SlideShare a Scribd company logo
1 of 23
Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando  conectado a Internet.  Deste  xeito poderá  accederse  ás  ligazóns   que ao longo dela se propoñen Clicando  sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente  de distintos recursos web ou  cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un  determinado asunto ou texto literario  Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo  de  audio:  poema  musicado, lectura dun texto... Definición ou explicación dun concepto
TEMA 5. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
CONTEXTO HISTÓRICO Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron. Encontramos tamén as influencias das correntes  estéticas e de pensamento imperantes en Europa ►   Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran- quista ►   Imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50. Im- portancia da actividade cultural do exilio ►   Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con co- rrentes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, paci- fismo... ►   A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria,so- cial e política en Galiza ►   Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión  formal e da temática da narrativa
TRADICIÓN MEDIEVAL TRADICIÓN DO SÉCULO XIX NORIEGA VARELA CABANILLAS BOUZA BREY Á. CUNQUEIRO HILOZOÍSMO RURALISMO AMADO CARBALLO CRECENTE VEGA G  U  E  R  R  A  C  I  V  I  L NEOTROBADORISMO CLASICISMO A. CUNQUEIRO ÁLV. BLÁZQUEZ EMILIO PITA IGLESIA ALVAR. DÍAZ CASTRO C.E.FERREIRO M. MARÍA L. SEOANE L. VARELA M. MARIÑO L. PIMENTEL Á. CUNQUEIRO IGL. ALVARIÑO CARB. CALERO PAISAXISMO UXÍO NOVONEYRA MANUEL MARÍA ESCOLA DA TEBRA CUÑA NOVÁS A. TOVAR B. GRAÑA ESC.NEOTROBADOR. ESC. HILOZ. RURALISMO POESÍA SOCIAL INTIMISMO  TENDENCIAS POÉTICAS (1900-1976) VANGARDISMO MANUEL ANTONIO ÁLVARO CUNQUEIRO Paisaxismo Poesía combativa Intimismo Cancioneiros
LUÍS PIMENTEL A pesar  de que a súa  obra foi publi-cada na  posguerra, está  claramente vinculado á promoción das vangardas. Mestura  elementos  de carácter su-rrealista  e  simbolista cun  marcado lirismo intimista. No  plano  formal  destaca  o uso  do verso libre. Triscos  (1950)‏ Sombra do aire na herba  (1959)  Logo botábaos a voar e ríase de velos topar contra o valado da súa casa, con un ruído moi triste ....................... Creceu e foi de aquiles. Aquil neno pincháballe os ollos ós paxaros; e gustáballe ver saír esa gotiña de aire e de lus, ise rocío limpo de mañanciñas frescas. ....................... XOGO RUÍN ( Sombra de aire na herba )
Os poetas deste período poden agruparse en tres promo-cións sucesivas, atendendo a un criterio cronolóxico Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa obra. Cultivan tendencias de preguerra e desenvol-ven as temáticas social-realista, inti-mista radical e clasicista Iglesia Alvariño Díaz Castro Celso E. Ferreiro María Mariño XERACIÓN DO 36 Nacidos entre 1909 e 1920 Inícianse baixo a influencia da poesía española. De formación autodidacta,  móvense entre o intimismo e a angus-tia existencial da “Escola da tebra” Antón Tovar Luz Pozo Garza M. Cuña Novás PROMOCIÓN DE ENLACE Nacidos entre 1920 e 1930 De formación universitaria e influí-dos polas correntes literarias euro-peas, cultivan  unha poesía  compro-metida onde se mesturan social-rea-lismo e existencialismo Uxío Novoneyra Méndez Ferrín Manuel María Bernardino Graña XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Nacidos en 1930 e 1940
AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO Destaca pola temática de paisaxismo rura-lista, continuadora de Noriega Varela. Gran  coñecedor  da poesía  grega e latina, emprega con mestría a métrica clásica: so-netos, hendecasílabos brancos... Na parte final da súa obra, cobra máis pe-so  a temática  angustiada e de  reflexión existencial. Señardá  (1930)‏ Cómaros verdes  (1947)  Lanza de soedá  (1961)  XERACIÓN DO 36 Esta é a mar dos solpôres recendentes a mazás coloradas. Debaixo, asolagados, fondos vales e alboradas con páxaros de rabos longos de silencio. Este é a mar, triste sombra desgazada de altísmos montes cheos de neve, que pelengrinaron soles inmensos e senlleiros. Xa nin montes de neve nin soles recén nados. Mais a súa sombra, sí, mar sin consolo. A súa sombra de auga, amargues bágoas. A súa sombra leal, triste lamento e longa noite. Ónde aqueles montes altísmos que aconchegaban contra o teu seo o rebrilo das súas craras cabeleiras? [...] ESTA É A MAR DOS SOLPORES ( Cómaros verdes )
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Ademais do  paisaxismo  ruralista, no seu único libro ofrece unha profunda reflexión  sobre a natureza  humana, mostrando  unha  concepción  tráxica da vida. Aborda  tamén  a temática  relixiosa, pouco frecuente na literatura galega, desde unha perspectiva ascética. Nimbos  (1961)‏ XERACIÓN DO 36 Un paso adiante i outro atrás, Galiza,  i a tea dos teus sonos non se move.  A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol como unha uva; pro tí envólveste en sabas de mil anos i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo.  Desorballando os prados coma sono  o tempo vai de Parga a Pastoriza.  Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.  Un paso adiante i outro atrás, Galiza! PENÉLOPE ( Nimbos )
