Publicité
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
Semana intercultural (2)
Prochain SlideShare
Folleto semana intercultural (1)Folleto semana intercultural (1)
Chargement dans ... 3
1 sur 4
Publicité

Contenu connexe

Publicité
Publicité

Semana intercultural (2)

  1. ORGANIZAN: Un mundo na mochila D Departamento de Servizos Sociais Programa de atención á poboación mi migrante do Concello de Arteixo. Ecos do Sur E Equipo de Convivencia CEIP Ponte dos Brozos Colaboran: Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. E.D. da Lingua Galega Aula de GAL Equipo de Biblioteca Do 7 ao 11 de abril do 2014
  2. O noso centro é moi rico, inmensamente rico, nel convivimos persoas de case todos os continentes, fáltanos Oceanía. Non sabemos se notan un cambio de nome: pasamos de ser multiculturais a ser interculturais, non queremos ser un conxunto de persoas negras, brancas de ollos máis ou menos rasgados cada unha no seu recunchiño sen relacionármonos, sen interactuar, sen coñecérmonos. Non, non e non, queremos bailar xuntos as distintas melodías da vida unhas veces ledas e outras moi tristes. Necesitamos entender e combater o feito de que uns nenos non poidan ir á escola porque teñen que ser “Nenos Soldado” e outros porque “Gobernos inxustos” lles neguen o dereito á educación. Precisamos seguir a ter esperanza na que o mundo poida ser mellor. O vieiro máis axeitado e aprender idiomas, coñecer as lendas , o vestiario, as comidas, os contos, os pensamentos, é dicir ter os bimbios necesarios para facer do planeta unha casa coas fiestras abertas, na que somentes se lle peche a porta á insolidariedade e á intolerancia. Hai diversas Entidades e ONGs que nos acompañan na nosa andaina. Dende hai tres anos estamos na “Rede de Escolas polos Dereitos Humanos de AI”, e cada curso invitamos a unha ou mais para que nos acompañen na descuberta doutras culturas, outras formas de pensar, para atinxir o que todos desexamos de verdade vivir en paz protexidos polo agarimo dos familiares e amigos. Este ano agradecemos a colaboración de Ecos do Sur e das mediadoras sociais do Concello de Arteixo, sen elas non serían posibles moitas das nosas actividades. A convivir. Feliz Semana A coordinadora de Convivencia Marga González
  3. Ecos do Sur participa na nosa Semana Intercultural desenvolvendo o seu proxecto: "Un mundo en la mochila", financiado polo Concello de Arteixo. Trátase dunha iniciativa para sensibilizar sobre interculturalidade ao alumnado de Educación Infantil e Primaria do Centro Educativo Ponte dos Brozos de Arteixo. Salientaremos os materiais didácticos deseñados polo equipo de educadoras de Ecos do Sur e Mestura e un grupo de xóvenes ilustradores. Estes materiais están diferenciados para os/as alumnos/as, pais, nais e profesores/as e inclúen guías, contos, postais, bits... Todo isto vai metido nunha mochila que queda á disposición do centro para traballar nas aulas e/ou que os alumnos levarán a casa por quendas. Ademáis, durante toda a semana os/as máis de 1.000 nenos/as de entre 3 e 12 anos que asisten a esta escola terán tamén actividades de dinamización nas aulas, como xogos e contacontos desenvolvidos polo equipo de Ecos do Sur. Un mundo en la Mochila é unha iniciativa innovadora e interactiva, cargada de valores positivos, que garante aprendizaxe, descobrementos e momentos divertidos na aula e na casa... ¡Benvidos/as a esta viaxe! Ecos do Sur é unha Ongd galega que traballa dende 1991 pola inclusión de colectivos desfavorecidos da nosa sociedade e tamén na cooperación internacional. A sensibilización en interculturalidade dende as escolas é unha das nosas apostas para acadar un mundo máis equitativo e seguro, enriquecido co recoñecemento da súa diversidade. www.ecosdosur.org | facebook.com/ecosdosur | ecosdosur.blogspot.com Un mundo na mochila
  4. Dende a Biblioteca do colexio acompáñanos esta semana cunha pequena xoia, o libro, en español e árabe “Suleiman y Salúa”Con texto do escritor galego Francisco X Fernández Naval, traducido ao árabe por Yassin Swehat e as ilustracións do artista sirio Alí, Alí a partir das técnicas clásicas de litografía en pedra . Están a gravar un vídeo con 8 nenas e nenos de sexto: catro len fragmentos en castelán e catro en árabe. A historia de Suleiman e Salúa é froito da memoria dun neno que medrou, sintetiza mitos locais, lembranzas infantís, contos populares e soños, segue a rica tradición oral de Siria, crea un mundo marabilloso que nos transporta ás “Mil e unha noites”. Ali Ali naceu en Siria, na aldea de Khatounie no ano 1974, estudiou Belas Artes en Damasco. O ano 2013 chegou a Betanzos para participar nun concurso de obra gráfica, dende entón vive en Galicia e a súa obra foi premiada moitas veces. Francisco Fernández Naval naceu en Ourense en 1956. É autor de contos, novelas e poesías para maiores e nenos. Premiado en varias ocasións, a historia de Suleiman e Salúa está protagonizada por seres dos que lle falou Alí Ali unha tarde de decembro tomando té para aliviar o frío. http://editorialtrifolium.blogspot.com.es/2013/12/suleiman-y-salua-con-texto-de- francisco.html Suleiman y Salúa
Publicité