SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E DA DIRECCIÓN XERAL DE
EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA DA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
POLA QUE SE APROBAN AS BASES E SE CONVOCA O CONCURSO PARA
ELABORAR A EXPOSICIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS
LETRAS GALEGAS 2020
A Lei1/1981, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia recolle as
competencias da Comunidade Autónoma no tocante á promoción da cultura e da
investigación en Galicia e mais á promoción e ensino da lingua galega.
Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establece que a
Xunta de Galicia ten a obriga de estimular as manifestacións culturais en lingua galega
e contribuír ao fomento do libro en galego.
Por outra parte, o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino
non universitario de Galicia establece que os equipos de dinamización da lingua
galega (EDLG) terán a función de potenciar o uso do galego nos centros sostidos con
fondos públicos e que a consellería competente en materia de educación, a través da
Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordinará o labor dos EDLG e divulgará as
experiencias positivas desenvolvidas nestes centros.
En consecuencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
RESOLVEN:
Convocar un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para elaborar unha
exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2020 no Día das
Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este
viviu.
Os obxectivos que se perseguen son os seguintes:
1 Potenciar o estudo da obra e da época do autor homenaxeado.
2 Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica.
3 Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas á dignificación
e normalización da lingua galega.
4 Impulsar a realización de actividades que favorezan a colaboración entre os
departamentos e a implicación activa do profesorado e do alumnado.
5 Difundir a figura homenaxeada entre a comunidade educativa.
1
CVE:u26Iykd5m2
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
6 Enriquecer a oferta de materiais didácticos existentes en lingua galega e
promover a súa divulgación como referentes para outros centros.
BASES
1 Obxecto da convocatoria
Poderán presentarse a este concurso exposicións sobre a obra, época e lingua do
autor homenaxeado o Día das Letras Galegas en 2020, Ricardo Carballo Calero
(Ricardo Carvalho Calero), e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en
que este viviu.
O eixe temático das exposicións será a obra e a época do autor, observadas desde
unha perspectiva interdisciplinaria; o percorrido biográfico será só un pretexto para
abordar unha realidade complexa e heteroxénea.
2 Participantes
Poderán participar todos os centros docentes de ensino público non universitario
dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aos
que se refire a base terceira desta convocatoria.
Formarase un equipo de docentes integrado por un número máximo de 10 persoas
(agás excepcións debidamente xustificadas). Unha delas realizará as funcións de
coordinación.
3 Categorías
Establécense dúas categorías de participación, en función da etapa educativa:
Categoría A: educación infantil e primaria
Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e
ensinanzas de réxime especial
Cada categoría comprende os centros que integran as ensinanzas indicadas. Aqueles
nos que se imparta educación infantil e/ou primaria e secundaria poderán concursar
nas dúas categorías.
4 Premios
Concederase un premio para cada categoría de participación.
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en
metálico por un importe de 2 000 €.
Se a calidade dos traballos presentados non for a axeitada, os premios poderán
quedar desertos.
2
CVE:u26Iykd5m2
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
5 Certificacións
O profesorado implicado activamente na elaboración das exposicións gañadoras
recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha
equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.
O coordinador ou coordinadora recibirá unha certificación de primeiro premio de
innovación educativa equivalente a 30 horas de formación permanente do
profesorado.
6 Forma de elaboración do traballo
O traballo será cooperativo e implicará a colaboración activa do alumnado e
profesorado de diferentes departamentos, niveis, ámbitos, materias, áreas e/ou
módulos.
7 Número e características dos carteis e da guía
A exposición constará de:
- 10 carteis de 70 x 50 cm, en disposición vertical.
- Unha guía didáctica dunha extensión máxima de 28 páxinas; conterá
unha serie de actividades para cada cartel, que terán o obxectivo de
guiar a observación da exposición e fomentar o labor de investigación do
alumnado. Incluirá portada e contraportada, índice, biografía e
bibliografía. A portada e contraportada non computarán no número
máximo de páxinas.
Os traballos serán orixinais e inéditos. A técnica que se utilizará será libre e os
traballos poderanse presentar en cor.
As imaxes, citas textuais e materiais audiovisuais que se utilicen nos carteis e
na guía deben ser de uso libre e ou ter licenza de uso gratuíto para este fin
educativo.
Descartaranse os traballos que non atendan a estas características.
8 Presentación dos traballos
Os traballos entregaranse en formato dixital. Os carteis, en pdf (modo de cor CMYK,
resolución máxima) e JPG (cunha resolución entre 100 e 200 píxeles/polgada) e a
guía didáctica, en pdf. Irán acompañados da reprodución impresa dun dos carteis e da
guía didáctica.
Introduciranse nun sobre cerrado que presentará no exterior un lema ou pseudónimo
como única identificación. Dentro del incluirase outro sobre, tamén cerrado, que levará
no exterior o mesmo lema ou pseudónimo e no interior a solicitude co nome e os datos
3
CVE:u26Iykd5m2
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
do centro (ANEXO I) e mais unha certificación da súa dirección coa relación do
profesorado que participou de forma activa (segundo o ANEXO II).
Presentaranse preferentemente no Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral de Política
