SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
XA VEMOS A CATEDRAL
A todos: “ Paz e Ben”.
Na anterior comunicación quedabamos ás portas de Sarria. Este día, despois
de rezar na belísima igrexa románica, de tomar un café e prepararnos para
unha etapa dura polo percorrido e pola climatoloxía, puxémonos a camiñar.
Todos sabemos que hai cousas no camiño que non se poden programar e
que, cando un se pon a peregrinar, debe aceptar as dificultades de todo tipo
que poidan aparecer. Foi esta unha etapa dura, pero chegamos a Palas de
Rei. A semana seguinte, día 16, volvemos a Palas de Rei, fomos a igrexa,
rezamos, cuñamos as credenciais, tomamos un café e, a camiñar. Unha mañá
fría e moi soleada, anticipo dunha fermosa etapa en tempo de outono.
Chegamos a Melide e, como tiñamos previsto, xuntámonos a comer nunha
pulpería. Tamén é bo compartir en torno a unha mesa todas as experiencias
de quince quilómetros e máis cousas. Ó chegar ós Tilos, quedamos citados
para o día 23, esta sexta etapa, alargámola oito quilómetros máis coa fin de
deixar menos recorrido para a última. Xuntámonos na Igrexa de Melide para
rezar, pero estaba ocupada e fomos a unha capela ó lado da igrexa. Despois
dos trámites de rigor, cun tempo precioso, fomos percorrendo as terras de
Melide e Arzúa, disfrutando dunha natureza que te invitaba a ser máis seguidores de S. Francisco. O sábado 30, cunha etapa de dezaoito quilómetros, de
Ferreiros a Lavacolla, quedamos ás portas de Santiago de Compostela.
O día 14 de Decembro celebraremos o final do camiño na Catedral de
Santiago. Na misa de 12, presidida polo Deán da Catedral, D. Segundo Pérez,
a parroquia representada polos peregrinos, o coro parroquial e cantos queirades
celebrar, xunto co Apóstolo e con Francisco de Asís, darémoslle grazas ó Señor
por tantas e tantas cousas
das que El é o facedor.
Quedades convidados,
incluso se o desexades,
a camiñar con nós estes
dez últimos quilómetros; de calquera xeito
esperámosvos na Catedral.
Remato co mesmo
saúdo do comezo: “Paz
e Ben”.

BOLETIN PARROQUIAL
Nº 169 - Decembro 2013
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

MOTIVACIÓNS ANTE O NADAL
Na cultura cristiá é ben sabido que en Nadal celebramos o nacemento de Xesús,
que vén precedido polo Advento, preparación a este gran acontecemento.
Nos últimos anos a cultura e os costumes cristiáns están a ser incluídas no
mundo do consumismo. Xa non se fala de Nadal como tal senón das vacacións de inverno. Xa non se espera o Nadal, festa dun gran arraigo familiar,
senón como días de lecer liberados de todo contexto relixioso. Nos folletos
das grandes áreas comerciais aproveitase a festa de Nadal invitando a un
consumismo, malo de por si e levando a gastos extras que superan as posibilidades de moitas familias.
Ós nenos/as se lles ofrece a posibilidade de escribirlle a papá Noel, ao que
se representa de cor vermello e subindo, cal ladrón, polas ventás da casa.
Como este costume non chega para ilusionar e vender ofértase días despois
a chegada dos Reis Magos.
¿Onde queda o Nadal? ¿Que queda do Nadal? A presenza de Xesús de
Nazaret vaise relegando, pouco a pouco, a un puro interese comercial.
Para unha vivencia máis profunda de Nadal, convídovos a vivir os días de
Advento como preparación ambiental e persoal do nacemento de Xesús.
Convídovos a que sexan días profundos de
amor na familia e fóra dela. Nestes tempos
en que tantas persoas e familias o están a
pasar mal, fagámolos partícipes do gran
amor de Deus: Xesús, faise un de nós, para
que nos convertamos en amor para os
demais, especialmente cos máis desfavorecidos.
PEREGRINOS...
O noso Arcebispo, D. Julián, convócanos e un Sínodo Diocesano baixo o
lema: Renovados en Comuñón desde
Cristo e dinos “non quixera que ningún
diocesano se sentise alleo a este acontecemento”.
¿Por que celebrar agora o noso sínodo
diocesano?

