SlideShare une entreprise Scribd logo
1  sur  5
Télécharger pour lire hors ligne
TEXTO ÍNTEGRO DAS CONCLUSIÓNS            TIRADAS   DA    XORNADA     DE
FORMACIÓN PARA O EMPREGO:

A presenza de todos ao longo do día neste encontro, aporta sentido e
Contido a esta Xornada de formación para o emprego e as Conclusións
extraídas dela para o Futuro da Formación dos Traballadores.
Precisamente a Formación foi a Materia que nos convocou, e que a día
de hoxe preséntase tan necesaria, oportuna e eficaz para traballar pola
mellora da cualificación dos traballadores e traballadoras, que a fin de
contas, é traballar pola mellora das súas condicións laborais e da súa
calidade de vida.

De cada unha das intervencións, mesas, poñencias e cuestións
plantexadas polo público, puidemos extraer unhas valiosas conclusións,
que servirán para axeitarse ó máximo ás necesidades de formación dos
traballadores e traballadoras galegos, e que conforman a base e o
obxectivo primordial desta xuntanza.

Dicía Serafín Otero, Secretario comarcal da CIG en Vigo, no seu discurso
de apertura da Xornada, que vivimos nun momento de crise e de
incertidume moi forte, cunha grande destrución de emprego e
precarización laboral, e que era neste preciso intre cando se facía
necesario un compromiso da CIG para facer ver que existen
alternativas a este modelo social e económico.

De aí arrincan as reflexións que se poden facer sobre todo o plantexado
na xornada:

1.-A acción sindical precisa de novos métodos para facer fronte ao
mundo do traballo: a formación é e debe seguir sendo unha ferramenta
imprescindíbel, xunto coa mobilización, da acción sindical e da
negociación colectiva.

“Obxectivos e estratexias da CIG en materia de formación para o
emprego”

2.-Non podemos falar de formación sen falar de emprego nin podemos
falar de emprego sen falar de formación. A formación para o emprego
forma parte do dereito do traballo. Nomeadamente nun contexto onde
aos traballadores/as se lles require cada vez máis, un nivel de
cualificación medio alto para o desempeño da súa actividade laboral.

3.-Somos conscientes de que movémonos nun marco normativo pouco
favorábel que procura a centralización política dos recursos en materia

    1
de emprego e formación, que atomiza a xestión sacando o control dos
recursos do ámbito público e dos axentes socias, e que, ao mesmo
tempo, promove a súa privatización.

4.- É necesario un maior compromiso da administración galega e do
goberno galego no desenvolvemento do noso marco competencial e
de recursos na posta en marcha das políticas activas de emprego.

5.-A política de formación para o emprego ten que recuperar o
equilibrio na negociación colectiva e no mundo laboral. E preciso
recuperar o equilibrio entre empresarios/as e traballadores/as, porque
este equilibrio é fundamental para a propia formación.

6.-Os fondos de formación non poden ser utilizados para inxectar
liquidez na tesouraría dalgunhas empresas. Teñen que servir para
mellorar a cualificación e recualifación dos/as traballadores/as para
mellorara a súa situación laboral, para aumentar en definitiva, a súa
calidade de vida.

Relatorio: “As cualificacións e os certificados de profesionalidade”

Deseño e acreditación da cualificacións

7.-Necesidade de achegar máis información aos/as traballadores/as
sobre os procesos de recoñecemento, avaliación, acreditación e
rexistro das competencias adquiridas a través da experiencia
profesional. Non podemos excluír aos/as traballadores/as neste proceso.
Quenes non coñecen o proceso non participan. A información é
imprescindíbel neste proceso. A desinformación conleva desencanto.

8.-Non podemos defraudar aos/as traballadores/as, temos que
satisfacer as súas expectativas en relación ao aceso á información e ao
coñecemento dos sistemas de acreditación, así como das correlacións
entre as cualificacións e os certificacións de profesionalidade.

9.-Necesidade de dotarnos dun sistema máis áxil de recoñecemento e
acreditación das competencias. Cotemplar a entrada dos centros de
formación   homologados      no proceso de        acreditación das
competencias adquiridas a través da experiencia profesional.

10.-Maior transparencia sobre o estado da cuestión en relación ao
marco de desenvolvemento das cualificación e os certificados de
profesionalidade.



    2
11.-Imprescindíbel certificar a formación, visibilizar as competencias e
acreditalas. Existe un marxe de mellora amplo que hai que ter en conta
á hora de facer as programacións.

