O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
1.
O grelo como sinal de identidade
3 noviembre, 2020. CPI Virxe da Cela
Alumnos:
● Marta Fernández Sanjuán e outros (ver recadro)
Profesores:
● Verónica Dopico
«De repente, ser da aldea e falar galego era guai!», di Ana Belén González Jove, unha das
pioneiras do Festival Grelo Folc celebrado en Monfero. O encontro que González Jove e outros
veciños máis organizan cada ano ten como finalidade poñer de manifesto ese necesario orgullo
da terra. Esta iniciativa xurdiu a finais da década dos 90, pola inquietude duns mozos que lles
gustaba un tipo diferente de música á desa época, apostaban pola música galega e non sexista.
Crearon unha asociación cultural e medioambiental chamada O Abordelo, ese verbo usábase
antigamente para indicar que cando dous bois tiraban por un carro moi pesado ou por camiños
moi costos e non podían coa carga, había que engancharlles outra parella de bois ou do animal
de carga que fora. «Nos chamámoslle Abordelo, porque tiñamos intención de abordelar Monfero
achegando o noso graíño de area na actividade cultural do concello» indica Ana.
2.
O seu obxectivo é diversificar a oferta cultural e festiva no medio rural e ademais a dignificación
dunha cultura e lingua propias. Actualmente o festival dura todo o día, celébrase no outono,
cando comezan os cogumelos e as nabizas, «salvo que o impidan eventuais pandemias ou
catástrofes de outro tipo» como indica con humor Antonio González López, un amigo das festas
e dos cantos tradicionais. Ademais sobriño de Ana e un exalumno brillante do CPIP (Colexio
Público Integrado Plurilingüe) Virxe da Cela.
Este evento celébrase no mosteiro de Santa María de Monfero, que data do século XII. Dende
hai uns anos atópase en pésimas condicións, por elo xurdiu unha asociación que velaba polo
seu benestar, a Asociación Cultural Amigos do Mosteiro. «Realmente é unha pena que esta xoia
do patrimonio galego e icona de Monfero estea nun estado deplorable e non se estea
aproveitando o seu infinito potencial», resalta Hugo Lucía Romero estudante do CPIP Virxe da
Cela.
«Cada avó é unha biblioteca»
Xunto a esta marabillosa xoia non se pode esquecer dos magníficos grelos de Monfero,
coñecidos por toda a comunidade como unha larpeirada. Tanto é o seu valor que lle celebramos
en Monfero un evento chamado A feira do Grelo.
En Monfero tamén está posto en marcha dende hai mais dunha década un proxecto chamado
Cancioneiro de Monfero, que coordina Verónica Dopico a profesora de música do CPIP Virxe da
3. Cela. A iniciativa consiste na recollida da tradición oral da zona. Os propios alumnos son os que
fan as entrevistas e se encargan desta recollida de información. Os primeiros documentos que
conservan son do 2006, en follas de papel e gravacións en cintas ou casetes. Verónica afirma
que «cada avó é unha biblioteca», xa que grazas a eles este proxecto se puido levar a cabo.
Non podemos esquecer a gran labor do Grupo Folklórico Cultural e Deportivo Virxe da Cela de
Monfero, creado no 1988 e que segue en funcionamento na actualidade. «Somos todos coma
unha gran familia e pasámolo xenial!», explica Pablo Varela, un dos integrantes da asociación.
Incita a que non se perda a tradición, sobretodo nun ambiente rural como o noso.
Principalmente consta de un grupo de gaitas, pero tamén hai pandereteiras como Icía Seco,
bombistas, tamborelistas… todos eles cun repertorio amplo de pezas tradicionais, algunhas
arranxadas e adaptadas polo seu profesor e profesional Bruno Villamor.
Son estes esforzos da xente da contorna os que traslada ás novas xeracións a necesidade de
manter vivo o patrimonio e a tradición, como ben fixo Miluca da Moreira ao recuperar mais de
mil tradicións, como o entroido de Sanmede, localizado no concello de Paderne, terra que criou
a Miluca, e ela decidiu devolverlle o favor.
TEMA DA
REPORTAXE
REPORTEIR@S
Feira do Grelo Andrea Rivera Andrade, Rubén Rodríguez Fernández, Matías Cal Eke,
Adrián Caamaño Rico, Antía López Teodosio, Damián García Ramos
O festival Grelo
Folc
Felipe Rey Castro, Noelia Silveira Quintián, Rubén Fraga Tizón, Marta
Fernández Sanjuán, Antía López Teodosio
Asociación
Folclóricos Virxe
da Cela
Marta Fernández Sanjuán, Ariadna Diaz Tondo, Cristina Vazquez Varela
Asociación
Amigos Mosteiro
Hugo Lucía Romero
Cancioneiro
Monfero
Nerea Fernández Rodriguez
Entroido Samede
(Raíces e filloas)
Daniel Pena Bonome
4.
