SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
Revista 
Semanal 
da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 
EN PORTADA 
NOVAS FORMACION 
BOLSAS E AXUDAS 
PREMIOS E CONCURSOS 
NOVAS DE EMPREGO 
NOVAS DAS CASAS DA XUVENTUDE E OMIX 
/ 2 
/ 5 
/ 5 
/ 6 
/ 6 
/ 9
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 2 
EN PORTADA EN PORTADA 
Traballo e Benestar organiza unhas xornadas sobre "Cooperativismo e Xuven-tude" 
para mozos que busquen emprego 
Xoves, 20 Novembro 2014 08:52 
A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar 
colabora na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de ‘Cooperativismo e Xuventude’, levaranse a cabo nos meses 
de novembro e decembro. O próximo mércores, 26 de novembro, terá lugar a segunda desas xornadas, en Santiago de Compostela, no 
salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas. Será entre as 10,00 e as 13,30 horas, e a inscrición é totalmente gratuíta. 
A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula coope-rativa 
e, especialmente, a estudantes de centros universitarios e a alumnos de centros de formación profesional, centros de formación 
ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incor-porarse 
ao mundo laboral. 
O programa inclúe intervencións de diversos especialistas sobre os recursos e apoios para emprender, as vantaxes competitivas do 
traballo cooperativo, o emprendemento cooperativo no rural e a posta en marcha dun proxecto desta características. Tamén mos-tra 
un panel de experiencias, neste caso coas cooperativas ‘Cestola na Cachola’ (Lalín, Pontevedra) e ‘Entre Pedras’ (Santiago de 
Compostela). 
As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electró-nico 
ao enderezo eventos@eusumo.coop. O prazo de inscrición para esta xornada remata o 24 de novembro. 
Un grupo do programa "Iniciativa Xove" de Benestar lanza unha Guía de Boas 
Prácticas nos ríos da provincia de Pontevedra 
Xoves, 20 Novembro 2014 09:00 
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na Escola de Enxeñeiros Forestais na presentación da 
‘Guía de boas prácticas nos ríos da provincia de Pontevedra’, un proxecto financiado por ‘Iniciativa Xove’, onde recordou que grazas a 
este programa de educación non formal os mozos e mozas poden demostrar a súa capacidade para organizar os seus propios proxectos, 
ao tempo que se estimula o protagonismo, a creatividade e o liderado xuvenil. 
O director xeral tamén destacou que a participación xuvenil en programas de educación non formal como ‘Iniciativa Xove’, da Conselle-ría 
de Traballo e Benestar, “comporta o desenvolvemento de valores como as aptitudes comunicativas, organizativas e de planificación, o 
traballo en equipo, o sentido da iniciativa ou a autoconfianza, autonomía e iniciativa persoal”. 
Este proxecto estivo liderado polo grupo informal Milrivus, composto por estudantes ou titulados da Escola de Enxeñeiros Forestais da 
Universidade de Vigo. O estudo permitiu a edición dun libro sobre os ríos de Pontevedra, para a promoción das boas prácticas e usos 
dos sistemas fluviais e a concienciación e sensibilización da poboación no respecto ao medio ambiente. 
‘Iniciativa Xove’ forma parte dos programas de renovación das políticas de Xuventude da Xunta de Galicia, que na actualidade xira en 
torno a xestionar actuacións baseadas na adquisición de novas competencias a través da educación non formal. 
Esta iniciativa conta con programas vinculados co emprendemento e a empregabilidade, que están agrupados baixo o epígrafe de 
‘Iniciativa Xove emprendedora’. Tamén destacan as dirixidas a favorecer a integración de colectivos con diversidade funcional 
ou en risco de exclusión social; a creatividade; o coñecemento e o respecto do contorno natural, a intervención ambiental e o 
fomento dos bos hábitos neste eido; a rehabilitación e renovación de espazos degradados; e os relacionados coas novas tecno-loxías. 
Este ano na provincia de Pontevedra 49 asociacións xuvenís ou grupos informais de mozos e mozas executaron proxectos financiados 
no marco do programa de participación xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar ‘Iniciativa Xove’, cun investimento de 180.000 
euros. 
No total de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar financia este ano con máis de 500.000 euros, a través do programa ‘Iniciativa 
Xove’, un total de 140 proxectos de educación non formal que desenvolven preto de 700 mozos e mozas pertencentes a grupos infor-mais, 
así como asociacións e entidades xuvenís. 
Un total de 43 mozos e mozas recollen os premios do certame Xuventude 
Crea que recoñece o talento da mocidade galega 
Xoves, 20 Novembro 2014 09:05 
Santiago acolleu hoxe a entrega dos premios do certame Xuventude Crea, unha iniciativa da 
Consellería de Traballo e Benestar que recoñece cada ano a creatividade e o talento da mocidade 
galega. 
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu hoxe o acto no que un total 
de 43 mozos e mozas foron premiados en 11 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, 
relato breve, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, videocreación, moda, graffiti, poesía e 
música. Na edición deste ano participaron no concurso máis de 350 mozos e mozas.
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 3 
Rodeiro destacou que iniciativas como Xuventude Crea contribúen ao crecemento persoal da mocidade galega e, por extensión, a me-llorar 
as perspectivas de futuro de Galicia. Por iso, sinalou que o Goberno galego seguirá a potenciar este concurso que volverá a contar 
o próximo ano con 100.000 euros de orzamento. 
O director de Xuventude resaltou, ademais, que unha das prioridades do Goberno galego é escoitar as propostas da mocidade. Neste 
senso, lembrou que a Xunta conta co programa de axudas Iniciativa Xove co que se financian proxectos presentados polos mozos e 
mozas galegos. En 2015, esta iniciativa contará con 550.000 euros co que se prevé beneficiar a 750 persoas. 
En definitiva, Rodeiro indicou que o obxectivo da Xunta é darlle pulo á creatividade dos mozos e mozas e dotalos de ferramentas e pro-gramas 
para canalizala, como no caso do certame Xuventude Crea ou o programa de axudas de Iniciativa Xove. 
Estudantes internacionais axudan a coñecer nunha xornada os seus países de 
orixe a futuros participantes do Erasmus+ 
Venres, 21 Novembro 2014 10:38 
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, acompañou hoxe ao reitor da Uni-versidade 
de Santiago, Juan Viaño, na inauguración da feira “International day”, que organizou a 
Asociación Erasmus Student Network (ESN). 
Nesta feira os estudantes internacionais son os protagonistas, representando aos seus países de 
orixe, nunha xornada para axudar a coñecer os futuros destinos do programa Erasmus + aos estu-dantes 
locais que optan aos diferentes programas de mobilidade. 
Ovidio Rodeiro puxo de manifesto a importancia da difusión do valor das experiencias de mobilidade internacional, que “facilita aos 
mozos e mozas a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades que axudarán aos seu desenvolvemento persoal, educativo e pro-fesional”. 
Neste sentido, destacou que Galicia é unha das comunidades autónomas que máis participa das posibilidades do programa Erasmus + 
dentro das accións de intercambios, voluntariado, formación, actividades combinadas e asociacións estratéxicas. 
Nas dúas primeiras quendas de 2014 foron aprobados en Galicia un total de 28 proxectos, nos que participan arredor de 800 
mozos e mozas. Isto supón que as asociacións e entidades que dirixen os proxectos xestionen máis de 700.000 euros de fondos 
europeos. 
EN PORTADA NOVAS E ACTIVIDADES 
622 Profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de Amé-rica 
e Canadá 
Martes, 18 Novembro 2014 09:05 
O Ministerio de Educación convoca 622 prazas para profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de América e Canadá 
para o curso académico 2015-2016. 
As prazas que se ofrecen en Estados Unidos e Canadá están asignadas a centros educativos de Ensino Primario e Secundario, para im-partir 
docencia a tempo completo en: 
a) Programas de ensino bilingüe e de inmersión lingüística, nos que o profesor deberá impartir as áreas curriculares propias do sis-tema 
educativo do estado ou provincia correspondente. 
b) Español como lingua estranxeira. 
c) Outras áreas ou materias. 
O número total de prazas ascende a 622. 
Requisitos: 
- Ter nacionalidade española. 
- Dominar o idioma inglés oral e escrito. 
- Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia. 
Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, dependendo da praza á que se opte: 
- Mestres. 
- Mestres especialistas en Educación Infantil e Educación Especial. 
- Licenciados en Filoloxía, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 4 
- Licenciados ou graduados en Tradución e Interpretación. 
- Licenciados ou graduados do ámbito científico-tecnolóxico. 
- Licenciados en Matemáticas. 
- Licenciados ou graduados en Filoloxía Inglesa, Hispánica, Humanidades ou Xeografía e Historia, con Máster que habilite para o 
exercicio da función docente ou equivalente. 
- Bioloxía, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Educación Física, Empresariales, Física, Historia, Humanidades ou Matemá-ticas, 
con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente. 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de novembro de 2014. 
Máis información no BOE do 11 de novembro de 2014. 
http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/actividad-internacional.html 
Erasmus+ Juventud en Acción 
Mercores, 19 Novembro 2014 12:47 
Se queres saber 'Que é', 'Quen pode participar' e 'Como presentar un proxecto' neste programa 
europeo, Erasmus+: Xuventude en Acción, descárgate este despregable que o INJUVE acaba de 
editar! 
Máis información: 
http://www.erasmusplus.injuve.es/ 
http://www.injuve.es/conocenos/folleto-erasmus-juventud-en-accion 
Xuventude.coop. Xornada cooperativismo e xuventude. Ourense (3 de decembro) 
Venres, 21 Novembro 2014 09:43 
A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na organización dunha 
serie de xornadas que, baixo o título de «Cooperativismo e Xuventude», se están a levar a cabo nos meses de novembro e decembro. 
O próximo mércores 3 de decembro, terá lugar a terceira desas xornadas, en Ourense, no Espazo Xove de Ourense (rúa Celso Emilio 
Ferreiro 27, 32004 Ourense), de 10:00 a 13:30 h. 
A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula coo-perativa, 
e especialmente a estudantes de centros universitarios e alumnos de centros de formación profesional, centros de formación 
ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incor-porarse 
ao mundo laboral. 
No arquivo adxunto atopará toda a información referida a este evento. 
As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electró-nico 
ao enderezo eventos@eusumo.coop 
O prazo de inscrición para esta xornada estará aberto ata o 1 de decembro. 
Premios Nacionais de Xuventude 2014 
Venres, 21 Novembro 2014 12:30 
O Instituto da Xuventude concede os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2014. 
Un único premio de 3.000 euros en cada unha das seguintes categorías: 
1. Iniciativas emprendedoras en materia de emprego, a dona Alice Lacien. 
2. Comunicación intercultural, a don Joan Serra Montagut. 
3. Voluntariado, a dona Jeimy Nathalia Me o Santander. 
4. Igualdade, a don Felipe Campos i Louro. 
5. Mención honorífica, sen dotación económica, a dona Cristina Joya Botia, na categoría de Voluntariado. 
Máis información no BOE do 21 de novembro de 2014 e en http://www.injuve.es/
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 5 
NOVAS FORMACION CURSOS DE TEMPO LIBRE 
Curso de Monitor de Tempo Libre en Ourense 
Xoves, 20 Novembro 2014 13:28 
A Escola de Tempo Libre Cruz Vermella vai impartir un curso de monitores de actividades de tempo 
libre na Sede Cruz Vermella Ourense (Díaz de la Banda, 40) do 13/12/2014 ao 14/02/2016. 
Información e inscripcións: 988 222 484 - ext. 57433 / 57260. 
BOLSAS E AXUDAS FORMACION PRACTICA 
Bolsas Iberoamérica 2015 para alumnos de doutorado e xóvenes profesores e 
investigadores 
Luns, 17 Novembro 2014 12:34 
Santander Universidades, convoca 200 bolsas para apoiar a xóvenes profesores e investigadores e 25 para doutorados de universi-dades 
españolas, interesados en estancias académicas nalgún país do espazo iberoamericano. As bolsas teñen unha dotación para os 
primeiros de 5.000 euros e de 10.000 euros para os doutorados. Máis información www.agora-santander.com 
Bolsas Santander de prácticas en PYMES 
Luns, 17 Novembro 2014 12:39 
O Banco de Santander, a conferencia de reitores de Universidades Españolas e a Conferencia Española da pequena e mediana empre-sa, 
convocan 5.000 bolsas de prácticas en empresas, dirixidas a estudantes matriculados en universidades españolas. Cunha dotación 
máxima de 1.800 euros (600 ó mes a xornada completa e 300 a media xornada) mínimo 3 meses, ampliable a 6. Máis información 
www.becas-santander.com 
Bolsas no Parlamento de Galicia 
Xoves, 20 Novembro 2014 08:24 
O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica: 
- 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación. 
- 1 bolsa de formación en comunicación institucional. 
- 2 bolsas de formación en publicacións. 
- 1 bolsa de formación en informática. 
As bolsas terán unha duración de doce meses. 
A contía total de cada bolsa será de 1.000 € mensuais. 
Requisitos: 
1) Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, grao en Información e Do-cumentación 
ou diplomatura en Biblioteconomía e Documentación. 
2) Bolsa de comunicación institucional: grao ou licenciatura universitaria en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Co-municación 
Audiovisual. 
3) Bolsas de publicacións: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa 
combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega. 
4) Bolsa de informática: grao ou licenciatura ou diplomatura universitaria en Informática. 
As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2008-2009 ou en anos posteriores. 
O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 4 de decembro de 2014. 
Máis información no Boletín oficial do Parlamento de Galicia do 19 de novembro de 2014 e no DOG do 21 de novembro de 2014. 
http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90375_2.pdf
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 6 
PREMIOS E CONCURSOS PREMIOS E CONCURSOS 
Concurso de escritura creativa sobre a ampliación da UE 
Luns, 17 Novembro 2014 12:42 
A Comisión Europea convoca este concurso para xóvenes con idades entre 18 e 25 anos. Haberá un ganador por país. 
Máis información: SoEuropean@writingcompetition.eu 
NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PUBLICO 
Convocadas 21 prazas de Axentes da Facenda Pública 
Luns, 17 Novembro 2014 11:46 
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, convoca estas prazas do corpo xeral administrativo da administración do Estado. 
Especialidade de axentes da Facenda Pública, polo sistema de oposición. 
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE. 
Máis información BOE do vernes 14 de novembro de 2014. www.boe.es 
Convocadas 90 prazas de persoal laboral e funcionario na Deputación de Málaga 
Luns, 17 Novembro 2014 11:47 
A Deputación de Málaga, convoca 13 prazas de administrativo, 50 de auxiliar administrativo, 5 de avogado, 4 de arquitecto, 5 de guar-da, 
7 de sicólogo, 4 de técnico administración xeral, 1 de técnico auxiliar e 1 de técnico superior. 
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do 17 de 
novembro de 2014. www.boe.es 
Operarios para o Concello de Ribeira 
Martes, 18 Novembro 2014 07:29 
O Concello de Ribeira fai unha convocatoria para a contratación laboral de dous operarios adscritos ao departamento de obras públicas. 
Requisitos: Estar en posesión do carné de conducir da clase B. 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de novembro de 2014. 
Máis información no BOP da Coruña do 18 de novembro e na OMIX de Ribeira, teléfono 981 835 650. 
Clarinete para a Real Filharmonía de Galicia 
Martes, 18 Novembro 2014 08:22 
A Real Filharmonía de Galicia selecciona un Clarinete. 
Requisitos: estar en posesión del título Superior de Música en la especialidad de Clarinete. 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de decembro de 2014. 
Máis información no BOP da Coruña do 18 de novembro e en www.rfgalicia.org 
Diplomado/a en Enfermaría para a Universidade de Santiago de Compostela 
Mercores, 19 Novembro 2014 07:29 
A Universidade de Santiago de Compostela convoca un concurso oposición para cubrir unha praza de diplomado/a en Enfermaría en 
promoción interna. 
De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre. 
Requisitos: 
Estar en posesión da titulación de graduado/diplomado universitario en Enfermaría, especialidade Enfermaría do Traballo ou 
enfermeiro/a diplomado en Enfermaría de Empresa.