Orientación laboral e procesos de acreditación da experiencia
profesional

12.-Necesidade de implantar estratéxias para que nos procesos de
orientación se dea cabida á persoas ocupadadas (orientación ao
longo da vida: en horarios flexíbeis adaptados ás xornadas laborais,
orientación ás empresas….)

13.-O sistema de orientación precisa dunha implantación territorial
equilibrada. Dotada cunha rede de centros estábeis. Cada centro de
formación homologado debe contar cun/ha orientador/a para dar
cobertura ás persoas usuarias do mesmo.

14.-A implantación do sistema de orientación debe ser formulado en
termos cualitativos e non en termos cuantitativos.

15.-Necesidade de definir o perfil dos/as orientadores/as.

16.-A formación profesional ten gañado o seu prestixio na sociedade
actual. Faise necesario polo tanto equilibrar todos os niveis de formación
ao marxe de onde ou como sexa adquirida esta: ben sexa a través de
ciclos formativos, da formación para o emprego ou da experiencia
profesional.

Relatorio:“A f.p. para o emprego como parte da acción sindical e da
negociación colectiva”

Negociación colectiva e formación

17.-Necesidade de potenciar na Galiza as comisións paritarias sectoriais
coas súas atribucións no que ten que ver co deseño, a planificación e a
orientación da formación. As comisións paritarias teñen que marcar os
itinerarios para a mellora da formación nos diferentes sectores, para a
determinación das súas necesidades formativas, para a información…
deben ser un vencello imprescindíbel entre o sistema nacional de
cualificacións profesionais, a formación profesional e a negociación
colectiva.

18.-Necesidade de recoller na negociación colectiva todos os cambios
que se están a producir no mundo da formación. Por en
correspondencia os sistemas de clasificación (SISPE), o catálogo

    3
nacional de cualificacións profesionais e as categorías profesionais
recollidas nos convenios colectivos.

19.-A negociación colectiva é clave para impulsar a formación, facilitar
o acceso á mesma, mellorar a súa calidade e vencellar as
cualificacións profesionais cos sistemas de clasificación e promoción
profesional.

20.-A formación debería ser realizada sempre en horario laboral e
computar dentro da xornada laboral. Debería esixirselles ás empresas
correr cos gastos da formación obrigatoria e necesaria, sempre
homologada e acreditábel necesaria para o desempeño das funcións
no posto de traballo.

21.-Nos contratos de formación debe obrigarse a que os
traballadores/as saian cunha formación certificábel e acreditábel ao
remate dos contratos.

Acreditación da formación

22.-Toda a formación referenciada no catálogo             nacional de
cualificacións profesionais debe ser acreditábel.

23.-Os certificados de profesionalidade non poden ser a única vía de
acadar formación certificada. Hai que procurar vías de acreditación
doutro tipo de formación sectorial que permitan aos traballadores/as a
mellora e a promoción no emprego en base sempre á negociación
colectiva.

24.-Necesidade de facilitar o acceso á formación certificada a aquelas
persoas ocupadas a través da acreditación de unidades formativas
cunha carga horaria asequíbel ás súa dispoñibilidade horaria.

25.-Superadas as competencias clave dos niveis II e III, faise necesario
facilitar o acceso á formación de grao medio ou grao superior, e
estabelecer pasarelas para a formación superior. O sistema de
cualificacións do estado español ten que ser máis flexíbel.

26.-Os traballadores e traballadoras galegos/as contribúen cun 0.1% da
súa nómina e os empresarios/as cun 0.6% á provisión dun fondo para a
formación profesional continua, pero as organizacións máis
representativas destes traballadores/as e eles/as mesmos/as teñen un
acceso limitado a este fondos ao ser desviados no proceso.



    4
27.-Son moi poucos os/as excluídos/as do sistema educativo que
regresan ao mesmo. Por isto hai que procurar outras vías para facilitar o
acceso á formación e ás cualificacións desas persoas.

“As políticas da formación profesional en europa”

28.-A formación no marco europeo de cualificacións ten que ser por
competencias.estas     competencias      deberán acompañar     aos
traballadores/as ao longo da súa vida laboral.

29.-A unión europea está considerando á formación profesional como
unha ferramenta clave das súas políticas de loita contra a crise.

30.-Resulta imprescindíbel dotar ao sistema de formación dunha
financiación estábel alén da data do 2013 e acorde cos obxectivos
marcados na estratexia Europa 2020.

