Ce diaporama a bien été signalé.
Nous utilisons votre profil LinkedIn et vos données d’activité pour vous proposer des publicités personnalisées et pertinentes. Vous pouvez changer vos préférences de publicités à tout moment.

O relevo

413 vues

Publié le

  • Soyez le premier à commenter

  • Soyez le premier à aimer ceci

O relevo

  1. 1. O relevo é o conxunto de formas que ten asuperficie da Terra. Poden ser de interiorou de costa.
  2. 2.  Montaña: gran elevación do terreo Serra: conxunto de motañas aliñadas. Cordilleira ou sistema montañosa: conxunto de serras. Chaira: gran extensión de terreo chan e horizontal. Páramo: chaira elevada. Depresión: chaira afundida que está a menor altura que as terras de arredor.
  3. 3. Os terreos que están en contacto co mar forman as costas. Nas costas identifícanse distintas formas de relevo: Cabo : entrante de terra no mar. Baía: entrada de mar na terra. Cando é moi grande, chamáse golfo; e cando é pequena, enseada. Península: porción de terra no mar, arrodeada de auga por todas as partes menos por unha que se chama istmo.
  4. 4.  O territorio de España comprende:  Boa parte da península Ibérica  As illas Baleares  As illas Canarias  Ceuta e Melilla (no norte de África)
  5. 5.  É unha ampla chaira elevada situada no centro da Península. Ten unha altitude duns 700 metros. Por ela discorren tres dos ríos máis longos da Península, o Douro, o Texo e o Guadiana, que a percorren de leste a oeste.
  6. 6.  É tan extensa que nela se distinguen varias zonas:  Páramos, que están nos bordos da Meseta, como o Páramo Leonés ou A Alcarria  Veigas, que están nas beiras dos ríos  Campiñas, que están entre os páramos e as veigas
  7. 7.  A Meseta esténdese principalmente polas Comunidades de Castela e León, Castela – A Mancha, Comunidade de Madrid e Estremadura. Na paisaxe da Meseta destacan os amplos campos de cultivo. As principais localidades están preto dos ríos e arredor deles xurdiron zonas industriais e comerciais.
  8. 8.  O SISTEMA CENTRAL: divide a Meseta en dúas: a Submeseta Norte e a Submeseta Sur. Formado por montañas de 2000 m de altura e agrúpanse en serras, como as de Gata, Gredos e Guadarrama.
  9. 9.  OS MONTES DE TOLEDO: están no centro da Submeseta Sur. Teñen montañas de pouca de alititude e separan o río Texo do Guadiana.
  10. 10.  A Meseta está arrodeada por catro cordilleiras:  Os Montes de León  A Cordilleira Cantábrica  O Sistema Ibérico  A Serra Morena
  11. 11.  Están no noroeste.Unen Castela e Leóncon Galicia. Están formadospor montañas duns2000 m, como omonte Teleno.
  12. 12.  Situada no norte, é o límite de Castela e León con Asturias e Cantabria. Está formada por serras de cumes altos e agrestes, como os Picos de Europa.
  13. 13.  Situado no leste, esténdese polas Comunidades de Castela e León, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha e a Comunidade Valenciana. É un conxunto de serras aliñadas con alturas arredor dos 2000m, como a Serra do Moncaio.
  14. 14.  Situada no sur, separa a Meseta e Andalucía. En realidade é un conxunto se serras. Son pouco elevadas (menos de 1300 metros). Entre elas apenas hai vales, o que dificulta as comunicacións.
  15. 15.  Na Península hai dúas amplas depresións situadas fóra da Meseta, a depresión do Ebro e a depresión do Guadalquivir. Sons terreos chans e de pouca altitude, percorridos por ríos e arrodeados de montañas. Nestas depresións destacan os campos de cultivo.