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 7 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de decembro de 2014. 
Máis información no DOG do 19 de novembro de 2014. 
http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html 
Convocadas 2 praza temporal de técnico superior de actividades técnicas e 
profesionais no CSIC de Pontevedra 
Venres, 21 Novembro 2014 10:18 
O Instituto de Investigación Mariñas de Pontevedra do Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas 2 prazas (1 técnico 
superior de formación profesional en análise e control ou técnico superior de formación profesional en química ambiental, e outro de 
técnico superior de formación profesional en laboratorio de diagnóstico clínico. 
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 28 de novembro de 2014. Máis información Centro de Información Administrativa, 
publicado o 21 de novembro de 2014. 
Convocadas 106 prazas de diversas especialidades no Servizo Aragonés de Saúde 
Venres, 21 Novembro 2014 10:19 
As prazas convocadas polo sistema de oposición son: 36 axudantes técnico sanitarios de atención primaria, 14 asistentes sociales, 
10 de educadores, 13 técnicos informática, 10 de técnicos de xestión xeral, 9 xestión emprego, 5 fisioterapeutas, 2 subinspectores 
sanitarios e 3 grao de enfermería. Publicado en Boletín Oficial de Aragón do 21 de novembro, o prazo de presentación de solicitudes 
é ata o 17 de decembro. 
Convocadas bolsas de emprego de xestor e analista na Axencia Europea de 
Medicamentos 
Venres, 21 Novembro 2014 10:31 
A Unión Europea convoca estas 2 prazas de proxectos EMA/AD/367/368 AD6, da división de tecnoloxías da información. Máis infor-mación 
DOUE do 18 de novembro. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 6 de xaneiro. 
622 prazas de profesores visitantes, en centros de Estados Unidos e Canada 
Venres, 21 Novembro 2014 10:34 
O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca estas prazas temporais nas que se require dominar o inglés oral e escrito. 
O prazo de presentación de solilcitudes é ata o 26 de novembro de 2014. 
Máis información BOE do 11 de novembro de 2014. 
Persoal docente e investigador na Universidade de Vigo 
Venres, 21 Novembro 2014 11:12 
A Universidade de Vigo fai unha convocatoria para a contratación de persoal docente e investigador: 
- Profesorado asociado, 12 prazas. 
- Profesorado axudante doutor, 1 praza. 
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de decembro de 2014. 
Máis información no DOG do 21 de novembro de 2014 e en http://persoal.uvigo.es/ 
NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PRIVADO 
Desenvolvedor/ra informático (aplicaciones de entorno Lugo) 
Martes, 18 Novembro 2014 07:58 
Adecco, líder mundial en RRHH con domicilio social en Camino del Cerro de los Gamos 3, 28224 Madrid, selecciona un desenvolvedor/a 
informático para Lugo. Para implementación de de aplicaciones corporativas, además de mantenemento das existentes. 
Se require experiencia previa dun ano.
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 8 
PHP 5x en paradigma completo orientado a obxectos. 
Javascript/ECAMScrip 3rd Edition. 
Linguaxes de marcado HTML, XML e JSON. 
Experiencia en traballo en equipo Git. 
Bases de datos MySQL. 
Xornada laboral completa e incorporación inmediata. 
Salario segundo convenio. 
http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/desarrollador-a-informatico-aplicaciones-entorno/lugo/1742695/?utm_source=empleate&utm_ 
medium=agregador&utm_campaign=tecnologia-e-informatica&utm_term=lugo 
Técnicos/as de documentación sanitaria 
Martes, 18 Novembro 2014 07:59 
Adecco industrial busca 50 persoas para cubrir os postos de auxiliares administrativos de dixitalización para importante empresa 
de servizos xerais situada en Lugo. 
Son requisitos: 
Residencia na zona. 
Ser demandante de emprego. 
Título de Grado Medio ou Superior relacionado co posto. 
Para desempeño das funcións de clasificación, dixitalización e indexación da documentación. 
Os interesados poden rexistrarse na oferta a través de www.adecco.es na seguinte referencia: 
http://ofertas.adecco.es/candidato/ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=168869 
http://www.trabajando.es/empleos/oferta/164075/tecnicosas-de-documentacion-sanitaria.html?utm_source=sepe&utm_medium=Xml&utm_ 
campaign=sepe 
Vixiante de seguridade 
Martes, 18 Novembro 2014 08:06 
Oferta de prazas de vixiante de seguridade para A Coruña. 
Importante empresa busca vixiantes títulados. 
Absterse vixiantes sen TIP. 
Funcións propias do posto. 
Traballo estable e alta na SS. 
Traballo de duración determinada. 
Xornada laboral indiferente. 
http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/vigilante-de-seguridad/a-corunna/1742950/?utm_source=empleate&utm_ 
medium=agregador&utm_campaign=profesionales-artes-y-oficios&utm_term=a-corunna 
Azafato/a promotor/a para A Coruña 
Martes, 18 Novembro 2014 08:11 
Adecco, líder mundial en RRHH con domicilio social en Camino del Cerro de los Gamos 3, 28224 Madrid,selecciona azafato/a para 
promoción de servizos sanitarios de complexo hospitalario situado na Coruña. 
Non se require experiencia. 
Estudos de bacharelato. 
Experiencia de promoción de servizos. 
Valorable formación en área sanitaria. 
Contrato de duración determinada. 
http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/azafato-a-promotor-a-para-corunna/a-corunna/1743062/?utm_source=empleate&utm_ 
medium=agregador&utm_campaign=comercial-ventas&utm_term=a-corunna
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 9 
Ofertas Servizo Público de Emprego 22/11/2014 
Venres, 21 Novembro 2014 09:14 
Profesores técnicos de formación profesional (informática e comunicacións) 
- Localidade: Ourense 
- Nº oferta: 12/2014/9085 
- Data: 22/11/14 
- Requisitos: precísase docente de informática para unha academia coa titulación de grao en enxeñería informática. 
Camareiros/as, en xeral 
- Localidade: Ordes (A Coruña) 
- Nº oferta: 12/2014/10555 
- Data: 22/11/14 
- Requisitos: necesítase camareiro/a. 
Axentes de seguros 
- Localidade: O Barco de Valedoras (Ourense) 
- Nº oferta: 12/2014/10925 
- Data: 22/11/14 
- Requisitos: necesítanse axentes de seguros para traballar en distintas zonas de Galicia. 
Hixienistas bucodentais 
- Localidade: Ferrol (A Coruña) 
- Nº oferta: 12/2014/10964 
- Data: 22/11/14 
- Requisitos: hixienista dental para un contrato en prácticas. 
Máis información no 012 e en http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/ 
NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX OMIX 
II EDICIÓN CURSO DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES 
Martes, 18 Novembro 2014 11:26 
II EDICIÓN CURSO DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES 
Datas: martes 9 e 16 de decembro. 
Horario: de 16h a 20h. 
Lugar: Centro Social de Paradela (Campo da Boca) 
Prezo: 16€ 
Para maior información e inscricións na OMIX do Concello de Meis ou no 986712277. 
CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS 
Martes, 18 Novembro 2014 11:35 
CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS 
LUGAR: LOCAL SOCIAL DE PARADELA (MEIS) 
DATA: Mércores 3 de decembro de19h a 22h. 
IMPORTE: 15€ 
Máis información e inscricións na OMIX ou no 986712277.
Revista 
Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 
24 Noviembre de 2014 - Revista 997 10 
Xornadas sobre emprendemento e autoemprego en Ribadavia 
Xoves, 20 Novembro 2014 07:57 
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX de Ribadavia) colabora coa Dirección Xeral 
de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia), que convoca 
unhas xornadas sobre emprendemento e autoemprego que teñen por finalidade favorecer a adqui-sición 
de competencias, habilidades e aptitudes que contribúan ao desenvolvemento dos mozos e 
mozas, facilitando que aumenten así as súas posibilidades de emprego e/ou autoemprego. 
As Xornadas serán o dia 29 de Novembro na aula CEMIT da Casa da Cultura de Ribadavia. 
Máis información e ficha de solicitude en: 
http://xuventude.xunta.es/2014111714754/xornadas-de-emprendemento-e-autoemprego.html 
1NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX CASAS DA XUVENTUDE 
CURSO AUDIOVISUAL 
Venres, 21 Novembro 2014 12:34 
CURSO AUDIOVISUAL: REALIZACIÓN DE CURTAMETRAXES 
ESPAZO XOVE DE VILAGARCIA 
CONTENIDOS: 
- GUION 
- PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL 
- RODAXE 
- MONTAXE 
COMENZO EN DECEMBRO PARA XOVENES 
INCRIPCIÓNS EN: cxvilagarcia.traballo@xunta.es ou no tlf: 986 501568.
Boletinxuventude 24 11-2014-1