31.-Europa está nun proceso de homologación de cualificacións a
través do marco europeo de cualificacións. Chama a atención neste
proceso sobre a necesidade de corrixir os desfases entre as
cualificacións, a formación e o mercado de traballo. Necesidade de
incrementar os perfís de cualificación dos niveis baixos e medios.

32.-A formación profesional debe servir para cualificar e recualificar
traballadores/as, pero non pode servir de escusa para a flexibilización
da xestión dos recursos humanos nas empresas.

33.-Necesidade de ampliar a información e o asesoramento sobre os
proxectos de mobilidade e de formación ao longo da vida aos axentes
sociais para facelos partícipes deste proceso.

Ferramentas de xestión da formación da forGA

34.-forGA aposta decididamente pola formación para o emprego, por
iso pon a disposición dos traballadores/as as ferramentas informáticas e
de comunicación máis avanzadas para a información, a orientación e
a xestión de todas aquelas materias que teñan que ver coa súa
cualificación. Neste senso destaca a plataforma web www.forGA.org,
xunto con todas as ferramentas telemáticas que provee para a xestión
interna e para axudar ós usuarios da forGA e facilitarlles o seu aceso á
formación ó máximo.




    5

Contenu connexe

En vedette

Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...
Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...
Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...Chemtrails Spoter
 
Gesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im Gesundheitswesen
Gesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im GesundheitswesenGesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im Gesundheitswesen
Gesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im GesundheitswesenSebastian Steins
 
OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011
OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011
OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011Renee Baecker
 
Vortrag neue wege_augsburg_11-09
Vortrag neue wege_augsburg_11-09Vortrag neue wege_augsburg_11-09
Vortrag neue wege_augsburg_11-09Chemtrails Spoter
 
Los verbos - die Verben I
Los verbos - die Verben ILos verbos - die Verben I
Los verbos - die Verben Ialemangarachico
 
Actualización tributaria 2013
Actualización tributaria 2013Actualización tributaria 2013
Actualización tributaria 2013Leonardo Cárdenas
 
Social Media und Journalismus - Jakob Steinschaden
Social Media und Journalismus - Jakob SteinschadenSocial Media und Journalismus - Jakob Steinschaden
Social Media und Journalismus - Jakob SteinschadenJakob Steinschaden
 
Sociale arbeit-mit-social-media
Sociale arbeit-mit-social-mediaSociale arbeit-mit-social-media
Sociale arbeit-mit-social-mediaAndreas Klisch
 
Vortrag Phänomen Facebook in Arnsberg
Vortrag Phänomen Facebook in ArnsbergVortrag Phänomen Facebook in Arnsberg
Vortrag Phänomen Facebook in ArnsbergJakob Steinschaden
 
Epidemiologia de la
Epidemiologia de laEpidemiologia de la
Epidemiologia de laKtik Galindo
 
Ceip. padre manjón
Ceip. padre manjónCeip. padre manjón
Ceip. padre manjónmaestrilla85
 
Social Media im pädagogischen Alltag
Social Media im pädagogischen AlltagSocial Media im pädagogischen Alltag
Social Media im pädagogischen AlltagJakob Steinschaden
 
Clase 2 educ secundaria
Clase 2 educ secundariaClase 2 educ secundaria
Clase 2 educ secundariaMaría Villena
 

En vedette (20)

Ss
SsSs
Ss
 
Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...
Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...
Bruno bandulet die klima-macher ein bericht ueber den sozialismus des 21.jahr...
 
Gesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im Gesundheitswesen
Gesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im GesundheitswesenGesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im Gesundheitswesen
Gesund durch Innovation? Neue Geschäftsmodelle im Gesundheitswesen
 
Estrategia y Fuerzas de Porter
Estrategia y Fuerzas de PorterEstrategia y Fuerzas de Porter
Estrategia y Fuerzas de Porter
 
OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011
OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011
OPAR Vortrag auf der CeBIT 2011
 
Vortrag neue wege_augsburg_11-09
Vortrag neue wege_augsburg_11-09Vortrag neue wege_augsburg_11-09
Vortrag neue wege_augsburg_11-09
 
Los verbos - die Verben I
Los verbos - die Verben ILos verbos - die Verben I
Los verbos - die Verben I
 
Actualización tributaria 2013
Actualización tributaria 2013Actualización tributaria 2013
Actualización tributaria 2013
 
