SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
1
Un discurso para conmemorar corenta anos de escola
1976 - 2016
Por Antonio González López
O Xestal, 16 de xuño de 2016
Ben, pois aquí estamos. Como é para min o comezo dos discursos a parte máis
difícil de solucionar dos mesmos, para saír do paso, vou seguir o protocolo e por iso
saúdo ás autoridades —inspectores, directora, alcaldes—, mais realmente, non podo
senón considerar como autoridades a moitos membros deste auditorio, profesores
veteranos todos.
Teño que manifestar o meu máis sincero agradecemento primeiramente á
dirección e aos profesores que prepararon todo para que hoxe nós poidamos celebrar
aquí con gusto un acto de conmemoración de algo tan ordinario, común e inevitable
como é o paso do tempo, en concreto corenta anos.
Somos realmente afortunados os que estamos aquí hoxe, por poder dedicar un
día do calendario ao exercicio tan san e gratificante que é recordar, lembrar os tempos
pasados, dos que, por algunha razón, se adoitan destacar as boas experiencias, será
porque alumean máis os momentos de ledicia que aqueles grises ou negros, polos que
todos, dun xeito ou outro, habemos de pasar.
Xa terán vostedes, miñas donas, meus señores, unha cousa presente sobre este
día: é momento para os reencontros, para a confraternidade, para revivir e afirmar os
lazos que a convivencia nas aulas, corredores e demais estancias deste Colexio se
forxaron anos atrás, entre xente de todo tipo, diversa, aspecto no que reside en gran
medida a riqueza da educación pública, onde caben xentes que viven distintas
realidades, e que miran o mundo a todos lados, sen filtros nin reparos. Polo tanto, nestas
primeiras palabras quero animar a todos os asistentes a sacar do día de hoxe a maior
alegría posible, na medida en que lles agrade o acto e as palabras que algúns logramos
compoñer con maior ou menor acerto, e que é algo que vostedes xulgarán, para darlle a
entidade que merece, para nós, esta conmemoración. Porque corenta anos de vida,
corenta anos de educación dos nenos e nenas de Monfero e Irixoa, merecen ser
celebrados.
2
Quixen, humildemente, elaborar un texto de maior profundidade ca este discurso
limitado polo tempo que teño, e que é realmente xusto e adecuado, pois non convén
atrasar a hora dos pinchos e da conversación, que será o que moitos xa están desexando.
Nese texto do que lles falo —que ao final saíu daquela maneira, e que teño propósito de
mellorar notablemente durante o verán, coa idea de que quizais se poida editar un
libriño conmemorativo deste cuadraxésimo aniversario— quixen, antes de entrar a
presentar en liñas xerais o que significou a inauguración do novo colexio, presentar
tamén unhas reflexións sobre os conceptos de cultura e de educación.
Comezo sintetizando o que, tras darlle moitas voltas, considerei máis adecuado
para ilustrar o significado de cultura. Que se entende por cultura? Pois frecuentemente,
de maneira errada, pénsase que é aquel patrimonio exclusivo duns poucos “culturetas”,
de altas esferas sociais, de privilexiados que se poden dedicar por enteiro a deleitarse
das máis refinadas formas culturais —poesía, arte, e o que queiran vostedes engadir—.
Pero a cultura non consiste niso, senón que é realmente o medio principal co que os
seres humanos logran desenvolver as súas vidas, dependendo dela extraordinariamente
dende as súas primeiras manifestacións que se remontan aos primeiros tempos da nosa
especie. A cultura é, xa que logo, un tesouro do que botar man, conformado polo
conxunto de solucións que o home dá ás diferentes cuestións que se lle presentan ao
longo da súa vida, dando lugar ao que chamamos formas culturais —as artes, a relixión,
a ciencia, o pensamento, a moral, a tecnoloxía, e o que quede por contar—. Teñamos
clara a idea de que non é un complemento ou aderezo da vida, é un medio de realización
da mesma, que nos asiste, tanto no gozo coma no sufrimento, e que é fundamental para
lograr sobrepoñerse ás adversidades, e conseguir vivir con enteireza e dignidade.
E que é, entón, a educación? Pois non vou dar unha definición de enciclopedia
nin de dicionario. A educación consiste na transmisión da cultura de xeración en
xeración. A través dela lógrase que os novos membros dunha sociedade reciban un
legado conformado por valores, sistemas de organización, saberes e destrezas, e por isto
é un elemento fundamental para conseguir a cohesión da sociedade e a continuidade dos
seus trazos característicos propios.
3
Ben é certo que, transmitida ao longo do tempo, unha cultura experimentará
cambios, innovacións, será reelaborada por aqueles que a reciben. Perderanse certas
cousas e gañaranse outras. É un organismo vivo e dinámico. Pero volvamos á
educación. Se consiste en transmitir unha cultura entendida en sentido amplo, integral, e
a cultura dixemos que era un medio para realizar a vida, eu presento a seguinte
conclusión a modo de afirmación rotunda: educar é axudar a outros a vivir, dende o
inicio, proporcionando recursos, para a vida. E non vou referir a respecto do concepto
de educación nada máis, que ben terán vostedes ideas máis elaboradas sobre o mesmo,
máxime no caso de quen se dedicou por enteiro a esta actividade. Só engado a
reveladora máxima latina: non scholae, sed vitae discimus.
Deixando de lado o anterior, presento agora o que presumo que se espera deste
discurso, que é falar deste colexio e dar breves pinceladas sobre a súa historia. Remito
de novo a algúns escritos que fixen e que están dispoñibles en Internet e por aí, onde
puiden detallar máis o que se relaciona a continuación sucintamente:
A máis palpable manifestación do fenómeno social que é a educación, e por
ende, da cultura, nas nosas terras de Monfero e Irixoa, dáse coa apertura en 1976 e cos
seus posteriores corenta anos de actividade, dun novo colexio onde se concentraba a
poboación escolar das antigas pequenas escolas disgregadas polos territorios de
Monfero e Irixoa. Este acontecemento é consecuencia da profunda reforma educativa
que se ordenaba na Lei Xeral de Educación de 1970, promovida polo ministro José Luis
Villar Palasí, nun goberno, no franquismo, de tecnócratas de tendencia opusdeísta, e que