Lingüística, no Rexistro Central da Xunta de Galicia ou nos das súas delegacións
territoriais. Tamén poderán enviarse polos medios que establezan as disposicións
legais vixentes.
En caso de realizar o envío por correo postal, dirixirase ao seguinte enderezo:
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Rúa San Roque, 2, 1.º andar
15781 Santiago de Compostela
A Coruña
Para axilizaren a recepción dos materiais, os centros poderanllos adiantar á Secretaría
Xeral de Política Lingüística, por medio dunha mensaxe electrónica a
sxpl.planificacion@xunta.es; estarán identificados só co lema ou pseudónimo e o
envío realizarase desde un enderezo electrónico distinto ao do centro para garantir o
anonimato. Este sistema non exime de entregar os traballos polos medios indicados
nos parágrafos anteriores.
9 Prazo
O prazo de presentación dos traballos rematará o día 22 de xaneiro de 2020 (incluído).
10 Comisión de selección
Para o ditame dos premios constituirase unha comisión de selección e integrada polos
seguintes membros:
- A persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística
ou a persoa en quen delegue, que actuará de presidenta.
- Unha persoa asesora técnica designada pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística, que se encargará dos contidos educativos.
- Unha persoa asesora técnica designada pola Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa.
- As persoas coordinadoras de ámbito territorial dos equipos de dinamización da
lingua galega.
- Unha persoa funcionaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que actuará
como secretaria, con voz e sen voto.
A Comisión de Selección poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica
especializada para colaborar na valoración dos proxectos cando o considerar
pertinente.
4
CVE:u26Iykd5m2
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
11 Criterios de valoración
A Comisión de Selección terá en conta os seguintes criterios de valoración:
- Ampliación da perspectiva de coñecemento do autor homenaxeado e
carácter motivador da proposta.
- Inclusión de actividades que garden relación directa co obxecto de divulgar a
a obra e a época do autor e estean dirixidas a distintos ámbitos de
coñecemento.
- Nivel de implicación da comunidade educativa e incidencia nesta.
- Orixinalidade e innovación da proposta.
- Orde, claridade, coherencia e corrección lingüística na presentación.
- Calidade técnica e estética do produto.
12 Tratamento dos orixinais
Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os centros o soliciten por
escrito, no prazo máximo dun mes a partir da data en que se publique a resolución. Os
orixinais que non se retiren destruiranse.
13 Distribución das exposicións gañadoras
A exposición de cada unha das categorías que resulte seleccionada será impresa e
distribuída en arredor de 1 800 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de
ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, concellos, bibliotecas
municipais e casas da cultura, entre outros. Nela figurarán a imaxe gráfica da Xunta de
Galicia e o nome do centro gañador.
14 Responsabilidades legais
A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de toda responsabilidade
derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente na que puideren
incorrer as persoas participantes en materia de propiedade intelectual.
15 Difusión dos traballos gañadores
A Secretaría Xeral de Política Lingüística reserva para si o dereito a organizar
exposicións e/ou editar, reproducir, exhibir ou publicar a imaxe ou o contido dos
traballos presentados, por calquera medio que considere oportuno, sen máis
limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo
que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual.
16 Propiedade intelectual
O concepto creativo global do traballo é de explotación exclusiva da Secretaría Xeral
de Política Lingüística. Todos os materiais que se produzan pasarán a ser propiedade
5
CVE:u26Iykd5m2
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Rúa San Roque, 2
15781 Santiago de Compostela
Tfno.: 881 996 324
Fax: 881 996 306
sxpl.planificacion@xunta.gal
www.lingua.gal
da Secretaría Xeral de Política Lingüística que, de acordo cos autores e as autoras,
poderá realizar modificacións que melloren o resultado final e faciliten acadar os
obxectivos desta convocatoria.
17 Modificacións
Os centros gañadores deberán entregarlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística os
traballos presentados nun formato de alta resolución que permita realizar as
modificacións que, de acordo cos autores e as autoras, cumpra realizar.
Artigo 18 Protección de datos de carácter persoal
No desenvolvemento desta convocatoria respectaranse cantas esixencias establece o
Regulamento UE 679/2016 xeral de protección de datos e a Lei orgánica 3/2018, do 5
de decembro (BOE 06.12.2018), de protección de datos persoais e garantía dos
dereitos dixitais, e adoptaranse cantas medidas resulten necesarias para cumprir as
súas previsións e, en particular, para garantir a seguridade e integridade dos datos
persoais e dos dereitos dixitais e a súa protección fronte a alteracións, perdas,
tratamentos ou accesos non autorizados.
Serán de aplicación todos os dereitos e obrigas derivados da normativa aplicable en
materia de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais.
As persoas interesadas poderán acceder aos seus datos, rectificalos e suprimilos, así
como exercer outros dereitos nos lugares e rexistros establecidos na normativa
reguladora do procedemento administrativo común.
19 Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría Xeral de
Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da súa
interpretación.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019
O secretario xeral de Política Lingüística
Valentín García Gómez
O director xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa
Manuel Corredoira López
6
CVE:u26Iykd5m2
Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
Asinadopor:GARCIAGOMEZ,VALENTIN
Cargo:SecretarioXeral
Dataehora:22/10/201910:25:06
Asinadopor:CORREDOIRALOPEZ,MANUEL
Cargo:DirectorXeraldeEducación,FormaciónProfe
Innov.Educativa
Dataehora:22/10/201914:13:26

