Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

3ºESO 16 17

226 vues

Publié le

INFORMACIÓN ACADÉMICA 3º ESO

Publié dans : Formation
  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

3ºESO 16 17

  1. 1. 3º ESO: ORIENTACIÓN ACADÉMICA IES Poeta Añón Curso 2016/2017
  2. 2. E DESPOIS DE 3º DE E.S.O. QUE?... A elección das materias non pode vir determinada polo que escollan os teus amigos ou para evitar a algún profesor. ¡É unha decisión que pode condicionar o teu futuro académico e profesional!
  3. 3. SISTEMA EDUCATIVO LOMCE
  4. 4. AVALIACIÓN E PROMOCIÓN EN 3º ESO
  5. 5. PROMOCIÓN NA ESO COA LOMCE •SÓ SE PODE REPETIR UN CURSO UNHA VEZ •SÓ SE PODE REPETIR 2 VECES NA ESO
  6. 6. •Promocionas a 4º ESO cando: • Superas TODAS as materias (3ºESO e pendentes), ou • Teñen avaliación negativa en 2 materias como máximo sempre que non se combinen: • Matemáticas E L. Castelá/L. Galega. •Repites curso con: •Avaliación negativa en 3 ou máis materias. •Avaliación negativa en 2 materias se son, simulataneamente L. Castelá/L. Galega e Matemáticas.
  7. 7. OPCIÓNS AO REMATAR 3ºESO • Deberán elexir entre 2 itinerarios: • 4ºESO: Ensinanzas académicas, para seguir cursando Bacharelato. • 4ºESO: Ensinanzas aplicadas, para seguir cursando Formación Profesional. TODO APROBADO: Pasan a 4º ESO
  8. 8. • Repetir 3º ESO ( vía ordinaria/ Plan de mellora do rendemento e da aprendizaxe.) • Promocionar a 4º ESO coas materias pendentes de 3º. • Pasar a 4ºESO por imperativo legal. • Cursar FP Básica para acceder a un ciclos de FP de grao medio ( 15-17 anos). • Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ( 17 anos). • Ensinanzas de adultos (ESA) 18 anos. • Probas libres para o Título da ESO ( 18 anos). CON ALGUNHA MATERIA SUSPENSA:
  9. 9. QUE MATERIAS VOU A CURSAR EN 4º ESO?
  10. 10. MATERIAS DE 4º ESO ENSINANZAS ACADÉMICAS (Bacharelato) ENSINANZAS APLICADAS (Formación Profesional) - Xeografía e Historia. - Lingua Castelá e Literatura. - Lingua Galega e Literatura. - Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) - Educación Física - Titoría - Relixión /Valores éticos (Elexir 1) - Xeografía e Historia. - Lingua Castelá e Literatura. - Lingua Galega e Literatura. - Primeira Lingua Estranxeira (Inglés) - Educación Física - Titoría - Relixión /Valores éticos (Elexir 1) - Matemáticas Académicas - Matemáticas Aplicadas. ELEXIR 2 TRONCAIS: - Bioloxía e Xeoloxía - Física e Química - Economía - Latín ELEXIR 2 TRONCAIS: - Ciencias aplicadas á actividade profesional. - Tecnoloxía - Iniciación á actividade emprendedora e empresarial. ELEXIR 2 LIBRE CONFIGURACIÓN: (Numerar do 1 ao 5 por orden de preferencia) - Artes escénicas e danza. - Filosofía - Cultura científica - Música - Cultura Clásica - Francés - Educación Plástica, Visual e Audiovisual - Tecnoloxías de información e comunicación - 1 materia do bloque anterior (TRONCAIS)
  11. 11. MATERIAS TRONCAIS Matemáticas orientadas ás ensinanzas académicas: Materia necesaria para continuar estudos postobrigatorios de bacharelato. O alumnado que curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de pensamento matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar e comunicar matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así como de proporcionar solucións prácticas a estes. Tamén debe valorar as posibilidades de aplicación práctica do coñecemento matemático tanto para o enriquecemento persoal como para a valoración do seu papel no progreso da humanidade. Os contidos organízanse entorno aos seguintes bloques: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas Números e álxebra Xeometría Funcións Estatística e probabilidade