... A SANTIAGO
• Porque debemos deixarnos evanxelizar
por Cristo para sermos evanxelizadores. O Plan Pastoral diocesano para o curso
• Porque necesitamos saír das nosas iner- 2013-2014 céntrase no testemuño
cias, escoitar, discernir e xuntos interro- “Polos seus froitos coñecerédelos”
que vén sendo un reto para unha evangarnos.
xelización permanente a través da
• Porque seguimos a chamada de Cristo
actuación de cada cristián, pero tamén
a sermos sal e luz na nosa sociedade.
do anuncio persoal para que os que nos
• Porque queremos escoitar a tantas per- rodean poidan experimentar a forza do
soas que silenciosamnete abandonan a Evanxeo.
vivencia da súa fe na Igrexa.
Non podemos gardar para nós as pala• Porque hai máis de cen anos que non bras de vida eterna que recibimos no
revisamos sinodalmente a nosa dinámi- encontro con Xesucristo.
ca pastoral.
É necesario redescubrir cada vez máis
a urxencia e a beleza de anunciar a
Palabra para que chegue o Reino de
Deus... Todos nos decatamos da necesidade de que a luz de Cristo ilumine
todos os ámbitos da humanidade: a
familia, a escola, a cultura, o traballo,
o tempo libre e os outros sectores da
vida social.
A misión de anunciar a Palabra de
Deus é un cometido de todos os discípulos de Xesucristo, como consecuencia do seu bautismo. Ningún crente en
Cristo pode sentirse alleo a esta responsabilidade.
Polo testemuño facemos crible a
Palabra e non parecerá unha utopía.

PARROQUIA VIVA

META DO CAMIÑO

1.- Primeiro domingo de Advento.
8.- Festa da Inmaculada Concepción.
9.- Reunión de grupo de liturxia, ás
20,30.
11.- Reunión de Catequistas, ás 20,30
14.- Misa. Remate da peregrinación
na Catedral, ás 12.
15.- Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. Despois da misa de 12 o
grupo coral Aleceia ofrecerá un concerto de villancicos.
18.- Reunión do grupo de Cáritas, ás
20,30.
25.- Nadal. Só haberá misa ás 12.
29.- Festa da Sagrada Familia.

Seique nunca se acaba de peregrinar
ata chegar á casa do Pai. Por iso dicimos que imos sempre de camiño.
A experiencia do “Camiño” acaba
sendo unha experiencia de vida, cada
recuncho e cada costa simula os
momentos de dificultade e escuridade,
así como cada outeiro, cada regato ou
cada vista panorámica, simbolizan a
abundancia e a louzanía dos mananciais de auga fresca que salta ata a
vida eterna.
Pero tamén o encontro con un mesmo
na soedade interior ou na escaseza
suficiente dunha mochila case baleira,
vólvense riqueza liberadora na abundancia dos froitos do Espírito que
habita en nós.
Unha experiencia modesta e humilde
na fraxilidade dos nosos pés; o desexo
dun bo camiño para o irmán que connosco vai; a mansedume dunha natureza que humaniza a mesma vida; a
temperanza que modera o instinto de
ser superior; o gozo que xorde do noso
interior cando desde o monte divisamos a Catedral; a paz que se sente ao
entrar apoiado no caxato polo parteluz
do Pórtico da Gloria.
Esta é Compostela ao final do Camiño
e esta a paz que inspira o encontro do
espírito coa pedra modelada polo paso
do tempo e o camiño trillado dos peregrinos aos que acompañou o noso
Francisco de Asís en contacto coa
natureza do Camiño, que tan belamente rezou no Canto das Criaturas,

CÁRITAS
Se queres axudar ó teu próximo,
podes colaborar con Cáritas de diferentes xeitos:
Entregando alimentos non perecedoiros.
Ofrecendo produtos de hixiene
persoal ou para o fogar.
Facendo unha aportación económica, o día dedicado a Cáritas, na
colecta; tamén nas boetas que hai ao
lado das portas de entrada na igrexa.
Achegándote á reunión mensual,
os últimos mércores de mes ou
poñéndote en contacto con calquera
membro do grupo.
Hai moitas formas de axudar e de
comprometerse cos irmáns máis
desfavorecidos.
“Cada vez que axudedes a un deste
pequenos, axudádesme a min”, di o
Señor.