More Related Content

What's hot

IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IGADI
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralsatelite1
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programansatelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Visita relator onu
Visita relator onuVisita relator onu
Visita relator onusatelite1
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariasatelite1
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIGADI
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolsatelite1
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edsatelite1
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalsatelite1
 

What's hot (13)

IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital IAF135 nº4dixital
IAF135 nº4dixital
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
As familias tamén programan
As familias tamén programanAs familias tamén programan
As familias tamén programan
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Visita relator onu
Visita relator onuVisita relator onu
Visita relator onu
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
IAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixitalIAF134 nº3dixital
IAF134 nº3dixital
 
Resumen xuntanza
Resumen xuntanzaResumen xuntanza
Resumen xuntanza
 
Crónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsolCrónica visita fundación repsol
Crónica visita fundación repsol
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Presentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto edPresentacion do proxecto ed
Presentacion do proxecto ed
 
Proxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía globalProxecto creando cidadanía global
Proxecto creando cidadanía global
 

Similar to Boletinxuventude 24 11-2014-1

Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroLoudes Otero
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Loudes Otero
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Boletinxuventude 18 11_13-1
Boletinxuventude 18 11_13-1Boletinxuventude 18 11_13-1
Boletinxuventude 18 11_13-1Charo García
 
Triptico foro ed
Triptico foro edTriptico foro ed
Triptico foro edsatelite1
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Iolidesarandon
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68satelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIGADI
 
Programa xuventude promete defini
Programa xuventude promete definiPrograma xuventude promete defini
Programa xuventude promete definisatelite1
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15cacharila
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019psdegbergondo
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024CEIPN1TUI
 
Xornada de información xuvenil
Xornada de información xuvenilXornada de información xuvenil
Xornada de información xuvenilodesvanmarita
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventudeomixboiro
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16cacharila
 

Similar to Boletinxuventude 24 11-2014-1 (20)

Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al ClaustroPresentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
Presentacion de la Agrupación ARCE al Claustro
 
Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)Presentacion arce (amanual def)
Presentacion arce (amanual def)
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Boletinxuventude 18 11_13-1
Boletinxuventude 18 11_13-1Boletinxuventude 18 11_13-1
Boletinxuventude 18 11_13-1
 
Triptico foro ed
Triptico foro edTriptico foro ed
Triptico foro ed
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
Monferosolidario artículo revista eduga nº 68
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
IAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixitalIAF131 nº0dixital
IAF131 nº0dixital
 
