2. Durante os séculos XIII, XIV e XV, ao remate
da Idade Media, o sistema feudal -no que a
nobreza e a Igrexa tiñan a riqueza e o poder-
seguía vixente na Galiza e Portugal.
3. GALIZA E A LINGUA GALEGA NA IDADE MEDIA
O feudalismo presenta unha sociedade moi
xerarquizada na que a nobreza señorial e
eclesiástica posuía o poder mentres que o pobo
debía pagarlles un FORO por cultivar as súas
terras. Os artesáns e os comerciantes que vivián
nos burgos opúñanse a estes privilexios.
4. O pobo debía pagarlle á nobreza un FORO por
cultivar as súas terras. Este imposto, do que
tamén se beneficiaba a igrexa, permitía a esta
aristocracia vivir na opulencia.
5. O poder da Igrexa: Compostela, centro da cultura
cristiá europea, o Camiño de Santiago.
A nobreza
eclesiástica
Brasóns das casas nobiliares
dos Traba e os Castro
Os mosteiros cirtensienses, os foros, a estrutura parroquial.
6. COMO A GUERRA CONTRA OS
MOUROS XA ESTABA MOI AO SUR,
A PAZ DEIXABA Á NOBREZA
MOITO TEMPO PARA O LECER.
7. OS DOUS PERÍODOS EN
QUE SE DIVIDE A
LITERATURA MEDIEVAL
GALEGO-
PORTUGUESA, COMÚN AOS
DOUS PAÍSES POR
POSUÍREN DAQUELA A
MESMA LINGUA, …
8. …NOMÉANSE IDADE DE
OURO (S. XIII E PRIMEIRA
METADE DO S. XIV) E DE
DECADENCIA (SEGUNDA
METADE DO S. XIV E MAIS
TODO O S. XV).
9. Supoñemos que xa dende o
século XII se facían
reunións poéticas nos pazos
e castelos galegos, porén as
CANTIGAS EN GALEGO-
PORTUGUÉS máis antigas
datan do século XIII.
10. Que é a lírica galego-portuguesa?
• Chamamos lírica galego-portuguesa a un
conxunto dunhas 1.685 cancións de temática
profana e unhas 420 de tema relixioso,
escritas no idioma máis occidental da
península, o galego-portugués, antes da súa
separación en dúas linguas distintas, por uns
douscentos trobadores, nun período que vai
desde as fins do século XII ata mediados do
XIV.
11. Orixe da lírica galego-portuguesa
• A orixe da lírica galego-portuguesa é discutida,
pero a lóxica apunta a que as razóns estean na
combinación de varias teses. Influencia folclórica
–todos os pobos do mundo cantan antes de
escribir-, influencia eclesiástica -o canto ten
importancia en todas as relixións-, influencia
árabe -sabido é que a música árabe estaba moi
desenvolvida, e mesmo ela é a que fai agromar á
carxas ou jarchas escritas na fala mozárabe uns
cen anos antes, etc.
12. Orixe da lírica galego-portuguesa
• O que si está claro é que se colleron corpo
como escritas é por influencia chegada de
Provenza -a costa mediterránea de Francia-. O
trobadorismo provenzal está pois non só na
orixe da moda de escribir cancións daquela
"modernas" -provenzalitantes- senón tamén
de recoller composicións anteriores e escribir
conforme aos patróns máis tradicionais.
13. Ilustración de Antón García Patiño sobre a cantiga
“Levantou-s’a belida”, de Don Dinis.
15. Os TROBADORES eran os nobres que
compoñías a letra e a música das cantigas.
16. Os SEGREIS eran compositores que
xurdiron a carón dos xogradores,
baixa nobreza vida a menos que vivía
da xenerosidade allea coa súa arte.
Denominábanse a si mesmos
trobadores, pero os poetas
aristocráticos negábanlles tal título.
Viaxaban con frecuencia e mesmo
cambiaban de corte en función de
problemas políticos.
Nunha determinada altura
cronolóxica aparece o vocábulo
«segrel» para designar aquel poeta
que compón cantigas agardando
algún beneficio con este labor.
17. Os xogrARES
PROCEDÍAN DO
POBO BAIXO E
INTERPRETABAN AS
CANTIGAS, CHEGAND
O INCLUSO ALGÚN
DELES A COMPOÑER.