More Related Content

What's hot

Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
immenxagraza
 

What's hot (20)

Boletin abril 2016
Boletin abril 2016Boletin abril 2016
Boletin abril 2016
 
Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016
 
Boletin junio 2016
Boletin junio 2016Boletin junio 2016
Boletin junio 2016
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017Boletin xuño 2017
Boletin xuño 2017
 
28º domingo toa 2014 bene pagola
28º domingo toa  2014  bene pagola28º domingo toa  2014  bene pagola
28º domingo toa 2014 bene pagola
 
4º advento b 2014 bene pagola
4º advento b  2014  bene pagola4º advento b  2014  bene pagola
4º advento b 2014 bene pagola
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
2º domingo toc 2016 bene pagola
2º domingo toc 2016  bene pagola2º domingo toc 2016  bene pagola
2º domingo toc 2016 bene pagola
 
Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
2º domingo toc 2013
2º domingo toc  20132º domingo toc  2013
2º domingo toc 2013
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
Boletin tilos 167
Boletin tilos 167Boletin tilos 167
Boletin tilos 167
 
3º pascua c 2013
3º pascua c  20133º pascua c  2013
3º pascua c 2013
 
28º domingo toc 2013 bene pagola
28º domingo toc  2013  bene pagola28º domingo toc  2013  bene pagola
28º domingo toc 2013 bene pagola
 

Viewers also liked (7)

Marcinko Leadership Philosophy
Marcinko Leadership PhilosophyMarcinko Leadership Philosophy
Marcinko Leadership Philosophy
 
Técnicas operantes 3 sistemas de organización de contingencias
Técnicas operantes 3 sistemas de organización de contingenciasTécnicas operantes 3 sistemas de organización de contingencias
Técnicas operantes 3 sistemas de organización de contingencias
 
Naser Abdel-Razeq Resume (1)
Naser Abdel-Razeq Resume (1)Naser Abdel-Razeq Resume (1)
Naser Abdel-Razeq Resume (1)
 
Reggae christmas
Reggae christmasReggae christmas
Reggae christmas
 
OLAP-Statement
OLAP-StatementOLAP-Statement
OLAP-Statement
 
Legado de Colombia
Legado de Colombia Legado de Colombia
Legado de Colombia
 
Inventario probabilistico
Inventario probabilisticoInventario probabilistico
Inventario probabilistico
 

Similar to Boletin decembro 2013

Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011
immenxagraza
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
immenxagraza
 
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma   italiaInmaculada concepción, na praza de españa en roma   italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italia
Nuria M Núñez Elissetche
 

Similar to Boletin decembro 2013 (19)

Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
 
Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011Carta Pastoral CORESMA 2011
Carta Pastoral CORESMA 2011
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin
BoletinBoletin
Boletin
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
2º advento b 2014 bene pagola
2º advento  b  2014  bene pagola2º advento  b  2014  bene pagola
2º advento b 2014 bene pagola
 
5º domingo t oc 2016 bene pagola
5º domingo t oc  2016  bene pagola5º domingo t oc  2016  bene pagola
5º domingo t oc 2016 bene pagola
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Bolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 newBolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 new
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
19º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 201319º domingo toc bene pagola 2013
19º domingo toc bene pagola 2013
 
12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola12º domingo toc 2016 pagola
12º domingo toc 2016 pagola
 
49 pd v xaneiro 2012
49  pd v xaneiro 201249  pd v xaneiro 2012
49 pd v xaneiro 2012
 
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma   italiaInmaculada concepción, na praza de españa en roma   italia
Inmaculada concepción, na praza de españa en roma italia
 
Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018
 
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilosRamos na casa 2020 parroquia os tilos
Ramos na casa 2020 parroquia os tilos
 

More from parroquiadostilos (9)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin decembro 2013