  12. 12. • Matemáticas orientadas ás ensinanzas aplicadas: • O alumnado que curse esta materia afondará no desenvolvemento das habilidades de pensamento matemático; concretamente na capacidade de analizar e investigar, interpretar e comunicar matematicamente diversos fenómenos e problemas en distintos contextos, así como de proporcionar solucións prácticas a estes, cun enfoque eminentemente práctico dirixido a proporcionar recursos e competencias que permitan ao alumnado continuar estudos de formación profesional. Os contidos organízanse entorno aos seguintes bloques: Procesos, métodos e actitudes en matemáticas Números e álxebra Xeometría Funcións Estatística e probabilidade
  13. 13. Bioloxía e Xeloxía En 4º de ESO iníciase ao alumnado nas grandes teorías que permitiron o desarrollo mais actual desta ciencia (a tectónica de placas, a teoría celular e a teoría da evolución), para finalizar co estudo dos ecosistemas, as relacións tróficas entre os niveis e a interacción dos organismos entre eles e co medio, así como a súa repercusión na dinámica e na evolución de ditos ecosistemas.
  14. 14. Física e Química Neste curso introdúcese secuencialmente o concepto moderno do átomo, o enlace químico e a nomenclatura dos compostos químicos, así como o concepto de mol e o cálculo estequiométrico; asimesmo, iníciase unha aproximación á química orgánica incluíndo unha descripción dos grupos funcionais presentes nas biomoléculas.
  15. 15. Economía A materia distribúese en seis bloques que permiten o estudo da economía como ciencia e do papel dos axentes económicos. No bloque 1 (ideas económicas básicas) recóllense aspectos relativos aos principios económicos , á terminoloxía propia e á metodoloxía da ciencia económica. No bloque 2 ( economía e empresa) analízase o papel e o funcionamento do/da axente axente de empresas na económía. O seguinte bloque (Economía persoal) está dedicado ao estudo da transcendencia das decisións económicas na vida das persoas. O cuarto bloque (Economía e ingresos e gastos do Estado) repasa o papel estatal no funcionamento económico a través da análise dos seus ingresos e gastos. No quinto bloque (Económica e tipos de xuro, inflación e desemprego) repásanse os aspectos mais salientables da economía financeira e a súa repercusión na actividade económica e o nivel de emprego. Por úlitmo o bloque (Economía Internacional).
  16. 16. Latín Esta materia ten como principal finalidade introducir ao alumnado no coñecemento dos aspectos esenciais da lingua e da cultura latinas, facendo fincapé ao mesmo tempo no papel que estas desempeñan en tanto que orixe e fudamento das linguas romances e da cultura occidental, o que coñecemos como herdanza clásica.
  17. 17. Ciencias aplicadas á actividade profesional Esta materia vai contribuir á adquisición dunha disciplina de traballo no laboratorio, respectando as normas de seguridade e hixiene e valorando a importancia de utilizar os equipamentos de protección personal necesarios en cada caso. Os contidos preséntanse en catro bloques: • Bloque 1 está dedicado ao traballo no laboratorio. • Bloque 2 dedícase á ciencia e a súa relación co medio ambiente. • Bloque 3 trabállase combinando os aspectos teóricos cos da indagación, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación, que constiturán unha ferramenta moi útil para que o alumnado poda coñecer os últimos avances neste campo a nivel mundial e local. • Bloque 4 ten como obxectivo a realización de proxectos de investigación en grupo, seguindo os métodos da ciencia, aplicados a coñecementos adquiridos en cursos anteriores.