CELSO EMILIO FERREIRO XERACIÓN DO 36 ,[object Object],[object Object],[object Object],Liñas temáticas O soño sulagado  (1954) Longa noite de pedra  (1962) Viaxe ao país dos ananos  (1968)   Terra de Ningures  (1969) Cantigas de escarnio e maldecir  (1968) Paco Pixiñas  (1970) Antipoemas  (1972) Cimenterio privado (1973) Onde o mundo se chama Celanova  (1975) É o autor máis importante desta xeración e o principal representante da poesía social. A súa poesía comprometida foi un referente básico na resistencia antifranquista. De gran aceptación social, a súa poesía popularizouse en gran medida grazas aos cantautores de  Voces Ceibes. Os estúpidos pais, as prostitutas, as grandes damas da beneficencia, magnates e mangantes, grandes cruces, altezas, escelencias, eminencias, cabaleiros cubertos, descubertos, nada serán meu ben, si a bomba ven, nada o amor, e nada a morte morta con bendiciós e plenas indulxencias. ¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño a amable primavera faise cinza de vagos isotopos placentarios, de letales surrisas derretidas baixo un arco de átomos triunfaes. A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo de setas e volutas abombadas, axiña ven, vela ahí ven, bon amigo. ¡Estános ben! ¡Está ben! ¡Está bon!  ¡¡¡Booong!!! ¡Qué ben, que a bomba ven co seu rebombio! A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo. A bomba con aramios, con formigas, con fornos pra asar meniños loiros. A bomba ten lombrices, bombardinos, vermes de luz, bombillas fluorescentes, peixes de chumbo, vómitos, anémonas, estrelas de plutonio plutocrático, esterco de cobalto hidroxenado, martelos, ferraduras, matarratos. A bomba, bong. A bomba, bon amigo. Con átomos que estoupan en cadeia e creban as cadeias que nos atan: Os outos edificios. Os outos funcionarios. Os outos fiñanceiros. Os outos ideais. ¡Todo será borralla radioaitiva! As estúpidas nais que pairen fillos polvo serán, mais polvo namorado. POEMA NUCLEAR ( O soño sulagado ) Esta mudo o reixiñol que outrora cantar solía. Non importa, agardarei polo albor dun novo día. Que esta comigo a esperanza fiando, fía que fía... Ela fía i eu confío no albor dun novo día Teño o corazón senlleiro e orfo na noite fría. Non importa, agardarei polo albor dun novo día. Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía. Non importa, agardarei polo albor dun novo día. 13 ( Viaxe ao país dos ananos )
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Longa noite de pedra DENUNCIA DA INXUSTIZA ANTIBELICISMO SOLIDARIEDADE COS OPRIMIDOS DEFENSA  DA LINGUA LIBERDADE Os corazós dos homes que ao lonxe espreitan, feitos están tamén de pedra. I eu, morrendo nesta longa noite de pedra.   O teito é de pedra. De pedra son os muros i as tebras. De pedra o chan i as reixas. As portas,  as cadeas, o aire, as fenestras, as olladas, son de pedra.  LONGA NOITE DE PEDRA ( Longa noite de pedra ) ai, que soliña quedache,  María Soliña. As gueivotas sobre Cangas soños de medo tecían: ai, que soliña quedache,  María Soliña. Baixo os tellados de Cangas anda un terror de auga fría: ai, que soliña quedache,  María Soliña. Polos camiños de Cangas a voz do vento xemía: ai, que soliña quedache,  María Soliña. Nos areales de Cangas, muros de noite se erguían: ai, que soliña quedache,  María Soliña. As ondas do mar de Cangas acedos ecos traguían:   MARÍA SOLIÑA ( Longa noite de pedra ) Si dixese que só, que todo está moi ben, que o mundo está moi bon, que cada quen é cada quen... Conformidá. Ademiración... Calar, calar, calar, e moita precaución. Si dixese que acaso as cousas son esí, porque sí, veleí, e non lle demos voltas. NON ( Longa noite de pedra ) (Si aquil está enriba i aquil outro debaixo é por culpa da vida. Si algunhos van de porta en porta cun saco de cinza ás costas é porque son unhos docas). Si dixera que sí... Entón sería o intre  de falar seriamente da batalla de froles nas festas do patrón. Pero non.
ANTÓN TOVAR A súa obra está  marcada por unha forte pegada  existencialista , cunha  reflexión, en ton pesimista, sobre o sentido da vida e da morte. A finais dos 60,a súa poesía adquire unha preocupación  social  intensa,  cunha  ex-presión caracterizada polo prosaísmo e a sinxeleza. PROMOCIÓN DE ENLACE Non  (1967)‏ O vento no teu colo  (1974) Calados esconxuros  (1980)  Teño merlos de sombra nas pólas da canseira e ceos a choveren sobre un río de carne; non teño máis terreos, só teño esa orballeira, unha cántiga triste sobre os prados e as árbores. Levos ás costas saudade mesturada de anceios , saudade como néboa na lama das congostras; un acio de silencio no que se pousa o medo como se pousa o mar dos náufragos das costas. Vou nun leito de toxos co meu corpo ferido, o sangue esparexido polas veas do vento, o pulso dunha arela a latexar camiños, e a cántiga da angustia que me colleu ben cedo. Puiden ser unha nube como as alas dun anxo, ou un grilo, unha rosa, unha xestiña leda, non cheguei máis que a sombra e néboa, bágoa, pranto, bolboreta da morte coas dúas alas nas tebras. O QUE TEÑO ( Non )
LUZ POZO GARZA Fronte ao ton pesimista dos seus compa-ñeiros  de xeración, cultiva  unha  poesía  intimista de gran forza vitalista,onde se mesturan  o amor, a sensualidade, o ero-tismo, as lembranzas... Nos últimos libros si aparece unha temá-tica  máis  desacougante e algunhas  tra-zas de social-realismo. PROMOCIÓN DE ENLACE O paxaro na boca  (1952)‏ Verbas derradeiras  (1972) Códice calixtino  (1986)  En tódolos pobos hai un neno murcho, sin niños, nin merlos, nin píos. Un neno que coñece as esquinas tristes, cidades sumerxidas, peixes mortos i o laiar da noite como un anxo negro. Polo vento morno bulen os paxaros i as pedras reloucan embaixo das herbas. Os peixes máis craros esbaran. Hai festas nos prados, mais en todas partes hai un neno murcho. As arbres son gaitas, mais en todas partes hai un neno murcho. As rapazas fían, mais en todas partes hai un neno murcho. Roca bullangueira, En tódolos pobos hai un neno murcho.   O NENO MURCHO ( O paxaro na boca )