  • 1. XA VEMOS A CATEDRAL A todos: “ Paz e Ben”. Na anterior comunicación quedabamos ás portas de Sarria. Este día, despois de rezar na belísima igrexa románica, de tomar un café e prepararnos para unha etapa dura polo percorrido e pola climatoloxía, puxémonos a camiñar. Todos sabemos que hai cousas no camiño que non se poden programar e que, cando un se pon a peregrinar, debe aceptar as dificultades de todo tipo que poidan aparecer. Foi esta unha etapa dura, pero chegamos a Palas de Rei. A semana seguinte, día 16, volvemos a Palas de Rei, fomos a igrexa, rezamos, cuñamos as credenciais, tomamos un café e, a camiñar. Unha mañá fría e moi soleada, anticipo dunha fermosa etapa en tempo de outono. Chegamos a Melide e, como tiñamos previsto, xuntámonos a comer nunha pulpería. Tamén é bo compartir en torno a unha mesa todas as experiencias de quince quilómetros e máis cousas. Ó chegar ós Tilos, quedamos citados para o día 23, esta sexta etapa, alargámola oito quilómetros máis coa fin de deixar menos recorrido para a última. Xuntámonos na Igrexa de Melide para rezar, pero estaba ocupada e fomos a unha capela ó lado da igrexa. Despois dos trámites de rigor, cun tempo precioso, fomos percorrendo as terras de Melide e Arzúa, disfrutando dunha natureza que te invitaba a ser máis seguidores de S. Francisco. O sábado 30, cunha etapa de dezaoito quilómetros, de Ferreiros a Lavacolla, quedamos ás portas de Santiago de Compostela. O día 14 de Decembro celebraremos o final do camiño na Catedral de Santiago. Na misa de 12, presidida polo Deán da Catedral, D. Segundo Pérez, a parroquia representada polos peregrinos, o coro parroquial e cantos queirades celebrar, xunto co Apóstolo e con Francisco de Asís, darémoslle grazas ó Señor por tantas e tantas cousas das que El é o facedor. Quedades convidados, incluso se o desexades, a camiñar con nós estes dez últimos quilómetros; de calquera xeito esperámosvos na Catedral. Remato co mesmo saúdo do comezo: “Paz e Ben”. BOLETIN PARROQUIAL Nº 169 - Decembro 2013 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS MOTIVACIÓNS ANTE O NADAL Na cultura cristiá é ben sabido que en Nadal celebramos o nacemento de Xesús, que vén precedido polo Advento, preparación a este gran acontecemento. Nos últimos anos a cultura e os costumes cristiáns están a ser incluídas no mundo do consumismo. Xa non se fala de Nadal como tal senón das vacacións de inverno. Xa non se espera o Nadal, festa dun gran arraigo familiar, senón como días de lecer liberados de todo contexto relixioso. Nos folletos das grandes áreas comerciais aproveitase a festa de Nadal invitando a un consumismo, malo de por si e levando a gastos extras que superan as posibilidades de moitas familias. Ós nenos/as se lles ofrece a posibilidade de escribirlle a papá Noel, ao que se representa de cor vermello e subindo, cal ladrón, polas ventás da casa. Como este costume non chega para ilusionar e vender ofértase días despois a chegada dos Reis Magos. ¿Onde queda o Nadal? ¿Que queda do Nadal? A presenza de Xesús de Nazaret vaise relegando, pouco a pouco, a un puro interese comercial. Para unha vivencia máis profunda de Nadal, convídovos a vivir os días de Advento como preparación ambiental e persoal do nacemento de Xesús. Convídovos a que sexan días profundos de amor na familia e fóra dela. Nestes tempos en que tantas persoas e familias o están a pasar mal, fagámolos partícipes do gran amor de Deus: Xesús, faise un de nós, para que nos convertamos en amor para os demais, especialmente cos máis desfavorecidos.
