Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Competenciasbasicas 1229591132114421-1

195 vues

Publié le

  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

Competenciasbasicas 1229591132114421-1

  1. 1. A C S O M T P E E C N B I Á A S S I C A S
  2. 2. 1. Que entendemos por competencias básicas. 2. Finalidades 3. Por que medios se poden desenvolver as competencias básicas 4. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e os elementos do currículo 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. 6. Desenvolvemento das competencias básicas. Exemplificacións
  3. 3. 1. Qué entendemos por competencias básicas (1)
  4. 4. 1. Que entendemos por competencias básicas (2) Adquirir o coñecemento para que poida resultar útil, é dicir, orientado á aplicación dos saberes adquiridos, ao “saber facer”. Integrar os coñecementos poñéndoos en relación cos distintos tipos de contidos. Falar de competencias básicas é falar de... Aplicar os saberes en diferentes situacións e contextos. Aprendizaxes que se consideran imprescindibles.
  5. 5. 2. Finalidades
  6. 6. 3. Por que medios se poden desenvolver as competencias básicas (1) Na aula Contidos das áreas e materias do currículo Metodoloxía Na forma de relación Titoría No centro Normas de funcionamento Actividades complementarias e extraescolares Recursos educativos
  7. 7. 3. Por que medios se poden desenvolver as competencias básicas (2) Na aula Contidos das áreas e materias do currículo Metodoloxía Desde cada área contribúese ao desenvolvemento de diferentes competencias. Cada competencia acádase a través do traballo en varias áreas Non se da unha relación directa ou excluínte entre áreas e competencias básicas. Algunhas competencias teñen un carácter máis transversal.
  8. 8. 3. Por qué medios se poden desenvolver as competencias básicas (3) Na aula Contidos das áreas e materias do currículo Metodoloxía  Non é indiferente: favorece ou dificulta a adquisición de competencias Énfase no saber facer Selección e variedade das actividades de aprendizaxe Integración de coñecementos, destrezas e actitudes  Importancia en todas as competencias. Grande incidencia en aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal, habilidades sociais...
  9. 9. 3. Por que medios se poden desenvolver as competencias básicas. (4) Titoría / Orientación Normas de funcionamento No centro Actividades complementarias e extraescolares Recursos educativos Biblioteca Aula de informática Instalacións dispoñibles Utilización das aprendizaxes Integración de coñecementos Relación con outras persoas
  10. 10. 4. Competencias básicas e currículo. (1) Obxectivos de etapa Estado  Forman ensinanzas Obxectivos de área/materia parte das mínimas da educación obrigatoria, xunto obxectivos, con contidos e os criterios de avaliación. Contidos Comunidade Autónoma Centro  Forman parte tamén do currículo establecido pola Criterios de avaliación Comunidade Autónoma Profesorado
  11. 11. 4. Competencias básicas e currículo. (2) Obxectivos de etapa Competencias básicas Obxectivos de área/materia Competencias básicas (aportación da área/materia) Contidos Criterios de avaliación  A incorporación das competencias básicas supón un enriquecemento do modelo actual de currículo. Os actuais elementos do currículo mantéñense co mesmo sentido que ata agora. As competencias básicas facilitan a toma de decisións sobre: - A selección de obxectivos, contidos e criterios de avaliación. -A importancia relativa de cada un deles. - A orientación metodolóxica. - A avaliación.
  12. 12. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (1)
  13. 13. O desenvolvemento da competencia lingüística é clave para aprender a convivir, pois nela susténtase a resolución pacífica de conflitos. Cando sabemos comunicar somos quen de establecer lazos con outras persoas e mesmo podemos achegarnos á cultura propia e a novas culturas que adquiren así consideración e afecto na medida en que as coñecemos. Comunicarnos en linguas estranxeiras vainos esixir asemade posuír capacidades como a mediación e a comprensión intercultural Con esta competencia contribúese á creación dunha imaxe persoal positiva e foméntanse as relacións construtivas cos demais e co contorno. Mais, ¿a que se refire en concreto?   Refírese á utilización da linguaxe como instrumento tanto de comunicación oral e escrita como de aprendizaxe e de regulación de condutas e emocións.  
  14. 14. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA . Lingua Galega e Literatura Lingua Castelá e Literatura Lingua Estranxeira Todas as áreas. Lingua Galega Literatura Lingua Castelá Literatura Lingua Estranxeira Todas as áreas. .
  15. 15. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (2)
  16. 16. O desenvolvemento da competencia matemática vainos facilitar a produción e a interpretación de informacións cuantitativas e espaciais da realidade que nos rodea; de tal xeito que nos capacita para a resolución de problemas relacionados coa vida diaria e o mundo laboral. Mais, ¿a que se refire en concreto?   Refírese á habilidade para utilizar números e as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático para producir e interpretar as informacións do contorno, para ter un coñecemento máis completo da realidade e para proporcionarnos estratexias de resolución de problemas aplicables a calquera circunstancia.
  17. 17. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA . Matemáticas. Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural . Matemáticas. Ciencias da Natureza. Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. Tecnoloxía. Informática. Educación física .