  18. 18. Tecnoloxía A materia de Tecnoloxía trata de lograr os seus fins abordando un amplio conxunto de temas no cuarto curso de educación secundaria obligatoria.Os contidos organízanse nos seguintes bloques: • O bloque de "Tecnoloxías da información e da comunicación“. • O bloque de "Instalacións en vivendas“. • O bloque de "Electrónica“. • O bloque de "Neumática e hidráulica“. • O bloque de "Tecnoloxía e sociedade“.
  19. 19. Iniciación á actividade emprendedora e empresarial Esta materia inclúe aspectos teóricos e prácticos orientados a preparar ao alumnado para unha cidadanía responsable e para a vida profesional. A estructura desta materia consta de tres grandes bloques: o primeiro, titulado “Autonomia persoal, liderado e innovación”. No segundo bloque “Proxecto de empresa” e para finalizar o bloque de “Finanzas”.
  20. 20. MATERIAS ESPECÍFICAS Artes escénicas e danza A materia de Artes Escénicas e Danza debe dotar ao alumado de coñecementos, técnicas e procedementos que lle permitan expresarse e crear artisticamente a través das linguaxes , do teatro e a danza. A materia permite ir descubrindo cos alumnos e coas alumnas , a través da súa propia experiencia , o desenvolvemento das súas capaciades artísticas creativas e interpretativas , estudando así, os aspectos teóricos e prácticos da materia.
  21. 21. Cultura científica. Neste curso, esta materia establece a base de coñecemento científico sobre temas xerais como o universo, os avances tecnolóxicos, a saúde, a calidade de vida e a contribución do coñecemento dos materiais aos avances da humanidade.
  22. 22. Cultura clásica. A través de Cultura Clásica preténdese iniciar o alumnado nun exercicio de reflexión e a análise sobre as bases en que descansan realidades moi importantes da nosa cultura, confrontándoas co que coñecemos como legado clásico: un patrimonio común que debe ser considerado irrenunciable para os cidadáns e as cidadás de Europa. O currículo básico da materia articúlase en bloques temáticos pertencentes a dous ámbitos diferentes: o ámbito lingüístico e o non lingüístico. O ámbito lingüístico oriéntase fundamentalmente a analizar a relación de parentesco entre as linguas clásicas e un bo número das que se falan na actualidade. No ámbito non lingüístico englóbase o resto dos bloques propostos: xeografía, historia, mitoloxía, relixión, arte, sociedade e vida cotiá, e literatura.
  23. 23. Filosofía Esta materia capacita ao alumnado para o exercicio do pensamento crítico e independente, co que alcanzar unha mellor comprensión do mundo globalizado e de si mesmo/a. A materia estructúrase en seis bloques: • A filosofía • Identidade personal • Socialización • Pensamiento • Realidade e metafísica • Transformación
  24. 24. Educación Plástica, Visual e Audiovisual En cuarto de ESO os bloques no que se estructura a materia son: “Comunicación audiovisual” e “Debuxo técnico”, “Fundamentos do deseño” e a “Linguaxe audiovisual e multimedia”. Considerando a madureza do alumnado e os coñecementos adquiridos , incorpórase o bloque de “Fundamentos do deseño”.
  25. 25. Música Os elementos do currículo básico organízanse en catro bloques, moi relacionados entre sí, que comparten múltiples elementos: “Interpretación e creación”, integra a expresión instrumental , vocal e corporal coa improvisación e a composición musical, o que permitirá ao alumnado participar da múscia dunha forma activa, “Escoita” pretende crear a primeira actitude fundamental cara a esta arte e dotar o alumnado das ferramentas básicas para gozar dela a través da audición e a compresión do feito musical; “Contextos musicais e cultural”, relaciona a música coa cultura e a historia e finalmente “Música e tecnoloxías”.
