Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Liña tempo mulleres

2 455 vues

Publié le

Tarxetóns para a creación dunha liña do tempo con eventos, acontecementos, loitas e referencias a mulleres. Creadas e empregadas nun escaperoom educativo en 6º de primaria (máis info e materiais en www.afiestradamestra.gal)

Publié dans : Formation
  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

Liña tempo mulleres

  1. 1. Nace Olympe de Gouges En maio deste ano nace Olympe de Gouges, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá. Feminista e tamén traballadora pola abolición da esclavitude. Foi escritora e filósofa, máis revolucionaria que a propia revolución en 1793 foi detida e guillotinada. “Muller, esperta; o repique de alarma faise oír en todo o universo: recoñece os teus dereitos.”. Sol: 1748 www.afiestradamestra.gal
  2. 2. “Vindicación dos dereitos da muller” Mary Wollstonecraft Neste ano, Mary Wolltonecraft, publica a a obra “Vindicación dos dereitos da muller” considerada unha das primeiras obras da literatura e filosofía feminista. Esta autora escribiu novelas, contos, ensaios, tratados, un relato de viaxe e tamén un conto infantil. A defensa de Wollstonecraft á igualdade para a muller, as súas críticas á feminidade convencional e o seu estilo de vida non lle deron boa reputación na época máis foron crecendo en importancia cos anos e hoxe én día é considerada unha das fundadoras da filosofía feminista. (Tamén foi nai de Mary Shelley, autora de Frankestein) “Eu non desexo que as mulleres teñan poder sobre os homes, senon sobre ellas mesmas.”. Sol: 1792 www.afiestradamestra.gal
  3. 3. Primeira convención polos dereitos das mulleres: Indignadas pola prohibición que impedía que as mulleres falaran nunha convención contra a esclavitude, as norteamericanas Elizabeth Cady Stanton e Lucretia Mott congregan a centos de persoas na primeira convención nacional polos dereitos das mulleres (Nueva York). Xuntas, esixen dereitos civís, sociais, políticos e relixiosos para as mulleres nunha Declaración de Sentimentos e Resolucións: “Mantemos que estas verdades son evidentes: que todos los homes e as mulleres son creados iguais”. O público búrlase especialmente do dereito das mulleres a votar. Pero alí naceu un movemento. Sol: 1848 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  4. 4. As cigarreiras en folga en A Coruña Neste ano, ten lugar, na fábrica de tabacos de A Coruña a primeira folga de mulleres de Galicia. Unha mañá de decembro unhas 4000 traballadoras amotínanse, rompen máquinas e mesmo tiran ao mar parte da produción. O Capitan Xeral e o Gobernador Civil mandaron ás tropas de infantería e cabalería para rematar coa revolta. Moitas escaparon, unhas 20 foron detidas e o movemento de protesta das mulleres polas súas condicións laborais con xornadas infinitas e salarios mínimos tivo na Coruña un referente. Sol: 1857 www.afiestradamestra.gal
  5. 5. Sinaturas polo voto feminino en Nueva Zelanda Neste ano preséntanse 32.000 sinaturas ante o parlamento de Nueva Zelanda pedindo o sufraxio feminino. Unha lista que medía nin máis nin menos que 270 metros de lonxitude. Pouco despois, Nueva Zelanda convírtese no primeiro país autónomo que permite votar ás mulleres e inspira a sufraxistas de todo o mundo. Sol: 1893 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  6. 6. As mulleres de Coton New York Son numerosos os feitos que dan lugar á designación do 8 de marzo coma día da muller e este é un deles. O 8 de marzo deste ano un grupo de mulleres reclamaba igualdade salarial e disminición de xornada. Conta a historia que unhas 40 mil mulleres declaráronse en folga en Nova Iorque e un incendio, segundo algunhas fontes provocado polos donos da fábrica, provocou que mas de 100 desas mulleras resultaran mortas. De feito cóntase que, coma os tecidos que empregaban eran de tons azuis unha gran nube morada de fume sobrevoaba a zona Sol: 1908 www.afiestradamestra.gal
  7. 7. Casamento de Marcela e “Mario” na Coruña Marcela e Elisa coñecéronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña, entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. Os pais de Marcela fixeron o posible para afastar a súa filla de Elisa, pero en 1888 inician a súa andaina como mestras en diversas escolas procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posible. Na primavera deste ano prodúcense diversas “disputas” entre elas, o que xustifica que Elisa abandone Dumbría e anuncie que ten previsto embarcar con rumbo á Habana. Asemade, Marcela fai saber aos veciños o seu propósito de casar cun curmán de Elisa, chamado Mario, que chegaría proximamente a Galicia. O seu parecido —advirte— era enorme. Xa na Coruña, Elisa transfórmase en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Para legalizar a nova identidade, diríxese á igrexa de san Xurxo e confésalle ao párroco, Víctor Cortiella, que era fillo de pai protestante e quería abrazar a fe católica. O párroco, preocupado como estaba pola difusión do protestantismo, acelera os trámites e aos poucos días bautízao. Deseguido, Mario arranxa os papeis para a voda, o 8 de xuño deste ano. Sol: 1901 www.afiestradamestra.gal