Programa xuventude promete defini
Programa xuventude promete definiPrograma xuventude promete defini
Programa xuventude promete defini
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2014-15
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL DO CURSO 2023-2024
 
Xornada de información xuvenil
Xornada de información xuvenilXornada de información xuvenil
Xornada de información xuvenil
 
Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
Formacion para xuventude
Formacion para xuventudeFormacion para xuventude
Formacion para xuventude
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
Memoria proxecto Somos quen. Curso 2015-16
 
Solidariedade na universidade
Solidariedade na universidadeSolidariedade na universidade
Solidariedade na universidade
 

More from odesvanmarita

More from odesvanmarita (20)

Memoria csb 2018
Memoria csb 2018Memoria csb 2018
Memoria csb 2018
 
Memoria csb2017
Memoria csb2017Memoria csb2017
Memoria csb2017
 
Noite aberta 2015
Noite aberta 2015Noite aberta 2015
Noite aberta 2015
 
Musica
MusicaMusica
Musica
 
Cursos an
Cursos anCursos an
Cursos an
 
Mostra cinema etnografico
Mostra cinema etnograficoMostra cinema etnografico
Mostra cinema etnografico
 
Flyer maio
Flyer maioFlyer maio
Flyer maio
 
Flyer maio
Flyer maioFlyer maio
Flyer maio
 
Tecnicas relajacion
Tecnicas relajacionTecnicas relajacion
Tecnicas relajacion
 
Cartel xornada de xuventude porto do son
Cartel xornada de xuventude   porto do sonCartel xornada de xuventude   porto do son
Cartel xornada de xuventude porto do son
 
Laida
LaidaLaida
Laida
 
Benefeciarios sen conta
Benefeciarios sen contaBenefeciarios sen conta
Benefeciarios sen conta
 
Beneficiarios sen conta
Beneficiarios sen contaBeneficiarios sen conta
Beneficiarios sen conta
 
Cartel escola creativa 2015
Cartel escola creativa 2015Cartel escola creativa 2015
Cartel escola creativa 2015
 
Axudas ao transporte
Axudas ao transporteAxudas ao transporte
Axudas ao transporte
 
Memoria actividades cs 2014
Memoria actividades cs 2014Memoria actividades cs 2014
Memoria actividades cs 2014
 
Axudas ao transporte
Axudas ao transporteAxudas ao transporte
Axudas ao transporte
 
Non sexting
Non sextingNon sexting
Non sexting
 
Busca activa de emprego e inscricion
Busca activa de emprego e inscricionBusca activa de emprego e inscricion
Busca activa de emprego e inscricion
 
Axudas universitarios
Axudas universitariosAxudas universitarios
Axudas universitarios
 

