelato e o alumno ten que pensar cál das opcións lle interesan máis. Pódelo atopar en: http://www.aplicaciones.info/utiles/optestba.htm - IPP-R. Inventario de Intereses e preferencias profesionais de Mª V. de la Cruz - “Test de preferencias Orienta 2009/2010”. Dous test que pertencen ao programa Orienta 2009/2010 de Julián Sádaba. ESCRIBE AQUÍ OS TEUS RESULTADOS. A) TEST DE BACHARELATO: B) TEST IPP-R Juan Luis Rodríguez Rodríguez 6
  • 7. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE C) TEST ORIENTA 2009/2010 Para descargar o programa entra na web do colexio: www.colexiodivinapastora.com e dende alí na sección de “Departamentos” entra en “Orientación” e dende esta sección atoparás o “Blog Orienta”. Ou ben accede diractamente dende esta dirección: www.elorienta.com/juanluis Atoparás o blog con moita información sobre a área de Orientación Profesional, e no menú “Enlaces” na sección de “material” no primeiro apartado poderás dscargar o programa co que traballamos na aula de informática, dale un click a: “Descarga el ORIENTA 2009-2010” Resultados do test: Juan Luis Rodríguez Rodríguez 7
  • 8. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE BLOQUE II. INFÓRMATE SOBRE OS ESTUDOS E SAÍDAS PROFESIONAIS. 3. ALTERNATIVAS Ó FINALIZAR O CURSO As alternativas segundo a Lei Orgánica de Educación (BOE, 04/05/06) están reflectidas no seguinte cadro, que comentaremos na titoría con exemplos. Cadro 1. Esquema do Sistema Educativo Español segundo a LOE elaborado polo MEC. Fonte: MEC: http://www.mepsyd.es/educa/sistema-educativo/loe/files/sistema-educativo.pdf Juan Luis Rodríguez Rodríguez 8
  • 9. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE 4. O BACHARELATO O Bacharelato LOE, comprende 2 anos académicos e pódese optar por 3 modalidades diferentes: • Artes (organizada en dúas vías, a de Artes plásticas, deseño e imaxe e a de Artes escénicas, música e danza) • Ciencias e Tecnoloxía • Humanidades e Ciencias Sociais En cada modalidade existen diferentes tipos de materias ou asignaturas • Materias comúns, que pretenden aportarche unha formación xeral • Materias propias da modalidade, coa intención de aportarche os coñecementos da modalidade elexida e prepararte para determinados estudos universitarios ou Formación Profesional Específica. (estudanse como mínimo 3 materias propias de modalidade por curso). • Materias optativas, coa intención de conseguir unha formación máis especializada (escoller 1 das ofertadas polo centro). Ao superar o Bacharelato obtense un único título, que dará acceso ós Ciclos Formativos de Grao Superior ou á selectividade co fin de ir á universidade. 1º curso CIENCIAS E HUMANIDADES E ARTES TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS COMÚNS Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…) Filosofía e Cidadanía - Educación Física - Relixión ou Alternativa Ciencias para o Mundo Contemporáneo PROPIAS DE Matemáticas I Historia do Mundo Cultura Audiovisual // MODALIDADE Biología e Xeoloxía contemporáneo Debuxo Artístico I Física e Química Latín I // Matemáticas Debuxo Técnico I Debuxo Técnico Aplicadas I Volume I Tecnología Industrial Grego I // Economía OPTATIVAS Música Música Música TIC TIC TIC 2ª Lingua extranxeira I 2ª Lingua extranxeira I 2ª Lingua extranxeira I Juan Luis Rodríguez Rodríguez 9
  • 10. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE 2 curso CIENCIAS E HUMANIDADES E ARTES TECNOLOXÍA CIENCIAS SOCIAIS COMÚNS Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…) Historia da Filosofía – Historia de España Relixión ou Alternativa PROPIAS DE Matemáticas II Xeografía Historia da Arte MODALIDADE Biología e Xeoloxía Historia da Arte Debuxo Artístico II Física Latín II Debuxo Técnico II Química Matemáticas Aplic. II Técnicas de expresión Ciencias da Terra Grego II gráfico-plástica Debuxo Técnico II Economía de empresa Electrotécnia Tecnoloxía Industrial OPTATIVAS Música Música Música TIC TIC TIC 2ª Lingua extranxeira II 2ª Lingua extranxeira II 2ª Lingua extranxeira II Cadro 3. As materias nos bacharelatos. Nesta táboa vense graficamente a totalidade das materias oficiais que podes atopar nos Centros Educativos que impartan Bacharelato en Galicia. Dependendo do número do alumnado que ten un centro, este poderá ofertar máis optativas. Juan Luis Rodríguez Rodríguez 10
