Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

Rosalia de Castro

1 419 vues

Publié le

Láminas de traballo sobre Rosalía de Castro
www.afiestradamestra.gal

Publié dans : Formation
  • Soyez le premier à commenter

Rosalia de Castro

  1. 1. ROSALIA DE CASTRO Rosalía, na obra Follas Novas inclúe este poema chamado “Ti onte mañán eu” no que fala do acoso ao feble ou caído e a posibilidade de que este reclame vinganza. Caín tan baixo, tan baixo, que a luz onda min non vai; perdín de vista as estrelas e vivo na escuridá. Mais, agarda... ¡o que te riches insensibre ó meu afán! Inda estou vivo... inda podo subir para me vingar. Tirá pedras ó caído, tiraille anque sea un cento; tirá... que, cando caiades, hanvos de face-lo mesmo. • Analizamos o significado do poema: ◦ Que será “caer tan baixo”? ◦ De qué fala cada estrofa? • Escribe polo menos unha nova estrofa de 4 versos que complete o poema, nela debes falar de aqueles que observan como rin ou tiran pedras ao caído, poden ser varias visións... (o pasivo que ve e cala, o que intervén, o que se suma ao acoso...) • Elabora unha pequena obra artística para ilustrar cada parte do poema e pon sobre o conxunto unha banda cun slogan contra o acoso. *Imaxedaaelg2019 www.afiestradamestra.gal
  2. 2. ROSALIA DE CASTRO Rosalía de Castro comeza o prólogo da súa obra “A filla do mar” pedindo un satírico perdón por escribir sendo muller e o criticadas que eran aquelas que o facían. “Posible me sería engadir que mulleres coma Madame Roland, cuxo xenio fomentou e dirixiu a Revolución francesa nos seus días de groria; Madame Staël, tan grande política coma flósofa e poeta; Rosa Bonheure, a pintora de paisaxes sin rival ata agora; Jorge Sand, a novelista profunda, a que está chamada a compartir a groria de Balzac e Walter Scott; Santa Teresa de Jesús, ese esprito ardente cuxa mirada penetrou nos máis intrincados labirintos da teoloxía mística; Safo, Catalina de Rusia, Juana de Arco, María Teresa de Austria e tantas outras cuxos nomes a historia, moito máis imparcial que os homes, rexistra nas súas páxinas, protestaron eternamente contra a vulgar idea de que a muller só sirve para as labores domésticas e que aquela que, obedecendo tal vez a unha forza irresistible, apártase desa vida pacífca e lánzase ás revoltas ondas dos tumultos do mundo é unha muller digna da execración xeral.” • Rosalía nomea a mulleres que participan en distintos aspectos da vida, da política e das artes, tantas veces silenciadas. Procura unha imaxe das mulleres que nomea e inclúe a descripción que fai delas coma pé de foto. • Escolle outra muller referente no seu eido e fai unha breve descrición semellante ás que fai Rosalía para engadir á túa exposición anterior. • Rosalía pide “perdón” por escribir a súa obra sendo muller, igual que nomea a mulleres e explica coma sofren, pola súa valentía e “lanzarse ás revoltas ondas dos tumultos do mundo” a “execración xeral” identifica outros aspectos tradicionalmente reservados para os homes e escríbeos na representación artística que fagas das “revoltas ondas dos tumultos do mundo” www.afiestradamestra.gal
  3. 3. ROSALIA DE CASTRO Rosalía de castro, xa en 1858 escribiu na súa obra Lieders aquelo que semella un canto á igualdade: “Cando os señores da terra ameazan cunha ollada, ou queren marcar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu río coma eles rin e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande que a súa. No fondo, non obstante, o meu corazon e bo; pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual ca miña feitura, e que a súa carne é igual ca miña carne. Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino” • Qué significa oprobio? • A que se pode referir con “ameazan cunha ollada”? • Que quere decir este parágrafo? • Artista! ◦Escolle unha parte deste texto coma se fora o pé de foto dunha imaxe, por exemplo “eu rio coma eles rin”, “a súa carne é igual ca miña carne” ou “Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino” Idea a imaxe á que acompañará o anaco que escollas, fai o boceto e despois desenvólvea (se é fotografía sácaa). Máis tarde trata de incluír o texto escollido con algunha técnica artística dentro da propia imaxe. www.afiestradamestra.gal