foi a considerada por moitos a máis notable actuación en política educativa que se levou
a cabo en España. Mirando a modelos europeos e nun contexto de profundos cambios
económicos e sociais que era o da España do desarrollismo, esta Lei modernizou un
sistema educativo que era en liñas xerais aquel cuxos esquemas establecera a Lei
Moyano de 1857, e que foi a máis destacada de cantas disposicións lexislativas en
materia de educación se promulgaron no século XIX. Estes vellos esquemas eran os que
definían un sistema de ensino primario baseado na dispersión de pequenas escolas polo
territorio, á fronte das cales estaban un ou dous mestres; era un sistema onde se
segregaba aos escolares por sexos.
4
A educación mixta non se xeneralizará realmente ata despois de implantada a
nova Lei de Villar Palasí. Por outra parte, o que non había era separación do alumnado
por niveis, con tódalas limitacións que iso presentaba para o exercicio da docencia.
Así, o novo colexio do Xestal era exemplo do novo modelo de educación que se
concibiu na citada lei. Fronte ó labor individual dos mestres de escola, favoreceríase o
traballo colexiado dos claustros de profesores; fronte a un mundo escolar circunscrito á
parroquia como unidade básica onde se desenvolvía a vida tradicionalmente, o novo
centro, a onde asistían nenos de distintos municipios, dende lugares distantes,
presentaba un mundo novo onde se ampliaban as posibilidades de relación social, e
téñase en conta que cantas máis relacións, maior comunicación, maiores posibilidades
de aprendizaxe.
Construídas as novas instalacións onde outrora houbo leiras, alí labrarían parte
do futuro dos rapaces e rapazas os mestres que emprendían novos proxectos educativos
nun contexto máis favorable ca o do vello sistema, con mellores condicións de
realización profesional. Nunha entrevista que tiven a sorte de lle facer a don Xosé
García Barreiro con motivo da súa xubilación, lembro que, tras preguntarlle que sentira
ao chegar aquí, me dixo « aquí vin o mundo aberto ».
Sobre os cambios socioeconómicos aos que me refería en termos xerais para
estes anos setenta, hei de incidir na gran importancia histórica do momento, pois é entón
cando se produce a ruptura entre o vello modo de vida tradicional do medio rural
galego, caracterizado por unha agricultura de policultivo de subsistencia e por
elementos que identifican esta etapa, como os traballos tradicionais —a malla— e a
tecnoloxía tradicional, coa utilización da forza de tracción animal na labranza das terras
e dos muíños hidráulicos, iconos dun mundo que comeza a esvaecerse ao dárense os
primeiros pasos na mecanización dos labores agrícolas, ao iniciarse o camiño cara á
especialización da produción gandeira, e ao estenderse a rede eléctrica, aparecendo
novas tecnoloxías coma os muíños eléctricos ou os electrodomésticos, entre outros
aspectos que se poderían sinalar. Nesta época podemos dicir que deu Galicia un último
paso —quizais non o derradeiro— do longo proceso de tránsito á era industrial.
5
Vén a conto deterse nestas cuestións contextuais porque tamén neses anos se
inicia un fenómeno importante: o éxodo rural. Estou por afirmar, e afirmo, que todos os
presentes debemos de coñecer casos concretos deste fenómeno, de xente que, nun
campo onde as pautas de vida tradicionais se vían alteradas e xa non era posible a
continuidade das mesmas, era ou ben necesario modernizarse e adaptarse ao novo
sistema agrario, ou ben emigrar á cidade na procura de novas posibilidades de traballo.
Nesta época destaca o auxe da construción de maneira xeral, e en Ferrol, o auxe da
industria naval. Este fenómeno de éxodo rural iniciábase ao tempo que entraba Galicia
na última etapa do proceso de transición demográfica, común a toda Europa occidental,
e que en liñas xerais supón, acadada unha madurez demográfica, o descenso de
poboación, se ben habería que matizar algo máis sobre isto.
A partir destes dous fenómenos, e quizais co concurso dalgún factor máis,
explícase como dende o curso 77-78, onde se chega ao maior número de alumnos
matriculados, irá descendendo progresivamente —con algunhas oscilacións— a taxa de
matrícula do Colexio, como podemos ver grazas ao traballo da profesora Ángeles, de
Matemáticas, e os seus alumnos de 4º. da ESO, que elaboraron un gráfico a partir dos
datos recollidos nas diversas actas.
Se era quizais desexable que me detivese máis nestes aspectos históricos, cunha
máis rigorosa análise do fenómeno de concentración escolar e recargando de datos esta
exposición, non o sei. Déixoo ao xuízo dos asistentes, persoas críticas, como debe ser.
Por medo a que non me dese tempo, e tamén por ceder ao impulsos emocionais, decidín
pasar a centrarme no que representa para unha persoa, coma min e coma vostedes, o
paso polas aulas do Xestal. E teño que dicir que non é doado intentar expresar de
maneira sintética esta afortunada experiencia que moitos puidemos vivir.
O que sen dúbidas nos debe de unir a todos os que estamos hoxe aquí é o
sentimento de pertenza a esta institución, como lugar onde recibimos a formación
elemental ou como lugar onde moitos realizaron parte ou gran parte da súa vida
profesional. A todos nos vinculan as experiencias compartidas no proceso de ensinanza
- aprendizaxe, nunha convivencia harmónica que determinou o éxito do labor educativo
deste centro no seu percorrido ao longo dos anos.
6
O que pretendo expresar requiriría quizais un gran detemento, e en
consecuencia, máis páxinas de discurso e máis tempo, que non convén gastar. O paso do
tempo, que corre, é o paso da vida. Así pois decidín tomar outra sentenza latina, esta vez
non clásica, senón medieval, nunha metáfora que persoalmente me pareceu fermosa
para entender o que é o paso da vida, e en especial que é a educación como transmisión
da cultura e como unha sorte de carreira de relevos entre as xeracións. Pensei tamén que
lle gustaría a Pilar, por ser unha metáfora deportiva, e que valerá tamén para aqueles
que xunto a ela marchan este ano das aulas do Xestal por traslado: María José Fandiño,
Carmen Gancedo, María José Ferreira, Alfonso Salgado e Verónica del Río,
orientadora. E tiven onte noticia, que me sorprendeu e me entristeceu un pouco, porque