  • 11. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE O BACHARELATO NO NOSO COLEXIO. Cadro 4. O bacharelato no Colexio Divina Pastora. Ourense. 1º Curso: CIENCIAS E HUMANIDADES E CIENCIAS TECNOLOXÍA SOCIAIS COMÚNS Lingua galega e literatura I - Lingua castelá e literatura I Lingua estranxeira I: (Inglés-Francés-italiano-Portugués…) Filosofía e Cidadanía - Educación Física - Relixión ou Alternativa Ciencias para o Mundo Contemporáneo PROPIAS DE Matemáticas I Historia do Mundo MODALIDADE Biología e Xeoloxía contemporáneo Física e Química Latín I / Matemáticas Aplicadas I Grego I / Economía OPTATIVAS Debuxo Técnico Matemáticas Aplicadas I / Grego Música I TIC Música Alemán I TIC Alemán I 2ºCurso: CIENCIAS E TECNOLOXÍA HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS COMÚNS Lingua galega e literatura I * Lingua castelá e literatura I * Lingua estranxeira I: (Inglés) * Folosofía * Educación Física * Relixión PROPIAS DE Matemáticas II Historia do Mundo contemporáneo MODALIDADE Bioloxía Latín II / Matemáticas Aplicadas II Física // Química Grego II / Economía de empresa OPTATIVAS Debuxo Técnico II Historia da Arte Ciencias da terra Música Música TIC TIC Alemán II Alemán II Pregunta polas materias que descoñezas ó orientador ou ós profesores que as imparten no Colexio, tamén che poderán dar unha idea os compañeiros que teñas no bacharelato e que as estean a cursar. Juan Luis Rodríguez Rodríguez 11
  • 12. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE Elección: - Tendo en conta que carreira/carreiras ou CFGS quero facer e seleccionar o bacharelato con maior vinculación para ese ou eses estudos: Ex. “quero estudar farmacia, o baharelato con maior vinculación e o de Ciencias e Tecnoloxía polo itinerario de “Ciencias”. - Se non é vinculante a ningún baharelato escoller o que che resulte máis fácil. Quero facer “Educación Social”, aínda que está relacionado con Ciencias Sociais, non é vinculante a ningún baharelato, entón escollo o baharelato X que me resúlta máis fácil polo que é máis probable que obtenía unha maior nota media. Por primeira vez nesta selectividade de 2010 o acceso ós graos Universitarios terá en conta as materias que fagas na fase específica (que é voluntaria) na selectividade. Xa non se ten en conta a modalidade e itinerario senón as materias en concreto segundo a titulación universitaria que queiras estudar. Juan Luis Rodríguez Rodríguez 12
  • 13. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE 5. CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO • ACCESO E DATAS DE INTERESE. Pódese acceder de xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións, ou mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas. Para o acceso directo, o alumno debe posuir o título de graduado en educación secundaria ou estudos equivalentes. Os que non teñan o título poden acceder mediante proba. Nesta proba de acceso, o aspirante deberá acredita-los coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con proveito as devanditas ensinanzas. A proba consta de dúas partes diferenciadas, unha de carácter sociocultural e unha de carácter científico-técnico. Poden concorrer ás probas aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou que os cumpran no ano en que se realicen as probas. Se estás interesado nesta opción fala co orientador, proporcionarache material para a preparación da proba e tamén debes incorporarte as clases de preparación da proba que haberá no Colexio. (pregunta ó orientador). Se queres máis información consulta asesórate no Departamento de Orientación e/ou consulta a páxina web da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.es/fp. O calendario de matriculación nos CFGS específicase na seguinte táboa: Probas de acceso Datas Grao Datas Grao superior medio Inscrición para á proba. 18 ao 29 de xanei. 1 ao 12 de marzo Publicación da listaxe provisoria de inscritos 3 de febreiro 16 de marzo Reclamación a listaxe provisoria de inscritos e 4, 5 e 8 de febreiro 17, 18 e 22 de presentación de documentación adicional. marzo Publicación da listaxe definitiva de inscritos 9 de febreiro 31 de marzo Publicación da resolución provisoria de exencións e 19 de febreiro 29 de abril proba adaptada Reclamacións contra á listaxe provisoria de 22, 23 e 24 de 30 de abril e 3 e 4 exencións e proba adaptada febreiro de maio Publicación da resolución definitiva de exencións e 5 de marzo 14 de maio proba adaptada Publicación dos centros públicos onde se realizarán 3 de marzo 30 de abril as probas cos centros adscritos Celebración da proba 27 de marzo 4 de xuño Publicación das cualificacións provisorias 21 de abril 17 de xuño Reclamacións ás cualificacións provisorias 22, 23 e 26 de 18, 21 e 22 de abril xuño Publicación das cualificacións definitivas 10 de maio 28 de xuño Entrega de certificados nos centros 11 de maio 29 de xuño Táboa 1. Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores convocatoria ordinaria ano 2010 (Máis información en: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm) Juan Luis Rodríguez Rodríguez 13