  4. 4. ROSALIA DE CASTRO Rosalía de castro, xa en 1858 escribiu na súa obra Lieders: “Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos, aínda que ó redor sentira, xa desde o berce, o ruído das cadeas que me debían apresar para sempre, porque o patrimonio da muller son os grillóns da escravitude. Eu, pola contra, son libre, libre coma os paxaros, coma as brisas, coma as ábores no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo e descende ata a terra, soberbio coma Luzbel, doce coma unha espranza. (...)” • Analizamos o texto • No texto dí que desde o berce sentía o ruído das cadeas que a apresarían por ser muller. Fai unha listaxe de elementos que forman parte desa cadea. • “Eu, pola contra son libre, libre coma os paxaros, libre coma...” Reescribe a parte final do texto coma se o dixeras ti, coma que máis cousas podería ser libre? • Con tiras de papel forma unha cadea que en cada peza leve escrita un elemento da listaxe. . • A cadea que creaches é parte dun cartaz que debe representar tamén a parte final do texto, fíxate nas imaxes de liberdade que evoca e remata o cartaz. • www.afiestradamestra.gal
  5. 5. ROSALIA DE CASTRO Rosalía de castro escribe na obra “A filla do mar”: “Oh! Señor de xustiza! Brazo do débil e o probe! Por que non te ergues contra o rico e poderoso que así oprimen á muller, que a cargan de grillóns moito máis pesados que os calabozos e que nin a deixan queixarse da súa desgraza? Infelices criaturas, seres desherdados que morades nas desoladas montañas do meu país, mulleres fermosas e desdichadas que non coñecedes máis vida que a servidume, abandoade os vosos cumios queridos onde que se conservan perennes os usos do feudalismo, fuxide deses groseiros tiranos” • Analizamos o escrito: ◦ Cales poden ser os grillóns dos que fala? ◦ Que provocan os grillóns? ◦ Que pide o texto ou a que alenta? • Imaxina o texto coma un díptico no que nunha parte apareza a realidade que observa a autora e na outra aquello que anima a facer. (inclúe partes significativas do texto en cada parte) www.afiestradamestra.gal
  6. 6. ROSALIA DE CASTRO Rosalía de castro escribe na obra “O cabaleiro das botas azuis”: “Vide agora vos, escravas miñas, fermosas flas do libre pensamento, que loitades por romper unhas cadeas que so desata a morte; valentes amazonas que non vacilades en medir as vosas forzas co xigante invisible que vos vence...” • Analizamos o escrito: ◦ A quen semella falar? ◦ Como describe a esas das que fala? ◦ Quen pode ser “O xigante invisible”? ◦ Que pide? • Se este fora o pé de foto dunha imaxe, como sería? Fai primeiro un boceto, despois fai unha listaxe dos personaxes e material que precisas e logo realiza a fotografía. • Rosalía semella chamar a unha loita, crea unha pancarta que inclúa a fotografía e que poida ilustrar este parágrafo (inclúe o texto tamén) www.afiestradamestra.gal
  7. 7. ROSALIA DE CASTRO Medramos hoxe en día rodeados de miles de estereotipos de xénero, que se o rosa é de nenas e o azul de nenos, o fútbol para elas e o baile para elas, igual cos coches e as bonecas, elas deben maquillarse ou eles non poden chorar, ideas, creencias e prexuízos que compre desterrar, e disto xa se dera conta Rosalía de Castro alá polo 1880 como mostra este poema: Daquelas que cantan ás pombas i ás frores todos din que teñen alma de muller. Pois que non as canto, Virxe da Paloma ai! de que a terei? – Que estereotipo de muller reflicte este poema? – Que outros estereotipos de xénero coñecemos ou recoñecemos? – Fai polo menos dúas versións do mesmo poema con estereotipos masculino e feminino (Daquelas que..., /Daqueles que...) – Convirte as túas reinterpretacións do poema de Rosalía en dous cartaces pola igualdade nos que inclúas os poemas. www.afiestradamestra.gal
  8. 8. ROSALIA DE CASTRO Rosalía de castro, na súa obra Follas Novas esribe este poema chamado “Ladraban contra min que camiñaba” Ladraban contra min, que camiñaba cásique sin alento, sin poder co meu fondo pensamento i a pezoña mortal que en min levaba. I a xente que topaba, ollándome a mantenta, do meu dor sin igual i a miña afrenta, traidora se mofaban. I eso que nada máis que a adiviñaba. “si a souperan, ¡Dios mío!, -pensei tembrando-, contra min volvera a corrente do río.” Buscando o abrigo dos máis altos muros, nos camiños desertos, ensangrentando os pes nos seixos duros, fun chegando ó lugar dos meus cariños, maxinando espantada: “Os meus meniños ¿Estarán xa espertos? ¡Ai, que ó verme chegar tan maltratada, chorosa, sin alento e ensangrentada, darán en se afrixir, malpocadiños, por súa nai malfadada!” Pouco a pouco fun indo, i as escaleiras con temor subindo, co triste corazón sobresaltado. ¡Escoitei…! Nin as moscas rebullían. No berce inda os meus ánxeles dormían, ca Virxe ó seu lado. - Falamos sobre o significado do poema, que situación describe? - Que será ladrar? Quen ladra? - Cal pode ser a afrenta? - Cal será o “lugar dos meus cariños”? - O poema vai narrando unha historia, un camiño, identifica cada parte (inicio, nó e desenlace) e o que sucede nela. - Convirte o poema nun comic de 3-4 viñetas e asocia a cada viñeta os versos precisos. - Se “ladraban contra min que camiñaba” fora un filme, como sería o seu cartaz? Lembra incluír o título e a autora nel. www.afiestradamestra.gal

×