realmente me dá pena que a xente marche, aínda que sexa o natural e necesario, e que é
a xubilación de Tita, unha gran persoa que aínda así non merece a discreción que a súa
humildade lle fai pedir. Pero non me vou parar aquí con todos eles, que moitas máis
palabras de agradecemento me merecen, das que podo poñer aquí.
A sentenza que en cuestión anunciaba di: et quasi cursores vitai lampada
tradunt, « e como corredores na vida pasan o facho », de man en man. Este facho da
cultura, que aos profesores lles pasaron, á súa vez, os seus educadores, é o que levan na
carreira da vida, avivando o lume coas súas propias virtudes e innovacións persoais,
para chegar a pasar ese mesmo facho, e co seu lume, que dá luz e calor, entregarlles aos
alumnos algo co que alumear o camiño da vida a través do cal están destinados a
percorrer a súa propia carreira, para seguir co relevo. E así, mirando ao lonxe, a paisaxe
será fermosa ao ver como escintilan os fachos dos alumnos que corren cara aos seus
horizontes, sabendo que esforzarse, e chegar cansos á meta, adquiren un gran sentido.
Nas aulas e nos corredores do colexio do Xestal puideron moitos pasar o seu
facho da cultura e do saber aos seus alumnos, nos que souberon fornecer valores, para
que cando estivesen correndo, tivesen a ben pararse cos caídos, prestarlles auxilio,
retomar a carreira con eles, sabendo gozar da compañía, compartindo luz e calor.
É tanto, xa que logo, o que se conseguiu ao longo destes anos. Puiden intentar
facer unha relación condensada de tódalas actividades que ao longo dos anos se foron
realizando, sinalar quen foron os que as organizaron, facer unha valoración das mesmas;
puiden tamén intentar relacionar que profesores foron ocupando os diferentes cargos
directivos e organizativos deste colexio ao longo dos anos.
7
E non me parecería mal que se fixera, se cadra ata nalgún momento do futuro me
propoño facelo eu mesmo, pero non foi ese o meu ánimo para o día de hoxe. Entendín
tamén que non se trataba de bombardear con datos e datas aquí ás persoas asistentes que
acoden coa súa mellor vontade. Pode que alguén o bote en falta, pero este tipo de
discurso foi o que finalmente mellor me pareceu para presentar aquí. Pedirei, outra vez
máis, desculpas para aqueles cuxas expectativas non lograse cumprir.
Como os galardóns que foi acumulando este centro son moitos, sinalarei dous: o
primeiro e de maior categoría, o primeiro Premio Nacional de Educación para o
Desenvolvemento « Vicente Ferrer », obtido pola posta en marcha do proxecto de
educación en valores Monferosolidario, consolidado xa en sinal de identidade deste
centro, coordinado por Yolanda Castro e Verónica Dopico, e que foron a recoller a
Madrid en setembro de 2009 Verónica e Míriam, directora, en representación do
Colexio. O segundo galardón dos referidos é o último da colección, e é o premio obtido
polos alumnos de Tecnoloxía e o profesor Manuel Sánchez que participaron nun
concurso de robótica celebrado na Coruña recentemente. Outros dos proxectos que
actualmente se desenvolven no centro son o de Somos paisaxe, somos vida, coordinado
pola directora Camino Pereiro, ou a recente iniciativa Soño rural que promove a
profesora Carmen Espiñeira en 6º. de Primaria.
Se me parase en destacar a importancia de cada un destes proxectos, non
remataría. Ademais do intenso labor de educar e de dinamizar a vida escolar, nos
últimos anos melloráronse moito as instalacións do centro, como calquera pode
observar, e ademais viuse beneficiado da dotación de recursos materiais. Con todo isto,
quixen facer unha observación que creo é máis obxectiva que subxectiva: este centro
presta servizos educativos de alta calidade, en excelentes condicións, e nun ambiente
que pouco se pode mellorar. Atractivos máis que suficientes como para atraer alumnado
ás súas aulas, para aumentar a matrícula.
E enlazando co anterior, fago aquí tamén unha apelación ás autoridades
presentes, que, como representantes da Administración pública, teñen nas súas mans a
gran responsabilidade de xestionar eficazmente os recursos que destina o Estado para
prestar un servizo de tal transcendencia para o benestar social e a desexada prosperidade
da sociedade, como é a educación.
8
No exercicio desas tarefas de xestión de recursos, deben ser especialmente
sensibles aos cambiantes contextos onde se presta este servizo, para poder, dunha
análise que teña en conta múltiples aspectos sobre a poboación e as necesidades
educativas que presenta, poidan achar a maneira máis eficaz de optimizar recursos,
garantindo a continuidade de empresas educativas como esta da que todos os presentes
formamos parte, uns, como quen lles fala, beneficiarios, e outros, coma moitos dos
presentes e coma vostedes mesmos, responsables de proporcionar este enorme beneficio
que é recibir unha boa educación.
E quero rematar, a pesar de saber que me quedaron moitas cousas por dicir,
facendo algo que é común en moitos actos, e que penso que é realmente necesario.
Trátase da lembranza dos que xa non están, dos que se foron e non se soubo máis deles,
e dos que morreron. Faleceron xa algúns profesores deste Colexio. A maioría, por
fortuna, están aínda vivos e moitos mostran unha vitalidade admirable, demostrando
como se debe asimilar o paso do tempo, mantendo un espírito novo e renovado sen
facer caso da idade. Pero foron moitos, demasiados, os alumnos que faleceron. E deles
sei que os seus compañeiros e profesores gardan un entrañable recordo e certa rabia
polo dura que se volve a vida nalgúns momentos. Propoño que a todos eles os
lembremos hoxe con cariño, facéndoos dalgún xeito tamén partícipes desta celebración.
Dito e repetido xa que moito me quedou por dicir, vou poñer agora punto final a
este insuficiente discurso pedíndolles encarecidamente que por favor aproveiten a
xornada de hoxe como ocasión para relembrar tempos pasados en agradable compañía e
que miren todos vostedes cara atrás no tempo non con melancolía ou nostalxia, senón
coa serenidade e a satisfacción que dan ao espírito a certeza dun camiño percorrido cun
traballo que deixamos feito, e a sorte de poder estar aínda en disposición de seguir
andando. MOITAS GRAZAS.