  • 14. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE • CICLOS FORMATIVOS EN OURENSE E NO RESTO DE ESPAÑA. En Ourense estanse a ofertar neste curso os seguintes ciclos formativos: (2009/2010) Consigna: CM Ciclo Formativo de Grao Medio. CS Ciclo Formativo de Grao Superior. IES Instituto de Educación Secundaria. CPR Centro Privado Concertado CPR Centro Privado Non Concertado. (cursiva) IES A CARBALLEIRA. - CM Coidados auxiliares de enfermaría - CM Sistemas microinformáticos e redes - CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas - CS Administración de sistemas informáticos - CS Saúde ambiental - CS Dietética - CS Laboratorio de diagnóstico clínico IES 12 DE OUTUBRO - CM Estética persoal decorativa - CM Perrucaría - CM Instalacións eléctricas e automáticas - CM Mecanizado - CS Instalacións electrotécnicas - CS Estética - CS Programación da produción en fabricación mecánica IES A FARIXA - CM Equipos electrónicos de consumo - CS Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construción - CS Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas - CS Desenvolvemento de produtos electrónicos - CS Sistemas de telecomunicación e informáticos - CS Axencias de viaxes - CS Información e comercialización turísticas IES AS LAGOAS - CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas. IES XULIO PRIETO NESPEREIRA - CS Industria Alimentaria. IES PORTOVELLO - CM Xestión administrativa - CM Comercio - CM Atención sociosanitaria - CS Administración e finanzas - CS Secretariado - CS Xestión comercial e márketing - CS Integración social - CS Educación infantil Juan Luis Rodríguez Rodríguez 14
  • 15. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE IES UNIVERSIDADE LABORAL - CM Electromecánica de vehículos - CM Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de calor - CM Carrozaría - CS Mantemento de equipo industrial - CS Automoción CPR CRUZ VERMELLA - CS Animación Sociocultural. - CS Integración Social. CPR GRUPO Academia Postal. - CM Xestión Administrativa. - CM Explotación de sistemas informáticos. - CS Xestión e Organización dos recursos naturais e paisaxísticos. - CS Administración e Finanzas. - CS Sistemas de Telecomunicación e Informáticos. - CS Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas. - CS Administración de Sistemas Informáticos. CPR RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN. - CM Xestión Administrativa. - CM Comercio. CPR SAN MARCOS - CM Farmacia. - CS Documentación Sanitaria. - CS Hixiene Bucodental - CS Prótese Dental CPR SAN MARTÍN - CM Xestión Administrativa. - CM Coidados Auxiliares de Enfermería. CPR SANTO CRISTO. - CM Xestión Administrativa. - CM Comercio. - CM Perruquería. - CM Coidados Auxiliares de Enfermería. - CM Farmacia e Parafarmacia. CAIXANOVA - CM Elaboración de Aceites de Oliva e Viños - CM Instalación e Mantemento Electrotécnico e Conducción de Liñas - CM Sistemas Microinformáticos e Redes - CS Administrados de Sistemas Informáticos - CS Xestión Comercial e Marketing. Podes atopar toda a información dos ciclos formativos en: http://www.edu.xunta.es/fp/ Juan Luis Rodríguez Rodríguez 15
  • 16. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE 6. ESTUDOS DE RÉXIME ESPECIAL Ensinanzas de grao medio Música e Danza. Condicións de acceso: • Para inicia-los estudios de grao medio será preciso superar unha proba. Poderán matricularse nesta proba os alumnos de réxime regrado e os candidatos de réxime non regrado. • Poderá accederse, tamén mediante proba, a calquera outro curso de grao medio sen ter superados os anteriores. • Non hai límite de idade no acceso ó grao medio. Proba de acceso ó 1º curso. Realizarase nunha convocatoria anual no mes de xuño. O centro publicará con anterioridade á matrícula o número de vacantes por cada especialidade. A proba terá dúas partes: A. Especialidades instrumentais e B. Canto. En Ourense: Conservatorio de Música Profesional de Ourense. Grao Medio de: Frauta trabeseira, Oboe, Clarinete, Fagot, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Tuba, Violín, Viola, Violoncelo, Contrabaixo, Piano, Acordeón, Guitarra, percusión, Canto, Instrumentos de Puga, Clave. Artes Plásticas e Deseño. As Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño teñen unha estructura semellante á da Formación Profesional Específica e comprenden un conxunto de Ciclos Formativos que se organizan en Módulos Profesionais cunha formación teórico-práctica e dunha duración que estará en función da natureza da competencia profesional característica do título correspondente. Accédese mediante o título de graduado en ESO ou equivalente e ademais superar a proba específica que consta de 3 exercicios: - 1º exercicio: desenvolver por escrito un tema sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. - 2º exercicio: realizar debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa posterior aplicación. - 3º exercicio: execución con bosquexos e debuxos realizados no exercicio 2º. En Ourense: Escola de Arte Antonio Failde. Av da Universidade s/n. 32005. Ourense. www.escolarte.com - Ciclo Medio de Ebanistería. - Ciclo superior de Mobiliario - Ciclo Superior de Decoración - Ciclo Superior de Ilustración. - Ciclo Superior de Fotografía. - Ciclo Superior de Gráfica Publicitaria. Ciclos Medios en Galicia: - C. M. Dourado e Policromía artística. (A Coruña). - C. M. Procedemento de Xollería Artística (Santiago de Compostela). - C. M. Esmaltado sobre Metais (Santiago de Compostela). - C. M. Serigrafía Artística (Lugo). Juan Luis Rodríguez Rodríguez 16
  • 17. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE 7. OUTROS ESTUDOS E PROFESIÓNS Existen outros estudos especializados, algúns esixen bacharelato,outros selectividade, e outros unhas condicións físicas ou probas específicas de ingreso. • AZAFATAS AUXILIARES DE VUELO. Información en AVIACIÓN CIVIL (Tel. 91 597 70 00) e en compañías aéreas. Son títulos privados organizados polas distintas compañías. A duración oscila entre 1 e 2 anos e requirese o título de bacharelato, superar as probas de aptitude e o exame de idiomas. • ARQUITECTURA DE INTERIORES. Requirese bacharelato e PAAU. Ten unha duración de tres cursos máis proxecto de fin de carreira. Trátase dun título propio da Universidade de A Coruña, “Graduado en Arquitecturta de Interiores”. Máis información en www.udc.es/estudos/ga/estudospropios/960111.asp • INVESTIGADOR PRIVADO. Instituto Universitario de Criminoloxía. Madrid. (Tel. 91 394 54 13) Requírese bacharelato e selectividade. Tratase dun Título Propio da Universidade Complutense e ten unha duración de tres cursos. • CIENCIAS POLICIAIS. Universidade de Vigo. Trátase dun título propio da Universidade e ten unha duración de dous cursos, obtendo así o título de Técnico, Especialista ou Máster en Criminoloxía ou a cunha duración de tres cursos, acadando así o título de Graduado Universitario en Ciencias Policiais. Requisitos: - Titulado universitario de 1º ou 2º ciclo, COU con ou sin selectividade - FP - Bacharelato LOGSE con selectividade - Ciclo formativo de grao superior ou equivalente - Probas de acceso para maiores de 25 anos - Estudos estranxeiros convalidables. • DISEÑO E MODA.. A) Escuela Superior de Diseño y Moda Felicidad Duce. Allariz. Ourense. (Tel. 988 43 61 80). Carrera de Diseño de Moda (titulación Privada). B) Graduado Universitario en Diseño Textil e Moda. Título propio da Universidade de Vigo. Máis información: Facultade de Belas artes, Rúa da Maestranza, nº2, 36002. Pontevedra. Tel: 986 801 800. E-mail: esdemga@uvigo.es Este profesional está preparado para a coordinación de todos os procesos tanto de creación, como de fabricación e elaboración dos produtos relacionados coa moda e a confección. Poderá, polo tanto, desenvolver a súa actividade profesional tanto na industria téxtil e da moda como executar libremente a súa profesión como: • Deseñador en estampación téxtil • Deseñador estilista • Deseñador técnico • Crítico de moda • Administrador de creación para a produción e a comercialización Juan Luis Rodríguez Rodríguez 17