MANUEL CUÑA NOVÁS É o iniciador da  denominada  “ Escola da Tebra ”, poesía de base existencialista e nihilista que reflicte un mundo angustia-do, presa do medo e a desesperanza. Ademais desta temática,de imaxes her-méticas e omnipresenza  da escuridade, cultiva tamén, no seu primeiro  libro, al-gunhas  correntes  de preguerra (imaxi-nismo e neotrobadorismo). PROMOCIÓN DE ENLACE Frauta na noite  (1947)‏ Fabulario novo  (1952) Agoiro de frauta antiga que namorou a lúa medoñenta das rodas dos camiños e os anelos das cobras. Ainda un oco de soma é lar e faise medo. O sapo era como un paxaro triste en col de un ramaxe núo que refrexou a xerfa; seu laído na tébra aluarado rompeu os nidos segredos da noite. Pólos derradeiros sonos rodaba cristaíño un degaro de azas novas. Nos arañeiros doídos tece prantos a choviña e o silenzo faise fonte na silveira. [...] ( Frauta na noite )
UXÍO NOVONEYRA O máis  salientábel da súa  lírica é  a te-mática  paisaxista,  presentada como un diálogo  co  medio  natural  desde  unha perspectiva transcendente,ás veces mís-tica e panteísta. A natureza convértese  nun instrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén  presenta  unha  vertente  social, comprometida con  Galiza e coa loita an-tiimperialista e antibelicista. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Os eidos  (1955)‏ Elexías do Caurel  (1966) Os eidos 2  (1974) Poemas caligráficos  (1979)  PANOS brancos esfiañados   da nebra ouveando polos vales polos soutos   i as devesas marelas en busca dun caborco ou dunha valiña outa   que os acolla i os faga acougar! Fiañas da nebra rubindo e baixando   á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos   do Nadal! ( Os eidos )
XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN Actual  presidente  da  Real Academia Galega, Ferrín, ademais de ser un principais  narrado-res da actualidade, representa unha referen-cia esencial na poesía deste período.  Constitúe  o gupo  Brais Pinto, xunto con Ber-nardino  Graña, Alexandre  Cribeiro e  outros autores. Iníciase na poesía seguindo a corrente estéti-ca da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predileción pola poesía comprometida. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Voce na néboa  (1957)‏ Con pólvora e magnolias  (1976) Poesía enteira de Heriberto Bens  (1980) O fin dun canto  (1981)
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],Con pólvora e magnolias No vento de mazán que se desfraga  nos cons e pedregullo solar  de cabo de Home e Punta do Cabalo de Fora  reclamo a libertade pró meu pobo.  No meniño que dorme  no edredón dos teus ollos  reclamo a libertade pró meu pobo. Nas vellas mans agrarias,  nas loias amorosas dos estíos  reclamo a libertade pró meu pobo. Nos bicos acedísimos e tenros  dos meus fillos inmensos  reclamo a libertade pró meu pobo. [...] ( Con pólvora e magnolias )
Comeza a  súa obra  poética  desde os presu-postos intimistas e existenciaistas da “Escola da Tebra”.  Posteriormente, decántase  cara ao descriti-vismo  paisaxista  e a  poesía  de compromiso social: defensa das clases  populares, reivin-dicación  nacional de Galiza e crítica da tira-nía e do imperialismo. A sinxeleza da expresión e  a temática popu-lar contribúen á súa grande aceptación social. MANUEL MARÍA XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Muiñeiro de brétemas  (1950)‏ Morrendo a cada intre  (1952) Terra chá  (1954)  Documentos personaes  (1958)  Os soños na gaiola  (1968) Prohíbese,por orde da Alcaldía, que medren porque si  as rosas do xardín municipal.  Desde agora as pombas teñen que pedir  licencia para voar. Prohíbeselle á lúa que é unha tola andar ceiba no ceo, que a lúa é unha tola que anda espida  e dando mal exemplo.  Están fóra da Lei a primavera, as flores e os carballos, as estrelas, os peixes e os paxaros. Desde agora as pombas teñen que pedir  licencia para voar. Pagarán duros trabucos os poetas. Prohíbese soñar,  prohíbese tamén derramar bágoas e pódese chorar... e pódese chorar cando hai sequía  para que enchan os pantanos. Desde agora as pombas teñen que pedir  licencia para voar. E un só se pode emocionar  os xoves e domingos, cando toca...  cando toca a banda do concello, a banda do concello no quiosco. Dáse este bando en tal e cal  para que se cumpra  de orde do Alcalde. Firmado e rubricado. BANDO ( Documentos personaes ) Primeiro Portomarín, logo Castrelo do Miño. ¡Dispois tocoulle As Encrobas sufrir parello destiño! Raposos capitalistas que non deixan un torrón, sementan todo de lixo, porcallada e polución. Nas nosas terras labregas, fértiles e feiticeiras, queren erger celulosas que cheiran como esterqueiras Queren encher a Galicia de industrias contaminantes  e que o noso povo siga a producir emigrantes. As terras son dos labregos dende tempo inmemorial mais agora, sin razón, rouballas o capital. Cando o povo pide o seu con voz valente e baril mándanlle, pra contentalo, cabaleiros de servir. Hai pouco foi nas Encrobas, ás portas de Xove están, Si a algún lugar non chegaron axiña aparecerán.  CANTIGA DAS ENCROBAS A FALA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós.   O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! [...]