  • 2. PEREGRINOS... O noso Arcebispo, D. Julián, convócanos e un Sínodo Diocesano baixo o lema: Renovados en Comuñón desde Cristo e dinos “non quixera que ningún diocesano se sentise alleo a este acontecemento”. ¿Por que celebrar agora o noso sínodo diocesano? ... A SANTIAGO • Porque debemos deixarnos evanxelizar por Cristo para sermos evanxelizadores. O Plan Pastoral diocesano para o curso • Porque necesitamos saír das nosas iner- 2013-2014 céntrase no testemuño cias, escoitar, discernir e xuntos interro- “Polos seus froitos coñecerédelos” que vén sendo un reto para unha evangarnos. xelización permanente a través da • Porque seguimos a chamada de Cristo actuación de cada cristián, pero tamén a sermos sal e luz na nosa sociedade. do anuncio persoal para que os que nos • Porque queremos escoitar a tantas per- rodean poidan experimentar a forza do soas que silenciosamnete abandonan a Evanxeo. vivencia da súa fe na Igrexa. Non podemos gardar para nós as pala• Porque hai máis de cen anos que non bras de vida eterna que recibimos no revisamos sinodalmente a nosa dinámi- encontro con Xesucristo. ca pastoral. É necesario redescubrir cada vez máis a urxencia e a beleza de anunciar a Palabra para que chegue o Reino de Deus... Todos nos decatamos da necesidade de que a luz de Cristo ilumine todos os ámbitos da humanidade: a familia, a escola, a cultura, o traballo, o tempo libre e os outros sectores da vida social. A misión de anunciar a Palabra de Deus é un cometido de todos os discípulos de Xesucristo, como consecuencia do seu bautismo. Ningún crente en Cristo pode sentirse alleo a esta responsabilidade. Polo testemuño facemos crible a Palabra e non parecerá unha utopía. PARROQUIA VIVA META DO CAMIÑO 1.- Primeiro domingo de Advento. 8.- Festa da Inmaculada Concepción. 9.- Reunión de grupo de liturxia, ás 20,30. 11.- Reunión de Catequistas, ás 20,30 14.- Misa. Remate da peregrinación na Catedral, ás 12. 15.- Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. Despois da misa de 12 o grupo coral Aleceia ofrecerá un concerto de villancicos. 18.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 25.- Nadal. Só haberá misa ás 12. 29.- Festa da Sagrada Familia. Seique nunca se acaba de peregrinar ata chegar á casa do Pai. Por iso dicimos que imos sempre de camiño. A experiencia do “Camiño” acaba sendo unha experiencia de vida, cada recuncho e cada costa simula os momentos de dificultade e escuridade, así como cada outeiro, cada regato ou cada vista panorámica, simbolizan a abundancia e a louzanía dos mananciais de auga fresca que salta ata a vida eterna. Pero tamén o encontro con un mesmo na soedade interior ou na escaseza suficiente dunha mochila case baleira, vólvense riqueza liberadora na abundancia dos froitos do Espírito que habita en nós. Unha experiencia modesta e humilde na fraxilidade dos nosos pés; o desexo dun bo camiño para o irmán que connosco vai; a mansedume dunha natureza que humaniza a mesma vida; a temperanza que modera o instinto de ser superior; o gozo que xorde do noso interior cando desde o monte divisamos a Catedral; a paz que se sente ao entrar apoiado no caxato polo parteluz do Pórtico da Gloria. Esta é Compostela ao final do Camiño e esta a paz que inspira o encontro do espírito coa pedra modelada polo paso do tempo e o camiño trillado dos peregrinos aos que acompañou o noso Francisco de Asís en contacto coa natureza do Camiño, que tan belamente rezou no Canto das Criaturas, CÁRITAS Se queres axudar ó teu próximo, podes colaborar con Cáritas de diferentes xeitos: Entregando alimentos non perecedoiros. Ofrecendo produtos de hixiene persoal ou para o fogar. Facendo unha aportación económica, o día dedicado a Cáritas, na colecta; tamén nas boetas que hai ao lado das portas de entrada na igrexa. Achegándote á reunión mensual, os últimos mércores de mes ou poñéndote en contacto con calquera membro do grupo. Hai moitas formas de axudar e de comprometerse cos irmáns máis desfavorecidos. “Cada vez que axudedes a un deste pequenos, axudádesme a min”, di o Señor.