«Queriamos facer un encontro que nos representara, diferente ás festas patronais»
Hai anos algún de nós visitamos o Festival Grelo Folc coas nosas familias a e nunca parámonos
a pensar no sentido e importancia deste evento. En marzo deste ano entrevistamos a unha das
pioneiras desta iniciativa cultural, Ana María González Jove. Cando comezaron Ana e os seus
compañeiros eran xente moi nova e simplemente querían ter no seu territorio unha alternativa
cultural e de lecer que fose máis alá das festas patronais. Un dos seus obxectivos era
diversificar a oferta cultural e festiva no medio rural, así como dignificar a cultura e lingua propia,
mostrando a diversidade musical que se pode dar en galego. Lembrando eses inicios, Ana
comenta: «Comecei a participar na organización deste festival sendo moi nova. Ao rematar os
estudos no Xestal, tivera que irme para a cidade a seguir os meus estudos, daquela con 13 ou 14
anos. O cambio non fora fácil e xa na xuventude xurdira un movemento cultural co que me
dignificaba e co que eu me identificaba: o ser de aldea, o falar galego, o ter identidade propia…
era todo un movemento que ía desde publicacións literarias, ata cinema e música (rock bravú).
De repente, ser da aldea e falar galego era guai!! e iso para moitos de nós foi como un respiro».
Comezaron sendo un grupo de amigos cos mesmos intereses: «Desde Xestoso, eramos un
grupiño pequeno de xente que xa íamos ao Festival de Pardiñas, alí dábase un agromar cultural
e como xente moi moza descubríamos un mundo que se nos presentaba máis alá do que
coñecíamos das festas patronais. Así comezamos a organizar este festival, coa intención de
darlle ao noso territorio o que tanto nos gustaba gozar a outros lugares». Pero ao pasar o
tempo constituíronse nunha asociación cultural e medioambiental que se chama O Abordelo, un
5. curioso nome que Ana explica que «un verbo xa en desuso pero que se usaba moito nas
sociedades labregas. Abordelar é cando dous bois tiraban por un carro moi pesado ou por
camiños moi costos e non podían coa carga e había que engancharlles outra parella de bois ou
do animal de carga que fora». Ana matiza: «Nós chamámonos Abordelo, porque tiñamos
intención de abordelar Monfero aportando o noso graíño de area na actividade cultural do
concello». Actualmente o grupo máis activo da asociación componse dunhas dez persoas e a
maiores hai moita xente que colabora o mesmo día do festival de distintas maneiras.
O festival xurdiu a finais da década dos 90. Fíxose por vez primeira no Río do Dez, «pero como
facía dous anos que se declarara Parque Natural as Fragas do Eume e o Dez estaba dentro dos
límites do parque natural, no ano 2000 xa se cambiou a ubicación para o Mosteiro de Monfero,
por ser a icona do concello e un lugar marabilloso tamén.
O Festival Grelo Folc comezou sendo un festival de música en galego que se realizaba pola
noite e normalmente adoitaban vir catro grupos musicais. A organización tentaba sempre traer
distintos estilos de música, iso si, tiñan as ideas moi claras, xa que «para tocar no Grelo Folc os
grupos que veñen teñen que usar o galego como lingua principal e usar letras non sexistas.
Ademais da música tamén queremos que ser respecten certos valores para nós importantes».
Agora a xornada é de todo o día. Comeza ás dúas da tarde cunha sesión vermú seguido dun
xantar. Pola tarde hai un festival que cada ano é máis concorrido que foi bautizado como A
Nabiciña, do que Ana fala orgullosa: «É un festival para público infantil no que sempre traemos
algunha actuación ou ben musical ou teatro, ou circo…. ten moito éxito e remata cunha merenda
para as crianzas». Pola noite segue o festival cos grupos de música.
Polo festival pasa xente de todas as idades, precisamente ao haber actividades durante todo o
día é un ir e vir de xente continuamente, e Ana explica que «ao mediodía é público xeral de
calquera idade e á foliada que se dá despois de comer hai bastante xente maior. Á tarde está
concorrida por público familiar de mamás e papás coas súas fillas e fillos e á noite é
maioritariamente xente máis moza». O que resulta curioso é o que sucede co público local, «o
máis cercano cóstanos máis. Vén moita xente da comarca, sube xente de Pontedeume, das
cidades… O público de Monfero vai aumentando moi timidamente, pero a base de ser
constantes no tempo…»
6.
Evidentemente non son eventos que arrastren a moita xente, «se tes á Panorama ou calquera
outra orquestra xa non hai nada que facer… De todas formas, nós mantémonos coa ilusión de
simplemente ofrecer diversidade e alternativas, non temos ánimo de cambiar o gusto das
persoas nin moito menos, pero que unha vez ao ano en Monfero haxa unha opción cultural,
musical e de lecer diferente ás festas patronais, que realmente é a única oferta que temos no
concello, pensamos que é enriquecedor para o territorio».