BERNARDINO GRAÑA Presenta  unha  traxectoria  común á maioría dos membros da súa xeración: inicio na órbi-ta da “Escola da Tebra” e posterior  achega-mento á  poesía  social e a outras  temáticas máis intimistas. A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira  singular o tema do mar; nas últi-mas  obras  adquire  maior  peso  a  vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano  nunha sociedade  mercantilizada en exceso. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Profecía do mar  (1966)‏ Non vexo Vigo nin Cangas  (1975) Se o noso amor e os peixes...  (1980) Que non o saiba o vento namorado  que vai agarimando, unha a unha, as praias. Non é siroco, ningún vento seco o que nos ceifa a vida dos pequenos, o que arrasa as casoupas, o que rouba  as forzas das mulleres entregadas  ao diario labor, o que desgarra  as carnes das nacións sacrificadas  en aras do progreso da falacia. Non é o vento cruel, nin a arrogancia  de tiranos gordechos e ignorantes  sobre tribos humildes e selváticas  cubertos de ouro e peles de animalias. Nin son nenos famentos, nin obreiros os que andan a estragar, a desangrarnos,  a machucar as rosas e os ensoños,  a macular a gloria da alborada.[...] ( Se o noso amor e os peixes... )
A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ESQUEMA PARA IMPRIMIR PROMOCIÓNS DE POETAS ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],CELSO EMILIO FERREIRO
XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS ►  UXÍO NOVONEYRA :  O máis  salientábel da súa  lírica é a temática  paisaxista, presentada como un diálogo  co  medio natural desde unha perspectiva transcendente, ás veces mística e panteísta. A natureza convértese nun  instrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén  presenta  unha  vertente  social, comprometida  con Galiza e coa loita antiimpreialista e antibelicista. Obras :  Os eidos ,  Elexías do Caurel ,  Os eidos  2,  Poemas caligráficos  ►  MÉNDEZ FERRÍN  Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da “Escola da Tebra”,manifestando sempre  unha predileción pola poesía comprometida. O seu libro  Con pólvora e magnolias  supón un auténtico revulsivo na  poesía galega  da década  dos 70. Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico e  “panfletario” e introducindo  elementos estéticos novidosos e abundantes  referencias culturais. O poemario  combina dúas vetas: a da proclama política (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as magnolias). Obras :  Voce na néboa ‏ ,  Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin dun canto ►  MANUEL MARÍA : Comeza a  súa obra  poética  desde os presupostos intimistas e existencialistas da “Escola  da Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defen- sa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo. A sinxeleza da  expresión e a temática popular contribúen á súa grande aceptación social. Obras :  Muiñeiro de brétemas ‏ , Morrendo a cada intre, Terra chá, Documentos personaes, Os soños na gaiola ►  BERNARDINO GRAÑA : Presenta unha  traxectoria común á maioría dos  membros da súa xeración: inicio na  órbita da “Escola da Tebra” e posterior achegamento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas. A súa  poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últimas obras adquire maior peso  a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano  nunha sociedade  mercantilizada en exceso. Obras :  Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes...
A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1 1 .- Clasifica cada fragmento na liña poética correspondente e intenta deducir o seu autor a  partir das características que presenta:  Cimo da Devesa! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Paxaro Tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados! Punteiros da gaita acompañábano. O pai, de negro; no mar, unha vela branca. Os amiguiños levábano. Non pesaba nada. Eu canto dende dentro [do meu .pobo Tido,  metido,  prometido, comprometido cos homes, meus irmáus, meus camaradas na loita pola libertá Sobor da nada, ser, e fronte á nada e contra a nada, xurdir; [...] Xurdir disa saraiba de estrelas que amenaz o desamparo, o inútil desamparo da luz que nos reflexa [...] arrincando cos dentes e coas mans, cos ollos, istes muros de intrana, sangue e néboa, [...] caíndo como cinza nos ollos enxoitados polo espanto 1.“Escola da Tebra” 2. Poesía social 3. Paisaxismo 4. Ecos do vangardismo Corrente: Autor: Corrente: Autor: Corrente: Autor: Corrente: Autor: 1. Celso E. Ferreiro 2. Uxío Novoneyra 3. Luís Pimentel 4. Cuña Novás
A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 2 2 .- Realiza o exercicio interactivo sobre a poesía deste período que se propón na seguinte  páxina:[ IES OTERO PEDRAYO ] 3 .- Relaciona autores e obras: 4 .- Le o  POEMA NUCLEAR   de Celso Emilio Ferreiro e responde ás seguintes cuestións: ►  Temática do poema. É a máis representativa do autor? Finalidade pragmática do poema ►   Identifica os recursos literarios e lingüísticos (aliteracións, xogos de palabras, enumeracións caó- ticas, ironía,  humor, referencias  intertextuais...) dos que se serve o autor para realizar unha crí- tica satírica do belicismo Muiñeiro de brétemas  Nimbos  Fabulario novo  Longa noite de pedra  O paxaro na boca  Se o noso amor e os peixes ... Os eidos  Calados esconxuros  Cómaros verdes Sombra do aire na herba Con pólvora e magnolias  Luís Pimentel Aquilino Iglesia Alvariño Xosé María Díaz Castro  Celso Emilio Ferreiro  Antón Tovar  Luz Pozo Garza Manuel Cuña Novás Uxío Novoneyra Xosé Luís Méndez Ferrín Manuel María Bernardino Graña
PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web  de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas

More Related Content

What's hot

As vangardas en galicia
As vangardas en galiciaAs vangardas en galicia
As vangardas en galicia
Xesús Amboaxe
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
Lourenço Alvarez Ruiz
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
xenevra
 
Vanguardismo
VanguardismoVanguardismo
Vanguardismo
pitu_ml
 

What's hot (20)

1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
risco
riscorisco
risco
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Irmandades da fala
Irmandades da falaIrmandades da fala
Irmandades da fala
 
As vangardas en galicia
As vangardas en galiciaAs vangardas en galicia
As vangardas en galicia
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Texto argumentativo
Texto argumentativo Texto argumentativo
Texto argumentativo
 
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
4. o teatro do 1º terzo do séc. xx
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
O teatro no tempo das if
O teatro no tempo das ifO teatro no tempo das if
O teatro no tempo das if
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Esquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporáneaEsquema da literatura galega contemporánea
Esquema da literatura galega contemporánea
 
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 19768. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
11. a prosa de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
A literatura do exilio
A literatura do exilioA literatura do exilio
A literatura do exilio
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Vanguardismo
VanguardismoVanguardismo
Vanguardismo
 

Viewers also liked

Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
Celia Díaz
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
Román Landín
 
A miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa limaA miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa lima
mapilargar
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
Xesús Amboaxe
 
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
Xesús Amboaxe
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Endl Félix Muriel
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
guest7b8f3b
 

Viewers also liked (20)

Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--Variedades xeográficas do galego moderno--
Variedades xeográficas do galego moderno--
 
Sintaxe tradicional
Sintaxe tradicionalSintaxe tradicional
Sintaxe tradicional
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticos
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Sara Rodríguez
Sara RodríguezSara Rodríguez
Sara Rodríguez
 
Obradoiro de posía
Obradoiro de posíaObradoiro de posía
Obradoiro de posía
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
A miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa limaA miña planta de laranxa lima
A miña planta de laranxa lima
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Violencia de xénero
Violencia de xéneroViolencia de xénero
Violencia de xénero
 
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
Caza do tesouro. Do Pardo de Cela histórico ao Mariscal de R. Cabanillas.
 
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
Roberto vidal bolano._letras_galegas_2013
 
Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez
Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. SuárezLectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez
Lectura e compresión do conto "·O acomodador", de M. Suárez
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
Poesia social
Poesia socialPoesia social
Poesia social
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
A descricion
A descricion A descricion
A descricion
 

Similar to 5. A poesía galega entre 1936 e 1976

Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
Marlou
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
Lourenço Alvarez Ruiz
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
Lourenço Alvarez Ruiz
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
xenevra
 

Similar to 5. A poesía galega entre 1936 e 1976 (20)

Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Poesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidadePoesía 1976 actualidade
Poesía 1976 actualidade
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
2.2. a poesía de vangarda. as vangardas galegas
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 
A poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditaduraA poesía galega durante a ditadura
A poesía galega durante a ditadura
 
tema5_lite2010
tema5_lite2010tema5_lite2010
tema5_lite2010
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 

More from Lourenço Alvarez Ruiz (9)

Aspectos de Semántica. Material de apoio
Aspectos de Semántica. Material de apoioAspectos de Semántica. Material de apoio
Aspectos de Semántica. Material de apoio
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Poesía experimental
Poesía experimentalPoesía experimental
Poesía experimental
 
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
TEORÍA DA LITERATURA (NARRATIVA)
 
