Río Támega

598 vues

Publié le

Publié dans : Formation
0 commentaire
0 j’aime
Statistiques
Remarques
  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

Aucun téléchargement
Vues
Nombre de vues
598
Sur SlideShare
0
Issues des intégrations
0
Intégrations
132
Actions
Partages
0
Téléchargements
3
Commentaires
0
J’aime
0
Intégrations 0
Aucune incorporation

Aucune remarque pour cette diapositive

Río Támega

  1. 1. LONXITUDE: 145 km, 51 km en Galicia. SUPERFICIE DA CUNCA: 3.200 km2 (624 km2 en Galicia) CONCELLOS: (en Galicia): Laza (40%), Castrelo do Val (10%), Verín (10%), Monterrei (30%), Oímbra (10%)
  2. 2. CLIMA Atlántico con áreas de influencia mediterránea.
  3. 3. RÉXIME: Pluvial, con algunhas achegas de neve dos cumes. O réxime é moi irregular, con augas altas de outono a primavera e fortes secas no verán. CAUDAL: 69 m /s 3
  4. 4. NACEMENTO: Monte Talariño (960 m de altitude), na serra de San Mamede. Monte Talariño Brañas nas nacentes do Támega
  5. 5. Baldriz O Támega na Ponte do Couto (Laza)
  6. 6. LAZA
  7. 7. LAZA O Támega en Laza Souteliño
  8. 8. Cereixo Recolle augas dos montes de Correchouso e xúntase co Támega en Laza.
  9. 9. O Támega no Marco de Ouro (Laza)
  10. 10. O Támega en Castrelo do Val
  11. 11. O Támega en Castrelo do Val
  12. 12. Val do Támega (Castrelo do Val)
  13. 13. VERÍN
  14. 14. O Támega en Verín
  15. 15. Búbal (Vilaza) Nace na serra do Larouco e xúntase ao Támega en Vilaza. É o principal afluente en terras galegas. O Búbal na Pombeira O Búbal en Vilaza
  16. 16. Abedes Pozas das Fenteiras (Oímbra)
  17. 17. O Támega na Bagoeira
  18. 18. O Támega na Bagoeira
  19. 19. O Támega na Presa (Mourazos (Verín)
  20. 20. O Támega en Rabal (Oímbra)
  21. 21. CHAVES O Támega en Chaves
  22. 22. O Támega en Chaves
  23. 23. O Támega en Curalha
  24. 24. Terva Beça É o afluente máis longo do Támega. Nace na serra do Barroso e, despois de 45 km, xúntase co Támega preto de Cavez. O Beça en Boticas
  25. 25. Muimenta O Támega en Cavez
  26. 26. Louredo Ouro O Támega en Mondim de Basto MONDIM DE BASTO
  27. 27. Cabril Olo Nace na serra do Alvão, nas proximidades de Lamas de Olo e xúntase co Támega en Fridão, despois de 36 km. O Olo nas Fisgas de Ermelo
  28. 28. AMARANTE
  29. 29. Nace na serra do Marão e xúntase co Támega en Marco de Canaveses. Río Ovelha na Pontiña Ovelha MARCO DE CANAVESES
  30. 30. O Támega en Vila Boa do Bispo (encoro do Torrão)
  31. 31. ENTRE OS RÍOS DESEMBOCADURA: Rio Douro (Portugal)
  32. 32. XEOLOXÍA O Támega discorre por un val estrutural que segue a liña de fractura Verín-Régoa. Desde o monte Talariño (Alberguería) baixa nun primeiro tramo de fortes pendentes, remánsase polas veigas de Laza e a depresión de Monterrei e continúa por Chaves (Portugal). Logo discorre profundamente encaixado ata se botar no Douro. Nas cabeceiras dos seus afluentes hai fortes desniveis e abondan os rápidos e as fervenzas.
  33. 33. Barranco de Armada (Laza), profundo val escavado polo río de Correchouso ou das Cabras, un afluente do Cereixo.
  34. 34. Canón do río Olo en Ermelo.
  35. 35. Depresión de Monterrei
  36. 36. REGO DO CORNO; un afluente do Río das Cabras ou de Correchouso que cae desde o monte do Corno (Toro) nunha longa serie de saltos que rematan no fondo do barranco da Armada, uns 300 m máis abaixo.
  37. 37. REGO DE BARXAS OU DA PROFITA: un afluente do río do Cereixo (Támega) que baixa da Portela do Campo dos Carros. REGO DE AUGAS ALTAS: un afluente río do Cereixo (Támega) que Baixa do alto da Verea.
  38. 38. OS MUÍÑOS: en Laza, no río Trez, afluente do Cereixo.
  39. 39. REGO DA FERVENZA: en Vence (Monterrei), no rego da Fervenza, un afluente do Támega que baixa dos montes da Meda.
  40. 40. ESPIÑO: no río Azueira, un afluente do Búbal.
  41. 41. REGO DO PICHO: en San Millao (Cualedro), nunha das cabeceiras do Búbal ou Buble.