  18. 18. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (3)
  19. 19. A competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico vai ser o eixo que nos facilitará a comprensión de sucesos, a predición de consecuencias e as actividades de mellora e preservación da propia vida e da do resto das especies. En concreto refírese... A habilidade para interactuar co mundo físico, tanto nos seus aspectos naturais como nos xerados pola acción humana
  20. 20. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA Ciencias da Natureza. Ciencias sociais, Xeografía e Historia. Tecnoloxía. Educación Física. . Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural. Educación Física. .
  21. 21. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (4)
  22. 22. O desenvolvemento desta competencia vainos posibilitar a comunicación e a transmisión de información en distintos soportes, incluíndo a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación como un elemento esencial. Mais, ¿A que se refire en concreto? Esta competencia fai referencia ás habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar a información e transformala en coñecemento. Inclúe aspectos diferentes que van desde o acceso e selección da información ata o seu uso e transmisión en distintos soportes.
  23. 23. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA Todas as áreas. . Informática. Tecnoloxía. Todas as áreas. .
  24. 24. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (5) 5 COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ
  25. 25. A adquisición desta competencia capacítanos para poñernos no lugar das outras persoas, aceptar as diferenzas, ser tolerante e respectar os valores, as crenzas, as culturas e a historia persoal e colectiva dos outros seres humanos. Mais, ¿A que se refire en concreto? Esta competencia permite vivir en sociedade, comprender a realidade social do mundo no que se vive e exercer a cidadanía democrática. Incorpora formas de comportamento individual que capacitan as persoas para convivir nunha sociedade cada vez máis plural, relacionarse cas demais persoas, cooperar, comprometerse e afrontar os conflitos.
  26. 26. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA Educación para a Cidadanía. Educación Ético-Cívica. Todas as áreas. . . Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos. Todas as áreas
  27. 27. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (6) 6 COMPETENCIA E ARTÍSTICA CULTURAL
  28. 28. Desenvolver esta competencia vainos capacitar para apreciar e comprender distintas formas de manifestacións artísticas e culturais. Mais, ¿a que se refire en concreto? Refírese á valoración crítica das diferentes manifestacións culturais e artísticas, o que nos permitirá utilizalas como fonte de goce e enriquecemento persoal e axudaranos a consideralas como parte do patrimonio cultural dos pobos.
  29. 29. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA Ciencias Sociais, Xeografía e Historia. Educación Plástica e Visual. Música. Lingua Castelá e Literatura. Lingua Galega e Literatura. Cultura Clásica. Educación física . Educación Artística. Coñecemento do Medio Natural, Social e Cultural. Lingua Castelá e Literatura. Lingua Galega e Literatura. .
  30. 30. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (7) 7 COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER
  31. 31. Esta competencia vainos capacitar para prolongar as aprendizaxes ao longo de toda a vida, e así poderemos desenvolvernos mellor ante as incertezas, porque seremos quen de buscar respostas lóxicas e diversas. Mais, ¿a que se refire en concreto? Aprender a aprender supón iniciarse na aprendizaxe e ser capaz de continuala de maneira autónoma. Supón tamén poder desenvolverse ante as incertezas tratando de buscar respostas que satisfagan a lóxica do coñecemento racional. Implica admitir diversidade de respostas posibles ante un mesmo problema e atopar motivación para buscalas desde diversos enfoques metodolóxicos.
  32. 32. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA Todas as áreas Todas as áreas . .
  33. 33. 5. Que relacións se poden establecer entre as competencias básicas e as áreas e materias. (8)
  34. 34. Cando falamos de autonomía e iniciativa persoal referímonos... á posibilidade de optar con criterio propio e levar adiante as iniciativas necesarias para desenvolver a opción elixida e facerse responsable dela, tanto no ámbito persoal como no social ou laboral.
  35. 35. ÁREAS IMPLICADAS EN PRIMARIA EN SECUNDARIA Todas as áreas Todas as áreas . .
  36. 36. 6. Desenvolvemento das competencias básicas. Exemplificacións (1)  O funcionamento do centro e as súas aulas.  A participación do alumnado na acción educativa.  As normas de réxime interno adoptadas.  As metodoloxías aplicadas.  Os recursos didácticos empregados. A biblioteca do centro – o seu uso e organización-. … Poden influír máis ou menos En competencias asociadas a  Comunicación.  Análise do contorno físico.  Creación.  Convivencia e cidadanía.  Alfabetización dixital.
  37. 37. 6. Desenvolvemento das competencias básicas. Exemplificacións (2) A acción titorial permanente Pode ser determinante En competencias asociadas a Regulación das aprendizaxes Desevolvemento emocional Habilidades sociais A planificación de actividades complementarias e extraescolares Pode reforzar Todas as competencias

×