  8. 8. María Antonina Sanjurjo Aranaz Neste ano nace María Antonina Sanjurjo Aranaz en Santiago de Compostela, pioneira do deporte, funda o Atlántida Hockey Club en Vigo. No ano 1933 pronuncia unha conferencia, na que, como muller avanzada e feminista, defende a práctica deportiva das mulleres desde unha visión democrática. Literalmente dí: “Na participación nos deportes desaparecen moitos prexuízos sociais. Non hai cursis nin elegantes, nin aristócratas nin plebeos, senón simplemente educación e bos ou malos deportistas”. Sol: 1910 www.afiestradamestra.gal
  9. 9. O primeiro Día Internacional da Muller Reuniu a máis dun millón de persoas en Austria, Dinamarca, Alemaña e Suiza a favor do sufraxio e os dereitos laborais da muller. Hoxe celébrase cada ano o 8 de marzo. Nos seus inicios a conmemoración sirve de protesta contra a I Guerra Mundial. Por exemplo, en Rusia, unha gran manifestación liderada por mulleres esixe “¡pan e paz!”. Catro días máis tarde, o zar abdica. Sol: 1911 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  10. 10. Primeiras mulleres en estudar na universidade en Galicia Neste ano son aceptadas na universidade de Santiago de Compostela, na facultade de mediciña, Elisa e e Jimena Fernández de la Vega, primeiras mulleres e estudar na universidade en Galicia, xuntas remataron a carreira e ambas obtiveron a Gran Cruz de Alfonso XII debido aos seus excelentes expedientes. Sol: 1913 www.afiestradamestra.gal
  11. 11. A Revolta das mulleres na Coruña En xaneiro deste ano ten lugar, na Coruña, unha grande revolta social contra a suba dos prezos dos productos básicos cun protagonismo feminino case total. Centos e centos de mulleres nos peiraos, lonxas, almacéns, barrios, etc. requisan alimentos e repártenos, organízanse para protestar ante a escaseza de alimentos esenciais. Pouco despois, ese mesmo ano, prodúcense en Ferrolterra protestas como a coñecida como Revolta das pedradas. Exemplos de autoorganización e loita das mulleres en tempos revoltos. Sol: 1918 www.afiestradamestra.gal
  12. 12. María Josefa Wonenburger Planells Neste ano nace en Montrove, Oleiros, María Josefa Wonenburger Planells, pioneira matemática e investigadora galega que ademáis de recibir unha das famosísimas bolsas Fullbright desenvolveu a súa labora científica principalmente en Estados Unidos e en Canadá. Sol: 1927 www.afiestradamestra.gal
  13. 13. A revolta das mulleres en Aba Furiosas pola súa situación social baixo o goberno colonial, as mulleres igbo envían follas de palma (o que hoxe sería unha invitación a un evento en Facebook) ás súas irmás do sureste de Nixeria. Milleiros únense á protesta contra os xefes designados antidemocráticamente para “facerlles a guerra”. Cantan, bailan, golpean paredes... aínda que a represión desas protestas causou vítimas acaban obrigando aos xefes a dimitir e eliminar os impostos ás mulleres do mercado. Sol: 1929 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  14. 14. Primeira vez que votan as mulleres en España Neste ano votamos por primeira vez as mulleres en España, despois votamos outra vez no ano 1936 e despois non se votou durante 40 anos. Tra-la morte de Franco, recuperamos o dereito a voto en 1977 co cal, as mulleres españolas só teremos votado aproximadamente unhas 12 elecións xerais. Sol: 1933 www.afiestradamestra.gal
  15. 15. A folga de Dublin Que pasaría se non houbera roupa limpa durante semanas? Neste ano, Dublín aprendeu a lección á forza. Cansas da insalubridade no traballo, os baixos salarios, as horas extras e o pouco tempo libre, cerca de 1.500 lavandeiras sindicáronse e foron á folga: “Deixamos todo nas súas mans... Para conseguir o que se nos debe.” As lavanderías comerciais, un gran negocio nesa época, resíntense. Despois de tres meses (e moita ropa sucia), a folga finaliza con éxito e todas as traballadoras e todos os traballadores irlandeses gañan unha segunda semana de vacacións ao ano por lei. Sol: 1945 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  16. 16. Nacen as Nacións Unidas Trala devastación da II Guerra Mundial, fórmanse as Nacións Unidas para fomentar a cooperación internacional. A Carta das Nacións Unidas consagra a igualdade de xénero: “Nós, os pobos,... reafirmamos a fe... na igualdade de dereitos de mulleres e homes”. Sol: 1945 www.afiestradamestra.gal
