Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Boletin mayo 2016

830 vues

Publié le

Boletín del mes de mayo - Parroquia de San Francisco de Asís de los Tilos

Publié dans : Spirituel
  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

Boletin mayo 2016

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 190 - Maio 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS CANTOS CAMIÑOS COÑECES? Seguro que nunca nos paramos a pensar na cantidade de camiños que coñe- cemos e de cantos estamos a descubrir. Non me refiro só aos camiños de terra, asfalto, etc., e non tería ningún senso poñernos a pensar e a intentar dar resposta a esta pregunta. A pregunta que fago é a seguinte: cantos camiños coñeces para facer felices aos demais e ser ti mesmo/a feliz? Invítote a que intentes dar unha resposta. Ao mellor os camiños descubertos nin sequera conseguen facer felices aos demais nin a un mesmo tampouco. Quizais porque é un camiño moi indivi- dualista; quizais porque a felicidade que buscamos non é a auténtica felicida- de; quizais porque non temos claras as claves do camiño polo que nos tocou camiñar. Suxíroche que probes, se non o fixeches xa, a ir polo camiño do amor, un camiño no que vas encontrar necesidade de perdón, de misericordia, de con- siderar se ese camiño de amor polo que vas non é demasiado terrenal. Este ano o Papa Francisco invítanos a facer un cami- ño de misericordia ou, como nos dixo hai pouco, o camiño da alegría do amor. Se queres afondar máis no tema, hai dous docu- mentos recentes do Papa que dan cumprida infor- mación, a Encíclica Misericordiae Vultus (A cara da misericordia) e a Exhortación Apostólica Amoris Laetitia (A alegría do amor). Seguro que non te equivocas de camiño! PASOU A PASCUA POR NÓS? Os cincuenta días de Pascua teñen un significado moi especial na vida dos cristiáns, tendo como referente a Resurrección de Xesús. Imos descubrindo un Xesús glorioso que se reencontra cos seus discípulos e cos que o acompañaron en vida para reiterar o seu compromiso permanente con eles, reite- rándolles con forza unha mensaxe de esperanza e unha fe que nos mostra desde a súa propia resurrección e dos numerosos signos que os Apóstolos realizaban no seu nome. Durante este tempo, a lectura do libro dos Feitos dos Apóstolos sitúa á primeira e primitiva Igrexa no ámbito da fraternidade, convídanos a permanecer na fidelidade ao Evanxeo lembrando a memoria de Xesús na celebración eucarística e obedecen- do o mandato de percorrer o mundo anunciando a boa nova do novo Reino de Deus. O Papa Francisco insiste moito este ano en anunciar a mensaxe da misericordia; fronte a un mundo non crente, presentar en primeiro plano a mensaxe dun Deus misericordioso máis que a dun Deus xuíz ou vengador. O ser paternal e maternal de Deus ten que inspirar a nosa relación coas súas criaturas, especialmente coas que con amor creou á súa imaxe. Cos Salmos loamos a inesgotable misericordia divina e anunciamos a Deus como “Pai compasivo e misericordioso e Pai de todo consolo” (2 Cor 1,3), “rico en mise- ricordia” (Ef 2,4). A actualización da mensaxe de Deus e a súa misericordia vólvense relevantes nunha nova evanxelización, pero non para fomentar un relativismo no que os valores evan- xélicos xa non sexan importantes nin atractivos, senón para actualizar o mesmo Evanxeo de sempre, o único Evanxeo da misericordia e a compaixón. Só anunciaremos con eficacia se comunicamos a Deus de modo moi concreto á vista das necesidades e dos sufrimentos das persoas, como misericordioso e salvador da realidade humana actual, e afirmarmos que, sobre as tebras que envolven o noso mundo, reina o rostro do Pai que é magnánimo e bondadoso e coñece e ama a cada individuo, un Pai que coñece que é o que necesitamos (cf. Mt 6,8.32). A alegría pascual ten que converterse nun signo propiamente cristián. A Exhortación Apostólica Amoris Laetitia do Papa Francisco é unha boa oportunidade para refle- xionar persoalmente sobre a verdadeira alegría que se contaxia no amor de Deus e unha oportunidade para levala ás nosas comunidades e aos nosos ambientes e, dun xeito especial, ás nosas familias e fogares motores dunha convivencia fraterna e de esperanza. Aínda que coa festa da Ascensión remata a Pascua, que nunca pasen os seus valo- res transcendentes e a conciencia de que Xesús sempre nos espera.