Social Media und Journalismus - Jakob Steinschaden
Social Media und Journalismus - Jakob SteinschadenSocial Media und Journalismus - Jakob Steinschaden
Social Media und Journalismus - Jakob Steinschaden
 
Letzte woche
Letzte wocheLetzte woche
Letzte woche
 
Finanzen 1983 bilderberger
Finanzen 1983 bilderberger Finanzen 1983 bilderberger
Finanzen 1983 bilderberger
 
Sociale arbeit-mit-social-media
Sociale arbeit-mit-social-mediaSociale arbeit-mit-social-media
Sociale arbeit-mit-social-media
 
Vortrag Phänomen Facebook in Arnsberg
Vortrag Phänomen Facebook in ArnsbergVortrag Phänomen Facebook in Arnsberg
Vortrag Phänomen Facebook in Arnsberg
 
Wonders of s
Wonders of sWonders of s
Wonders of s
 
Epidemiologia de la
Epidemiologia de laEpidemiologia de la
Epidemiologia de la
 
Commissioning en Mexico
Commissioning en MexicoCommissioning en Mexico
Commissioning en Mexico
 
Ceip. padre manjón
Ceip. padre manjónCeip. padre manjón
Ceip. padre manjón
 
Social Media im pädagogischen Alltag
Social Media im pädagogischen AlltagSocial Media im pädagogischen Alltag
Social Media im pädagogischen Alltag
 
Clase 2 educ secundaria
Clase 2 educ secundariaClase 2 educ secundaria
Clase 2 educ secundaria
 
Ag (2005 verano)
Ag (2005 verano)Ag (2005 verano)
Ag (2005 verano)
 

Similaire à Conclusions i xornada_formacion_emprego2011

Entrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringEntrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringPablo López
 
Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoachinginnocoaching
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASH2040
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependenciaXianablog
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependenciaXianablog
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024luarodalegre97
 
Informe círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporteInforme círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporteXianablog
 
Servizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarialServizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarialRe-acciona
 
Presentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en AjePresentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en Ajejcbugallo
 
Aplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidadeAplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidadeRe-acciona
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación webmantojo
 
Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015coordinacav
 
Diagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitaisDiagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitaisRe-acciona
 

Similaire à Conclusions i xornada_formacion_emprego2011 (20)

Entrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringEntrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede Mentoring
 
Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoaching
 
Programa H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PASPrograma H2040 compromisos PAS
Programa H2040 compromisos PAS
 
Folleto fp dual_v3_verde6_v1
Folleto fp dual_v3_verde6_v1Folleto fp dual_v3_verde6_v1
Folleto fp dual_v3_verde6_v1
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
 
Informe atención dependencia
Informe atención dependenciaInforme atención dependencia
Informe atención dependencia
 
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
Programa de Gobierno del PSdeG para las elecciones de 2024
 
Informe círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporteInforme círculo emprego loxistica e transporte
Informe círculo emprego loxistica e transporte
 
Servizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarialServizo plan de futuro empresarial
Servizo plan de futuro empresarial
 
BOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPEBOLSAS DO IGAPE
BOLSAS DO IGAPE
 
Cuestionario
CuestionarioCuestionario
Cuestionario
 
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
 
Presentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en AjePresentación Empleo en Aje
Presentación Empleo en Aje
 
Aplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidadeAplicación de solucións en mobilidade
Aplicación de solucións en mobilidade
 
2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
G Fides
G FidesG Fides
G Fides
 
AUDIT-FIDES documento
AUDIT-FIDES documentoAUDIT-FIDES documento
AUDIT-FIDES documento
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación web
 
Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015
 
Diagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitaisDiagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitais
 