More Related Content

Similar to Convocatoria letrasgalegas2020

Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010satelite1
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriasatelite1
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UECharo García
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xovesatelite1
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016satelite1
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011satelite1
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19jubos
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiasatelite1
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivosatelite1
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinosatelite1
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio oksatelite1
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20videoMaria
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1pastoraastray
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaEncarna Lago
 

Similar to Convocatoria letrasgalegas2020 (20)

Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
Bases Concurso Expo Letras Galegas 2010
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoria
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xove
 
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016Bases certame cooperativismo no ensino 2016
Bases certame cooperativismo no ensino 2016
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
Basesconcursoppt 2010
Basesconcursoppt 2010Basesconcursoppt 2010
Basesconcursoppt 2010
 
Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
 
Concursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copiaConcursoascoladosmeusavos copia
Concursoascoladosmeusavos copia
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivo
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensino
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio ok
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20video
 
Bases concurso gal
Bases concurso galBases concurso gal
Bases concurso gal
 
Vi concurso de relatos 2018
Vi concurso de relatos 2018Vi concurso de relatos 2018
Vi concurso de relatos 2018
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1
 
Diptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentinaDiptico lugo arxentina
Diptico lugo arxentina
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Convocatoria letrasgalegas2020

  • 1. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO E DA DIRECCIÓN XERAL DE EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E INNOVACIÓN EDUCATIVA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE APROBAN AS BASES E SE CONVOCA O CONCURSO PARA ELABORAR A EXPOSICIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020 A Lei1/1981, pola que se aproba o Estatuto de autonomía de Galicia recolle as competencias da Comunidade Autónoma no tocante á promoción da cultura e da investigación en Galicia e mais á promoción e ensino da lingua galega. Así mesmo, a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística establece que a Xunta de Galicia ten a obriga de estimular as manifestacións culturais en lingua galega e contribuír ao fomento do libro en galego. Por outra parte, o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia establece que os equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) terán a función de potenciar o uso do galego nos centros sostidos con fondos públicos e que a consellería competente en materia de educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coordinará o labor dos EDLG e divulgará as experiencias positivas desenvolvidas nestes centros. En consecuencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa RESOLVEN: Convocar un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2020 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu. Os obxectivos que se perseguen son os seguintes: 1 Potenciar o estudo da obra e da época do autor homenaxeado. 2 Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica. 3 Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas á dignificación e normalización da lingua galega. 4 Impulsar a realización de actividades que favorezan a colaboración entre os departamentos e a implicación activa do profesorado e do alumnado. 5 Difundir a figura homenaxeada entre a comunidade educativa. 1 CVE:u26Iykd5m2 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 2. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal 6 Enriquecer a oferta de materiais didácticos existentes en lingua galega e promover a súa divulgación como referentes para outros centros. BASES 1 Obxecto da convocatoria Poderán presentarse a este concurso exposicións sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas en 2020, Ricardo Carballo Calero (Ricardo Carvalho Calero), e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu. O eixe temático das exposicións será a obra e a época do autor, observadas desde unha perspectiva interdisciplinaria; o percorrido biográfico será só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea. 2 Participantes Poderán participar todos os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional aos que se refire a base terceira desta convocatoria. Formarase un equipo de docentes integrado por un número máximo de 10 persoas (agás excepcións debidamente xustificadas). Unha delas realizará as funcións de coordinación. 3 Categorías Establécense dúas categorías de participación, en función da etapa educativa: Categoría A: educación infantil e primaria Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial Cada categoría comprende os centros que integran as ensinanzas indicadas. Aqueles nos que se imparta educación infantil e/ou primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías. 4 Premios Concederase un premio para cada categoría de participación. O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €. Se a calidade dos traballos presentados non for a axeitada, os premios poderán quedar desertos. 2 CVE:u26Iykd5m2 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 3. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal 5 Certificacións O profesorado implicado activamente na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado. O coordinador ou coordinadora recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa equivalente a 30 horas de formación permanente do profesorado. 6 Forma de elaboración do traballo O traballo será cooperativo e implicará a colaboración activa do alumnado e profesorado de diferentes departamentos, niveis, ámbitos, materias, áreas e/ou módulos. 7 Número e características dos carteis e da guía A exposición constará de: - 10 carteis de 70 x 50 cm, en disposición vertical. - Unha guía didáctica dunha extensión máxima de 28 páxinas; conterá unha serie de actividades para cada cartel, que terán o obxectivo de guiar a observación da exposición e fomentar o labor de investigación do alumnado. Incluirá portada e contraportada, índice, biografía e bibliografía. A portada e contraportada non computarán no número máximo de páxinas. Os traballos serán orixinais e inéditos. A técnica que se utilizará será libre e os traballos poderanse presentar en cor. As imaxes, citas textuais e materiais audiovisuais que se utilicen nos carteis e na guía deben ser de uso libre e ou ter licenza de uso gratuíto para este fin educativo. Descartaranse os traballos que non atendan a estas características. 8 Presentación dos traballos Os traballos entregaranse en formato dixital. Os carteis, en pdf (modo de cor CMYK, resolución máxima) e JPG (cunha resolución entre 100 e 200 píxeles/polgada) e a guía didáctica, en pdf. Irán acompañados da reprodución impresa dun dos carteis e da guía didáctica. Introduciranse nun sobre cerrado que presentará no exterior un lema ou pseudónimo como única identificación. Dentro del incluirase outro sobre, tamén cerrado, que levará no exterior o mesmo lema ou pseudónimo e no interior a solicitude co nome e os datos 3 CVE:u26Iykd5m2 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 4. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal do centro (ANEXO I) e mais unha certificación da súa dirección coa relación do profesorado que participou de forma activa (segundo o ANEXO II). Presentaranse preferentemente no Rexistro Auxiliar da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no Rexistro Central da Xunta de Galicia ou nos das súas delegacións territoriais. Tamén poderán enviarse polos medios que establezan as disposicións legais vixentes. En caso de realizar o envío por correo postal, dirixirase ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral de Política Lingüística Rúa San Roque, 2, 1.º andar 15781 Santiago de Compostela A Coruña Para axilizaren a recepción dos materiais, os centros poderanllos adiantar á Secretaría Xeral de Política Lingüística, por medio dunha mensaxe electrónica a sxpl.planificacion@xunta.es; estarán identificados só co lema ou pseudónimo e o envío realizarase desde un enderezo electrónico distinto ao do centro para garantir o anonimato. Este sistema non exime de entregar os traballos polos medios indicados nos parágrafos anteriores. 9 Prazo O prazo de presentación dos traballos rematará o día 22 de xaneiro de 2020 (incluído). 