19. … as
SOLDADEIRAS, muller
es que ían cos
soldados ás
numerosas guerras
que houbo nesta
época. Moi famosa foi
MARÍA A
BALTEIRA, satirizada
nas cantigas.
20.
21. Como se facían os manuscritos medievais
• Trátase dunha animación interactiva que a
Universidade de Cambridge dispón a través do
Fitzwilliam Museum.
• Este recurso amósanos “como se facían os libros
manuscritos medievais. A animación está baseada
nunha páxina dun antigo libro do século XIV realizado
para un bispo francés, Reynaud de Bar e que se
coñece como o Pontifical de Metz”.
http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf
/manuscript/manuscript_5a.html
22. As cantigas atópanse en pergamiños
recompilados en CÓDICES, unha especie
de libros como o DA VATICANA, A
BIBLIOTECA NACIONAL DE LISBOA
OU AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA
que se gardan no Escorial.
23. Os Cancioneiros
• CANCIONEIRO DA AJUDA: consérvase en Lisboa e está
datado a fins do século XIII ou comezos do XIV; 310
cantigas case todas de amor.
• CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL: consérvase en
Lisboa. Códice copiado en Italia no século XVI sobre un
orixinal hoxe perdido. Contén arredor de 1700
composicións de todos os xéneros.
• CANCIONEIRO DA VATICANA: na Biblioteca do Vaticano.
Copia realizada no século XVI. 1200 composicións.
• PERGAMIÑO VINDEL: Folla do século XIII que contén sete
cantigas de amigo de Martín Codax. Teñen a
correspondente transcrición musical.
• PERGAMIÑO SHARRER: letra e música de seis cantigas de
D. Dinís. Gárdase en Lisboa e data de finais do s. XIII.
27. Escoitamos
Grupo de música antiga MARTÍN CODAX:
http://www.martincodax.org/
http://www.youtube.com/watch?feature=player
_embedded&v=GTC5Q93eOSs
28. Escoitamos
En SON DE POETAS podemos escoitar moitas das
nosas cantigas, ademais ofrece información moi
completa sobre o/a poeta, o tema musical, o
grupo ou solista, etc.
http://sondepoetas.blogspot.com.es
29. Información extra
O segredo do Libro de Kells é un dos máis fermosos
manuscritos medievais que se conservan.
Podemos ver o filme animado El secreto del libro de
Kells (The Secret of Kells) de coprodución irlandesa-
francesa-belga realizada pola empresa de
animación irlandesa Cartoon Salon, dirixida por
Tomm Moore e Nora Twomey, estreada o 8 de
febreiro de 2009 no Festival Internacional de Cine
de Berlín. El 2 de febreiro de 2010, foi nominada
aos Premios Óscar dentro da categoría de mellor
película de animación do ano 2009
http://www.youtube.com/watch?v=c53GsY1utiA&f
eature=fvwrel
34. A PASTORELA
tiña como
protagonista
unha “pastor” a
quen loa unha
voz masculina,
pretendendo
namorala.
35. O PRANTO é
unha elexía pola
perda de alguén
ou mesmo de
algo.
36. Tamén hai cantigas en que a voz poética se queixa
da chegada do día, momento da separación dos
amantes: coñécense como ALBAS ou
ALBORADAS.
37. Xéneros menores
Pastorela
Cantiga
Lais Pranto de Tenzón
seguir
38. Algúns dos máis de cen trobadores coñecidos foron
Afonso X o Sabio, o seu neto e rei portugués Don
Dinís, Airas Nunes, Paio Gomes Chariño...; entre os
xograres destacan Fernando Esquío, Codax, Pero
Meogo, Mendiño... , todos do s. XIII.
AFONSO X
39. WEB de consulta
• Unha excelente noticia: esta web na que se
integran textos, nalgúns casos manuscritos e
mesmo música, deste corpus que constitúe a
lírica medieval galego-portuguesa. Un
magnífico recurso para a lectura en rede do
que é un dos nosos grandes patrimonios
literarios.
http://cantigas.fcsh.unl.pt/index.asp
41. Durante a chamada “Reconquista”, o idioma que nace na Gallaecia
vai estendéndose caa ao sul e recibe o nome de galego-portugués.
42. Afonso VI usurpa o trono dos seus irmáns Sancho, rei de León, e García, rei de Galiza, e divide
o antigo reino en dous condados entre as súas irmáns Teresa e Urraca. A batalla de San
Mamede (1129) coroa a Afonso Henriques como I Rei de Portugal.