  42. 42. POZO DO DEMO (FRAGA DE LOBOS): en Abedes (Verín). No Rego das Quintas, un afluente do río Abedes que nace no monte Fraga de Lobos.
  43. 43. FISGAS DE ERMELO: no río Olo, na serra do Alvão. O río cae nunha profunda fenda entre cuarcitas e lousas formando varios saltos cunha altura total de máis de 200 m.
  44. 44. FLORA A vexetación máis representativa é a asociada ao río e as súas marxes (veigas de asolagamento e pozas antrópicas naturalizadas nas zonas cháns) son os bosques de ribeira con amieiras, freixos, salgueiros, fentos, espadanas, pé de boi, xuncos... Nas beiras máis abruptas hai carballos, sobreiras e matogueiras. Unha gran área está repoboada con piñeiros.
  45. 45. Herba da prata (Ranunculus fluitans) Espadana (Typha latifolia) Filipendula ulmaria
  46. 46. FAUNA O val do Támega mestura especies tipicamente atlánticas con especies mediterráneas, algunhas moi raras en Galicia. Peixes: destaca o barbo (Barbus barbus bocagei), especie restrinxida ao extremo máis meridional de Galicia e o cacho (Leuciscus caroliterti). Barbo (Barbus barbus bocagei) Anfibios: gran variedade entre os que destaca o sapo de esporóns (Pelobates cultripes) Estroza (Hyla arborea)
  47. 47. Réptiles: cobra sapeira, sapocuncho europeo... Aves: no val do Támega, en Verín, hai 110 especies entre sedentarias e visitantes. Crían o lavanco (Anas platyrhynchos), a píllara pequena (Charadrius dubius), o picapeixe (Alcedo atthis), o ouriolo (Oriolus oriolus)... Ademais hai unha gran variedade de invertebrados, en especial insectos. Larva de ditisco Libeliña (Sympetrum sanguineum)
  48. 48. ESPAZOS PROTEXIDOS LIC: “Río Támega”: inclúe o curso do río Támega ata a fronteira con Portugal e parte do curso dos seus afluentes Trez, Vilaza e Abedes, así como as veigas de Laza e Castrelo do Val e a Fraga dos Lobos. O maior interese deste espazo reside nas veigas e gándaras que se forman arredor dos ríos onde hai unha variada flora e fauna acuáticas.
  49. 49. LIC: “Macizo Central”: protexe os cursos altos dos afluentes do Támega que nacen nestas serras. LIC: “Videferre”, protexe parte do val do Bubal e o do seu afluente o Azoreira. LIC; “Alvão / Marão”, inclúe a marxe esquerda do Támega e o cursos dos seus afluentes Louredo, Cabril, Olo e Ovelha. PARQUE NATURAL DO ALVÃO: protexe as cabeceiras do río Olo. Parque Natural do Alvão
  50. 50. APROVEITAMENTO Subministro de auga, enerxía hidráulica (muíños, centrais hidroeléctricas), pesca, lecer... O principal encoro é o de Torrão, en Marco de Canaveses, construído en 1988, cunha potencia instalada de 146 MW e unha produción anual media de 228 GWh.
  51. 51. En todo o val do Támega hai mananciais de augas termais e medicinais aproveitados en diferentes balnearios: Sousas, Cabreiroá, Chaves, Vidago, Augas Salgadas… Fonte de Cabreiroá
  52. 52. MUÍÑOS Acea en Curalha Río Támega en Castrelo do Val Acea en Mondim de Basto
  53. 53. DATOS HISTÓRICOS O nome do río é pre-romano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura", que aparece noutros nomes de ríos galegos (Tambre, Támoga, Tamuxe…). Do nome do río deriva o do pobo pre-romano dos tamagni, que habitaba o val de Monterrei. Ao longo do Támega consérvase un rico patrimonio histórico artístico: castros, núcleos históricos, pontes, muíños… Ponte de poldras en Curalha
  54. 54. Ponte romana en Chaves
  55. 55. Pontes sobre o río Beça en Boticas
  56. 56. CURIOSIDADES No río Olo, un dos afluentes do Támega, atópase a fervenza máis alta de Portugal. Na cunca do Támega hai varias áreas vitivinícolas. En Galicia atópase a D.O. Monterrei.
  57. 57. PROBLEMAS Especies invasoras, obras na canle, destrución de ecosistemas, contaminación... Corta da vexetación de ribeira para facer unha área recreativa. Bambús nas beiras do río Olo
  58. 58. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta

×