10 Comisión de selección Para o ditame dos premios constituirase unha comisión de selección e integrada polos seguintes membros: - A persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística ou a persoa en quen delegue, que actuará de presidenta. - Unha persoa asesora técnica designada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se encargará dos contidos educativos. - Unha persoa asesora técnica designada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. - As persoas coordinadoras de ámbito territorial dos equipos de dinamización da lingua galega. - Unha persoa funcionaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que actuará como secretaria, con voz e sen voto. A Comisión de Selección poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada para colaborar na valoración dos proxectos cando o considerar pertinente. 4 CVE:u26Iykd5m2 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 5. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal 11 Criterios de valoración A Comisión de Selección terá en conta os seguintes criterios de valoración: - Ampliación da perspectiva de coñecemento do autor homenaxeado e carácter motivador da proposta. - Inclusión de actividades que garden relación directa co obxecto de divulgar a a obra e a época do autor e estean dirixidas a distintos ámbitos de coñecemento. - Nivel de implicación da comunidade educativa e incidencia nesta. - Orixinalidade e innovación da proposta. - Orde, claridade, coherencia e corrección lingüística na presentación. - Calidade técnica e estética do produto. 12 Tratamento dos orixinais Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os centros o soliciten por escrito, no prazo máximo dun mes a partir da data en que se publique a resolución. Os orixinais que non se retiren destruiranse. 13 Distribución das exposicións gañadoras A exposición de cada unha das categorías que resulte seleccionada será impresa e distribuída en arredor de 1 800 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, concellos, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros. Nela figurarán a imaxe gráfica da Xunta de Galicia e o nome do centro gañador. 14 Responsabilidades legais A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de toda responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente na que puideren incorrer as persoas participantes en materia de propiedade intelectual. 15 Difusión dos traballos gañadores A Secretaría Xeral de Política Lingüística reserva para si o dereito a organizar exposicións e/ou editar, reproducir, exhibir ou publicar a imaxe ou o contido dos traballos presentados, por calquera medio que considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual. 16 Propiedade intelectual O concepto creativo global do traballo é de explotación exclusiva da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Todos os materiais que se produzan pasarán a ser propiedade 5 CVE:u26Iykd5m2 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve
  • 6. Rúa San Roque, 2 15781 Santiago de Compostela Tfno.: 881 996 324 Fax: 881 996 306 sxpl.planificacion@xunta.gal www.lingua.gal da Secretaría Xeral de Política Lingüística que, de acordo cos autores e as autoras, poderá realizar modificacións que melloren o resultado final e faciliten acadar os obxectivos desta convocatoria. 17 Modificacións Os centros gañadores deberán entregarlle á Secretaría Xeral de Política Lingüística os traballos presentados nun formato de alta resolución que permita realizar as modificacións que, de acordo cos autores e as autoras, cumpra realizar. Artigo 18 Protección de datos de carácter persoal No desenvolvemento desta convocatoria respectaranse cantas esixencias establece o Regulamento UE 679/2016 xeral de protección de datos e a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro (BOE 06.12.2018), de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e adoptaranse cantas medidas resulten necesarias para cumprir as súas previsións e, en particular, para garantir a seguridade e integridade dos datos persoais e dos dereitos dixitais e a súa protección fronte a alteracións, perdas, tratamentos ou accesos non autorizados. Serán de aplicación todos os dereitos e obrigas derivados da normativa aplicable en materia de protección de datos e garantía dos dereitos dixitais. As persoas interesadas poderán acceder aos seus datos, rectificalos e suprimilos, así como exercer outros dereitos nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. 19 Aceptación das bases A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría Xeral de Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da súa interpretación. Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019 O secretario xeral de Política Lingüística Valentín García Gómez O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Manuel Corredoira López 6 CVE:u26Iykd5m2 Verificación:https://sede.xunta.gal/cve Asinadopor:GARCIAGOMEZ,VALENTIN Cargo:SecretarioXeral Dataehora:22/10/201910:25:06 Asinadopor:CORREDOIRALOPEZ,MANUEL Cargo:DirectorXeraldeEducación,FormaciónProfe Innov.Educativa Dataehora:22/10/201914:13:26