More Related Content

What's hot

Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
satelite1
 

What's hot (20)

Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfilXesteira definitivo con nueva portada color marfil
Xesteira definitivo con nueva portada color marfil
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Guia Ed
Guia EdGuia Ed
Guia Ed
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestres
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 

Viewers also liked

Viewers also liked (20)

16. experiencia escolar en fin de semana (1)
16.  experiencia escolar en fin de semana (1)16.  experiencia escolar en fin de semana (1)
16. experiencia escolar en fin de semana (1)
 
15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)15. compañeiros a proba de bomba (1)
15. compañeiros a proba de bomba (1)
 
Nina imágenes guerra
Nina imágenes guerraNina imágenes guerra
Nina imágenes guerra
 
Nerea holocausto
Nerea holocaustoNerea holocausto
Nerea holocausto
 
Ana gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerraAna gonzález historia guerra
Ana gonzález historia guerra
 
Crónica holocausto
Crónica holocaustoCrónica holocausto
Crónica holocausto
 
Iria holocausto
Iria holocaustoIria holocausto
Iria holocausto
 
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocaustoAlba homenaxe ás vítimas do holocausto
Alba homenaxe ás vítimas do holocausto
 
Andrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerraAndrea varela imagen guerra
Andrea varela imagen guerra
 
Andrea varela holocausto
Andrea varela holocaustoAndrea varela holocausto
Andrea varela holocausto
 
María vázquez holocausto
María vázquez holocaustoMaría vázquez holocausto
María vázquez holocausto
 
Sergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocaustoSergio víctimas holocausto
Sergio víctimas holocausto
 
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
1. imágenes para reflexionar sobre la guerra act tutoria 2 (1)
 
4. comic malala
4. comic malala4. comic malala
4. comic malala
 
Silvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerraSilvia roca reflexión sobre a guerra
Silvia roca reflexión sobre a guerra
 
Diana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerraDiana reflexiones guerra
Diana reflexiones guerra
 
Diana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocaustoDiana homenaxe ás victimas do holocausto
Diana homenaxe ás victimas do holocausto
 
María refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquiaMaría refugiados sirios camino de turquia
María refugiados sirios camino de turquia
 
Adrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerraAdrián imaxes sobre a guerra
Adrián imaxes sobre a guerra
 
Postal monfero nadal 2015
Postal monfero nadal 2015Postal monfero nadal 2015
Postal monfero nadal 2015
 

Similar to Discurso 40 anos

A revista escolar definitiva
A revista escolar definitivaA revista escolar definitiva
A revista escolar definitiva
A Solaina
 
01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web
nosopos
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
satelite1
 
Unha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filateliaUnha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filatelia
milarofer
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
satelite1
 

Similar to Discurso 40 anos (20)

Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017
 
A revista escolar definitiva
A revista escolar definitivaA revista escolar definitiva
A revista escolar definitiva
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web01 tema 1 estracto para a web
01 tema 1 estracto para a web
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
RefundicióN
RefundicióNRefundicióN
RefundicióN
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADEPlan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
Plan DE XÉNERO, MUSEOS , ARTE, EDUCACIÓN E IGUALDADE
 
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
Plan de museos, xénero, arte, educación e igualdade da Rede Museística Provin...
 
Unha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filateliaUnha experiencia coa filatelia
Unha experiencia coa filatelia
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
 
Autorización
AutorizaciónAutorización
Autorización
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 