E aí seguen, sendo un festival pequeniño pero moi lindo e dando un espazo unha vez ao ano
para gozar dun plan diferente no concello. Esperemos que esta iniciativa poida continuar
durante moito tempo. Tal vez este ano que toca illamento por culpa do coronavirus, a asociación
poida plantexar un encontro a través de redes sociais para que o espírito do Grelo Folc
continúe vivo.
Cada vendedor leva á feira entre 60 ou 80 quilos de grelos
16 de febreiro pasado celebrouse en Xestoso, unha das parroquias de Monfero, a Feira do Grelo
de Xestoso. Por alí estaba Pacucha Couto, xerente da Sociedade Cooperativa Valxestoso e unha
das encargadas de poñer a feira en funcionamento nesta e nas cinco edicións anteriores. As
feiras prepáranse con moita antelación: «É como todo o que leva tempo -di Pacucha-, porque
desde organizar os postos, facer a comida, os presupostos… é un conxunto de cousas que levan
moito tempo pero que ten unha moi boa recompensa ao final».
7. Os vendedores explican que soen vender sobre uns 60 ou 80 quilos de grelos, e que o quilo
costa 2 euros, e que este prezo está posto para todos os vendedores. Aparte de grelos tamén
hai requeixo, mel, artesanía e, como non, maquinaria agrícola (tractores, desbrozadoras…) Unha
vendedora de mel explica que soe vender sobre uns 50 quilos de mel e que o bote grande custa
10 euros e o de medio quilo a 6 euros. A vendedora de requeixo tamén calcula que vende sobre
uns 50 botes e que o prezo de medio quilo é de 3,5 euros.
«Na exposición agraria hai de todo, desde un cartacéspedes ata un coche sen carnet»
E, por suposto, unha parte fundamental da feira tamén son os visitantes, coma Teresa Rico, unha
muller que xa viñera máis veces e tiña ganas de volver, e mesmo recoméndalle vir á xente que
nunca viñera, xa que a ela lle gustan moito a calidade dos produtos que se ofrecen: «Na
exposición agraria hai de todo, desde un cartacéspedes ata un coche sen carné».
Grupo folclórico Virxe da Cela
Pablo Varela
En marzo do ano 1988, coma froito de todo un esforzo e traballo constante de varias persoas
que de maneira desinteresada loitaron por un obxectivo común, nace o Grupo Folklórico Cultural
e Deportivo Virxe da Cela en Monfero.
Comezan as clases de gaita e baile contando con tan só 9 alumnos, cifra que co paso do tempo
e algún que outro altibaixo, chegou ata os 45 alumnos. Na actualidade, e aproveitando un
repunte da natalidade en Monfero, componse de 30 alumnos de idades moi variadas,
predominando os nenos en idade escolar. Pablo Varela e a Icía Seco son integrantes da
asociación, levan nela dende moi pequenos e recoñecen con moito entusiasmo o ben que o
pasan, o moito que aprenden e o orgullosos que están de formar parte de esta tradición.
8. Principalmente consta dun grupo de gaitas cun repertorio amplo de pezas tradicionais, algunhas
de elas arranxadas e adaptadas para a súa interpretación polo seu profesor e gran profesional
Bruno Villamor. Ademais tamén aprenden a tocar a pandeireta, o bombo, o tambor…
Durante todos estes anos viaxaron por moitos lugares de España e Portugal, actualmente fan
actuacións en festas patronais, romarías e rondallas.
«Os vosos avós teñen moitas historias que contar e moitas
cancións que cantar!!»
Verónica Dopico traballa na recuperación das tradicións locais, coma a dos Maios
Verónica Dopico, ademais de profesora de Música no centro é a coordinadora do Cancioneiro de
Monfero, proxecto de recuperación da tradición oral da zona.
-En que consiste o proxecto que está a realizar?
-Supón recoller a tradición oral da zona para que non se perda.
-Dende cando se leva a cabo?
-A data exacta memoria non a recordo, pero aproximadamente desde hai unha década ou algo
máis. Os primeiros documentos que conservo son do ano 2006!! Como pasa o tempo! Son follas
en papel e gravacións en cintas ou casetes! Que primitivo resulta todo! Recordo que comprei
unha gravadora de casete para que o alumnado se turnara e a levara a casa… Unha vez gravados
os audios, transcribían a entrevista nunha folla de papel con boli! Agora é todo máis sinxelo:
todos temos teléfonos móbiles e ordenadores, e iso facilita moitísimo o traballo de
investigación!
9. -Podería poñer algunha cinta?