Conclusions i xornada_formacion_emprego2011

  • 1. TEXTO ÍNTEGRO DAS CONCLUSIÓNS TIRADAS DA XORNADA DE FORMACIÓN PARA O EMPREGO: A presenza de todos ao longo do día neste encontro, aporta sentido e Contido a esta Xornada de formación para o emprego e as Conclusións extraídas dela para o Futuro da Formación dos Traballadores. Precisamente a Formación foi a Materia que nos convocou, e que a día de hoxe preséntase tan necesaria, oportuna e eficaz para traballar pola mellora da cualificación dos traballadores e traballadoras, que a fin de contas, é traballar pola mellora das súas condicións laborais e da súa calidade de vida. De cada unha das intervencións, mesas, poñencias e cuestións plantexadas polo público, puidemos extraer unhas valiosas conclusións, que servirán para axeitarse ó máximo ás necesidades de formación dos traballadores e traballadoras galegos, e que conforman a base e o obxectivo primordial desta xuntanza. Dicía Serafín Otero, Secretario comarcal da CIG en Vigo, no seu discurso de apertura da Xornada, que vivimos nun momento de crise e de incertidume moi forte, cunha grande destrución de emprego e precarización laboral, e que era neste preciso intre cando se facía necesario un compromiso da CIG para facer ver que existen alternativas a este modelo social e económico. De aí arrincan as reflexións que se poden facer sobre todo o plantexado na xornada: 1.-A acción sindical precisa de novos métodos para facer fronte ao mundo do traballo: a formación é e debe seguir sendo unha ferramenta imprescindíbel, xunto coa mobilización, da acción sindical e da negociación colectiva. “Obxectivos e estratexias da CIG en materia de formación para o emprego” 2.-Non podemos falar de formación sen falar de emprego nin podemos falar de emprego sen falar de formación. A formación para o emprego forma parte do dereito do traballo. Nomeadamente nun contexto onde aos traballadores/as se lles require cada vez máis, un nivel de cualificación medio alto para o desempeño da súa actividade laboral. 3.-Somos conscientes de que movémonos nun marco normativo pouco favorábel que procura a centralización política dos recursos en materia 1
  • 2. de emprego e formación, que atomiza a xestión sacando o control dos recursos do ámbito público e dos axentes socias, e que, ao mesmo tempo, promove a súa privatización. 4.- É necesario un maior compromiso da administración galega e do goberno galego no desenvolvemento do noso marco competencial e de recursos na posta en marcha das políticas activas de emprego. 5.-A política de formación para o emprego ten que recuperar o equilibrio na negociación colectiva e no mundo laboral. E preciso recuperar o equilibrio entre empresarios/as e traballadores/as, porque este equilibrio é fundamental para a propia formación. 6.-Os fondos de formación non poden ser utilizados para inxectar liquidez na tesouraría dalgunhas empresas. Teñen que servir para mellorar a cualificación e recualifación dos/as traballadores/as para mellorara a súa situación laboral, para aumentar en definitiva, a súa calidade de vida. Relatorio: “As cualificacións e os certificados de profesionalidade” Deseño e acreditación da cualificacións 7.-Necesidade de achegar máis información aos/as traballadores/as sobre os procesos de recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das competencias adquiridas a través da experiencia profesional. Non podemos excluír aos/as traballadores/as neste proceso. Quenes non coñecen o proceso non participan. A información é imprescindíbel neste proceso. A desinformación conleva desencanto. 8.-Non podemos defraudar aos/as traballadores/as, temos que satisfacer as súas expectativas en relación ao aceso á información e ao coñecemento dos sistemas de acreditación, así como das correlacións entre as cualificacións e os certificacións de profesionalidade. 9.-Necesidade de dotarnos dun sistema máis áxil de recoñecemento e acreditación das competencias. Cotemplar a entrada dos centros de formación homologados no proceso de acreditación das competencias adquiridas a través da experiencia profesional. 10.-Maior transparencia sobre o estado da cuestión en relación ao marco de desenvolvemento das cualificación e os certificados de profesionalidade. 2
  • 3. 11.-Imprescindíbel certificar a formación, visibilizar as competencias e acreditalas. Existe un marxe de mellora amplo que hai que ter en conta á hora de facer as programacións. Orientación laboral e procesos de acreditación da experiencia profesional 12.-Necesidade de implantar estratéxias para que nos procesos de orientación se dea cabida á persoas ocupadadas (orientación ao longo da vida: en horarios flexíbeis adaptados ás xornadas laborais, orientación ás empresas….) 13.-O sistema de orientación precisa dunha implantación territorial equilibrada. Dotada cunha rede de centros estábeis. Cada centro de formación homologado debe contar cun/ha orientador/a para dar cobertura ás persoas usuarias do mesmo. 14.-A implantación do sistema de orientación debe ser formulado en termos cualitativos e non en termos cuantitativos. 