Entroido 2
Entroido 2Entroido 2
Entroido 2
 
Entroido 1
Entroido 1Entroido 1
Entroido 1
 
Entroido 3
Entroido 3Entroido 3
Entroido 3
 
Xeografia De Galiza
Xeografia De GalizaXeografia De Galiza
Xeografia De Galiza
 

Recently uploaded (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

5. A poesía galega entre 1936 e 1976

  • 1. Recoméndase realizar o visionado desta presentación estando conectado a Internet. Deste xeito poderá accederse ás ligazóns que ao longo dela se propoñen Clicando sobre estes símbolos obterase a seguinte in- formación, procedente de distintos recursos web ou cargadas na propia presentación: Información sobre un autor citado Información complementaria sobre un determinado asunto ou texto literario Ligazón a un arquivo de vídeo Arquivo de audio: poema musicado, lectura dun texto... Definición ou explicación dun concepto
  • 2. TEMA 5. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 LITERATURA GALEGA DOS SÉCULOS XX E XXI
  • 3. CONTEXTO HISTÓRICO Este período literario aparece fondamente marcado pola Guerra Civil e as consecuencias políticas e sociais que dela se derivaron. Encontramos tamén as influencias das correntes estéticas e de pensamento imperantes en Europa ► Grande represión cultural e lingüística durante a ditadura fran- quista ► Imposibilidade de publicar en galego até a década dos 50. Im- portancia da actividade cultural do exilio ► Desenvolvemento da literatura comprometida, integrada con co- rrentes máis amplas da época: existencialismo, marxismo, paci- fismo... ► A partir dos anos 50 e 60 reactívase a actividade literaria,so- cial e política en Galiza ► Prodúcese un importante movemento de renovación da expresión formal e da temática da narrativa
  • 4. TRADICIÓN MEDIEVAL TRADICIÓN DO SÉCULO XIX NORIEGA VARELA CABANILLAS BOUZA BREY Á. CUNQUEIRO HILOZOÍSMO RURALISMO AMADO CARBALLO CRECENTE VEGA G U E R R A C I V I L NEOTROBADORISMO CLASICISMO A. CUNQUEIRO ÁLV. BLÁZQUEZ EMILIO PITA IGLESIA ALVAR. DÍAZ CASTRO C.E.FERREIRO M. MARÍA L. SEOANE L. VARELA M. MARIÑO L. PIMENTEL Á. CUNQUEIRO IGL. ALVARIÑO CARB. CALERO PAISAXISMO UXÍO NOVONEYRA MANUEL MARÍA ESCOLA DA TEBRA CUÑA NOVÁS A. TOVAR B. GRAÑA ESC.NEOTROBADOR. ESC. HILOZ. RURALISMO POESÍA SOCIAL INTIMISMO TENDENCIAS POÉTICAS (1900-1976) VANGARDISMO MANUEL ANTONIO ÁLVARO CUNQUEIRO Paisaxismo Poesía combativa Intimismo Cancioneiros
  • 5. LUÍS PIMENTEL A pesar de que a súa obra foi publi-cada na posguerra, está claramente vinculado á promoción das vangardas. Mestura elementos de carácter su-rrealista e simbolista cun marcado lirismo intimista. No plano formal destaca o uso do verso libre. Triscos (1950)‏ Sombra do aire na herba (1959) Logo botábaos a voar e ríase de velos topar contra o valado da súa casa, con un ruído moi triste ....................... Creceu e foi de aquiles. Aquil neno pincháballe os ollos ós paxaros; e gustáballe ver saír esa gotiña de aire e de lus, ise rocío limpo de mañanciñas frescas. ....................... XOGO RUÍN ( Sombra de aire na herba )
  • 6. Os poetas deste período poden agruparse en tres promo-cións sucesivas, atendendo a un criterio cronolóxico Participan na Guerra Civil, que está moi presente na súa obra. Cultivan tendencias de preguerra e desenvol-ven as temáticas social-realista, inti-mista radical e clasicista Iglesia Alvariño Díaz Castro Celso E. Ferreiro María Mariño XERACIÓN DO 36 Nacidos entre 1909 e 1920 Inícianse baixo a influencia da poesía española. De formación autodidacta, móvense entre o intimismo e a angus-tia existencial da “Escola da tebra” Antón Tovar Luz Pozo Garza M. Cuña Novás PROMOCIÓN DE ENLACE Nacidos entre 1920 e 1930 De formación universitaria e influí-dos polas correntes literarias euro-peas, cultivan unha poesía compro-metida onde se mesturan social-rea-lismo e existencialismo Uxío Novoneyra Méndez Ferrín Manuel María Bernardino Graña XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Nacidos en 1930 e 1940
  • 7. AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO Destaca pola temática de paisaxismo rura-lista, continuadora de Noriega Varela. Gran coñecedor da poesía grega e latina, emprega con mestría a métrica clásica: so-netos, hendecasílabos brancos... Na parte final da súa obra, cobra máis pe-so a temática angustiada e de reflexión existencial. Señardá (1930)‏ Cómaros verdes (1947) Lanza de soedá (1961) XERACIÓN DO 36 Esta é a mar dos solpôres recendentes a mazás coloradas. Debaixo, asolagados, fondos vales e alboradas con páxaros de rabos longos de silencio. Este é a mar, triste sombra desgazada de altísmos montes cheos de neve, que pelengrinaron soles inmensos e senlleiros. Xa nin montes de neve nin soles recén nados. Mais a súa sombra, sí, mar sin consolo. A súa sombra de auga, amargues bágoas. A súa sombra leal, triste lamento e longa noite. Ónde aqueles montes altísmos que aconchegaban contra o teu seo o rebrilo das súas craras cabeleiras? [...] ESTA É A MAR DOS SOLPORES ( Cómaros verdes )
  • 8. XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Ademais do paisaxismo ruralista, no seu único libro ofrece unha profunda reflexión sobre a natureza humana, mostrando unha concepción tráxica da vida. Aborda tamén a temática relixiosa, pouco frecuente na literatura galega, desde unha perspectiva ascética. Nimbos (1961)‏ XERACIÓN DO 36 Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol como unha uva; pro tí envólveste en sabas de mil anos i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron: Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús-María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza! PENÉLOPE ( Nimbos )
  • 9.
  • 10.
