3. O armario para min,
É un lugar onde gardar pezas
Pero non nos damos conta
da súa tristeza,
tennos envexa
aínda que con moito agarimo
eu doulle un mimo.
Cristina Huertas
4. Un balón para min Un balón
é coma un veleno, é un amigo temperado
que che percorre as veas por moito que o patees
ata chegar ao cerebro. nunca se enfada.
Unha vez alí dentro Non lle parece mal
non hai quen o saque que non xogues con el
e fai que con el, sabe que algún día
a patadas andes. o vas coller.
Cando chego do colexi É o teu amigo
nin videoxogos nin facebook, ata nos malos momentos
nada me gusta máis é como se che dixera
que o meu fiel compañeiro. "polo menos inténtao"
6. Cantas cousas sabes dicir,
apoiado nos meus dedos.
Cantas cartas escribiches,
cantos contos para nenos.
Pintas corazonciños
nos cadernos dos namorados,
e bágoas de xeo
nas dos abandonados
Sempre escoitas
a todos os meniños,
facéndote de todo
o seu fiel amigos.
Laura Lamas
7. A ti:
Que emerxida da nada
creste a raíña da praia
misteriosa e a vez tranquila
sen embargo non pasas desapercibida
Os teus brazos esténdense ás olas
as olas empúxante como tolas
pero ti emerxente tranquila
porque sabes que es querida.
Calada, seria, escoitas a todos
como si lles foras de gran apoio.
Risas e alegrías, tristezas e prantos
son os que a ti acoden de tantos.
Abel Romero
8. Un bolígrafo é un amigo
con quen ti podes contar
axúdache nos exames
e tamén a debuxar.
Hainos de moitas cores
e ti podelos comprar
se ti os tratas ben
eles escribirán.
Noelia Castro Ríos
9. Teléfono telefoniño,
que sempre me avisas,
haxa sol ou tronos,
que me falas e me escoitas
que me anoxas e me alegras.
Teléfono telefoniño,
nunca me abandones,
con cable ou sin cable,
sempre me salvas.
Teéefono telefoniño,
falas co mundo,
escoitalo todo,
es como un gran deus,
no espazo ou na terra,
con wasap ou sin wasap,
nunca me abandones.
Samuel Lamas
10. O reloxo é coma un grande Deus
Diche canto dura o día,
ás veces é bo cando somos puntuais
pero outras malo cando non chegamos a tempo.
Tamén se para cando estas triste
e apura cando estas contento.
Adrián Rodríguez