Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
As bases da herdanza.pptx
1.
2. Todos os seres vivos, salvo os
virus, teñen dous tipos de
ácidos nucleicos: o ADN e o
ARN.
O ADN é o encargado de levar a
información xenética, pero para
que esa información poida
expresarse é necesario que
interveñan varios tipos de ARN.
Estas biomoléculas están formadas polos seguintes
elementos químicos: C, H, O, N e P.
3. Os ác. nucleicos son macromoléculas formadas pola
unión de moléculas pequenas denominadas nucleótidos.
•Cada nucleótido consta de:
–Un Acido Fosfórico.
–Un azucre (desoxirribosa ou ribosa).
–Unha base nitrogenada (compostos cíclicos que
conteñen nitróxeno) que poden ser unha das seguintes:
»Adenina (A) » Timina. (T)
»Guanina. (G) » Citosina. (C) » Uracilo (U)
4.
5. O ADN é un ácido nucleico (acido
desoxirribonucléico), portador da
información xenética e responsable das
características biolóxicas dun organismo.
Durante a Interfase atópase disperso dentro
do núcleo, formando a cromatina.
Na División celular, a cromatina
condénsase ata formar os cromosomas.
6. Os nucleótidos do ADN só se diferencian
na base nitroxenada.
No ADN só hai 4 bases nitroxenadas :
Adenina , Timina, Guanina e Citosina ,
polo que só hai 4 tipos posibles de
nucleótidos que se van diferenciar na base
7. Unión dos nucleótidos: como se
indica na figura: únese a
desoxirribosa dun nucleótido co
ácido fosfórico do seguinte,
formando así longas cadeas de
nucleótidos (polinucleótidos) que se
diferencian na secuencia (orde) das
bases, e na cal está contida a
información xenética
8. Segundo o modelo de Watson e Crick, a
molécula de ADN está formada por dúas
cadeas antiparalelas de polinucleótidos
unidas de forma complementaria por
ligazóns entre as bases.
As bases están cara ao interior da cadea
e as de cada cadea apareadas (unidas) ás
da outra cadea según este patrón:
Adenina – Timina
Citosina – Guanina
O que implica que a secuencia de bases
dunha cadea determina a secuencia de
bases da outra, polo que se di que son
complementarias
9. O ADN está formado por dúas cadeas
de nucleótidos, enroladas ao redor dun
eixo imaxinario, formando unha dobre
hélice de 2 nm de diâmetro
As bases nitroxenadas atópanse no
interior da dobre hélice e o esqueleto
de azucar-fosfato cara ao exterior
Existe complementariedade entre
ambas as cadeas. A adenina únese á
timina e a guanina á citosina
As bases nitroxenadas están
enfrontadas formando pontes de
hidróxeno entre elas
10. Rosalind Franklin (1920-1958), naceu
en Inglaterra. Estudiou biofísica e
adicou gran parte do seu labor
investigador á aplicación da difracción
de Raios X ao estudo de estructuras
moleculares.
En 1953 realizou unha publicación
na que aparecía a denominada
fotografía 51, unha imaxe de
difracción de raios X, que serviu de
respaldo experimental para que
Watson e Crick estableceran a
hipótese da "doble hélice”, pola que
recibiron o Premio Nobel en
Fisioloxía e Medicina en 1963, xunto
co científico Maurice Wilkins.
11.
12. Na nosa lingua, podemos escribir innumerables
palabras, frases, libros… Para elo necesitamos as
28 letras del abecedario:
A B C D E F G H … H O L A
Na linguaxe xenética, con catro “letras” constrúense
innumerables xenes
ATTCCGGATCCTAGGCTATA….. Xene color ollos
Na linguaxe informática, un arquivo é unha
sucesión de ceros e uns
001010100010101011101000… Shakira.mp3
Ordenando letras
construimos palabras
As catro “letras do abecedario xenético”
13.
14. O ADN é o portador da información xenética,
controla o funcionamento da célula e é o
responsable das características fisiolóxicas e
anatómicas dun organismo. Almacena e
transmite esta información.
15. Se puideses estender a molécula de ADN, notarias que as súas hebras alcanzan unha lonxitude
próxima aos dous metros. Como é posible que o material xenético estea almacenado ao interior dun
pequeno núcleo celular? Nos eucariontes o ADN atópase asociado a unhas proteínas formando a
cromatina. Estas proteínas, denominadas histonas, permiten a compactación do material xenético, de
tal forma que se poida aloxar no interior do núcleo.Na célula procariota atópase no citoplasma.
Na célula eucariota atópase no núcleo, de dúas formas posibles:
CROMATINA: a molécula de ADN está estirada, formando una maraña de fíos no núcleo. Obsérvase na célula en
repouso (Interfase)
CROMOSOMAS: a molécula de ADN está enrolada, formando ovillos.Obsérvanse cando a célula se divide.