Boletinxuventude 24 11-2014-1

  • 1. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 EN PORTADA NOVAS FORMACION BOLSAS E AXUDAS PREMIOS E CONCURSOS NOVAS DE EMPREGO NOVAS DAS CASAS DA XUVENTUDE E OMIX / 2 / 5 / 5 / 6 / 6 / 9
  • 2. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 2 EN PORTADA EN PORTADA Traballo e Benestar organiza unhas xornadas sobre "Cooperativismo e Xuven-tude" para mozos que busquen emprego Xoves, 20 Novembro 2014 08:52 A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar colabora na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de ‘Cooperativismo e Xuventude’, levaranse a cabo nos meses de novembro e decembro. O próximo mércores, 26 de novembro, terá lugar a segunda desas xornadas, en Santiago de Compostela, no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas. Será entre as 10,00 e as 13,30 horas, e a inscrición é totalmente gratuíta. A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula coope-rativa e, especialmente, a estudantes de centros universitarios e a alumnos de centros de formación profesional, centros de formación ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incor-porarse ao mundo laboral. O programa inclúe intervencións de diversos especialistas sobre os recursos e apoios para emprender, as vantaxes competitivas do traballo cooperativo, o emprendemento cooperativo no rural e a posta en marcha dun proxecto desta características. Tamén mos-tra un panel de experiencias, neste caso coas cooperativas ‘Cestola na Cachola’ (Lalín, Pontevedra) e ‘Entre Pedras’ (Santiago de Compostela). As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electró-nico ao enderezo eventos@eusumo.coop. O prazo de inscrición para esta xornada remata o 24 de novembro. Un grupo do programa "Iniciativa Xove" de Benestar lanza unha Guía de Boas Prácticas nos ríos da provincia de Pontevedra Xoves, 20 Novembro 2014 09:00 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe na Escola de Enxeñeiros Forestais na presentación da ‘Guía de boas prácticas nos ríos da provincia de Pontevedra’, un proxecto financiado por ‘Iniciativa Xove’, onde recordou que grazas a este programa de educación non formal os mozos e mozas poden demostrar a súa capacidade para organizar os seus propios proxectos, ao tempo que se estimula o protagonismo, a creatividade e o liderado xuvenil. O director xeral tamén destacou que a participación xuvenil en programas de educación non formal como ‘Iniciativa Xove’, da Conselle-ría de Traballo e Benestar, “comporta o desenvolvemento de valores como as aptitudes comunicativas, organizativas e de planificación, o traballo en equipo, o sentido da iniciativa ou a autoconfianza, autonomía e iniciativa persoal”. Este proxecto estivo liderado polo grupo informal Milrivus, composto por estudantes ou titulados da Escola de Enxeñeiros Forestais da Universidade de Vigo. O estudo permitiu a edición dun libro sobre os ríos de Pontevedra, para a promoción das boas prácticas e usos dos sistemas fluviais e a concienciación e sensibilización da poboación no respecto ao medio ambiente. ‘Iniciativa Xove’ forma parte dos programas de renovación das políticas de Xuventude da Xunta de Galicia, que na actualidade xira en torno a xestionar actuacións baseadas na adquisición de novas competencias a través da educación non formal. Esta iniciativa conta con programas vinculados co emprendemento e a empregabilidade, que están agrupados baixo o epígrafe de ‘Iniciativa Xove emprendedora’. Tamén destacan as dirixidas a favorecer a integración de colectivos con diversidade funcional ou en risco de exclusión social; a creatividade; o coñecemento e o respecto do contorno natural, a intervención ambiental e o fomento dos bos hábitos neste eido; a rehabilitación e renovación de espazos degradados; e os relacionados coas novas tecno-loxías. Este ano na provincia de Pontevedra 49 asociacións xuvenís ou grupos informais de mozos e mozas executaron proxectos financiados no marco do programa de participación xuvenil da Consellería de Traballo e Benestar ‘Iniciativa Xove’, cun investimento de 180.000 euros. No total de Galicia, a Consellería de Traballo e Benestar financia este ano con máis de 500.000 euros, a través do programa ‘Iniciativa Xove’, un total de 140 proxectos de educación non formal que desenvolven preto de 700 mozos e mozas pertencentes a grupos infor-mais, así como asociacións e entidades xuvenís. Un total de 43 mozos e mozas recollen os premios do certame Xuventude Crea que recoñece o talento da mocidade galega Xoves, 20 Novembro 2014 09:05 Santiago acolleu hoxe a entrega dos premios do certame Xuventude Crea, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar que recoñece cada ano a creatividade e o talento da mocidade galega. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presidiu hoxe o acto no que un total de 43 mozos e mozas foron premiados en 11 especialidades diferentes: teatro, artes plásticas, relato breve, deseño de xoias, carteis, banda deseñada, videocreación, moda, graffiti, poesía e música. Na edición deste ano participaron no concurso máis de 350 mozos e mozas.
  • 3. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 3 Rodeiro destacou que iniciativas como Xuventude Crea contribúen ao crecemento persoal da mocidade galega e, por extensión, a me-llorar as perspectivas de futuro de Galicia. Por iso, sinalou que o Goberno galego seguirá a potenciar este concurso que volverá a contar o próximo ano con 100.000 euros de orzamento. O director de Xuventude resaltou, ademais, que unha das prioridades do Goberno galego é escoitar as propostas da mocidade. Neste senso, lembrou que a Xunta conta co programa de axudas Iniciativa Xove co que se financian proxectos presentados polos mozos e mozas galegos. En 2015, esta iniciativa contará con 550.000 euros co que se prevé beneficiar a 750 persoas. En definitiva, Rodeiro indicou que o obxectivo da Xunta é darlle pulo á creatividade dos mozos e mozas e dotalos de ferramentas e pro-gramas para canalizala, como no caso do certame Xuventude Crea ou o programa de axudas de Iniciativa Xove. Estudantes internacionais axudan a coñecer nunha xornada os seus países de orixe a futuros participantes do Erasmus+ Venres, 21 Novembro 2014 10:38 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, acompañou hoxe ao reitor da Uni-versidade de Santiago, Juan Viaño, na inauguración da feira “International day”, que organizou a Asociación Erasmus Student Network (ESN). Nesta feira os estudantes internacionais son os protagonistas, representando aos seus países de orixe, nunha xornada para axudar a coñecer os futuros destinos do programa Erasmus + aos estu-dantes locais que optan aos diferentes programas de mobilidade. Ovidio Rodeiro puxo de manifesto a importancia da difusión do valor das experiencias de mobilidade internacional, que “facilita aos mozos e mozas a adquisición de competencias, aptitudes e habilidades que axudarán aos seu desenvolvemento persoal, educativo e pro-fesional”. Neste sentido, destacou que Galicia é unha das comunidades autónomas que máis participa das posibilidades do programa Erasmus + dentro das accións de intercambios, voluntariado, formación, actividades combinadas e asociacións estratéxicas. Nas dúas primeiras quendas de 2014 foron aprobados en Galicia un total de 28 proxectos, nos que participan arredor de 800 mozos e mozas. Isto supón que as asociacións e entidades que dirixen os proxectos xestionen máis de 700.000 euros de fondos europeos. EN PORTADA NOVAS E ACTIVIDADES 622 Profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de Amé-rica e Canadá Martes, 18 Novembro 2014 09:05 O Ministerio de Educación convoca 622 prazas para profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de América e Canadá para o curso académico 2015-2016. As prazas que se ofrecen en Estados Unidos e Canadá están asignadas a centros educativos de Ensino Primario e Secundario, para im-partir docencia a tempo completo en: a) Programas de ensino bilingüe e de inmersión lingüística, nos que o profesor deberá impartir as áreas curriculares propias do sis-tema educativo do estado ou provincia correspondente. b) Español como lingua estranxeira. c) Outras áreas ou materias. O número total de prazas ascende a 622. Requisitos: - Ter nacionalidade española. - Dominar o idioma inglés oral e escrito. - Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións, dependendo da praza á que se opte: - Mestres. - Mestres especialistas en Educación Infantil e Educación Especial. - Licenciados en Filoloxía, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.