  • 11. ANTÓN TOVAR A súa obra está marcada por unha forte pegada existencialista , cunha reflexión, en ton pesimista, sobre o sentido da vida e da morte. A finais dos 60,a súa poesía adquire unha preocupación social intensa, cunha ex-presión caracterizada polo prosaísmo e a sinxeleza. PROMOCIÓN DE ENLACE Non (1967)‏ O vento no teu colo (1974) Calados esconxuros (1980) Teño merlos de sombra nas pólas da canseira e ceos a choveren sobre un río de carne; non teño máis terreos, só teño esa orballeira, unha cántiga triste sobre os prados e as árbores. Levos ás costas saudade mesturada de anceios , saudade como néboa na lama das congostras; un acio de silencio no que se pousa o medo como se pousa o mar dos náufragos das costas. Vou nun leito de toxos co meu corpo ferido, o sangue esparexido polas veas do vento, o pulso dunha arela a latexar camiños, e a cántiga da angustia que me colleu ben cedo. Puiden ser unha nube como as alas dun anxo, ou un grilo, unha rosa, unha xestiña leda, non cheguei máis que a sombra e néboa, bágoa, pranto, bolboreta da morte coas dúas alas nas tebras. O QUE TEÑO ( Non )
  • 12. LUZ POZO GARZA Fronte ao ton pesimista dos seus compa-ñeiros de xeración, cultiva unha poesía intimista de gran forza vitalista,onde se mesturan o amor, a sensualidade, o ero-tismo, as lembranzas... Nos últimos libros si aparece unha temá-tica máis desacougante e algunhas tra-zas de social-realismo. PROMOCIÓN DE ENLACE O paxaro na boca (1952)‏ Verbas derradeiras (1972) Códice calixtino (1986) En tódolos pobos hai un neno murcho, sin niños, nin merlos, nin píos. Un neno que coñece as esquinas tristes, cidades sumerxidas, peixes mortos i o laiar da noite como un anxo negro. Polo vento morno bulen os paxaros i as pedras reloucan embaixo das herbas. Os peixes máis craros esbaran. Hai festas nos prados, mais en todas partes hai un neno murcho. As arbres son gaitas, mais en todas partes hai un neno murcho. As rapazas fían, mais en todas partes hai un neno murcho. Roca bullangueira, En tódolos pobos hai un neno murcho. O NENO MURCHO ( O paxaro na boca )
  • 13. MANUEL CUÑA NOVÁS É o iniciador da denominada “ Escola da Tebra ”, poesía de base existencialista e nihilista que reflicte un mundo angustia-do, presa do medo e a desesperanza. Ademais desta temática,de imaxes her-méticas e omnipresenza da escuridade, cultiva tamén, no seu primeiro libro, al-gunhas correntes de preguerra (imaxi-nismo e neotrobadorismo). PROMOCIÓN DE ENLACE Frauta na noite (1947)‏ Fabulario novo (1952) Agoiro de frauta antiga que namorou a lúa medoñenta das rodas dos camiños e os anelos das cobras. Ainda un oco de soma é lar e faise medo. O sapo era como un paxaro triste en col de un ramaxe núo que refrexou a xerfa; seu laído na tébra aluarado rompeu os nidos segredos da noite. Pólos derradeiros sonos rodaba cristaíño un degaro de azas novas. Nos arañeiros doídos tece prantos a choviña e o silenzo faise fonte na silveira. [...] ( Frauta na noite )
  • 14. UXÍO NOVONEYRA O máis salientábel da súa lírica é a te-mática paisaxista, presentada como un diálogo co medio natural desde unha perspectiva transcendente,ás veces mís-tica e panteísta. A natureza convértese nun instrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén presenta unha vertente social, comprometida con Galiza e coa loita an-tiimperialista e antibelicista. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Os eidos (1955)‏ Elexías do Caurel (1966) Os eidos 2 (1974) Poemas caligráficos (1979) PANOS brancos esfiañados da nebra ouveando polos vales polos soutos i as devesas marelas en busca dun caborco ou dunha valiña outa que os acolla i os faga acougar! Fiañas da nebra rubindo e baixando á gaiola do aire polas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal! ( Os eidos )
  • 15. XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN Actual presidente da Real Academia Galega, Ferrín, ademais de ser un principais narrado-res da actualidade, representa unha referen-cia esencial na poesía deste período. Constitúe o gupo Brais Pinto, xunto con Ber-nardino Graña, Alexandre Cribeiro e outros autores. Iníciase na poesía seguindo a corrente estéti-ca da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predileción pola poesía comprometida. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Voce na néboa (1957)‏ Con pólvora e magnolias (1976) Poesía enteira de Heriberto Bens (1980) O fin dun canto (1981)
  • 16.
  • 17. Comeza a súa obra poética desde os presu-postos intimistas e existenciaistas da “Escola da Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descriti-vismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defensa das clases populares, reivin-dicación nacional de Galiza e crítica da tira-nía e do imperialismo. A sinxeleza da expresión e a temática popu-lar contribúen á súa grande aceptación social. MANUEL MARÍA XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Muiñeiro de brétemas (1950)‏ Morrendo a cada intre (1952) Terra chá (1954) Documentos personaes (1958) Os soños na gaiola (1968) Prohíbese,por orde da Alcaldía, que medren porque si as rosas do xardín municipal. Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar. Prohíbeselle á lúa que é unha tola andar ceiba no ceo, que a lúa é unha tola que anda espida e dando mal exemplo. Están fóra da Lei a primavera, as flores e os carballos, as estrelas, os peixes e os paxaros. Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar. Pagarán duros trabucos os poetas. Prohíbese soñar, prohíbese tamén derramar bágoas e pódese chorar... e pódese chorar cando hai sequía para que enchan os pantanos. Desde agora as pombas teñen que pedir licencia para voar. E un só se pode emocionar os xoves e domingos, cando toca... cando toca a banda do concello, a banda do concello no quiosco. Dáse este bando en tal e cal para que se cumpra de orde do Alcalde. Firmado e rubricado. BANDO ( Documentos personaes ) Primeiro Portomarín, logo Castrelo do Miño. ¡Dispois tocoulle As Encrobas sufrir parello destiño! Raposos capitalistas que non deixan un torrón, sementan todo de lixo, porcallada e polución. Nas nosas terras labregas, fértiles e feiticeiras, queren erger celulosas que cheiran como esterqueiras Queren encher a Galicia de industrias contaminantes e que o noso povo siga a producir emigrantes. As terras son dos labregos dende tempo inmemorial mais agora, sin razón, rouballas o capital. Cando o povo pide o seu con voz valente e baril mándanlle, pra contentalo, cabaleiros de servir. Hai pouco foi nas Encrobas, ás portas de Xove están, Si a algún lugar non chegaron axiña aparecerán. CANTIGA DAS ENCROBAS A FALA O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós. O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo. O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa. O idioma é a forza que nos xungue e sostén. ¡Se perdemos a fala non seremos ninguén! [...]
