Unha oportunidade para
compartir
Convócanse os sextos premios da
Asociación Andaina Redondela de persoas
con necesidades especiais.
O fin da nosa asociación é
mellora-la calidade de vida
das persoas con
necesidades educativas
específicas e a das súas
familias e, entre os nosos
obxectivos, consideramos
primordial a integración
social das nosas nenas e
nenos no ámbito escolar,
familiar, e en tódalas
esferas da sociedade. Para
ese fin coidamos que entre
todos debemos facer un
esforzo para normalizar a
diferenza.
Educando
na diversidade
Para quén?
6º certame de debuxo escolar.
Para alumnado de primaria
dos centros educativos dos
Concellos de Redondela,
Soutomaior e Pazos de
Borbén.
6. A temática dos debuxos é a diversidade funcional vista dende os alumnos. Os
traballos serán presentados en tamaño A4 (individuais) e cartolina tamaño A2
(colectivos) e o estilo será libre.
7. O prazo de recepción de orixinais remata o 25 de Maio de 2018 . Os traballos
participantes serán recollidos nos centros por integrantes autorizados da
Asociación Andaina Redondela.
8. O xurado outorgará un premio individual de 50 euros nun cheque regalo
canxeable en establecementos comerciais de Redondela e un premio colectivo
de 150 euros canxeable por material para o colexio.
O nome da gañadora ou gañador farase público a través dos medios de
comunicación a primeira semana de Xuño. O premio entregarase na Gala da
Asociación Andaina, que terá lugar no auditorio da Xunqueira, en Redondela
nunha data por determinar.
9. Os debuxos pasarán a ser propiedade da Asociación Andaina Redondela a
efectos da súa difusión e publicación.
10. A participación neste certame supón a aceptación de cada un dos puntos que
conforman estas bases.
1. Dirixido ao alumnado de primaria do concello de
Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior.
2. Obxecto: Actividade incluída dentro do programa
da asociación Andaina Redondela para a
concienciación social sobre a atención á diversidade.
3. Establécense duas categorías:
• Traballo individual, no que cada alumno poderá
presentar un debuxo propio en tamaño A4
• Debuxo colectivo, no que se recollerán traballos
realizados pola clase, e supervisados polo
mestre, en cartolina tamaño A2
Bases:
4. Todos os debuxos levarán escrito no reverso un número que se fará
corresponder co seu nome, curso e colexio, (ou clase no caso dos colectivos)
nun sobre pechado no que poderase, no seu caso, incluír os nomes de todo o
alumnado participante.
5. O xurado terá en conta especialmente a creatividade, a expresión artística e a
sensibilidade hacia as nenas e os nenos con necesidades especiais.
Bases recollidas en :andainaredondela.wordpress.com
Asociación Andaina de nen@s con nnee de Redondela
r/ Telmo Bernárdez 11 Baixo - 986 115 422