  26. 26. Francés Estas materias lingüísticas perseguen o obxectivo último de contribuir á formación de ciudadás e ciudadáns coa competencia comunicativa que lles permita interactuar satisfactoriamente en tódolos ámbitos que forman e van a formar parte da súa vida. Esto esixe unha reflexión sobre os mecanismos de usos orais e escritos da súa propia lingua e das outras linguas que estudan e coñecen, e a capacidade de interpretar e valorar o mundo, de formar as súas opinións propias, claras e fundamentais, e de sentir satisfacción, a través da lectura crítica de obras literarias.
  27. 27. Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) A materia de Tecnoloxías da Información e da Comunicación trata de aportar ao alumnado as habilidades necesarias para adaptarse aos cambios propios deste ámbito tecnolóxico. Deste modo, este curso organízanse do seguinte modo: • O bloques de "Ética e estética da interacción en rede • O bloque "Seguridade informática». • O bloque "Internet, redes sociales e hiperconexión" • O bloque de "Ordenadores, sistemas operativos e redes" • O bloque de "Organización, deseño e producción de información dixital. • O bloque "Publicación e difusión de contidos"
  28. 28. •PODES CONSULTAR O CURRÍCULO DE TÓDALAS MATERIAS QUE SE OFERTAN NA ESO PINCHANDO NO SEGUINTE ENLACE: •MATERIAS NA ESO
  29. 29. E QUE MATERIAS ELIXO? • Depende dos estudos que queiras facer ao rematar 4º ESO: Bacharelato Ciclos formativos de grao medio Ensinanzas de réximen especial
  30. 30. BACHARELATO E FP DE GRAO MEDIO DURACIÓN 2 cursos BACHARELATO MODALIDADES: -Ciencias -Artes -Humanidades e Ciencias Sociais Ensinanzas académicas: dan aceso a estudos superiores ( que son os que dan competencia profesional) CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO -23 familias profesionais Ensinanzas profesionais: Dan competencias profesionais
  31. 31. MODALIDADES BACHARELATO MATERIAS QUE DEBERÍA ELEXÍR EN 4º ESO -Física e Química -Bioloxía e Xeoloxía - Economía - Latín - Cultura científica -Artes escénicas e danza -EPVA -Música -Cultura clásica -Filosofía Francés TIC BACHARELATO DE CIENCIAS BACHARELATO DE HUMANIDADES E CC. SOCIAIS BACHARELATO DE ARTES
  32. 32. RELACIÓN ENTRE AS MODALIDADES DE BACHARELATO E ESTUDOS SUPERIORES ARTES E HUMANIDADES CIENCIAS CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS CIENCIAS DA SAÚDE ENXEÑERÍAS E ARQUITECTURA AS RAMAS DE COÑECEMENTO
  33. 33. OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
  34. 34. 27 FAMILIAS PROFESIONAIS: 143 CICLOS FORMATIVOS: - 64 FP de Grao Medio - 79 FP de Grao Superior
  35. 35. AVALIACIÓN FINAL ESO • REVÁLIDA PARALIZADA ATA QUE SE ACADE UN PACTO EDUCATIVO. No curso 2016/2017 vaise a realizar unha AVALIACIÓN DA ESO: - 23 e 24 de maio. - Alumnado de 4ºESO. - Só centros seleccionados. - Non ten efectos académicos. Carácter censal.
  36. 36. TITULO DE GRADUADO EN ESO Para a obtención do título de Graduado en ESO requerirase: - Ter avaliación positiva en todas a materias ou negativa nun máximo de dúas materias, sempre que non sexan simultaneamente: *Lingua Galega e Literatura E Matemáticas, ou *Lingua Castelá e Litaratura E Matemáticas. a) As materias coa mesma denominación en diferentes cursos consideraranse como materias distintas. b) Sen prexuízo do anterior, para obter o título será preciso que o equipo docente considere que o alumno/a ten acadados os obxetivos da etapa e adquiridas as competencias correspondentes.
  37. 37. CONSELLO ORIENTADOR •Ao final de cada curso da ESO entregaráselles un consello orientador que incluirá unha proposta do itinerario máis axeitado para seguir, así como identificación, mediante informe motivado, do grao de logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias correspondentes que xustifica a proposta.
  38. 38. PÁXINA WEB DO IES http://www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon/ http://www.orientacioniespoeta.blogspot.com.es/

×