43. Do latín vulgar ao
galego-portugués
Lingua de
reis, lingu
a do
pobo.
45. A
substitución
da nobreza
galega (as
guerras
dinásticas)...
e as Revoltas Irmandiñas (1461-1467).
Castelo de Narahío (Neda)
46. Sistema fonolóxico do galego
medieval: as vogais orais
assi tua
cèdo bòca
cégo nóva
mal
47. Sistema fonolóxico do galego
medieval: as vogais nasais
farĩa lũa
ch o corõa
b es bõa
cão
48. Sistema fonolóxico do galego
medieval: hiatos vocálicos
maa irmãa casaes cães mao irmão
tea a pee es ceo o
moa bõa españoes razões avoo bõo
49. Sistema fonolóxico do galego
medieval: as consoantes
MODO P U N T O D E A R T I C U L A C I Ó N E V O Z
labial dental alveolar palatal velar
xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro xordo sonoro
oclusivo pee ben tal de con gran
nasal me nos teño
golpeado para
vibrante terra
africado cen fazer chão
continuo fee fava son casa caixa hoje
lateral levar palla
50. Sistema fonolóxico do galego
medieval: pares de consoantes
b v ts dz s z š ž
ben, vai, cen, doze, sempre, casa, xadrez, gente,
caber, fava, cinco, luzes, passar, cousa, caixa, fogir, ja,
ambos, dever, cabeça, juizo, levasse, mesa, peixe, hoje,
cabra levava, justiça, beleza, levas pesar roxo queijo,
arvore, Paaço (luz, juiz
livro (luz) dez)
51. Morfoloxía e fonoloxía do galego
medieval: plural e feminino de nomes
razon, coraçon razões, corações
cão, pão cães, pães
mão, verão, mãos, verãos,
chão, irmão chãos, irmãos
irmão, chão, irmãa, chãa,
verão mañãa, maçãa
52. Morfoloxía
• Invariabilidade de xénero nos nomes
finalizados en –or: meu senhor, minha senhor.
• Pronome «te» para CD ou para CI.
• Participios de verbos da 2ª en «-udo»: palavra
perduda.
• Formas compostas con «aver»: que ll’avia
prometido.
• Formas átonas no posesivo feminino:
«mia/mha/ma/ta/sa»: en esta ta cadeira.
53. Sintaxe
• Utilización de posesivos sen artigo: porque tarda
meu amigo sem min?
• Anteposición do pronome átono: vos direi en
quanto lh’oi
• Emprego de formas partitivas: quer’eu mostrar
dos miragres que ela fez
• Concordancia en tempos compostos do participio
e o CD.
• Emprego de dupla negación: nem madre nem
parente nom a…
55. Neotrobadorismo
• A descuberta das cantigas medievais galego-
portuguesas nas primeiras décadas do século XX
deu orixe á corrente do neotrobadorismo,
representada por Álvaro Cunqueiro e Álvarez
Blázquez.
• Do primeiro , “No niño novo do vento”, que se
popularizou a través da música. En Son de Poetas
fornécennos varias versións musicais deste poema,
dende a xa clásica de Luís Emilio Batallán
á rockeira da banda do Morrazo Astarot, incluída
no disco O sentir dunha terra (2000), pasando por
Amacio Prada, os Milladoiro e Xoel López.
56. Neotrovadorismo (I)
Os espárragos son diuréticos
E ti es o amor da miña vida
E ti es o amor da miña vida
Neotrovadorismo (II)
(Cantiga de amigo, escarnio e maldicir)
Antes eras un colega
pero agora
me cago en tu puta madre
me cago en tu puta madre
Neotrovadorismo (IV)
Ondas do mar de Vigo
se vistes meu amigo:
que marchei.
Colectivo Ronseltz, Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).
57. Contrabando de amigo (Fragmento)
Sentada estou na illa de San Simón
esperando, meu amigo, ai, que volvas do Gran Sol
e pola ponte de Rande van e veñen sen parar
moitos coches, meu amigo, que non veñen do Gran
Sol.
Mentiches meu amigo, mentiches meu amor
mentira meu amigo, ti non fuches ó Gran sol
contrabando de tabaco e de drogas de drogar
amor de batea o que ti me queres dar.
Antón Reixa, viva galicia beibe (1994).
Este poema de Reixa foi composto para o disco Ondas do mar de Vigo (1989), de Na
Lúa.