  2. 2. Grazas, Pai, por ter acceso a auga que hidrata o noso corpo e nos limpa. Grazas, Pai, polo pan da cada día que Ti nos dás en comida. Grazas polo don da auga do Bautismo porque nel somos revesti- dos de Cristo. Grazas polo pan eucarístico porque nel nos sentimos identificados contigo. Pedímosche que derrames a túa misericordia sobre os sedentos e os famentos deste mundo que precisan da auga que calma a sede e do pan que fortalece o corpo. Amén PARROQUIA VIVA 1.- S. Xosé artesán. XXIII Xornada de solidariedade cos parados. Día do enfermo. 7.- Cuarta etapa do Camiño Portugués (Pontevedra - Caldas de Reis). Almorzo en Caldas. Visita á planta de Iogures CLESA. Saída dos Tilos ás 8 da mañá. 8.- Ascensión do Señor. Reunión cos pais/nais dos nenos e nenas que reci- birán a primeira comuñón, o día 26 de xuño ás 11. 9 a 13.- Encontros de Noivos, ás 20:30, nun local da Asociación Recreativa e Cultural. 15.- Pentecostés. Confirmacións ás 12. 21.- Quinta etapa do Camiño Portugués (Caldas de Reis - Padrón). Saída ás 8:30 dos Tilos. 22.- Reunión cos pais/nais dos nenos e nenas que se preparan para primei- ra comuñón, o día 2 de xullo ás 11. 25.- Reunión do grupo de Cáritas, ás 20:30. 29.- Reunión cos pais/nais dos nenos/as que recibirán este ano a pri- meira comuñón o 3 de xullo ás 11. DAR DE COMER AO FAMENTO E DE BEBER AO SEDENTO Falar da comida ou da bebida é algo básico para a vida en xeral e para o ser humano en particular; e tamén é un dereito humano o acceso á comi- da e á bebida. Tanto o dereito á comida como o dereito á bebida, se non é realidade, é un atentado contra a vida e, como tal, un acto de violación dos dereitos humanos. Hoxe constatamos que no noso mundo globalizado hai moita xente que ten sede desta auga e tamén ten fame e sede de máis xustiza social e, aínda máis, fame e sede dunha pala- bra amable ou de consolo que sexa bálsamo do sufrimento que padecen tantas persoas deste mundo. Debemos, pois, ofrecer este don de Deus coa liberdade que nos dá o feito de que tanto o pan como a auga da vida están significados no alimento do pan e da auga dos que participa- mos na mesa da vida e do alimento diario. Así iremos un pouco máis alá xunto ás obras de misericordia cor- porais de dar de comer ao famento e de beber ao sedento. CÁRITAS TODOS DIÁCONOS A Primitiva Igrexa movíase na proxi- midade fomentando a fraternidade entre todos os crentes ata o punto de “ter todo en común”. A comunicación cristiá de bens era denominador común e signo perceptible das propias comu- nidades. Tan era así que os propios Apóstolos convocaron os sete diáconos nun xesto de compromiso laico para atender “as mesas”, é dicir, as necesidades das per- soas coas que convivían e celebraban a fe. Isto esperta a nosa responsabilidade evanxélica. Uns proclamaban a Xesús coa palabra e outros con servizos, pero uns e outros comprometidos polo mesmo amor. Por iso se di que “Cáritas somos todos”, o cal significa que ninguén nos pode liberar do noso compromiso per- soal cos máis necesitados e excluídos e non só pola esmola senón pola proxi- midade con todo o que sofre. Pero ao mesmo tempo, a Caridade de Deus dentro da Igrexa non é só com- promiso de cada crente senón tamén da propia comunidade, por iso o amor necesita organizarse e estruturarse para que sexa eficiente, real, estable e per- manente; non só por compartir bens materiais, senón tamén desde a comu- ñón entre todos, a fracción do pan e a oración. ORACIÓN

×