More from satelite1

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 

Discurso 40 anos

  • 1. 1 Un discurso para conmemorar corenta anos de escola 1976 - 2016 Por Antonio González López O Xestal, 16 de xuño de 2016 Ben, pois aquí estamos. Como é para min o comezo dos discursos a parte máis difícil de solucionar dos mesmos, para saír do paso, vou seguir o protocolo e por iso saúdo ás autoridades —inspectores, directora, alcaldes—, mais realmente, non podo senón considerar como autoridades a moitos membros deste auditorio, profesores veteranos todos. Teño que manifestar o meu máis sincero agradecemento primeiramente á dirección e aos profesores que prepararon todo para que hoxe nós poidamos celebrar aquí con gusto un acto de conmemoración de algo tan ordinario, común e inevitable como é o paso do tempo, en concreto corenta anos. Somos realmente afortunados os que estamos aquí hoxe, por poder dedicar un día do calendario ao exercicio tan san e gratificante que é recordar, lembrar os tempos pasados, dos que, por algunha razón, se adoitan destacar as boas experiencias, será porque alumean máis os momentos de ledicia que aqueles grises ou negros, polos que todos, dun xeito ou outro, habemos de pasar. Xa terán vostedes, miñas donas, meus señores, unha cousa presente sobre este día: é momento para os reencontros, para a confraternidade, para revivir e afirmar os lazos que a convivencia nas aulas, corredores e demais estancias deste Colexio se forxaron anos atrás, entre xente de todo tipo, diversa, aspecto no que reside en gran medida a riqueza da educación pública, onde caben xentes que viven distintas realidades, e que miran o mundo a todos lados, sen filtros nin reparos. Polo tanto, nestas primeiras palabras quero animar a todos os asistentes a sacar do día de hoxe a maior alegría posible, na medida en que lles agrade o acto e as palabras que algúns logramos compoñer con maior ou menor acerto, e que é algo que vostedes xulgarán, para darlle a entidade que merece, para nós, esta conmemoración. Porque corenta anos de vida, corenta anos de educación dos nenos e nenas de Monfero e Irixoa, merecen ser celebrados.
  • 2. 2 Quixen, humildemente, elaborar un texto de maior profundidade ca este discurso limitado polo tempo que teño, e que é realmente xusto e adecuado, pois non convén atrasar a hora dos pinchos e da conversación, que será o que moitos xa están desexando. Nese texto do que lles falo —que ao final saíu daquela maneira, e que teño propósito de mellorar notablemente durante o verán, coa idea de que quizais se poida editar un libriño conmemorativo deste cuadraxésimo aniversario— quixen, antes de entrar a presentar en liñas xerais o que significou a inauguración do novo colexio, presentar tamén unhas reflexións sobre os conceptos de cultura e de educación. Comezo sintetizando o que, tras darlle moitas voltas, considerei máis adecuado para ilustrar o significado de cultura. Que se entende por cultura? Pois frecuentemente, de maneira errada, pénsase que é aquel patrimonio exclusivo duns poucos “culturetas”, de altas esferas sociais, de privilexiados que se poden dedicar por enteiro a deleitarse das máis refinadas formas culturais —poesía, arte, e o que queiran vostedes engadir—. Pero a cultura non consiste niso, senón que é realmente o medio principal co que os seres humanos logran desenvolver as súas vidas, dependendo dela extraordinariamente dende as súas primeiras manifestacións que se remontan aos primeiros tempos da nosa especie. A cultura é, xa que logo, un tesouro do que botar man, conformado polo conxunto de solucións que o home dá ás diferentes cuestións que se lle presentan ao longo da súa vida, dando lugar ao que chamamos formas culturais —as artes, a relixión, a ciencia, o pensamento, a moral, a tecnoloxía, e o que quede por contar—. Teñamos clara a idea de que non é un complemento ou aderezo da vida, é un medio de realización da mesma, que nos asiste, tanto no gozo coma no sufrimento, e que é fundamental para lograr sobrepoñerse ás adversidades, e conseguir vivir con enteireza e dignidade. E que é, entón, a educación? Pois non vou dar unha definición de enciclopedia nin de dicionario. A educación consiste na transmisión da cultura de xeración en xeración. A través dela lógrase que os novos membros dunha sociedade reciban un legado conformado por valores, sistemas de organización, saberes e destrezas, e por isto é un elemento fundamental para conseguir a cohesión da sociedade e a continuidade dos seus trazos característicos propios.
  • 3. 3 Ben é certo que, transmitida ao longo do tempo, unha cultura experimentará cambios, innovacións, será reelaborada por aqueles que a reciben. Perderanse certas cousas e gañaranse outras. É un organismo vivo e dinámico. Pero volvamos á educación. Se consiste en transmitir unha cultura entendida en sentido amplo, integral, e a cultura dixemos que era un medio para realizar a vida, eu presento a seguinte conclusión a modo de afirmación rotunda: educar é axudar a outros a vivir, dende o inicio, proporcionando recursos, para a vida. E non vou referir a respecto do concepto de educación nada máis, que ben terán vostedes ideas máis elaboradas sobre o mesmo, máxime no caso de quen se dedicou por enteiro a esta actividade. Só engado a reveladora máxima latina: non scholae, sed vitae discimus. Deixando de lado o anterior, presento agora o que presumo que se espera deste discurso, que é falar deste colexio e dar breves pinceladas sobre a súa historia. Remito de novo a algúns escritos que fixen e que están dispoñibles en Internet e por aí, onde puiden detallar máis o que se relaciona a continuación sucintamente: A máis palpable manifestación do fenómeno social que é a educación, e por ende, da cultura, nas nosas terras de Monfero e Irixoa, dáse coa apertura en 1976 e cos seus posteriores corenta anos de actividade, dun novo colexio onde se concentraba a poboación escolar das antigas pequenas escolas disgregadas polos territorios de Monfero e Irixoa. Este acontecemento é consecuencia da profunda reforma educativa que se ordenaba na Lei Xeral de Educación de 1970, promovida polo ministro José Luis Villar Palasí, nun goberno, no franquismo, de tecnócratas de tendencia opusdeísta, e que foi a considerada por moitos a máis notable actuación en política educativa que se levou a cabo en España. Mirando a modelos europeos e nun contexto de profundos cambios económicos e sociais que era o da España do desarrollismo, esta Lei modernizou un sistema educativo que era en liñas xerais aquel cuxos esquemas establecera a Lei Moyano de 1857, e que foi a máis destacada de cantas disposicións lexislativas en materia de educación se promulgaron no século XIX. Estes vellos esquemas eran os que definían un sistema de ensino primario baseado na dispersión de pequenas escolas polo territorio, á fronte das cales estaban un ou dous mestres; era un sistema onde se segregaba aos escolares por sexos.