  17. 17. O discurso de Eleanor Roosevelt Na sesión inaugural da Asemblea Xeral das Nacións Unidas deste ano a norteamericana Eleanor Roosevelt le a famosa “carta aberta ás mulleres do mundo”. Insta a aumenta-la súa participación nos asuntos nacionais e internacionais. Sol: 1946 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  18. 18. As bolboretas inesquecíbles Símbolo da resistencia feminista popular, as irmás Mirabal —Minerva, María Teresa e Patria—, coñecidas como as Bolboretas, forman un movemento de oposición directa contra a dictadura de Rafael Trujillo na República Dominicana. O 25 de novembro deste ano, as irmás son asasinadas. O clamor popular aviva o movemento contra Trujillo, derrocando a dictadura nun ano. O 25 de novembro é o día no que se lembran brutais datos e procúrase a concienciación sobre a necesidade de por fin á violencia contra as mulleres. Sol: 1960 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  19. 19. Activistas, únanse: Neste ano conmemórase o primeiro ANO INTERNCIONAL DA MULLER, primeiro Decenio das Nacións Unidas para a Muller e a Primeira Conferencia Mundial sobre a Muller en México, potenciando o discurso mundial sobre os dereitos da muller. Sol: 1970 www.afiestradamestra.gal
  20. 20. O Día libre das Mulleres: 25000 é o número de mulleres que se reúne en Reykjavik neste ano para protestar contra a desigualdade económica - un 10% da población de Islandia. O “Día Libre das Mulleres” prácticamente paraliza os servizos, as escolas e os negocios da cidade. Sol: 1975 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  21. 21. Aprobación da CEDAW Coñecida como a “Declaración de Dereitos da Muller”, a Convención sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra a Muller (tamén coñecida polas súas siglas en inglés CEDAW) é o tratado internacional máis exhaustivo para protexer os dereitos humanos da muller e asinouse neste ano. É o segundo tratado de dereitos humanos das Nacións Unidas máis ratificado (189 países) tra-la Convención sobre os Dereitos do Neno. A Convención esixe legalmente aos gobernos asinantes eliminar todas as formas de discriminación contra as mulleres na esfera pública e privada, incluida a familia, e propónse acadar unha igualdade sustantiva entre mulleres e homes, non só nas leis, senón tamén de forma real sobre o terreo. Sol: 1979 www.afiestradamestra.gal
  22. 22. Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres A conferencia mundial dos dereitos humanos deste ano, recoñece a violencia contra as mulleres coma unha violación dos dereitos humanos e contribúe na creación desta declaración. A declaración constitúe o primeiro instrumento internacional que aborda explícitamente a violencia contra as mulleres, establecendo un marco para a acción nacional e internacional; ademáis define, por fin, a violencia contra as mulleres. Sol: 1993 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  23. 23. A Gulabi Gang: xustiza para as mulleres No distrito pobre de Banda (estado de Uttar Pradesh, ao norte da India), un pequeno grupo de mulleres suxeitando troncos de bambú toma as rendas cuando escoitan que un veciño maltrata á súa muller. Interveñen e obrigan ao marido a recoñecer o maltrato e porlle fin. Este pequeno movemiento contra o maltrato doméstico crece ata convertirse nun estatal: hoxe, deceas de milleiros de mulleres vestidas de rosa (gulabi) enfrontan xuntas as inxustizas sociais contra as mulleres no estado e inspiran actos semellantes no país. Sol: 2006 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  24. 24. Educación para todas e todos Neste ano Malala reaparece por primeira vez ante o público nas Nacións Unidas, o mesmo día do seu 16ª cumpreanos. Malala Yousafzai é unha estudante activista pola educación que sofre un ataque en Pakistan. Sobrevive a un disparo na cabeza e o pescoza e continúa a súa teima pola xustiza, a igualdade e a educación. Sol: 2013 www.afiestradamestra.gal
  25. 25. Ángeles Alvariño Neste ano, María de los Ángeles Alvariño é a primeira muller homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia, oceanógrafa, zoóloga e profesora, precursora na investigación oceanográfica mundial. En 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia. A partir de 1956 realizou as súas investigacións en Estados Unidos. Descubriu 22 especies de organismos mariños. Sol: 2015 www.afiestradamestra.gal
  26. 26. Primeiro paro internacional de mulleres O primeiro paro internacional de mulleres convocouse neste ano coma resposta á violencia social, cultural, política, económica, moral e verbal que sufren as mulleres contemporáneas en diversas latitudes. e obtivo unha resposta que sobrepasou todas as espectativas e foi en aumento nos seguintes anos de convocatoria. Sol: 2017 www.afiestradamestra.gal
  27. 27. www.afiestradamestra.gal

×