  • 18. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE • PILOTO CIVIL. Podes estudialo na Universidade de A Coruña. O obxectivo deste Título Propio é o de crear unha titulación universitaria que aporte aos futuros profesionais do sector unha formación sólida, extensiva e polivalente de forma que estean na mellor disposición para competir con vantaxe no mercado laboral moderno. O Título Propio vese enriquecido ao incorporar dentro da estrutura do seu plano de estudos o conxunto de coñecementos teórico-prácticos requiridos para a obtención de distintos títulos aeronáuticos oficialmente recoñecidos Piloto Privado (avión), Piloto Comercial (avión) e Piloto de Transporte de Liña Aérea (avión). A obtención de ditos títulos é posible gracias ao acordo de colaboración subscrito pola Universidade da Coruña coa Escola de Pilotos de Aeroflota do Noroeste, AFN, que conta con todas as autorizacións necesarias (expedidas por parte da Dirección Xeral de Aviación Civil) para a docencia e formación de pilotos de liña aérea no noso país. O título Propio busca acreditar a formación académico-técnica e humanística dos futuros pilotos civís. Con iso preténdese dar un valor engadido aos que se imparten ao amparo das normas JAR/FCL, dotando aos estudantes dun sólido adestramento técnico e científico. Ten unha duración entre 3 e 4 anos. Máis información en: http://www.udc.es/aviación • MILITAR. Para ingresar en tropa e marinería requísese ter nacionalidade española*, ter entre 18 e 28 anos, medir máis de 1,55 e menos de 2,03, non ter máis de 6 dioptrías de miopía, hipermetropía ou 4 de astigmatismo, acreditar boa conducta cidadá, e poseer os estudos esixidos para cada especialidade. Para ingresar aos estudos superiores militares requírese ter superadas as PAAU. Máis información no Ministerio do Interior. www.mir.es • CUERPO DE LA GUARDIA CIVIL. Información en Dirección General de al Guardia Civil. Jefatura de la Enseñanza. (Tel. 91 514 64 70). Para o ingreso na escala básica tes que cumplir algús requisitos: ser español, ter entre 18 e 30 anos, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, carecer de antecedentes penales, e ter o permiso de conducción da clase B. • POLICÍA NACIONAL Para o ingreso na escala básica tes que cumplir algús requisitos: ser español, ter entre 18 e 30 anos, ter unha estatura mínima de 1,70 homes e 1,60 mulleres, ter o título de ESO, compromiso de portar armas, non cumplir condena por delito doloroso e ter o permiso de conducción das clase A e B e da autorización (BTP). Máis información no ministerio do interior. www.mir.es Unha páxina moi completa para obter información de outra formación diferente á universitaria e a formación profesional é a páxina web do Ministerio: www.cnice.mecd.es/recursos2/orientacion/02orient/op04.htm Nesta páxina pódese atopar información sobre as siguientes profesiones: Piloto de Líneas Aéreas, Ilustrador, Guionista de Cine, Radio y TV; Meteorólogo, Controlador Aéreo, Escaparatista; Modelo; Grafólogo; Árbitro deportivo; Director de Hotel; Decorador de interiores; Anticuario; Orfebre; Auxiliar de Vuelo; Bombero; Enquisador; Animador Turístico; Xemólogo; Profesor de Baile; Monitor de Aeróbic; Especialista de Cine... Juan Luis Rodríguez Rodríguez 18
  • 19. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Guía de Orientación Académica e Profesional 4º ESO (2009/2010. v.3) COLEXIO DIVINA PASTORA OURENSE 8. PCPI. PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL. Todos os estudios dos PCPI que se estánm a ofertar en Ourense neste curso 2009/2010 son os seguintes: IES A Carballeira (A Carballerira, s/n. CP. 32002. Tel 988221312) PCPI de informática IES 12 de Outubro (Av. Santiago, 2. CP. 32001. Tel. 988213722) PCPI de fabricación mecánica IES Universidade Laboral (Av. Universidade, s/n. CP. 32005. Tel. 988226304) PCPI de mantemento de vehículos CIFP A Farixa (Finca Farixa, s/n, CP. 32005. Tel. 988236501) PCPI de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións EPA de Ourense Calquera programa de cualificación profesional inicial (Modalidade C) CPR San Martín (Coronel Ceano, 1. CP. 32005. Tel. 988221990) PCPI Servizos Administrativos. PCPI Informática CPR Santo Cristo (San Pedro, 2. CP. 32005. Tel. 988220588) PCPI Peiteado PCPI Revestimento de Obra CPR Ramón María del Valle Inclán (Enseñanza, 20. CP. 32002. Tel 988366214) PCPI Servizos Administrativos CAIXANOVA PCPI Instalacións Electrotécnicas e de Telecomunicacións Podes atopar toda a información dos PCPI en: http://www.edu.xunta.es/fp/ Juan Luis Rodríguez Rodríguez 19