  16. 16.  Son montañas que non están en contacto coa Meseta. Forman cinco cordilleiras:  O Macizo Galaico  Os Montes Vascos  Os Pirineos  O Sistema Costeiro-Catalán  Os Sistemas Béticos
  17. 17.  No noroeste da Península, en Galicia. Formado por montañas de pouca altitude e cumes redondeados. O pico de maior altura é Pena Trevinca (2.124m)
  18. 18.  No norte, entre País Vasco e Navarra. Teñen pouca altitude e cumes en pico. Como o pico Aitzkorri (1.544m)
  19. 19.  Situada no norte; por Navarra, Aragón e Cataluña. Cordilleira moi longa que vai dende o mar Cantábrico ó Mediterráneo. Montañas elevadas, arredor dos 3000 m. A máis alta é o Aneto (3.404 m).
  20. 20.  Situado no nordeste. Formado por dúas cadeas montañosas paralelas á costa mediterránea. Destaca o Turó de l’Home (1.712 m)
  21. 21.  No sueste, esténdese por Andalucía, Castela – A Mancha, a Rexión de Murcia e a Comunidade Valenciana. Fórmanos dúas cordilleiras:  A Cordilleira Penibética, paralela á costa andaluza ten os picos máis altos da Península: ▪ Mulhacén (3.482 m) ▪ Veleta (3.398 m)  A Cordilleira Subbética, no interior e con altitudes en torno ós 2.000 metros.
  22. 22.  As costas de España están bañadas polo mar Cantábrico, o mar Mediterráne o e o océano Atlántico.
  23. 23.  É unha costa alta e rochosa Esténdese desde Francia ata a punta de Estaca de Bares. Baña as costas do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. Accidentes xeográficos característicos:  O cabo Matxitxako  O golfo de Biscaia  O cabo de Ajo  A ría de Avilés  A punta de Estaca de Bares
  24. 24.  É unha costa moi variada. Nela distínguense tres zonas:  Costa galega  Costa andaluza  Costa canaria
  25. 25.  Vai dende a punta da Estaca de Bares ata a desembocadura do río Miño. É unha costa alta, rochosa e recortada, con moitos entrantes e saíntes de mar. Destacan:  Os cabos, como o de Finisterre e o de Ortegal.  As rías, como a de Arousa e a de Vigo.
  26. 26.  Esténdese desde a fronteira con Portugal ata o estreito de Xibraltar. É unha costa baixa, areenta e chá. Ten praias amplas, marismas e dunas. Os principais accidentes son:  O golfo de Cádiz  O cabo de Trafalgar  Punta de Tarifa
  27. 27.  As illas centrais, Tenerife e Gran Canaria, teñen costas rochosas no norte e areentas no sur. As costas das illas situadas no oeste son altas e rochosas. As situadas no leste son baixas.
  28. 28.  É a costa máis longa de España e nela distínguese catro zonas.
  29. 29.  A costa mediterránea de Andalucía. Ten amplas zonas chás, como as praias de Málaga, que alternan con acantalidos, como o cabo de Gata. A costa da Rexión de Murcia e da Comunidade Valenciana. É baixa e areenta, aínda que ten zonas rochosas, como o cabo de Palos e o da Nao.
  30. 30.  A costa catalá e a costa balear. Alternan costas altas e rochosas, como o cabo de Creus, con costas baixas e areentas. A costa de Ceuta é baixa e rochosa. A costa de Melilla é alta e rochosa.
  31. 31.  En España hai dous grandes arquipélagos:  As illas Baleares  As illas Canarias
  32. 32.  Atopánse ó leste da Península, no mar Mediterráneo. Están formadas por cinco illas (e algúns illotes):  Mallorca (a máis grande e montañosa, onde destaca a serra de Tramuntana)  Eivissa  Menorca  Formentera  Cabrera
  33. 33.  Atópanse ó oeste de África, no océano Atlántico. Son sete illas (e algúns illotes):  La Palma  El Hierro  La Gomera  Tenerife  Gran Canaria  Fuerteventura  Lanzarote Teñen un relevo volcánico, é dicir, o seu territorio formouse a partir de lava dos volcáns. É un relevo moi montañoso. O Teide é o pico máis alto de España e está en Tenerife.

×