–Tería que revisar e organizar, e non dou atopado o momento! Ano tras ano van xurdindo novos
proxectos no departamento de Música que nos van roubando tempo. Sen ir máis lonxe, o último
reto foi solicitar unha sección bilingüe e impartir a materia en inglés, e iso supón moitísimo
esforzo e horas de traballo tanto para formarse como docente como para elaborar materiais
específicos. Tal vez para o vindeiro curso poña en práctica un grupo de alumnos voluntarios que
se encarguen de dixitalizar e organizar os materiais existentes.
-En que se inspirou para realizalo?
-Naquela época, eu asistía a clases de canto e pandeireta na Escola Municipal de Folclore de
Betanzos. Tiñamos un repertorio moi variado, ao lado dos títulos das cancións viña o nome do
lugar onde se tiña recollido esa canción (por exemplo, Xota de Bembibre, Muiñeira de Tordoia).
Sabía da existencia de estudosos que se dedicaban a visitar polas aldeas a persoas maiores
para aprender delas letras de cancións e técnicas da pandeireta, recollendo estes valiosos datos
que, de non ser recollidos neses momentos, quedarían no olvido e acabarían desaparecendo.
-Como foi a súa experiencia nesa escola?
-Moi positiva. Descubrín un tipo de música que, a pesar de ser propia da nosa cultura, nunca
estivera presente na miña formación musical nin no meu universo persoal. Explícome. Vivir
nunha cidade ou nunha vila non é igual que vivir no rural. Non lembro de nena ter cantado
ningunha copla en galego nin tocar a pandeireta. A Escola Municipal de Folclore leva un par de
décadas rescatando o noso patrimonio e transmitíndoo ás novas xeracións.
-Que tal vos vai a recollida de cancións tradicionais?
–Durante os primeiros anos, o alumnado da ESO tiña que facer como traballo obrigatorio unha
proposta de recollida da tradición oral da zona (a nivel individual ou traballando en grupos). Por
tanto temos bastante material dese período. Posteriormente fíxose soamente o alumnado de 2.º
da ESO. Este ano, a raíz da nosa participación no proxecto de Xornalismo na Escola de La Voz de
Galicia traballouse en 2.º e 3.º da ESO vinculado á investigación Festival Grelo Folc. Materiais
temos abondo!! Non están todos difundidos. Houbo un ano que organicei e maquetei textos
como para un pequeno libro, que de momento está en formato dixital e non se publicou en papel
(pódese consultar neste enderezo). O gran problema é o material audiovisual. Temos un montón
de audios e vídeos que de momento están gardados no disco duro, mais non foron difundidos
publicamente. Aínda non temos claro temas legais de autorización de imaxes, e por tanto non
nos atrevemos a penduralos no blog a través da plataforma You Tube por medo a vernos
metidos en calquera tipo de problema.
10.
-Canto tempo máis cre que se pode seguir realizando este proxecto?
-Este, ou deste tipo, poden ter cabida durante moitísimos anos máis. De momento os vosos pais,
avós e veciñanza teñen moitas historias que contar e moitas cancións que cantar!! Non sei
como será dentro dun par de anos, cando o mundo estea totalmente dominado pola tecnoloxía!!
-Algunha vez tivo algún problema co proxecto?
–A verdade é que non, xa que é un proxecto vivo e aberto que se pode ir transformando
dependendo das circunstancias do momento. Si que é certo que hai anos que ten máis éxito que
outros entre o alumnado, dependendo dos seus intereses e motivacións.
-Grazas a este proxecto aprendeu algo novo?
–Por suposto que si… eu estou totalmente convencida que cada avó é unha biblioteca! E temos
que comprometernos a rescatar todo ese saber que pode chegar a perderse…
–Cando comezou imaxinaba chegar ata aquí?
–Quen me ía dicir a min, aló polo 2006, que estaría a estas alturas traballando no mesmo cole e
dándolle clases aos nenos que entraban daquela en educación infantil! Nunca se me ocorreu
pensar en tan largo prazo.
-Pensa que cando remate de traballar no Xestal, o proxecto seguirase levando a cabo?
–Uf, o futuro é incerto… O mundo está cambiando constantemente, xa o experimentamos na
actualidade cos novos retos que nos impuxo o covid-19… Non teño nin idea de como vai resultar
o próximo curso… Hai que adaptarse aos cambios, e tal vez o proxecto teña que evolucionar ou
morrer… O tempo o dirá… O importante é o proceso, non o resultado.
-Realizar este proxecto axudoulle a saber algo máis relacionado ca música?
-Claro que si, e non soamente a saber máis sobre a música, senón sobre a cultura, as persoas,
as maneiras de vivir, de sentir, de expresarse. É unha investigación antropolóxica. Creo que os
alumnos que o foron facendo durante todos estes anos aprenderon moitas cousas dos seus
maiores, e isto supón un achegamento interxeracional.