  • 4. 4 A educación mixta non se xeneralizará realmente ata despois de implantada a nova Lei de Villar Palasí. Por outra parte, o que non había era separación do alumnado por niveis, con tódalas limitacións que iso presentaba para o exercicio da docencia. Así, o novo colexio do Xestal era exemplo do novo modelo de educación que se concibiu na citada lei. Fronte ó labor individual dos mestres de escola, favoreceríase o traballo colexiado dos claustros de profesores; fronte a un mundo escolar circunscrito á parroquia como unidade básica onde se desenvolvía a vida tradicionalmente, o novo centro, a onde asistían nenos de distintos municipios, dende lugares distantes, presentaba un mundo novo onde se ampliaban as posibilidades de relación social, e téñase en conta que cantas máis relacións, maior comunicación, maiores posibilidades de aprendizaxe. Construídas as novas instalacións onde outrora houbo leiras, alí labrarían parte do futuro dos rapaces e rapazas os mestres que emprendían novos proxectos educativos nun contexto máis favorable ca o do vello sistema, con mellores condicións de realización profesional. Nunha entrevista que tiven a sorte de lle facer a don Xosé García Barreiro con motivo da súa xubilación, lembro que, tras preguntarlle que sentira ao chegar aquí, me dixo « aquí vin o mundo aberto ». Sobre os cambios socioeconómicos aos que me refería en termos xerais para estes anos setenta, hei de incidir na gran importancia histórica do momento, pois é entón cando se produce a ruptura entre o vello modo de vida tradicional do medio rural galego, caracterizado por unha agricultura de policultivo de subsistencia e por elementos que identifican esta etapa, como os traballos tradicionais —a malla— e a tecnoloxía tradicional, coa utilización da forza de tracción animal na labranza das terras e dos muíños hidráulicos, iconos dun mundo que comeza a esvaecerse ao dárense os primeiros pasos na mecanización dos labores agrícolas, ao iniciarse o camiño cara á especialización da produción gandeira, e ao estenderse a rede eléctrica, aparecendo novas tecnoloxías coma os muíños eléctricos ou os electrodomésticos, entre outros aspectos que se poderían sinalar. Nesta época podemos dicir que deu Galicia un último paso —quizais non o derradeiro— do longo proceso de tránsito á era industrial.
  • 5. 5 Vén a conto deterse nestas cuestións contextuais porque tamén neses anos se inicia un fenómeno importante: o éxodo rural. Estou por afirmar, e afirmo, que todos os presentes debemos de coñecer casos concretos deste fenómeno, de xente que, nun campo onde as pautas de vida tradicionais se vían alteradas e xa non era posible a continuidade das mesmas, era ou ben necesario modernizarse e adaptarse ao novo sistema agrario, ou ben emigrar á cidade na procura de novas posibilidades de traballo. Nesta época destaca o auxe da construción de maneira xeral, e en Ferrol, o auxe da industria naval. Este fenómeno de éxodo rural iniciábase ao tempo que entraba Galicia na última etapa do proceso de transición demográfica, común a toda Europa occidental, e que en liñas xerais supón, acadada unha madurez demográfica, o descenso de poboación, se ben habería que matizar algo máis sobre isto. A partir destes dous fenómenos, e quizais co concurso dalgún factor máis, explícase como dende o curso 77-78, onde se chega ao maior número de alumnos matriculados, irá descendendo progresivamente —con algunhas oscilacións— a taxa de matrícula do Colexio, como podemos ver grazas ao traballo da profesora Ángeles, de Matemáticas, e os seus alumnos de 4º. da ESO, que elaboraron un gráfico a partir dos datos recollidos nas diversas actas. Se era quizais desexable que me detivese máis nestes aspectos históricos, cunha máis rigorosa análise do fenómeno de concentración escolar e recargando de datos esta exposición, non o sei. Déixoo ao xuízo dos asistentes, persoas críticas, como debe ser. Por medo a que non me dese tempo, e tamén por ceder ao impulsos emocionais, decidín pasar a centrarme no que representa para unha persoa, coma min e coma vostedes, o paso polas aulas do Xestal. E teño que dicir que non é doado intentar expresar de maneira sintética esta afortunada experiencia que moitos puidemos vivir. O que sen dúbidas nos debe de unir a todos os que estamos hoxe aquí é o sentimento de pertenza a esta institución, como lugar onde recibimos a formación elemental ou como lugar onde moitos realizaron parte ou gran parte da súa vida profesional. A todos nos vinculan as experiencias compartidas no proceso de ensinanza - aprendizaxe, nunha convivencia harmónica que determinou o éxito do labor educativo deste centro no seu percorrido ao longo dos anos.
