2. O D a das Letras Galegasí .O D a das Letras Galegasí .
É un día de exaltación da lingua de Galicia a
través da súa manifestación literaria.
Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963,
coincidindo co centenario da primeira edición
de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.
Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59
autores (4 mulleres e 55 homes) foron
homenaxeados nas 57 edicións do Día das
Letras Galegas, posto que 1998 foi o único
ano en que houbo unha homenaxe colectiva.
Este ano dedícase este día a Ricardo Carballo
Calero, coincidindo cos 110 anos do seu
nacemento e os 30 de su falecemento.
3. Xaquín Lorenzo, Xocas.Xaquín Lorenzo, Xocas.
Nado en Ourense o 23 de xuño de
1907 e finado en Facós o 18 de xullo
de 1989, foi unha personalidade
senlleira da cultura e da etnografía
galegas, membro do Seminario de
Estudos Galegos e da Real Academia
Galega e principal impulsor da creación
do Museo do Pobo Galego.
4. Homenaxeado.Homenaxeado.
No ano 2004, a Real Academia Galega
acordou dedicarlle o Día das Letras
Galegas a Xaquín Lorenzo Fernández,
máis coñecido como Xocas, pola súa
labor de estudo da etnografía e das
costumes populares de Galicia.
5. TraxectoriaTraxectoria
Entre 1917 e 1923 estudou a educación
primaria e o bacharelato na súa cidade natal,
no que hoxe é o Instituto Posío, e onde máis
tarde el mesmo sería profesor, tendo como
mestre a Ramón Otero Pedrayo, quen tomara
posesión da cátedra de Xeografía e Historia
nese instituto en 1921.
En 1923 comeza a estudar, por libre, Filosofía
e Letras (Sección Historia) na Universidade
de Santiago de Compostela, pero non aproba
ningunha materia nin nese ano nin no
seguinte.
Solicitude de ingreso na USC en
1923, con quince anos de idade.
6. En 1925 matricúlase no acceso á carreira de Dereito. Neste caso, nin se
presenta ós exames e remata abandonando os estudos. Por fin, en 1931 volve
a matricularse en Filosofía e Letras, en Santiago, á vez que seguen traballando
para o Seminario de Estudos Galegos. Sendo membro da Irmandade
Galeguista de Ourense subscribiu o manifesto fundacional do Partido
Nazonalista Repubricán e, posteriormente, ingresou no Partido Galeguista.
Xaquín remata a carreira en Zaragoza.
7. Desde moi cedo comezou a colaborar co Grupo Nós, aprendendo e facendo
amizade con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Ramón Otero
Pedrayo.
Ingresou como membro activo no Seminario de Estudos Galegos cun traballo
sobre o carro galego.
En 1932 foi nomeado membro da Comisión Directora e Conservador do Museo;
e en 1934, conselleiro permanente do Seminario.