  • 4. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 4 - Licenciados ou graduados en Tradución e Interpretación. - Licenciados ou graduados do ámbito científico-tecnolóxico. - Licenciados en Matemáticas. - Licenciados ou graduados en Filoloxía Inglesa, Hispánica, Humanidades ou Xeografía e Historia, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente. - Bioloxía, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Educación Física, Empresariales, Física, Historia, Humanidades ou Matemá-ticas, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de novembro de 2014. Máis información no BOE do 11 de novembro de 2014. http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/actividad-internacional.html Erasmus+ Juventud en Acción Mercores, 19 Novembro 2014 12:47 Se queres saber 'Que é', 'Quen pode participar' e 'Como presentar un proxecto' neste programa europeo, Erasmus+: Xuventude en Acción, descárgate este despregable que o INJUVE acaba de editar! Máis información: http://www.erasmusplus.injuve.es/ http://www.injuve.es/conocenos/folleto-erasmus-juventud-en-accion Xuventude.coop. Xornada cooperativismo e xuventude. Ourense (3 de decembro) Venres, 21 Novembro 2014 09:43 A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social está a colaborar coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado na organización dunha serie de xornadas que, baixo o título de «Cooperativismo e Xuventude», se están a levar a cabo nos meses de novembro e decembro. O próximo mércores 3 de decembro, terá lugar a terceira desas xornadas, en Ourense, no Espazo Xove de Ourense (rúa Celso Emilio Ferreiro 27, 32004 Ourense), de 10:00 a 13:30 h. A xornada está dirixida a mozos e mozas que estean a buscar un traballo, xa que poden encontrar resposta a través da fórmula coo-perativa, e especialmente a estudantes de centros universitarios e alumnos de centros de formación profesional, centros de formación ocupacional e centros de formación secundaria de Galicia que estean a finalizar procesos educativos ou formativos e pretendan incor-porarse ao mundo laboral. No arquivo adxunto atopará toda a información referida a este evento. As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente a través do teléfono 600 516 237 ou enviando un correo electró-nico ao enderezo eventos@eusumo.coop O prazo de inscrición para esta xornada estará aberto ata o 1 de decembro. Premios Nacionais de Xuventude 2014 Venres, 21 Novembro 2014 12:30 O Instituto da Xuventude concede os Premios Nacionais de Xuventude para o ano 2014. Un único premio de 3.000 euros en cada unha das seguintes categorías: 1. Iniciativas emprendedoras en materia de emprego, a dona Alice Lacien. 2. Comunicación intercultural, a don Joan Serra Montagut. 3. Voluntariado, a dona Jeimy Nathalia Me o Santander. 4. Igualdade, a don Felipe Campos i Louro. 5. Mención honorífica, sen dotación económica, a dona Cristina Joya Botia, na categoría de Voluntariado. Máis información no BOE do 21 de novembro de 2014 e en http://www.injuve.es/
  • 5. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 5 NOVAS FORMACION CURSOS DE TEMPO LIBRE Curso de Monitor de Tempo Libre en Ourense Xoves, 20 Novembro 2014 13:28 A Escola de Tempo Libre Cruz Vermella vai impartir un curso de monitores de actividades de tempo libre na Sede Cruz Vermella Ourense (Díaz de la Banda, 40) do 13/12/2014 ao 14/02/2016. Información e inscripcións: 988 222 484 - ext. 57433 / 57260. BOLSAS E AXUDAS FORMACION PRACTICA Bolsas Iberoamérica 2015 para alumnos de doutorado e xóvenes profesores e investigadores Luns, 17 Novembro 2014 12:34 Santander Universidades, convoca 200 bolsas para apoiar a xóvenes profesores e investigadores e 25 para doutorados de universi-dades españolas, interesados en estancias académicas nalgún país do espazo iberoamericano. As bolsas teñen unha dotación para os primeiros de 5.000 euros e de 10.000 euros para os doutorados. Máis información www.agora-santander.com Bolsas Santander de prácticas en PYMES Luns, 17 Novembro 2014 12:39 O Banco de Santander, a conferencia de reitores de Universidades Españolas e a Conferencia Española da pequena e mediana empre-sa, convocan 5.000 bolsas de prácticas en empresas, dirixidas a estudantes matriculados en universidades españolas. Cunha dotación máxima de 1.800 euros (600 ó mes a xornada completa e 300 a media xornada) mínimo 3 meses, ampliable a 6. Máis información www.becas-santander.com Bolsas no Parlamento de Galicia Xoves, 20 Novembro 2014 08:24 O Parlamento de Galicia convoca 8 bolsas de formación práctica: - 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación. - 1 bolsa de formación en comunicación institucional. - 2 bolsas de formación en publicacións. - 1 bolsa de formación en informática. As bolsas terán unha duración de doce meses. A contía total de cada bolsa será de 1.000 € mensuais. Requisitos: 1) Bolsas de arquivo, biblioteca e documentación: grao ou licenciatura universitaria en Documentación, grao en Información e Do-cumentación ou diplomatura en Biblioteconomía e Documentación. 2) Bolsa de comunicación institucional: grao ou licenciatura universitaria en Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas ou Co-municación Audiovisual. 3) Bolsas de publicacións: grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou licenciatura en Filoloxía Galega. 4) Bolsa de informática: grao ou licenciatura ou diplomatura universitaria en Informática. As titulacións terán que estar obtidas no ano académico 2008-2009 ou en anos posteriores. O prazo para solicitar as bolsas estará aberto ata o 4 de decembro de 2014. Máis información no Boletín oficial do Parlamento de Galicia do 19 de novembro de 2014 e no DOG do 21 de novembro de 2014. http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90375_2.pdf
  • 6. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 6 PREMIOS E CONCURSOS PREMIOS E CONCURSOS Concurso de escritura creativa sobre a ampliación da UE Luns, 17 Novembro 2014 12:42 A Comisión Europea convoca este concurso para xóvenes con idades entre 18 e 25 anos. Haberá un ganador por país. Máis información: SoEuropean@writingcompetition.eu NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PUBLICO Convocadas 21 prazas de Axentes da Facenda Pública Luns, 17 Novembro 2014 11:46 O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, convoca estas prazas do corpo xeral administrativo da administración do Estado. Especialidade de axentes da Facenda Pública, polo sistema de oposición. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do vernes 14 de novembro de 2014. www.boe.es Convocadas 90 prazas de persoal laboral e funcionario na Deputación de Málaga Luns, 17 Novembro 2014 11:47 A Deputación de Málaga, convoca 13 prazas de administrativo, 50 de auxiliar administrativo, 5 de avogado, 4 de arquitecto, 5 de guar-da, 7 de sicólogo, 4 de técnico administración xeral, 1 de técnico auxiliar e 1 de técnico superior. O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, contados a partir da publicación no BOE. Máis información BOE do 17 de novembro de 2014. www.boe.es Operarios para o Concello de Ribeira Martes, 18 Novembro 2014 07:29 O Concello de Ribeira fai unha convocatoria para a contratación laboral de dous operarios adscritos ao departamento de obras públicas. Requisitos: Estar en posesión do carné de conducir da clase B. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de novembro de 2014. Máis información no BOP da Coruña do 18 de novembro e na OMIX de Ribeira, teléfono 981 835 650. Clarinete para a Real Filharmonía de Galicia Martes, 18 Novembro 2014 08:22 A Real Filharmonía de Galicia selecciona un Clarinete. Requisitos: estar en posesión del título Superior de Música en la especialidad de Clarinete. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de decembro de 2014. Máis información no BOP da Coruña do 18 de novembro e en www.rfgalicia.org Diplomado/a en Enfermaría para a Universidade de Santiago de Compostela Mercores, 19 Novembro 2014 07:29 A Universidade de Santiago de Compostela convoca un concurso oposición para cubrir unha praza de diplomado/a en Enfermaría en promoción interna. De non cubrirse a vacante por promoción interna, ofertarase para ser cuberta por acceso libre. Requisitos: Estar en posesión da titulación de graduado/diplomado universitario en Enfermaría, especialidade Enfermaría do Traballo ou enfermeiro/a diplomado en Enfermaría de Empresa.