  • 6. 6 O que pretendo expresar requiriría quizais un gran detemento, e en consecuencia, máis páxinas de discurso e máis tempo, que non convén gastar. O paso do tempo, que corre, é o paso da vida. Así pois decidín tomar outra sentenza latina, esta vez non clásica, senón medieval, nunha metáfora que persoalmente me pareceu fermosa para entender o que é o paso da vida, e en especial que é a educación como transmisión da cultura e como unha sorte de carreira de relevos entre as xeracións. Pensei tamén que lle gustaría a Pilar, por ser unha metáfora deportiva, e que valerá tamén para aqueles que xunto a ela marchan este ano das aulas do Xestal por traslado: María José Fandiño, Carmen Gancedo, María José Ferreira, Alfonso Salgado e Verónica del Río, orientadora. E tiven onte noticia, que me sorprendeu e me entristeceu un pouco, porque realmente me dá pena que a xente marche, aínda que sexa o natural e necesario, e que é a xubilación de Tita, unha gran persoa que aínda así non merece a discreción que a súa humildade lle fai pedir. Pero non me vou parar aquí con todos eles, que moitas máis palabras de agradecemento me merecen, das que podo poñer aquí. A sentenza que en cuestión anunciaba di: et quasi cursores vitai lampada tradunt, « e como corredores na vida pasan o facho », de man en man. Este facho da cultura, que aos profesores lles pasaron, á súa vez, os seus educadores, é o que levan na carreira da vida, avivando o lume coas súas propias virtudes e innovacións persoais, para chegar a pasar ese mesmo facho, e co seu lume, que dá luz e calor, entregarlles aos alumnos algo co que alumear o camiño da vida a través do cal están destinados a percorrer a súa propia carreira, para seguir co relevo. E así, mirando ao lonxe, a paisaxe será fermosa ao ver como escintilan os fachos dos alumnos que corren cara aos seus horizontes, sabendo que esforzarse, e chegar cansos á meta, adquiren un gran sentido. Nas aulas e nos corredores do colexio do Xestal puideron moitos pasar o seu facho da cultura e do saber aos seus alumnos, nos que souberon fornecer valores, para que cando estivesen correndo, tivesen a ben pararse cos caídos, prestarlles auxilio, retomar a carreira con eles, sabendo gozar da compañía, compartindo luz e calor. É tanto, xa que logo, o que se conseguiu ao longo destes anos. Puiden intentar facer unha relación condensada de tódalas actividades que ao longo dos anos se foron realizando, sinalar quen foron os que as organizaron, facer unha valoración das mesmas; puiden tamén intentar relacionar que profesores foron ocupando os diferentes cargos directivos e organizativos deste colexio ao longo dos anos.
  • 7. 7 E non me parecería mal que se fixera, se cadra ata nalgún momento do futuro me propoño facelo eu mesmo, pero non foi ese o meu ánimo para o día de hoxe. Entendín tamén que non se trataba de bombardear con datos e datas aquí ás persoas asistentes que acoden coa súa mellor vontade. Pode que alguén o bote en falta, pero este tipo de discurso foi o que finalmente mellor me pareceu para presentar aquí. Pedirei, outra vez máis, desculpas para aqueles cuxas expectativas non lograse cumprir. Como os galardóns que foi acumulando este centro son moitos, sinalarei dous: o primeiro e de maior categoría, o primeiro Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento « Vicente Ferrer », obtido pola posta en marcha do proxecto de educación en valores Monferosolidario, consolidado xa en sinal de identidade deste centro, coordinado por Yolanda Castro e Verónica Dopico, e que foron a recoller a Madrid en setembro de 2009 Verónica e Míriam, directora, en representación do Colexio. O segundo galardón dos referidos é o último da colección, e é o premio obtido polos alumnos de Tecnoloxía e o profesor Manuel Sánchez que participaron nun concurso de robótica celebrado na Coruña recentemente. Outros dos proxectos que actualmente se desenvolven no centro son o de Somos paisaxe, somos vida, coordinado pola directora Camino Pereiro, ou a recente iniciativa Soño rural que promove a profesora Carmen Espiñeira en 6º. de Primaria. Se me parase en destacar a importancia de cada un destes proxectos, non remataría. Ademais do intenso labor de educar e de dinamizar a vida escolar, nos últimos anos melloráronse moito as instalacións do centro, como calquera pode observar, e ademais viuse beneficiado da dotación de recursos materiais. Con todo isto, quixen facer unha observación que creo é máis obxectiva que subxectiva: este centro presta servizos educativos de alta calidade, en excelentes condicións, e nun ambiente que pouco se pode mellorar. Atractivos máis que suficientes como para atraer alumnado ás súas aulas, para aumentar a matrícula. E enlazando co anterior, fago aquí tamén unha apelación ás autoridades presentes, que, como representantes da Administración pública, teñen nas súas mans a gran responsabilidade de xestionar eficazmente os recursos que destina o Estado para prestar un servizo de tal transcendencia para o benestar social e a desexada prosperidade da sociedade, como é a educación.
  • 8. 8 No exercicio desas tarefas de xestión de recursos, deben ser especialmente sensibles aos cambiantes contextos onde se presta este servizo, para poder, dunha análise que teña en conta múltiples aspectos sobre a poboación e as necesidades educativas que presenta, poidan achar a maneira máis eficaz de optimizar recursos, garantindo a continuidade de empresas educativas como esta da que todos os presentes formamos parte, uns, como quen lles fala, beneficiarios, e outros, coma moitos dos presentes e coma vostedes mesmos, responsables de proporcionar este enorme beneficio que é recibir unha boa educación. E quero rematar, a pesar de saber que me quedaron moitas cousas por dicir, facendo algo que é común en moitos actos, e que penso que é realmente necesario. Trátase da lembranza dos que xa non están, dos que se foron e non se soubo máis deles, e dos que morreron. Faleceron xa algúns profesores deste Colexio. A maioría, por fortuna, están aínda vivos e moitos mostran unha vitalidade admirable, demostrando como se debe asimilar o paso do tempo, mantendo un espírito novo e renovado sen facer caso da idade. Pero foron moitos, demasiados, os alumnos que faleceron. E deles sei que os seus compañeiros e profesores gardan un entrañable recordo e certa rabia polo dura que se volve a vida nalgúns momentos. Propoño que a todos eles os lembremos hoxe con cariño, facéndoos dalgún xeito tamén partícipes desta celebración. Dito e repetido xa que moito me quedou por dicir, vou poñer agora punto final a este insuficiente discurso pedíndolles encarecidamente que por favor aproveiten a xornada de hoxe como ocasión para relembrar tempos pasados en agradable compañía e que miren todos vostedes cara atrás no tempo non con melancolía ou nostalxia, senón coa serenidade e a satisfacción que dan ao espírito a certeza dun camiño percorrido cun traballo que deixamos feito, e a sorte de poder estar aínda en disposición de seguir andando. MOITAS GRAZAS.