  • 18. BERNARDINO GRAÑA Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio na órbi-ta da “Escola da Tebra” e posterior achega-mento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas. A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últi-mas obras adquire maior peso a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade mercantilizada en exceso. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS Profecía do mar (1966)‏ Non vexo Vigo nin Cangas (1975) Se o noso amor e os peixes... (1980) Que non o saiba o vento namorado que vai agarimando, unha a unha, as praias. Non é siroco, ningún vento seco o que nos ceifa a vida dos pequenos, o que arrasa as casoupas, o que rouba as forzas das mulleres entregadas ao diario labor, o que desgarra as carnes das nacións sacrificadas en aras do progreso da falacia. Non é o vento cruel, nin a arrogancia de tiranos gordechos e ignorantes sobre tribos humildes e selváticas cubertos de ouro e peles de animalias. Nin son nenos famentos, nin obreiros os que andan a estragar, a desangrarnos, a machucar as rosas e os ensoños, a macular a gloria da alborada.[...] ( Se o noso amor e os peixes... )
  • 19.
  • 20. XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS ► UXÍO NOVONEYRA : O máis salientábel da súa lírica é a temática paisaxista, presentada como un diálogo co medio natural desde unha perspectiva transcendente, ás veces mística e panteísta. A natureza convértese nun instrumento para reflexionar sobre a natureza humana. Tamén presenta unha vertente social, comprometida con Galiza e coa loita antiimpreialista e antibelicista. Obras : Os eidos , Elexías do Caurel , Os eidos 2, Poemas caligráficos ► MÉNDEZ FERRÍN Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predileción pola poesía comprometida. O seu libro Con pólvora e magnolias supón un auténtico revulsivo na poesía galega da década dos 70. Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un enfoque menos tópico e “panfletario” e introducindo elementos estéticos novidosos e abundantes referencias culturais. O poemario combina dúas vetas: a da proclama política (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as magnolias). Obras : Voce na néboa ‏ , Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens, O fin dun canto ► MANUEL MARÍA : Comeza a súa obra poética desde os presupostos intimistas e existencialistas da “Escola da Tebra”. Posteriormente, decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social: defen- sa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da tiranía e do imperialismo. A sinxeleza da expresión e a temática popular contribúen á súa grande aceptación social. Obras : Muiñeiro de brétemas ‏ , Morrendo a cada intre, Terra chá, Documentos personaes, Os soños na gaiola ► BERNARDINO GRAÑA : Presenta unha traxectoria común á maioría dos membros da súa xeración: inicio na órbita da “Escola da Tebra” e posterior achegamento á poesía social e a outras temáticas máis intimistas. A súa poesía, de marcado ton vitalista, trata de maneira singular o tema do mar; nas últimas obras adquire maior peso a vivencia amorosa e o sentimento de alienación do ser humano nunha sociedade mercantilizada en exceso. Obras : Profecía do mar, Non vexo Vigo nin Cangas, Se o noso amor e os peixes...
  • 21. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 1 1 .- Clasifica cada fragmento na liña poética correspondente e intenta deducir o seu autor a partir das características que presenta: Cimo da Devesa! Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Paxaro Tesos cumes do Courel! Pobos probes ardidos de tristura mouros de queimados! Punteiros da gaita acompañábano. O pai, de negro; no mar, unha vela branca. Os amiguiños levábano. Non pesaba nada. Eu canto dende dentro [do meu .pobo Tido, metido, prometido, comprometido cos homes, meus irmáus, meus camaradas na loita pola libertá Sobor da nada, ser, e fronte á nada e contra a nada, xurdir; [...] Xurdir disa saraiba de estrelas que amenaz o desamparo, o inútil desamparo da luz que nos reflexa [...] arrincando cos dentes e coas mans, cos ollos, istes muros de intrana, sangue e néboa, [...] caíndo como cinza nos ollos enxoitados polo espanto 1.“Escola da Tebra” 2. Poesía social 3. Paisaxismo 4. Ecos do vangardismo Corrente: Autor: Corrente: Autor: Corrente: Autor: Corrente: Autor: 1. Celso E. Ferreiro 2. Uxío Novoneyra 3. Luís Pimentel 4. Cuña Novás
  • 22. A POESÍA ENTRE 1936 E 1976 ACTIVIDADES 2 2 .- Realiza o exercicio interactivo sobre a poesía deste período que se propón na seguinte páxina:[ IES OTERO PEDRAYO ] 3 .- Relaciona autores e obras: 4 .- Le o POEMA NUCLEAR de Celso Emilio Ferreiro e responde ás seguintes cuestións: ► Temática do poema. É a máis representativa do autor? Finalidade pragmática do poema ► Identifica os recursos literarios e lingüísticos (aliteracións, xogos de palabras, enumeracións caó- ticas, ironía, humor, referencias intertextuais...) dos que se serve o autor para realizar unha crí- tica satírica do belicismo Muiñeiro de brétemas Nimbos Fabulario novo Longa noite de pedra O paxaro na boca Se o noso amor e os peixes ... Os eidos Calados esconxuros Cómaros verdes Sombra do aire na herba Con pólvora e magnolias Luís Pimentel Aquilino Iglesia Alvariño Xosé María Díaz Castro Celso Emilio Ferreiro Antón Tovar Luz Pozo Garza Manuel Cuña Novás Uxío Novoneyra Xosé Luís Méndez Ferrín Manuel María Bernardino Graña
  • 23. PROCEDENCIA DAS IMAXES EMPREGADAS Colocando o punteiro sobre as imaxes, vense as referencias das páxinas web de onde foron tiradas. Picando nelas, accédese directamente a esas páxinas