  • 7. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 7 O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 9 de decembro de 2014. Máis información no DOG do 19 de novembro de 2014. http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html Convocadas 2 praza temporal de técnico superior de actividades técnicas e profesionais no CSIC de Pontevedra Venres, 21 Novembro 2014 10:18 O Instituto de Investigación Mariñas de Pontevedra do Ministerio de Economía e Competitividade, convoca estas 2 prazas (1 técnico superior de formación profesional en análise e control ou técnico superior de formación profesional en química ambiental, e outro de técnico superior de formación profesional en laboratorio de diagnóstico clínico. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 28 de novembro de 2014. Máis información Centro de Información Administrativa, publicado o 21 de novembro de 2014. Convocadas 106 prazas de diversas especialidades no Servizo Aragonés de Saúde Venres, 21 Novembro 2014 10:19 As prazas convocadas polo sistema de oposición son: 36 axudantes técnico sanitarios de atención primaria, 14 asistentes sociales, 10 de educadores, 13 técnicos informática, 10 de técnicos de xestión xeral, 9 xestión emprego, 5 fisioterapeutas, 2 subinspectores sanitarios e 3 grao de enfermería. Publicado en Boletín Oficial de Aragón do 21 de novembro, o prazo de presentación de solicitudes é ata o 17 de decembro. Convocadas bolsas de emprego de xestor e analista na Axencia Europea de Medicamentos Venres, 21 Novembro 2014 10:31 A Unión Europea convoca estas 2 prazas de proxectos EMA/AD/367/368 AD6, da división de tecnoloxías da información. Máis infor-mación DOUE do 18 de novembro. O prazo de presentación de solicitudes é ata o 6 de xaneiro. 622 prazas de profesores visitantes, en centros de Estados Unidos e Canada Venres, 21 Novembro 2014 10:34 O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca estas prazas temporais nas que se require dominar o inglés oral e escrito. O prazo de presentación de solilcitudes é ata o 26 de novembro de 2014. Máis información BOE do 11 de novembro de 2014. Persoal docente e investigador na Universidade de Vigo Venres, 21 Novembro 2014 11:12 A Universidade de Vigo fai unha convocatoria para a contratación de persoal docente e investigador: - Profesorado asociado, 12 prazas. - Profesorado axudante doutor, 1 praza. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de decembro de 2014. Máis información no DOG do 21 de novembro de 2014 e en http://persoal.uvigo.es/ NOVAS DE EMPREGO EMPREGO PRIVADO Desenvolvedor/ra informático (aplicaciones de entorno Lugo) Martes, 18 Novembro 2014 07:58 Adecco, líder mundial en RRHH con domicilio social en Camino del Cerro de los Gamos 3, 28224 Madrid, selecciona un desenvolvedor/a informático para Lugo. Para implementación de de aplicaciones corporativas, además de mantenemento das existentes. Se require experiencia previa dun ano.
  • 8. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 8 PHP 5x en paradigma completo orientado a obxectos. Javascript/ECAMScrip 3rd Edition. Linguaxes de marcado HTML, XML e JSON. Experiencia en traballo en equipo Git. Bases de datos MySQL. Xornada laboral completa e incorporación inmediata. Salario segundo convenio. http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/desarrollador-a-informatico-aplicaciones-entorno/lugo/1742695/?utm_source=empleate&utm_ medium=agregador&utm_campaign=tecnologia-e-informatica&utm_term=lugo Técnicos/as de documentación sanitaria Martes, 18 Novembro 2014 07:59 Adecco industrial busca 50 persoas para cubrir os postos de auxiliares administrativos de dixitalización para importante empresa de servizos xerais situada en Lugo. Son requisitos: Residencia na zona. Ser demandante de emprego. Título de Grado Medio ou Superior relacionado co posto. Para desempeño das funcións de clasificación, dixitalización e indexación da documentación. Os interesados poden rexistrarse na oferta a través de www.adecco.es na seguinte referencia: http://ofertas.adecco.es/candidato/ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=168869 http://www.trabajando.es/empleos/oferta/164075/tecnicosas-de-documentacion-sanitaria.html?utm_source=sepe&utm_medium=Xml&utm_ campaign=sepe Vixiante de seguridade Martes, 18 Novembro 2014 08:06 Oferta de prazas de vixiante de seguridade para A Coruña. Importante empresa busca vixiantes títulados. Absterse vixiantes sen TIP. Funcións propias do posto. Traballo estable e alta na SS. Traballo de duración determinada. Xornada laboral indiferente. http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/vigilante-de-seguridad/a-corunna/1742950/?utm_source=empleate&utm_ medium=agregador&utm_campaign=profesionales-artes-y-oficios&utm_term=a-corunna Azafato/a promotor/a para A Coruña Martes, 18 Novembro 2014 08:11 Adecco, líder mundial en RRHH con domicilio social en Camino del Cerro de los Gamos 3, 28224 Madrid,selecciona azafato/a para promoción de servizos sanitarios de complexo hospitalario situado na Coruña. Non se require experiencia. Estudos de bacharelato. Experiencia de promoción de servizos. Valorable formación en área sanitaria. Contrato de duración determinada. http://www.infoempleo.com/ofertasdetrabajo/azafato-a-promotor-a-para-corunna/a-corunna/1743062/?utm_source=empleate&utm_ medium=agregador&utm_campaign=comercial-ventas&utm_term=a-corunna
  • 9. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 9 Ofertas Servizo Público de Emprego 22/11/2014 Venres, 21 Novembro 2014 09:14 Profesores técnicos de formación profesional (informática e comunicacións) - Localidade: Ourense - Nº oferta: 12/2014/9085 - Data: 22/11/14 - Requisitos: precísase docente de informática para unha academia coa titulación de grao en enxeñería informática. Camareiros/as, en xeral - Localidade: Ordes (A Coruña) - Nº oferta: 12/2014/10555 - Data: 22/11/14 - Requisitos: necesítase camareiro/a. Axentes de seguros - Localidade: O Barco de Valedoras (Ourense) - Nº oferta: 12/2014/10925 - Data: 22/11/14 - Requisitos: necesítanse axentes de seguros para traballar en distintas zonas de Galicia. Hixienistas bucodentais - Localidade: Ferrol (A Coruña) - Nº oferta: 12/2014/10964 - Data: 22/11/14 - Requisitos: hixienista dental para un contrato en prácticas. Máis información no 012 e en http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/ NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX OMIX II EDICIÓN CURSO DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES Martes, 18 Novembro 2014 11:26 II EDICIÓN CURSO DE ACEITES ESENCIAIS E PERFUMES Datas: martes 9 e 16 de decembro. Horario: de 16h a 20h. Lugar: Centro Social de Paradela (Campo da Boca) Prezo: 16€ Para maior información e inscricións na OMIX do Concello de Meis ou no 986712277. CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS Martes, 18 Novembro 2014 11:35 CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS LUGAR: LOCAL SOCIAL DE PARADELA (MEIS) DATA: Mércores 3 de decembro de19h a 22h. IMPORTE: 15€ Máis información e inscricións na OMIX ou no 986712277.
  • 10. Revista Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil 24 Noviembre de 2014 - Revista 997 10 Xornadas sobre emprendemento e autoemprego en Ribadavia Xoves, 20 Novembro 2014 07:57 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX de Ribadavia) colabora coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado (Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia), que convoca unhas xornadas sobre emprendemento e autoemprego que teñen por finalidade favorecer a adqui-sición de competencias, habilidades e aptitudes que contribúan ao desenvolvemento dos mozos e mozas, facilitando que aumenten así as súas posibilidades de emprego e/ou autoemprego. As Xornadas serán o dia 29 de Novembro na aula CEMIT da Casa da Cultura de Ribadavia. Máis información e ficha de solicitude en: http://xuventude.xunta.es/2014111714754/xornadas-de-emprendemento-e-autoemprego.html 1NOVAS DAS CASAS DE XUVENTUDE E OMIX CASAS DA XUVENTUDE CURSO AUDIOVISUAL Venres, 21 Novembro 2014 12:34 CURSO AUDIOVISUAL: REALIZACIÓN DE CURTAMETRAXES ESPAZO XOVE DE VILAGARCIA CONTENIDOS: - GUION - PRODUCCIÓN AUDIOVISUAL - RODAXE - MONTAXE COMENZO EN DECEMBRO PARA XOVENES INCRIPCIÓNS EN: cxvilagarcia.traballo@xunta.es ou no tlf: 986 501568.