15.-Necesidade de definir o perfil dos/as orientadores/as. 16.-A formación profesional ten gañado o seu prestixio na sociedade actual. Faise necesario polo tanto equilibrar todos os niveis de formación ao marxe de onde ou como sexa adquirida esta: ben sexa a través de ciclos formativos, da formación para o emprego ou da experiencia profesional. Relatorio:“A f.p. para o emprego como parte da acción sindical e da negociación colectiva” Negociación colectiva e formación 17.-Necesidade de potenciar na Galiza as comisións paritarias sectoriais coas súas atribucións no que ten que ver co deseño, a planificación e a orientación da formación. As comisións paritarias teñen que marcar os itinerarios para a mellora da formación nos diferentes sectores, para a determinación das súas necesidades formativas, para a información… deben ser un vencello imprescindíbel entre o sistema nacional de cualificacións profesionais, a formación profesional e a negociación colectiva. 18.-Necesidade de recoller na negociación colectiva todos os cambios que se están a producir no mundo da formación. Por en correspondencia os sistemas de clasificación (SISPE), o catálogo 3
  • 4. nacional de cualificacións profesionais e as categorías profesionais recollidas nos convenios colectivos. 19.-A negociación colectiva é clave para impulsar a formación, facilitar o acceso á mesma, mellorar a súa calidade e vencellar as cualificacións profesionais cos sistemas de clasificación e promoción profesional. 20.-A formación debería ser realizada sempre en horario laboral e computar dentro da xornada laboral. Debería esixirselles ás empresas correr cos gastos da formación obrigatoria e necesaria, sempre homologada e acreditábel necesaria para o desempeño das funcións no posto de traballo. 21.-Nos contratos de formación debe obrigarse a que os traballadores/as saian cunha formación certificábel e acreditábel ao remate dos contratos. Acreditación da formación 22.-Toda a formación referenciada no catálogo nacional de cualificacións profesionais debe ser acreditábel. 23.-Os certificados de profesionalidade non poden ser a única vía de acadar formación certificada. Hai que procurar vías de acreditación doutro tipo de formación sectorial que permitan aos traballadores/as a mellora e a promoción no emprego en base sempre á negociación colectiva. 24.-Necesidade de facilitar o acceso á formación certificada a aquelas persoas ocupadas a través da acreditación de unidades formativas cunha carga horaria asequíbel ás súa dispoñibilidade horaria. 25.-Superadas as competencias clave dos niveis II e III, faise necesario facilitar o acceso á formación de grao medio ou grao superior, e estabelecer pasarelas para a formación superior. O sistema de cualificacións do estado español ten que ser máis flexíbel. 26.-Os traballadores e traballadoras galegos/as contribúen cun 0.1% da súa nómina e os empresarios/as cun 0.6% á provisión dun fondo para a formación profesional continua, pero as organizacións máis representativas destes traballadores/as e eles/as mesmos/as teñen un acceso limitado a este fondos ao ser desviados no proceso. 4
  • 5. 27.-Son moi poucos os/as excluídos/as do sistema educativo que regresan ao mesmo. Por isto hai que procurar outras vías para facilitar o acceso á formación e ás cualificacións desas persoas. “As políticas da formación profesional en europa” 28.-A formación no marco europeo de cualificacións ten que ser por competencias.estas competencias deberán acompañar aos traballadores/as ao longo da súa vida laboral. 29.-A unión europea está considerando á formación profesional como unha ferramenta clave das súas políticas de loita contra a crise. 30.-Resulta imprescindíbel dotar ao sistema de formación dunha financiación estábel alén da data do 2013 e acorde cos obxectivos marcados na estratexia Europa 2020. 31.-Europa está nun proceso de homologación de cualificacións a través do marco europeo de cualificacións. Chama a atención neste proceso sobre a necesidade de corrixir os desfases entre as cualificacións, a formación e o mercado de traballo. Necesidade de incrementar os perfís de cualificación dos niveis baixos e medios. 32.-A formación profesional debe servir para cualificar e recualificar traballadores/as, pero non pode servir de escusa para a flexibilización da xestión dos recursos humanos nas empresas. 33.-Necesidade de ampliar a información e o asesoramento sobre os proxectos de mobilidade e de formación ao longo da vida aos axentes sociais para facelos partícipes deste proceso. Ferramentas de xestión da formación da forGA 34.-forGA aposta decididamente pola formación para o emprego, por iso pon a disposición dos traballadores/as as ferramentas informáticas e de comunicación máis avanzadas para a información, a orientación e a xestión de todas aquelas materias que teñan que ver coa súa cualificación. Neste senso destaca a plataforma web www.forGA.org, xunto con todas as ferramentas telemáticas que provee para a xestión interna e para axudar ós usuarios da forGA e facilitarlles o seu aceso á formación ó máximo. 5